Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Programación de Videoxogos Código 616G02033
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Castro Pena, Luz
Correo electrónico
maria.luz.castro@udc.es
Profesorado
Castro Pena, Luz
Correo electrónico
maria.luz.castro@udc.es
Web
Descrición xeral O alumnado aprenderá como funciona un motor de videoxogos e como se programa dentro dun motor.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado aprenderá como funciona internamente un motor de videoxogos. Para iso coñecerá como é a arquitectura interna dun motor, como organiza os datos e como os procesa para xerar cada imaxe do xogo e permitir a interacción do usuario. O alumnado aprenderá tamén como se programa dentro dun motor e como se poden estender as súas capacidades creando módulos propios. Para isto o alumnado adquirirá coñecementos básicos de programación nas linguaxes máis comúns empregados nestes motores A10
A12
A25
A26
B1
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B10
B11
B12
B13
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Programación de videoxogos Arquitectura, bibliotecas e motores de xogo
Programación de motores de xogo
Xogos multixogador
Tecnoloxías áxiles de desenvolvemento

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 A12 A25 8 8 16
Prácticas de laboratorio A26 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 C3 C4 C6 C7 C9 28 56 84
Traballos tutelados A10 A12 A25 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 C1 C8 7 35 42
Proba mixta B1 B5 B6 C1 2 0 2
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación dos temas teóricos da materia
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento de traballos prácticos no laboratorio
Traballos tutelados Resolución de traballos tutelados propostos e resoltos en horario de titorías. Presencial e online
Proba mixta Proba de avaliación da parte teórica e práctica

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Resolución de dúbidas de teoría ou prácticas, seguemento das prácticas propostas e traballos tutelados en horario de titorías, presencialmente e de forma telemática mediante correo electrónico e Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A26 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 C3 C4 C6 C7 C9 Entrega de traballos prácticos de laboratorio e avaliación continua do traballo na aula. Computa ata un máximo de 3 puntos na nota final. A súa realización non é obrigatoria para superar a materia. 30
Traballos tutelados A10 A12 A25 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 C1 C8 Resolución e participación en traballos tutelados en horario de titorías. Computa un máximo de 3 puntos na nota final. A súa realización é obrigatoria para superar a materia. 30
Proba mixta B1 B5 B6 C1 Proba de avaliación centrada principalmente na parte teórica, aínda que tamén inclúe preguntas sobre prácticas. Computa un máximo de 4 puntos na nota final. A súa realización é obrigatoria para superar a materia. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é imprescindible aprobar tanto a proba mixta como os traballos tutelados.

É
imprescindible conseguir unha nota mínima de 5 sobre 10 nas dúas partes
(proba mixta e traballos tutelados) para aprobar a materia (en caso
contrario, a máxima nota que se poderá conseguir é un 4,5).

O alumnado poderá ser chamado a revisión das prácticas e traballos tutelados, e debe ser capaz de defender o seu traballo.

ESTUDANTADO
CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto co
profesorado da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra
da organización habitual da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Sewell, Brenden (2015). Blueprints Visual Scripting for Unreal Engine. Birmingham: Packt Pub.
Marcos Romero , Brenden Sewell (2022). Blueprints Visual Scripting for Unreal Engine 5 - Third Edition . Birmingham: Packt Pub.
Moore, Richard J. (2011). Unreal development kit : beginner's guide : a fun, quick, step-by-step guide to level design and creating your own game world. Birmingham: Packt Pub.
Cordone, Rachel (2011). Unreal Development Kit Game Programming with UnrealScript : Beginner's Guide. Birmingham: Packt Pub.
(). Unreal Engine 4 Documentation. https://docs.unrealengine.com/en-us/

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Programación Orientada a Obxectos/616G02032
Fundamentos de Programación/616G02030

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
- Solicitaranse en formato virtual ou soporte informático
- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia.
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías