Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Modelaxe Escultórica Código 616G02023
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
García Aradas, Cristina
Correo electrónico
c.garadas@udc.es
Profesorado
García Aradas, Cristina
Correo electrónico
c.garadas@udc.es
Web
Descrición xeral Na materia tratarase o proceso de creación dun modelo dixital 3D desde a fase de análise de formas inicial ata a optimización final do modelo.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O obxectivo da materia é coñecer o proceso de creación dun modelo dixital 3D partindo da fase inicial de bosquexo, pasando pola construción dun modelo físico ata chegar a un modelo dixital adecuado para o seu uso en animación ou videoxogos. O alumno aprenderá a analizar e interpretar as formas e as proporcións para poder logo reproducilas nunha contorna dixital, a partir do cal se poderán xerar imaxes sintéticas. Estudarase tamén as técnicas de optimización destes modelos, que tipicamente constarán dunha xeometría moi complexa, de forma que se poidan chegar a empregar en motores de render en tempo real. A7
A9
A10
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Análise de formas Oco e volume
Interpretación volumétrica Proporción
Técnicas de modelado dixital Técnicas de modelado dixital
Tratamento de texturas en 3D Tratamento de texturas en 3D
Retopoloxía e niveis de detalle Xestión de detalle fino: mapas de normais e desprazamento

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C3 C4 C6 C7 C8 15 0 15
Traballos tutelados A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C6 C7 C8 C9 1 40 41
Proba mixta A7 A9 A10 B1 B3 B4 B7 B9 B10 B11 B13 C1 C4 0.5 0 0.5
Solución de problemas A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 15 40 55
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas presenciais, onde se expoñerán os conceptos básicos que o alumnado debe coñecer e que serán de aplicación nos traballos prácticos, tanto presenciais como non presenciais.
Traballos tutelados Coa supervisión do profesorado, e principalmente co traballo persoal, non presencial, os alumnos terán que desenvolver os contidos que se propoñan en cada exercicio.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
Solución de problemas Exporanse casos prácticos nos que o alumno terá que aplicar os coñecementos expostos nas sesións maxistrais para resolver os problemas que aparezan para conseguir o resultado desexado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición
O alumno resolverá nas titorías as dúbidas ou problemas que se atope durante o traballo non presencial. No caso de alumnos con dispensa académica recoméndase a asistencia a titorías para supervisar a elaboración dos traballos da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A7 A9 A10 B1 B3 B4 B7 B9 B10 B11 B13 C1 C4 Exame tipo test. 10
Traballos tutelados A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C6 C7 C8 C9 Demoreel (20)
Prototipo/s (40)
Memoria (10)
70
Solución de problemas A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Exercicios prácticos realizados baixo a supervisión do docente expostos en clase. 20
 
Observacións avaliación
  • Para poder aprobar a materia é necesario alcanzar unha cualificación maior ou igual ao 50% co traballo final de carácter obrigatorio. 
  • Os traballos realizados en clase serán de avaliación continua e consistirán en exercicios que se elaborarán en clase e poderán seguirse traballando fóra con traballo autónomo. A súa entrega é optativa. 
  • A proba de tipo test é de carácter optativo. 
  • Os criterios e actividades de avaliación para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica (exención de asistencia) será o mesmo que para o resto do alumnado.

Fontes de información
Bibliografía básica Jahirul Amin (2021). Anatomía Artística: Guía visual del cuerpo humano. Anaya
Parramon Paidotribo (2020). Diseño y creación de personajes . Parramon
Sculpting & Impresión 3D (). https://blog.prusa3d.com/3d-sculpting-modeling-characters-and-organic-shapes_31705/.
SculptGL (). https://stephaneginier.com/sculptgl/.
Blender Sculpting (). https://www.blender.org/features/sculpting/.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Modelaxe 2/616G02016
Debuxo de Contornas e Arte de Concepto/616G02013
Arte Dixital e Electrónica/616G02014
Debuxo Anatómico/616G02012
Modelaxe 1/616G02015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías