Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Animación 1 Código 616G02018
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Matemáticas
Coordinación
Barneche Naya, Viviana
Correo electrónico
viviana.barneche@udc.es
Profesorado
Barneche Naya, Viviana
Rico Adega, Carlos
Correo electrónico
viviana.barneche@udc.es
carlos.rico.adega@udc.es
Web http://http://moodle.udc.es
Descrición xeral A partir da análise dos 12 principios clásicos, os estudantes aprenderán os conceptos e as técnicas esenciais de animación. Coñecerán os aspectos básicos do movemento, tanto técnicos como expresivos. Ademais, serán capaces de crear sistemas de controis adecuados para poder animar modelos tridimensionales.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As sesións serán realizadas por videoconferencia usando Teams, serán gravadas e aloxadas en Microsoft Stream. Ademais, os estudantes poden acceder aos vídeos, pdfs e un exemplo práctico de aplicación do tema correspondente a través de Moodle. Todas as dúbidas que xorden serán resoltas en clase a través de Teams (chat e voz).
*Metodoloxías docentes que se modifican
A presentación das tarefas prácticas, a resolución de dúbidas das mesmas, así como o seguimento dos traballos tutelados realizaranse de maneira en liña.
- Taller: os estudantes realizarán as prácticas propostas nas súas computadores e serán tutorizados e avaliados por videoconferencia usando Teams (escritorio compartido, chat e voz).
- Traballos tutelados: o seguimento deste traballo realizarase a través de Teams (escritorio compartido, chat e voz) e o correo electrónico.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Titorías en liña para aclarar conceptos teóricos e axudar a resolver os problemas que teñan lugar durante a realización dos traballos prácticos e tutelados previo solicitude por parte do alumnado. Utilizarase: - Correo electrónico: diariamente, para facer consultas e solicitar reunións de titorías. - Moodle: diariamente, o foro de Moodle utilizarase para comunicar información, enviar avisos e para as dúbidas xerais. - Teams: nos horarios asignados á materia para as clases teóricas e prácticas; e para facer titorías individuais a pedimento do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
Non existen modificacións na avaliación. As entregas de tarefas prácticas e traballo tutelado realizarase a través de Moodle segundo o cronograma da materia que se entregará aos estudantes o primeiro día de clase.
*Observacións de avaliación: mantéñense as mesmas da guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios. O alumnado dispoñe de toda a documentación necesaria en Moodle e en Microsoft Stream.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos básicos da animación 3D e a metodoloxía de traballo dentro dunha contorna de produción. A7
A10
B1
B3
B4
B5
B6
B9
B12
C1
C4
C6
C7
C8
Animar personaxes 3D aplicando os 12 principios básicos da animación. A7
A15
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B13
C3
C8
C9
Coñecer as ferramentas e técnicas básicas involucradas no proceso de rigging e a súa aplicación sobre un proxy. A7
A15
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B13
C3
C7
C9

Contidos
Temas Subtemas
Principios da animación - Estudo e análise dos 12 principios clásicos da animación.
- Adaptación dos principios clásicos e principios adicionais aplicados á animación 3D.
Conceptos básicos de animación. - Elementos e características animables dun modelo tridimensional.
- Transformacións. Fotogramas crave. Curvas de animación.
- Animación mediante keyframes. Timing & spacing.
- Animación mediante traxectorias. Seguimento de obxectos.
- Uso de deformadores non lineais para animación (squash, twist, bend)
Cinemática directa - Xerarquías e grupos.
- Controis e restricións básicas ( point, orient, parent).
- Animación utilizando xerarquías.
Cinemática inversa - Conceptos básicos: joints, IK Handle, pole vector.
- Tipos e cálculo de solucións para cinemática inversa.
- Animación utilizando cinemática inversa.
Introdución ao rigging - Creación dun proxy.
- Cadeas de joints.
- Creación de tipos de controis segundo a súa función.
- Restricións: pole vector, aim, scale.
- IK- FK switch.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A10 B2 B3 B4 B5 B10 B12 C1 C4 C6 C7 C8 20 0 20
Obradoiro A7 A10 A15 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 C9 C3 24 24 48
Traballos tutelados A7 A10 A15 B1 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 C3 C9 10 34 44
Portafolios do alumno A7 A10 A15 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 0 36 36
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais inclúen a presentación dos contidos teóricos de cada tema da materia, así como a explicación do funcionamento do programa informático utilizado na mesma. Estas clases son o punto de partida para o resto de actividades previstas.
Obradoiro A actividade de taller permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos adquiridos. Nestas clases, os estudantes realizarán exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos expostos, baixo a supervisión da profesora.
Traballos tutelados Durante esta actividade, realizarase o seguimento e darase solución aos problemas que se presentan na realización das diferentes fases previas á entrega do traballo final.
Portafolios do alumno O alumnado realizará un traballo final individual no que aplicará todos os coñecementos adquiridos durante o curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Portafolios do alumno
Descrición
Tutorias personalizadas híbridas (presencial/online) para aclarar conceptos teóricos e axudar a resolver os problemas que teñan lugar durante a realización dos traballos prácticos e tutelados.

No caso das titorías telepresenciales utilizarase Teams e correo electrónico para titorías específicas; e o foro de Moodle para dúbidas xerais.

No caso alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con dispensa académica (exención de asistencia) terán a posibilidade de titorías dos traballos prácticos e tutelados a través de correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A7 A10 A15 B1 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 C3 C9 Avaliación das entregas intermedias correspondentes ás fases previas do traballo final.
10
Obradoiro A7 A10 A15 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 C9 C3 Avaliación dos exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos expostos. Para aprobar o curso é obrigatorio a entrega do total das prácticas. 40
Portafolios do alumno A7 A10 A15 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Avaliación do traballo individual sobre animación e rigging.

50
 
Observacións avaliación
• Todos os traballos e prácticas deberanse entregar nas datas indicadas segundo o cronograma da materia dispoñible en Moodle. 

• Para poder aprobar a materia na primeira oportunidade será necesario ter:
1. Todas as prácticas entregadas cunha cualificación do 50% da nota máxima (20).
2. O traballo tutelado das entregas intermedias correspondentes ás diferentes fases do traballo final cunha cualificación do 50% da nota máxima (5).
3. O traballo final ou  portafolio cunha cualificación do 50% da nota máxima (25). 

Para poder aprobar a materia a nota final (prácticas+traballo tutelado+ portafolio) debe ser igual ou superior a 5 puntos.

• Na segunda oportunidade: para aqueles estudantes que non realizaron o seguimento continuo, a cualificación final será o 90% do total, é dicir, avaliaranse as prácticas e o  portafolio. Para poder aprobar a materia a nota final (prácticas +  portafolio) debe ser igual ou superior a 5 puntos.

• Os criterios e actividades de avaliación para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica (exención de asistencia) será o mesmo que para o resto do alumnado. Estes estudantes poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios.


Fontes de información
Bibliografía básica Richard Williams (2012). The Animator's Survival Kit: A Manual of Methods, Principles and Formulas for Classical, Computer, Games, Stop Motion and Internet Animators. Faber and Faber
Preston Blair (1994). Cartoon Animation. Walter Foster Publishing
Frank Thomas & Ollie Johnston (1997). Illusion Of Life: Disney Animation. Hyperion
Andrew Selby (2013). La animación. Blume
John Lasseter (1987). Principles of traditional animation. applied to 3D computer animation. In Proceedings of the 14th annual conference on Computer graphics and interactive techniques (SIGGRAPH '87). ACM
Isaac Victor Kerlow (2009). The Art of 3-D Computer Animation and Imaging. John Wiley & Sons Ltd
John Halas & Harold Whitaker (2009). Timing for Animation. CRC Press

Bibliografía complementaria Tony White (2006). Animation from Pencils to Pixels: Classical Techniques for the Digital Animator. Focal Press
Tony White (2012). Animator's notebook. Focal Press
Walt Stanchfield (2009). Drawn to Life: 20 Golden Years of Disney Master Classes, Vols. 1-2. Routledge
Jaume Durán Castells (2008). Guía para ver y analizar: Toy Story. John Lasseter (1995). Naullibres
Catherine Winder & Zahra Dowlatabadi (2011). Producing Animation. Routledge
Wayne Gilbert (2014). Simplified Drawing for Planning Animation. Anamie Entertainment Ltd
Andy Wyatt (2010). The Complete Digital Animation Course: Principles, Practice, and Techniques: A Practical Guide for Aspiring Animators. Barron's Educational Series
Chris Webster (2005). The Mechanics of Motion . Focal Press
Stephen Cavalier (2011). The World History of Animation. University of California Press
Angie Jones, Jamie Oliff (2006). Thinking Animation: Bridging the Gap Between 2D and CG. Course Technology PTR
Lee Montgomery (2012). Tradigital Maya: A CG Animator's Guide to Applying the Classical Principles of Animation. Routledge


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Modelaxe 1/616G02015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Materiais e Iluminación/616G02017

Materias que continúan o temario
Animación 2/616G02019

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías