Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Proxecto de Videoxogo Código 616G02042
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Enxeñaría Civil
Coordinación
Castro Pena, Luz
Correo electrónico
maria.luz.castro@udc.es
Profesorado
Álvarez Mures, Luis Omar
Castro Pena, Luz
García Aradas, Cristina
Hernandez Ibañez, Luis Antonio
Navarro Álvarez, Adriana
Correo electrónico
omar.alvarez@udc.es
maria.luz.castro@udc.es
c.garadas@udc.es
luis.hernandez@udc.es
a.navarro@udc.es
Web
Descrición xeral Realización dun proxecto sinxelo de videoxogo en todas as súas fases
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
Manteranse as metodoloxías docentes, adaptándoas a formato telemático.
As clases teóricas e prácticas agruparanse nunha única sesión síncrona que se realizará no horario habitual, cunha duración máxima dunha hora. Marcaranse sesións de titorías para o seguimento dos traballos tutelados que coincidan co horario de clase.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais, resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de foros para formular as consultas necesarias.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario. De 1 a 2 sesións semanais (ou máis segundo a demanda do alumnado) en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización dos traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán modificacións.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado será capaz de expor e levar a cabo un proxecto sinxelo de videoxogo en todas as súas fases, desde a ideación á materialización do mesmo. Este proxecto poderá ser realizado de maneira individual ou en grupo. A10
A20
A31
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Proxecto de videoxogo - Formulación do proxecto
- Preprodución
- Desenvolvemento
- Probas
- Implementación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A10 B3 B9 B10 C8 21 42 63
Traballos tutelados A20 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B13 B14 C3 C4 C6 C7 C9 21 59 80
Presentación oral B1 B2 B4 B11 C1 2 0 2
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Analizar as especificacións dun proxecto para a comprensión do seu alcance e obxectivos, e executar as estratexias necesarias para a súa resolución eficiente, tanto de maneira asistida polo profesorado como mediante o traballo autónomo.
Identificar aspectos comúns entre a materia impartida e outras disciplinas do grao, e plasmalo documentalmente
Traballos tutelados Realizar un traballo en colaboración dentro dun grupo.
Formular e resolver problemas relacionados co aprendido, de cara a comprender a súa aplicación práctica.
Presentación oral Presentación oral dos traballos realizados

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado resolverá nas tutorías (presencialmente e de forma telemática mediante correo electrónico e Teams) as dúbidas ou problemas que se atope durante o traballo non presencial.
No caso de alumnado con dispensa académica recoméndase a asistencia a titorías para supervisar a elaboración dos traballos da materia.

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto co profesorado para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual da materia. Este alumnado é responsable de estar ao corrente dos materiais colgados no Moodle, así como das tarefas que por ese medio se propoñan para entrega. Estas entregas, de non ser telemáticas, serán acordadas co estudantado a tempo parcial de xeito que se compatibilice na medida do posible coa súa dispoñibilidade e a do profesorado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A20 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B13 B14 C3 C4 C6 C7 C9 O traballo tutelado que deberá realizar o alumnado consistirá no desenvolvemento completo e funcional da proposta de xogo deseñado ao longo do cuadrimestre.
A avaliación constará dunha parte conxunta (traballo realizado polo grupo) e outra parte individual (traballo realizado pola/o alumna/o - área), polo que a cualificación final do alumnado dentro dun mesmo grupo pode variar en función da calidade do traballo desenvolvido
90
Presentación oral B1 B2 B4 B11 C1 Presentación oral e defensa do traballo realizado 10
 
Observacións avaliación

Se
o alumnado non realiza a presentación ou non entrega algún dos
documentos requiridos, recibirá a cualificación de suspenso (0).

As
faltas de ortografía, así como a falta de lexibilidade na documentación
presentada poderán facer que os devanditos documentos se consideren
como non aceptables e por tanto como non presentados.

No
caso de alumnado con dispensa académica realizarase a supervisión dos
traballos nas titorías da materia. Devanditos traballos poderanse
realizar cos recursos proporcionados sen necesidade de
asistencia presencial, aínda que se recomenda a asistencia a titorías. En
calquera caso, o alumnado con dispensa académica deberá realizar de
maneira presencial a presentación oral dos traballos.

As condicións son iguais para todas as convocatorias e oportunidades para a súa avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Jeannie Novak (2011). Game Development Essentials: An Introduction. Cengage Learning
Travis Castillo, Jeannie Novak (2006). Game Development Essentials: Game Level Design. Cengage Learning
John Hight, Jeannie Novak (2008). Game Development Essentials: Game Project Management. Cengage Learning

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño Narrativo e de Interfaces/616G02038
Desenvolvemento de Videoxogos 1/616G02039
Programación Orientada a Obxectos/616G02032
Deseño de Niveis e Xogabilidade/616G02037
Modelaxe 2/616G02016
Animación 2/616G02019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Desenvolvemento de Videoxogos 2/616G02040
Desenvolvemento de Personaxes/616G02041
Programación de Videoxogos/616G02033

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
- Solicitaranse en formato virtual ou soporte informático
- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia.
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías