Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Desenvolvemento de Personaxes Código 616G02041
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Álvarez Mures, Luis Omar
Correo electrónico
omar.alvarez@udc.es
Profesorado
Álvarez Mures, Luis Omar
García Aradas, Cristina
Correo electrónico
omar.alvarez@udc.es
c.garadas@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo deste curso é que o alumno aprenda a crear personaxes e dotalos do aspecto requirido dentro dun motor de videoxogos. O alumno aprenderá a introducir os devanditos modelos no motor, configuralos adecuadamente, combinalos e optimizalos para conseguir o mellor rendemento. Tamén aprenderá a manexar personaxes dentro dun motor de videoxogos e proporcionarlles o comportamento requirido a partir das accións do xogador ou de maneira autónoma.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

- Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías

- Mantéñense todalas metodoloxías docentes modificando únicamente o seu carácter presencial

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

- Correo electrónico: Dispoñibilidade semanal de titorización do profesor. De uso para facer consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas.
- Moodle: Dispoñibilidade semanal de titorización do profesor. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias.
- Teams: Dispoñibilidade semanal de titorización do profesor. De 1 a 2 sesións semanais en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación

- Non se realizarán cambios.

*Observacións de avaliación:

Mantéñense as metodoloxías de evaluación e sua ponderación, exceptuando o seu carácter presencial.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo dixitalizados en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno aprenderá a introducir personaxes desenvolvidos en programas externos de modelado nun motor de videoxogos, axustando no mesmo as diferentes características do seu sistema esqueletal e definindo os modos de combinación das animacións que definen o seu comportamento en función das accións do usuario e das mecánicas de xogo. A10
A23
A26
A30
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Personaxes en motores de videoxogos - Conceptos básicos da animación de personaxes.
- Elementos e assets dun personaxe nun motor de videoxogos.
- Importación de mallas esqueletais e animacións dende programas externos.
- Axuste de xerarquía esqueletal. Retargeting.
Aparencia de personaxes - Materiais de personaxes.
- Texturas e detalle de personaxes.
- Materiais específicos, pel, ollos, pelo.
Control de movementos e accións - Resposta ás interaccións do xogador.
- Execución de accións.
Animación de personaxes - Conectores.
- Simulación dinámica.
- Espazos de mestura de animacións.
- Máquinas de estado.
- Sistema de animación do personaxe. Variacións e montaxes.
Personaxes non xogables - Intelixencia artificial básica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A23 A30 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C3 C7 C8 C9 16 64 80
Sesión maxistral A10 A23 A30 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C8 C6 C4 20 0 20
Traballos tutelados A26 A30 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 5 40 45
Presentación oral B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C9 C3 C1 1 3 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Plantexaranse casos prácticos nos que o alumno terá que aplicar os coñecementos expostos nas sesións maxistrais para resolver os problemas que xurdan de cara a acadar o resultado desexado.
Sesión maxistral Clases teóricas presenciais, onde se exporán os conceptos básicos que o alumnado debe coñecer e que serán de aplicación nos traballos prácticos, tanto presenciais como non presenciais.
Traballos tutelados Coa supervisión do profesorado, e principalmente con traballo personal, non presencial, os alumnos terán que desenvolver os contidos que se propoñan en cada proxecto.
Presentación oral Presentarase públicamente o proxecto ou traballo feito o longo da asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
O alumno resolverá nas tutorías as dúbidas ou problemas que se atope durante o traballo non presencial. No caso de alumnos con dispensa académica recoméndase a asistencia a titorías para supervisar a elaboración dos traballos da materia. iguais para todas as convocatorias e oportunidades para a súa avaliación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C9 C3 C1 Presentación (10) 10
Solución de problemas A23 A30 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C3 C7 C8 C9 P1 (5), P2 (10), P3 (10), P4 (5) 30
Traballos tutelados A26 A30 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Demoreel (20)
Memoria (10)
Prototipo (30)
60
 
Observacións avaliación
  • Para poder aprobar a asignatura é necesario acadar una calificación maior ou igual ao 50% na suma dos tres apartados: maior ou igual do 50% (prácticas + traballo tutelado + presentación oral). 
  • Non se aproba coa soa entrega dos traballos tutelados.
  • En caso de suspender o curso na primeira convocatoria volveranse entregar as prácticas con cualificación menor ao 50% así como o traballo tutelado correspondente na segunda convocatoria.
  • Os criterios e actividades de avaliación para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será o mesmo que para o resto do alumnado

Fontes de información
Bibliografía básica Cooper, Jonathan (2019). Game anim : video game animation explained. Boca Raton, FL: CRC Press
Muhammad A Moniem (2016). Mastering Unreal Engine 4.X. Birmingham: Packt Publishing
Benjamin Colin Carnall (2016). Unreal Engine 4.X by Example. Birmingham: Packt Publishing
(). Unreal Engine Documentation. https://docs.unrealengine.com/en-US/index.html
(). Unreal Online Learning. https://www.unrealengine.com/en-US/academy

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Animación 2/616G02019
Animación de Personaxes/616G02020
Materiais e Iluminación/616G02017
Animación 1/616G02018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías