Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Animación 1 Código 616G02018
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Matemáticas
Coordinación
Barneche Naya, Viviana
Correo electrónico
viviana.barneche@udc.es
Profesorado
Barneche Naya, Viviana
Correo electrónico
viviana.barneche@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia introduce aos estudantes nos conceptos e técnicas básicas para a animación de obxectos tridimensionais, aprendendo tanto os aspectos técnicos do movemento, como aqueles relativos á expresividade.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A partir da análise dos 12 principios clásicos, o estudante coñecerá os fundamentos da animación aplicados a modelos tridimensionais, tanto os relativos ás transformacións no espazo como á variación no tempo das súas propiedades xeométricas e ópticas. O alumno aprenderá os conceptos e as técnicas esenciais de animación para construír unha base sólida de coñecemento; formarase no uso de diferentes tipos de deformadores, así como a aplicación dos distintos tipos de cinemática, tanto directa como inversa sobre estruturas xerárquicas de elementos. A7
A10
A15
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Introdución Antecedentes.
Descrición dos distintos tipos e técnicas de animación:
- Animación tradicional: cel animation, stop motion, animatronics.
- Animación por computador: animación 2D (full frame, cut- out), animación 3D (técnicas baseadas en keyframing, captura de movemento, efectos especiais, etc).
Principios da animación - Estudo e análise dos 12 principios clásicos da animación desenvoltos por Thomas e Johnston en Disney.
- Adaptación dos principios clásicos e principios adicionais aplicados á animación 3D.
Elementos e características animables dun modelo tridimensional. - Conceptos básicos: frame, fotograma clave, canles de animación, curvas de animación (tipos, tangentes, métodos de interpolación), timing & spacing.
- Tipos de transformacións: translación, rotación, escalado. Eixos: locais, globais.
- Animación mediante keyframes: creación e edición de claves, refinamento de curvas de animación, breakdown.
- Animación de cámaras: posición, orientación e parámetros ópticos.
Deformadores Animación utilizando deformadores:
- Deformadores non lineais: squash&stretch, bend, twist.
- Lattice, Clúster.
Traxectorias - Animación mediante traxectorias.
- Seguimento de obxectos.
Cinemática directa - Xerarquías e grupos.
- Controis básicos e restricións (constraints): point, orient, parent.
- Animación utilizando xerarquías.
Cinemática inversa - Conceptos básicos: articulacións (joints), IK Handle, IK Solver.
- Tipos e cálculo de solucións para cinemática inversa: RPSolver, SCSolver, IK Spline.
- Animación utilizando cinemática inversa.
Introdución ao rigging Creación dun rig simple:
- Cadeas de joints.
- Restricións (constraints): aim, pole vector.
- Creación de tipos de controis segundo a súa función.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A10 A15 B9 B8 B6 18 0 18
Obradoiro A7 A10 A15 B1 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B13 C9 20 25 45
Traballos tutelados A7 A10 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 12 74 86
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación dos contidos teóricos de cada tema da materia. Explicación do funcionamento do programa informático utilizado na materia.
Obradoiro Realización de exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos expostos utilizando ferramentas informáticas, gráficos, vídeos e presentacións, baixo a supervisión da profesora. As prácticas do obradoiro serán parte da avaliación do curso.
Traballos tutelados Ao longo do cuadrimestre, o alumnado realizará un traballo tutelado individual no que aplicará todos os coñecementos adquiridos durante o curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
Tutorias persoalizadas e de grupo para aclarar conceptos teóricos e axudar a resolver os problemas que teñan lugar durante a realización dos traballos prácticos e tutelados.

No caso alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia terán a posibilidade de titorías dos traballos prácticos e tutelados a través de correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A7 A10 A15 B1 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B13 C9 Avaliación continua dos diferentes exercicios prácticos e traballos tutelados realizados polos alumnos. 30
Traballos tutelados A7 A10 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Avaliación do traballo individual dun mini-proxecto de animación (60), xunto cun portafolio do estudante que conterá: concepto, gráficos, e primeiras probas (10).

70
 
Observacións avaliación
  • Non se aproba coa soa entrega do traballo tutelado, tamén é necesario entregar todas as prácticas.
  • En caso de suspender o curso na primeira convocatoria, volverán entregar na segunda convocatoria as prácticas e traballos cuxa cualificación sexa menor ao 50%.
  • Os criterios e actividades de avaliación para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica (exención de asistencia) será o mesmo que para o resto do alumnado.

Fontes de información
Bibliografía básica Richard Williams (2012). The Animator's Survival Kit: A Manual of Methods, Principles and Formulas for Classical, Computer, Games, Stop Motion and Internet Animators. Faber and Faber
Preston Blair (1994). Cartoon Animation. Walter Foster Publishing
Frank Thomas & Ollie Johnston (1997). Illusion Of Life: Disney Animation. Hyperion
Andrew Selby (2013). La animación. Blume
John Lasseter (1987). Principles of traditional animation. applied to 3D computer animation. In Proceedings of the 14th annual conference on Computer graphics and interactive techniques (SIGGRAPH '87). ACM
Isaac Victor Kerlow (2009). The Art of 3-D Computer Animation and Imaging. John Wiley & Sons Ltd
John Halas & Harold Whitaker (2009). Timing for Animation. CRC Press

Bibliografía complementaria Tony White (2006). Animation from Pencils to Pixels: Classical Techniques for the Digital Animator. Focal Press
Tony White (2012). Animator's notebook. Focal Press
Walt Stanchfield (2009). Drawn to Life: 20 Golden Years of Disney Master Classes, Vols. 1-2. Routledge
Jaume Durán Castells (2008). Guía para ver y analizar: Toy Story. John Lasseter (1995). Naullibres
Catherine Winder & Zahra Dowlatabadi (2011). Producing Animation. Routledge
Wayne Gilbert (2014). Simplified Drawing for Planning Animation. Anamie Entertainment Ltd
Andy Wyatt (2010). The Complete Digital Animation Course: Principles, Practice, and Techniques: A Practical Guide for Aspiring Animators. Barron's Educational Series
Chris Webster (2005). The Mechanics of Motion . Focal Press
Stephen Cavalier (2011). The World History of Animation. University of California Press
Angie Jones, Jamie Oliff (2006). Thinking Animation: Bridging the Gap Between 2D and CG. Course Technology PTR
Lee Montgomery (2012). Tradigital Maya: A CG Animator's Guide to Applying the Classical Principles of Animation. Routledge


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Modelaxe 1/616G02015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Materiais e Iluminación/616G02017

Materias que continúan o temario
Animación 2/616G02019

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías