Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Programación Orientada a Obxectos Código 616G02032
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Carballal Mato, Adrián
Correo electrónico
adrian.carballal@udc.es
Profesorado
Carballal Mato, Adrián
Romero Cardalda, Juan Jesus
Correo electrónico
adrian.carballal@udc.es
juan.romero1@udc.es
Web
Descrición xeral O alumnado aprenderá os fundamentos básicos de programación orientada a obxectos e será capaz de comparalos con outros paradigmas de programación.
Plan de continxencia Non hai modificacións nos contidos, bibliografía nin metodoloxías.
As clases realizaranse online e gravaranse. As titorías faranse online.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Nesta materia impártense coñecementos básicos de programación orientada a obxectos, que permitirán ao alumnado crear material multimedia, destacando a creación de videoxogos. Estas técnicas de programación tamén resultarán útiles no desenvolvemento de ferramentas e extensións para programas de creación de contidos dixitais. A12
A16
A17
B1
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B10
B11
B12
B13
C3
C4
C6
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Programación orientada a obxectos 1. Estruturas de programación
2. Diagramas de fluxo
3. Pseudocódigo
4. Linguaxes de programación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A16 A17 B7 B10 B11 B12 B13 C3 C7 28 56 84
Traballos tutelados B2 B4 B6 C4 C6 C8 7 35 42
Proba mixta B1 B5 C9 2 0 2
Sesión maxistral A12 B8 8 8 16
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento de traballos prácticos no laboratorio. Presencial e online.
Traballos tutelados Resolución de traballos tutelados propostos e resoltos en horario de titorías. Presencial e online.
Proba mixta Proba de avaliación centrada principalmente na parte teórica, aínda que tamén inclúe preguntas sobre a parte práctica. Presencial.
Sesión maxistral Presentación dos temas teóricos da materia. Presencial e online.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Descrición
Resolución de dúbidas de teoría ou prácticas, seguemento das prácticas propostas e traballos tutelados en horario de titorías, presencialmente e de forma telemática mediante correo electrónico e Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B4 B6 C4 C6 C8 Resolución e participación en traballos tutelados en horario de titorías. Computa un máximo de 4 puntos na nota final. A súa realización é obrigatoria para superar a materia. 40
Proba mixta B1 B5 C9 Proba de avaliación centrada principalmente na parte teórica, aínda que tamén inclúe preguntas sobre prácticas. Computa un máximo de 4 puntos na nota final. A súa realización é obrigatoria para superar a materia. 40
Prácticas de laboratorio A16 A17 B7 B10 B11 B12 B13 C3 C7 Entrega de traballos prácticos de laboratorio. Computa ata un máximo de 2 puntos na nota final. A súa realización non é obrigatoria para superar a materia. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é imprescindible aprobar tanto a parte teórica (proba mixta) como a práctica (traballos tutelados e prácticas de laboratorio). 

É imprescindible conseguir unha nota mínima de 5 sobre 10 nas dúas partes (teórica e práctica) para aprobar a materia (en caso contrario, a máxima nota que se poderá conseguir é un 4,5).

O alumnado poderá ser chamado a revisión das prácticas e traballos tutelados, e debe ser capaz de defender o seu traballo.

ESTUDANTADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto co profesorado da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual da materia. 


Fontes de información
Bibliografía básica Miguel Ángel Acera García (2017). C/C++. Curso de programación (Manuales Imprescindibles) . Anaya
Joyanes Aguilar, Luis (2012). Fundamentos generales de programación. MCGRAW-HILL
David Vallejo Fernández y Santiago Sánchez Sobrino (2019). Programación de Videojuegos con Unreal Engine 4: Volumen 1. Publicación independiente

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Programación/616G02030

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Programación de Videoxogos/616G02033

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

- Solicitaranse en formato virtual ou soporte informático

- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia.

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías