Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Animación 2 Código 616G02019
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Fariña Lamosa, Ángel José
Correo electrónico
angel.farina@udc.es
Profesorado
Fariña Lamosa, Ángel José
Correo electrónico
angel.farina@udc.es
Web http://https://anxotutoriales.blogspot.com/
Descrición xeral Desenvolvemento de modelos orgánicos para a súa animación: creación de esqueletos e controis avanzados, aplicación de constrinximentos, utilización de solucións combinadas de cinemática directa e inversa e vinculación adecuada da xeometría do modelo 3D ao esqueleto.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
-Metodoloxías docentes que se manteñen:
-Sesión maxistral
-Portafolio do alumno
-Solución de problemas

-Metodoloxías docentes que se modifican.
-Proba mixta (Realizarase de maneira non presencial)
-Proba práctica (Realizarase de maneira non presencial)
-Taller (Realizarase de maneira non presencial)

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
- Teams: Ferramenta para realizar os talleres non presenciais, a proba mixta e a proba práctica segundo o calendario e os horarios establecidos. Tamén se utilizará para as titorías individuais e en grupo previa solicitude por parte do alumnado.
-Moodle: Plataforma para a reserva de titorías; entrega das prácticas, portfolio do alumnado e a proba práctica; realización da proba mixta; utilización do foro de consultas e novidades; descarga e consulta do contido da materia.
- Streams: Espazo para a consulta das sesións maxistrais gravabas e dos vídeo-titoriais destinados á realización das prácticas.
-Blogue: Sitio web destinado para a consulta dos vídeo-titoriais destinados á realización das prácticas.

4. Modificacións na avaliación
Non se realizan cambios

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Entender o " pipeline" (proceso de traballo e convención da nomenclatura) e a metodoloxía de traballo no ámbito profesional do 3D aplicado ao cinema, a Tv, a publicidade e os videoxogos. A7
A10
B1
B3
B4
B5
B6
B9
B10
B12
B13
C1
C4
C6
C8
C9
Creación de esqueletos e sistemas de controis avanzados para animar modelos orgánicos 3D A7
A15
B2
B5
B6
B7
B8
B11
C3
C7

Contidos
Temas Subtemas
Introducción Introdución. Contexto e aplicacións.
Estrutura do departamento de rigging, roupa e pelo nunha produción 3D. Fluxo de traballo para a creación de assets animados.
Rigging corporal Sistema de Skin. Sistema de Control. Sistema IK- FK. Sistema IK-FK spline. Bind Skin.
Rigging pelo e roupa Sistema addons. Automatismos.
Rigging facial Conceptos básicos. Máscara de control. Sistema IKhandle simple. Configuración Blend Shapes.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A10 B1 B2 B4 B5 B10 C1 C4 C6 C7 C9 13 13 26
Solución de problemas A7 A15 B2 B3 B7 B10 B11 C4 C7 13 19.5 32.5
Obradoiro A15 B1 B2 B6 B7 B8 B9 B12 B13 C3 C7 C8 C9 22 33 55
Proba mixta B1 B2 B3 C1 C9 0.5 0 0.5
Proba práctica A15 B1 B2 B3 B6 B7 B13 C3 C9 1.5 0 1.5
Portafolios do alumno A10 A15 B1 B2 B4 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 C3 C7 C9 0 33.5 33.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Método expositivo complementado co uso de material audiovisual, coa finalidade de transmitir coñecementos, mostrar diferentes métodos de aprendizaxe e definir un " workflow" de traballo.
Solución de problemas Modalidade expositiva e participativa na que o equipo docente mostra as posibles solucións aos problemas detectados nas prácticas e ás dúbidas expostas polo alumnado.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Proba mixta Exame teórico
Proba práctica Exame práctico
Portafolios do alumno Traballo final

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Obradoiro
Descrición
A atención personalizada que se describe para as actividades que se desenvolverán ao redor destas metodoloxías concíbese como momentos de traballo co equipo docente para a atención e seguimento do traballo individual e o realizado en grupo. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso según o plan de traballo da materia.

Ademais, as titorías telemáticas complementarán os talleres e o contido expositivo, para resolver de forma individual ou en pequenos grupos as dúbidas ou dificultades que xurdan durante o estudo e o traballo non presencial dos alumnos.

-----------------------------------------------------------------------------

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN DO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3. b e 4.5)
(29/5/212). Este alumnado desenvolverá a súa actividade coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen no Paso 4 e na “Atención personalizada” descrita para os “Talleres”, a través dos grupos de traballo que se conformen na materia. A actividade farase atendendo ás observacións da avaliación sobre a flexibilidade da asistencia, participación e os requisitos para superar a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A15 B1 B2 B3 B6 B7 B13 C3 C9 Exame práctico 20
Obradoiro A15 B1 B2 B6 B7 B8 B9 B12 B13 C3 C7 C8 C9 Exercicios prácticos 40
Proba mixta B1 B2 B3 C1 C9 Exame teórico 10
Portafolios do alumno A10 A15 B1 B2 B4 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 C3 C7 C9 Traballo práctico 30
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia consistirá nun exame práctico (20% da nota
final), un exame teórico (10%), un traballo final (30%) e os exercicios
prácticos (40%) realizados ao longo da materia. 



As competencias, as datas de entrega e os criterios de avaliación
que se desenvolverán en cada proba notificaranse previamente en clase e
publicaranse no Campus Virtual ao longo do cuadrimestre. 



O alumnado que se atope en modalidades específicas de aprendizaxe
e apoio á diversidade terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas
nas datas sinaladas. As sesións expositivas, os talleres, as probas avaliables
e o traballo final foron deseñados para abarcar o maior grao de inclusión
posible. Se fose necesario e sempre baixo petición previa do alumnado;
realizaranse as adaptacións necesarias para non prexudicar a cualificación do
alumnado. 



As sesións expositivas, os talleres, as probas
avaliables e o traballo final foron deseñados para garantir o aprendizaxe
autonómo non presencial; por tanto o alumnado que se atope en situación de
dispensa académica terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas
durante os períodos de tempo sinalados.


Fontes de información
Bibliografía básica Zarins, Uldis (2017). Anatomy for Sculptors : understanding the Human Form. Boston : Exonicus LLC, 2017
Ollie Johnston , Frank Thomas (1997). Illusion Of Life: Disney Animation. New York : Disney Editions
Miyazaki, Hayao (2014). Starting point : 1979-1996. San Francisco, CA. : VIZ Media
Richard E. Williams (2009). The Animator's Survival Kit. London : Faber and Faber,
Miyazaki, Hayao (2014). Turning point : 1997-2008. San Francisco, CA. : VIZ Media

Bibliografía complementaria

CÓMIC:

Blacksad : la historia de las acuarelas Signatura: L-C-384


Blacksad : integral Signatura: L-C-390

Blacksad : cómo se hizo Signatura: L-C-393

El arte de Charlie Chan Signatura: L-C-388

Pyongyang Signatura: L-C-292

Guía del mal padre Signatura: L-C-394

Cómo no hacer nada Signatura: L-C-385

Crónicas birmanas Signatura: L-C-386

Crónicas de Jerusalén Signatura: L-C-387

Escapar : historia de un rehén Signatura: L-C-389

Inspector Moroni Signatura: L-C-391

Shenzhen Signatura: L-C-397

Mauss Signatura: L-C-213

Metamaus : [viaje al interior del un clásico moderno, Maus] Signatura: L-C-396 E L-C-396 DVD

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Modelaxe 2/616G02016
Debuxo Anatómico/616G02012
Modelaxe 1/616G02015
Animación 1/616G02018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxecto de Animación/616G02021

Materias que continúan o temario
Rigging Facial/616G02025
Efectos Especiais en Animación/616G02026
Animación de Personaxes/616G02020

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

 1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:  

          1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.   

          1.2.  Realizarase  a  través  de  Moodle,  en  formato  dixital  sen  necesidade  de  imprimilos  

          1.3. De se realizar en papel:  

                    Non se empregarán plásticos.  

                    Realizaranse impresións a dobre cara.  

                    Empregarase papel reciclado.  

                    Evitarase a impresión de borradores.  

2. Débese  facer  un  uso  sostible  dos  recursos  e  a  prevención  de  impactos  negativos  sobre o medio natural.  

3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da  sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.  

4.  Segundo  se  recolle  nas  distintas  normativas  de  aplicación  para  a  docencia  universitaria  deberase  incorporar  a  perspectiva  de  xénero  nesta  materia  (usarase  linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase  a intervención en clase de alumnos e alumnas…).  

5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na  contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.  

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse  accións e medidas para corrixilas.  

7.  Facilitarase  a  plena  integración  do  alumnado  que  por  razón  físicas,  sensoriais,  psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario  e proveitoso á vida universitaria. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías