Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Habilidades ximnásticas e a súa didáctica Código 620G01009
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Morenilla Burlo, Luis
Correo electrónico
luis.morenilla@udc.es
Profesorado
Blanco Pereira, Eduardo
Morenilla Burlo, Luis
Sierra Palmeiro, Elena
Correo electrónico
eduardo.blanco.pereira@udc.es
luis.morenilla@udc.es
elena.sierra@udc.es
Web
Descrición xeral As competencias establecidas para o módulo de FUNDAMENTOS DOS DEPORTES, no que se integra a materia, nos indican que ésta desenvólvese basicamente sobre o estudo das habilidades motrices ximnásticas como conductas psicomotrices e os seus contidos como recursos educativos en educación física e en iniciación deportiva.
O estudo das habilidades ximnásticas é un labor bastante extensa, en primeiro lugar pola diversidade de modalidades competitivas que suscita este deporte que integra una variedade de actividades motoras. En segundo lugar, pola riqueza e variedade en canto ao número de habilidades motrices desenvolvidas, desde habilidades simples a habilidades extraordinariamente complexas, desde unha motricidade “natural” ao ser humano, ata movementos completamente artificiais que colocan ao suxeito en situacións inhabituais (rotacións en diversos planos, posicións investidas, equilibrios con base moi reducida, etc.) onde os sistemas de información e movemento deben colaborar para resolver problemas motrices realmente difíciles e que obrigan a un período longo de traballo iniciado de forma temprana para poder chegar a conseguir bos rendementos nestas actividades.
Como iniciación deportiva adóitase entender o momento e período no que unha persoa comeza a aprender unha habilidade específica ou un deporte en concreto. Neste sentido o desenvolvemento das habilidades ximnásticas pola súa elevada implicación perceptiva, a variedade de accións motrices e o enfrontamento a situacións de carácter inhabitual para o suxeito posibilitarán un enriquecemento motriz e unha transferencia positiva para futuras aprendizaxes de habilidades específicas deportivas.
Conxugar isto coa idea de capacitar ao estudante do Grao en Ciencias da Actividade e do Deporte da UDC como docente, fainos enfocar a asignatura cara á utilización do ensino das habilidades ximnásticas no medio escolar, polo que o tratamento da materia intenta ser global, de forma que se poida ofrecer durante a duración da materia unha visión amplia das posibilidades da ximnasia como “útil” ou “ferramenta” na formación integral do alumnado.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Bloques temáticos I y II: Todos os contidos destes dous bloques, de carácter teórico e con docencia expositiva, desenvolveranse de forma non presencial mediante o uso das canles Moodle e Microsoft Teams.

Bloques temáticos III e IV: Os contidos destes bloques, de carácter teórico-práctico e con docencia interactiva, pasarán a desenvolverse de forma non presencial adaptando a docencia dos contidos prácticos para poder impartirlos a través de Moodle e Microsoft Teams.

2. Metodoloxías
*Metodologías docentes que non se manteñen
- Eventos científicos e divulgativos
- Taller de Actividades Ximnásticas
- Resumen
- Saídas de Campo
- Proba práctica
- Práctica de Actividade Física

*Metodoloxías docentes que se modifican
Desde o momento da interrupción da presencialidade na docencia, as metodoloxías docentes modifícanse e limítanse ás seguintes:
- Sesións maxistrais: Tratarán os contidos expositivos e parte dos interactivos, con docencia non presencial síncrona mediante Microsoft Teams e asíncrona deixando materiais en Moodle e vídeos das sesións en Microsoft Stream.
- Aprendizaxe colaborativa: Tratarán de forma non presencial os contidos interactivos relacionados cos bloques III e IV. Se desenvolverá de forma síncrona con Teams e asíncrona con Moodle e Stream. As sesións se enfocarán a análise da técnica das habilidades ximnásticas, detección de erros na execución e deseño de tarefas de aprendizaxe.
- Discusión dirixida: A partir de documentos e materiais multimedia subidos a Moodle polos profesores, realizaranse sesións non presenciais debatendo de forma síncrona co profesorado.
- Portafolios: Dada a imposibilidade de usar as instalacións docentes e deportivas da facultade, o portafolios limitarase a recompilar e completar información sobre os contidos dos bloques III e IV que sexan desenvolvidos. Neste caso a información poderase acompañar de imaxes fixas o en movemento do propio/a estudante o doutras persoas.
- Proba mixta: Consistirá en varias probas realizadas de forma non presencial mediante Cuestionarios de Moodle e Microsoft Forms. As preguntas serán de resposta breve e de múltiple opción. As probas de esta metodoloxía substitúen tanto ás probas escritas coma ás probas prácticas anteriores.
- Prácticas a través de TIC: Se convirte nun conxunto de cuestionarios e tarefas que os alumnos terán que realizar de forma non presencial e asíncrona a través de Moodle. As tarefas poderán ser pequenos vídeos gravados polos/as estudantes nos seus domicilios. Esta metodoloxía incluirá una tarefa equivalente á metodoloxía Solución de Problemas e tamén outra equivalente á Proba práctica de Axilidade no Chan.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Ferramentas: Correo electrónico da UDC, Microsoft Teams.
- Temporalización: O/a estudante poderá solicita ao profesor por calquera destas vías a resolución de dúbidas sobre os contidos e as metodoloxías.
O profesorado convocará titorías grupais non presenciais nas datas previas a realización das probas de avaliación para explicar dúbidas sobre os contidos e o procedemento das devanditas probas.

4. Modificacións na aviación
As metodoloxías a utilizar quedan da seguinte forma:

- Metodoloxía: Proba mixta TEORÍA HAB. ACROBÁTICAS.
- Peso na cualificación: 20%
- Descrición: Proba non presencial realizada mediante Moodle o Microsoft Forms, na data e hora oficial de exame da materia na 1ª e na 2ª oportunidade. Estará formada por preguntas de resposta breve o múltiple sobre os contidos dos Bloques I, II e III relacionados coas HABILIDADES XIMNÁSTICAS ACROBÁTICAS. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.

- Metodoloxía: Proba mixta TEORÍA HAB. NON ACROBÁTICAS.
- Peso na cualificación: 20 %
- Descrición: Proba non presencial realizada mediante Moodle o Microsoft Forms, na data e hora oficial de exame da materia na 1ª e na 2ª oportunidade. Estará formada por preguntas de resposta breve o múltiple sobre os contidos dos Bloques I, II e IVI relacionados coas HABILIDADES XIMNÁSTICAS NON ACROBÁTICAS. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.

- Metodoloxía: Proba mixta PRÁCTICA HAB. ACROBÁTICAS.
- Peso na cualificación: 20 %
- Descrición: Proba non presencial realizada mediante Moodle o Microsoft Forms, na data e hora oficial de exame da materia na 1ª e na 2ª oportunidade. Estará formada por preguntas de resposta breve o múltiple sobre os contidos do Bloque III relacionados coas HABILIDADES XIMNÁSTICAS ACROBÁTICAS. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.

- Metodoloxía: Proba mixta PRÁCTICA HAB. NON ACROBÁTICAS.
- Peso na cualificación: 20 %
- Descrición: Proba non presencial realizada mediante Moodle o Microsoft Forms, na data e hora oficial de exame da materia na 1ª e na 2ª oportunidade. Estará formada por preguntas de resposta breve o múltiple sobre os contidos do Bloque IV relacionados coas HABILIDADES XIMNÁSTICAS NON ACROBÁTICAS. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.

- Metodoloxía: Prácticas a través de TIC
- Peso na cualificación: 15%
- Descrición: Utilizarase a nota media de todas as tarefas realizadas durante o curso a través desta metodoloxía. O peso da metodoloxía Solución de Problema (5%) inclúese nesta xa que se establecerá unha tarefa non presencial equivalente ao exercicio de grupo.

- Metodoloxía: Portafolios do estudante
- Peso na cualificación: 5 %
- Descrición: Cartafol realizado en grupos de ata 4 estudantes no que recompilará e completará a información sobre a descrición técnica e as tarefas de aprendizaxe para cada unha das habilidades ximnásticas estudadas durante as sesións da materia. A información escrita deberase acompañar de información gráfica (debuxos, fotografías, links a vídeos, etc.) de cada habilidade e tarefa. Non será preciso que inclúa imaxes dos/as autores/as.

*Observacións de aviación:
Equivalencias entre metodoloxías de avaliación antes (PRESENCIAIS) e despois (NON PRESENCIAIS) da suspensión da presencialidade:
METODOLOXÍAS PRESENCIAIS => METODOLOXÍAS NON PRESENCIAIS
Proba mixta escrita sobre os contidos relacionados coas HAB. ACROBÁTICAS => Proba mixta TEORÍA HAB. ACROBÁTICAS.
Proba mixta escrita sobre os contidos relacionados coas HAB. NON ACROBÁTICAS => Proba mixta TEORÍA HAB. NON ACROBÁTICAS.
Proba motriz sobre os contidos relacionados coas HAB. ACROBÁTICAS => Proba mixta PRÁCTICA HAB. ACROBÁTICAS.
Proba motriz sobre os contidos relacionados coas HAB. NON ACROBÁTICAS => Proba mixta PRÁCTICA HAB. NON ACROBÁTICAS.
Proba de axilidade ximnástica no chan => Tarefa incluida nas Prácticas a través de TIC equivalente á Proba de axilidade ximnástica no chan.
Será preciso superar cada unha das probas equivalentes das METODOLOXÍAS NON PRESENCIAIS PARA APROBAR A MATERIA.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Deseñar, desenvolver e avaliar os procesos de ensino - aprendizaxe relativos ás habilidades ximnásticas A8
A9
A11
A14
A26
B1
B2
B4
B11
C1
C6
Planificar, desenvolver e avaliar a realización de programas de deporte escolar relacionados coa materia A7
A18
A25
A26
B1
B2
B3
B10
C7
Aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais, á proposta de tarefas do ensino no contexto ximnástico A25
A27
B1
B7
C6
Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado ás habilidades ximnásticas A33
B4
B12
C8
Promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica da ximnasia entre a poboación escolar A1
A5
A7
B8
B17
C3

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE TEMÁTICO I: INTRODUCCIÓN Ó ESTUDO DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS
Tema I.1: Conceptos xerais
I.1.1. Motricidade ximnástica e habilidade ximnástica
I.1.2. As habilidades ximnásticas corporais
I.1.3. As habilidades ximnásticas manipulativas
BLOQUE TEMÁTICO I: INTRODUCCIÓN Ó ESTUDO DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS
Tema I.2: Carácter motor das habilidades ximnásticas
I.2.1. Accións motrices nas habilidades ximnásticas
I.2.2. Características básicas do xesto ximnástico
BLOQUE TEMÁTICO II: DIDÁCTICA DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS
Tema II.1: O proceso de aprendizaxe das habilidades ximnásticas
II.1.1. Fases na aprendizaxe ximnástica
II.1.2. Etapas fundamentais na formación ximnástica
II.1.3. Propostas metodolóxicas no ensino das habilidades ximnásticas
BLOQUE TEMÁTICO II: DIDÁCTICA DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS
Tema II.2: A intervención práctica no proceso de ensino - aprendizaxe
II.2.1. A intervención manual
II.2.2. Utilización de material pedagóxico e de seguridade
BLOQUE TEMÁTICO II: DIDÁCTICA DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS
Tema II.3: A habilidade ximnástica no ámbito escolar
II.3.1. Dimensión educativa das habilidades ximnásticas
II.3.2. Obxectivos das habilidades ximnásticas
II.3.3. Directrices didácticas no ensino das habilidades segundo o nivel escolar
BLOQUE TEMÁTICO III: FUNDAMENTOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS ACROBÁTICAS
Tema III.1: Habilidades ximnásticas acrobáticas básicas individuais sobre chan
III.1.1. Rodamientos e iniciación ós xiros libres
III.1.2. Inversións
BLOQUE TEMÁTICO III: FUNDAMENTOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS ACROBÁTICAS
Tema III.2: Habilidades ximnásticas acrobáticas básicas colectivas sobre chan
III.2.1. Iniciación ás habilidades estáticas o de equilibrio
III.2.2. Iniciación ás habilidades dinámicas
BLOQUE TEMÁTICO III: FUNDAMENTOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS ACROBÁTICAS
Tema III.3: Habilidades ximnásticas acrobáticas básicas sobre aparatos
III.3.1. Iniciación ás habilidades desde a suspensión
III.3.2. Iniciación ás habilidades desde o apoio
BLOQUE TEMÁTICO IV: FUNDAMENTOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS NON ACROBÁTICAS
Tema IV.1. Os desplazamentos
IV.1.1.- Iniciación aos desplazamentos
IV.1.2.- Iniciación aos desplazamentos rítmicos
BLOQUE TEMÁTICO IV: FUNDAMENTOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS NON ACROBÁTICAS
Tema IV.2. Os saltos
IV.2.1.- Iniciación aos saltos en diferentes superficies ximnásticas
IV.2.2.- Iniciación aos saltos ximnásticos
BLOQUE TEMÁTICO IV: FUNDAMENTOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS NON ACROBÁTICAS
Tema IV.3. Os equilibrios
IV.3.1.- Iniciación aos equilibrios individuais
IV.3.2.- Iniciación aos equilibrios colectivos
BLOQUE TEMÁTICO IV: FUNDAMENTOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS NON ACROBÁTICAS
Tema IV.4. As mobilizacións da columna vertebral
IV.4.1.- Iniciación ás mobilizacions da columna vertebral en apoio de mans
IV.4.2.- Iniciación ás mobilización da columna vertebral en apoio de peito
BLOQUE TEMÁTICO IV: FUNDAMENTOS TÉCNICOS E METODOLÓXICOS DAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS NON ACROBÁTICAS
Tema IV.5. As habilidades ximnásticas manipulativas
IV.5.1.- Iniciación ás habilidades ximnásticas con cordas
IV.5.2.- Iniciación ás habilidades ximnásticas con pelotas
IV.5.3.- Iniciación ás habilidades ximnásticas con aros

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A25 B7 C7 2 0 2
Aprendizaxe colaborativa A5 A11 A18 B1 B2 B3 B4 B11 4 4 8
Discusión dirixida A14 A26 B12 C1 C8 2 0 2
Eventos científicos e/ou divulgativos A7 A27 B8 B10 C6 C3 0 5 5
Obradoiro A5 A8 A11 A18 A26 A27 A33 0 6 6
Portafolios do alumno A7 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A33 B1 B3 B4 B7 B10 B17 C3 C1 0 15 15
Proba mixta A1 A7 A8 A9 A11 A14 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B7 C1 3 9 12
Resumo A11 A26 A27 B7 C1 C6 0 2 2
Saídas de campo A1 A5 A7 A9 A25 A26 A27 B1 B3 B11 B17 C7 0 3 3
Sesión maxistral A1 A8 A11 A14 A18 A25 A26 A27 B12 B7 7 7 14
Solución de problemas A5 A8 A9 A11 A18 A26 A33 B1 B2 B4 B11 0 8 8
Proba práctica A11 A25 A26 A33 B2 B8 2 4 6
Prácticas a través de TIC A1 A8 A9 A11 A14 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B7 B8 C1 0 10 10
Práctica de actividade física A1 A5 A7 A11 A14 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B3 B4 B8 B12 30 24 54
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do profesorado e da guía docente da materia. Os alumnos completarán un cuestionario sobre coñecementos e experiencias na práctica de actividades ximnásticas
Aprendizaxe colaborativa Organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución das tarefas motoras asignadas polo profesorado
Discusión dirixida Debate sobre contidos da materia previa lectura da documentación aportada polo profesorado
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a cursos, seminarios, simposios, xornadas ou congresos relacionados co ensino e o adestramento das habilidades ximnásticas, especialmente aos FESTIVAIS XIMNÁSTICOS INTERUNIVERSITARIOS
Obradoiro Asistencia a prácticas de aprendizaxe e adestramento no obradoiro de actividades ximnásticas desenvolvido polo GRUPO GYMNAESTRADA
Portafolios do alumno Cartafol realizado en grupos de dous ou tres estudantes cuxa información baséase en recompilar, ordenar e completar as descricións técnicas e as tarefas de aprendizaxe para cada unha das habilidades ximnásticas estudadas en clase.
A información escrita deberase acompañar de imaxes fixas ou en movimiento dos/as autores/as realizando as diferentes tarefas de aprendizaxe recollidas no documento
Proba mixta Componse dun exame coas seguintes caracteristicas:
- Probas escritas compostas por preguntas de ensaio e de resposta breve.
Resumo Elaboración e entrega de síntese da información presentada polo profesorado en relación con algúns dos contidos da materia
Saídas de campo Observación de sesións de ensino ou adestramento en escolas ou clubs dedicados á práctica ximnástica
Sesión maxistral Exposición oral con apoio multimedia, por parte do profesorado, dos contidos da materia. A pesar das características concretas desta metodoloxía, o profesor interactuará co alumno, expondo cuestións para resolver.
Solución de problemas Traballo grupal do alumnado no que terán que compor e executar un exercicio de conxunto integrando os diferentes tipos de habilidades estudadas e cumprindo as esixencias expostas polo profesorado
Proba práctica Componse dun exame coas seguintes características
- Probas prácticas compostas por diversas tarefas motoras estudiadas nas sesións presenciais a executar.
Prácticas a través de TIC Componse de diversas tarefas propostas polo profesorado sobre os contidos tratados nos diferentes bloques temáticos que o alumnado deberá realizar e presentar a través das canles Moodle e/ou Microsoft Teams
Práctica de actividade física Práctica por parte do alumnado das tarefas motoras propostas polo profesorado en relación cos contidos de aprendizaxe

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Portafolios do alumno
Sesión maxistral
Resumo
Práctica de actividade física
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Descrición
- Asistencia as titorías individualizadas
- Organización de titorías colectivas, enfocadas especialmente a solucionar problemas relacionados coa práctica das tarefas motoras da materia
- Desenvolvemento de titorías virtuais de forma sincrónica ou asicrónica (chats ou foros) utilizando as canles fornecidas pola UDC (Moodle e Microsoft Teams)

Os/as estudantes con matrícula parcial que acrediten unha asistencia superior ao 50% das sesiones presenciais da materia so deben obter o 50% da máxima puntuación posible nas diferentes partes da PRUEBA MIXTA para considerarlas superadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A11 A25 A26 A33 B2 B8 Integra as seguintes probas:
- Proba motriz sobre TAREFAS DE APRENDIZAXE DE HABILIDADES NON ACROBÁTICAS. Aporta o 20% á cualificación final. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.
- Proba motriz sobre TAREFAS DE APRENDIZAXE DE HABILIDADES ACROBÁTICAS. Aporta o 20% á cualificación final. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.
- Proba de axilidade ximnástica igual á presente nas probas de acceso ao grao. Considerarase superada coa obtención da puntuación mínima exposta ao principio do curso. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.
40
Portafolios do alumno A7 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A33 B1 B3 B4 B7 B10 B17 C3 C1 Cartafol realizado en grupos de dous ou tres estudantes cuxa información baséase en recompilar, ordenar e completar as descricións técnicas e as tarefas de aprendizaxe para cada unha das habilidades ximnásticas estudadas en clase.
A información escrita deberase acompañar de imaxes fixas ou en movemento dos autores realizando as diferentes tarefas de aprendizaxe recollidas no documento.
5
Proba mixta A1 A7 A8 A9 A11 A14 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B7 C1 Integra as seguintes probas:
- Proba escrita composta por preguntas de ensaio e de resposta breve sobre os CONTIDOS DE HABILIDADES NON ACROBÁTICAS. Aporta o 20% á cualificación final. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.
- Proba escrita composta por preguntas de ensaio e de resposta breve sobre os CONTIDOS DE HABILIDADES ACROBÁTICAS. Aporta o 20% á cualificación final. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA.

As probas escritas estarán disponibles no idioma de impartición da materia si se desesa noutro idioma solictarase cunha semán de antelación á data de celebración.
40
Solución de problemas A5 A8 A9 A11 A18 A26 A33 B1 B2 B4 B11 Traballo grupal do alumnado no que terán que compor e executar un exercicio de conxunto integrando os diferentes tipos de habilidades estudadas e cumprindo as esixencias expostas polo profesorado 5
Prácticas a través de TIC A1 A8 A9 A11 A14 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B7 B8 C1 Promedio das cualificacións obtidas nas diferentes tarefas realizadas ao longo do curso en cada un dos bloque temáticos impartidos e presentadas a través das canles Moodle e/ou Microsoft Teams. 10
 
Observacións avaliación

A PARTICIPACIÓN DO ALUMADO NAS SESIÓNS PRESENCIAIS É UN FACTOR QUE DETERMINA O PROCESO DE AVALIACIÓN
Os/as alumnos/as que participen, como mínimo, no 70% das sesións deben obter o 50% da máxima puntuación posible nas diferentes partes da PROBA MIXTA para consideralas superadas.
Os/as alumnos/as que NON participen, como mínimo, no 70% das sesións deben obter o 65% da máxima puntuación posible nas diferentes partes da PROBA MIXTA para consideralas superadas.
OS/AS ALUMNOS/AS DISCAPACITADOS/AS O INCAPACITADOS/AS TEMPORALMENTE PARA A PRÁCTICA MOTRIZ, PODERÁN SOLICITAR A ADAPTACIÓN DAS TAREFAS MOTRICES A REALIZAR NAS SESIÓNS E NAS PROBAS DE AVALIACIÓN, NEL GRADO QUE AS COMPETENCIAS DA MATERIA O PERMITAN.
MOI IMPORTANTE: ADEMAIS DE SUPERAR AS PROBAS OBRIGATORIAS, PARA APROBAR A MATERIA É NECESARIO QUE A SUMA DE TODOS OS APARTADOS QUE COMPÓN A AVALIACIÓN SEXA IGUAL O SUPERIOR AO 50% DA PUNTUACIÓN MÁXIMA POSIBLE. TODAS AQUELAS PARTES XA APROBADAS NA AVALIACIÓN CONSERVARANSE APROBADAS ATA QUE O/A ALUMNO/A APROBE A MATERIA NA SÚA TOTALIDADE


Fontes de información
Bibliografía básica

BLOQUE TEMÁTICO 1:

Bourgeois, M. (1980). Gymnastique sportive. Perspectives pedagogiques école-club. París: Vigot.

Bourgeois, M. (1999). Didáctica de la gimnasia. Gimnasia para el alumno: el placer de aprender. Madrid: Biblioteca nueva.

Carrasco, R. (1977). Essai de systématique d’enseignement de la gymnastique aux agrés. París: Vigot.

Carrasco, R. (1979). L’activité du debutant, Gymnastique aux agrés. París: Vigot.

Cassagne, M. (1990). Gymnastique rythmique sportive. París: Amphora.

Le Camus, C. (1982). La gymnastique rythmique sportive et sa valeur educative. París: Vrin.

Leguet, J. (1985). Actions motrices en gymnastique sportive. París: Vigot.

Sierra, E. (1992). Actividades gimnásticas: G.R.D.. Tomo I. Cuadernos técnico-pedagogicos. La Coruña: Agrupación deportiva

BLOQUE TEMÁTICO 2:

Bridoux, A. (1991). Gymnastique sportive. Son enseignement en milieu scolaire. París: Amphora.

Bourgeois, M. (1999). Didáctica de la gimnasia. Gimnasia para el alumno: el placer de aprender. Madrid: Biblioteca nueva.

Carrasco, R. (1977). Pedagogie des agrès. París: Vigot.

Carrasco, R. (1977). Essai de systématique d’enseignement de la gymnastique aux agrés. París: Vigot.

Carrasco, R. (1979). L’activité du debutant. Gymnastique aux agrès. París: Vigot.

Hostal, P. (1978). Tiers temps pédagogique et gymnastique. París: Vigot.

Hostal, P. (1980). Gymnastique aux agrès. Enseignement primaire. París: Vigot.

Martínez, A. (1992). La gimnasia rítmica: un planteamiento educativo-motriz. Cuadernos técnicos de deporte, nº1. Orense: Servicio deportes de la Diputación.

Olislagers, P. (1990). Essai de systematique de l’aide en gymnastique artistique. Revue de l’Education Physique. 2, 49-64.

Vernetta, M., Bedoya, J.L. y Panadero, F. (2000). Unidades didácticas para secundaria XI. Habilidades gimnásticas: minicircuitos. Barcelona: Inde.

BLOQUES TEMÁTICOS 3 - 4:

Araujo, C. (2004). Manual de ayudas en gimnasia. Barcelona: Paidotribo.

Bodo-Schmid, A. (1985). Gimnasia rítmica deportiva. Barcelona: Hispanoeuropea.

Bourgeois, M. (1999). Didáctica de la gimnasia. Gimnasia para el alumno: el placer de aprender. Madrid: Biblioteca nueva.

Bridoux, A. (1991). Gymnastique sportive. Son enseignement en milieu scolaire. París: Amphora.

Brozas, M.P. y Vicente, M. (1999). Actividades grupales y creatividad. Madrid: Gymnos.

Carrasco, R. (1977). Essai de systématique d’enseignement de la gymnastique aux agrés. París: Vigot.

Carrasco, R. (1979). L’activité du debutant, Gymnastique aux agrés. París: Vigot.

Cartoni, A. y Putzu, D. (1990). Ginnastica artistica femminile. Milán: Edi-ermes.

Cassagne, M. (1990). Gymnastique rythmique sportive. París: Amphora.

Fernandez, A. (1989). Gimnasia rítmica deportiva. Fundamentos. Madrid: Federación española de gimnasia.

Fodero, J. M. & Furblur, E.E. (1989). Creating gymnastics pyramids and balances. Illinois: Leisure Press.

Frontera, J. & Aquino, F.(1985). Gimnasia deportiva masculina. Técnica y metodología. Buenos Aires: Stadium.

Grandi, B. (1989). Didattica e metodologia della ginnastica artistica. Roma: Società Stampa Sportiva.

Jackman, J. & Currier, B. (1993). Técnicas y juegos gimnásticos. Barcelona: Paidotribo.

Kaneko, A. (1980). Gymnastique olimpique. París: Vigot.

Knirsch, K. (1974). Manual de gimnasia artística. Madrid: Castilla.

Manoni, A.(1988). La ginnastica da campione. Roma: Gremese editore.

Piard, C. (1982). Fondements de la gymnastique. Technologie et pédagogie. París: Vigot.

Readhead, Ll. (1993). Manual de entrenamiento de Gimnasia Masculina. Barcelona: Paidotribo.

Sierra, E. (1992). Actividades gimnásticas: G.R.D.. Tomo I, II y III. Cuadernos técnico-pedagogicos. La Coruña: Agrupación deportiva INEF Galicia.

Thomas, L., Fiard, J., Soulard, C. & Chautemps, G. (1989). Gymnastique sportive. <>. París: Editions Revue EPS.

Ukran, M.L. (1978). Gimnasia Deportiva. Zaragoza: Acribia.

Wendt, H. & Hess, R. (1979). Gimnasia rítmica deportiva con aparatos manuales. México: Stadium.

Bibliografía complementaria

http://www.rfegimnasia.es/

http://www.ximnasia.com/

http://www.ueg-gymnastics.com/set.php?id=default

http://www.fig-gymnastics.com/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Habilidades ximnásticas e a súa didáctica/620G01009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Pedagoxía da actividade física e do deporte/620G01001
Anatomía e cinesioloxía do movemento humano/620G01002
Teoría e historia da actividade física e do deporte/620G01003
Bases da educación física e deportiva/620G01004
Xogos e recreación deportiva/620G01005

Materias que continúan o temario

Observacións

Dentro dos diferentes contidos que se estudan ao longo da materia o alumnado debe prestar especial atención ós contidos teórico – prácticos, tanto nos seus referentes meramente regulamentarios, como nos relativos á técnica de realización das diferentes habilidades e ás progresións e axudas para o seu ensino. Dado o carácter motor da materia, faise moi necesaria a vivencia persoal das diferentes situacións de aprendizaxe propostas nas sesións lectivas para a verdadeira comprensión dos contidos. Pola prevalencia de metodoloxías teórico - prácticas na materia, recoméndase ao alumnado a práctica motora das tarefas e habilidades estudadas nas clases, ben de forma individual ou formando parte das actividades do obradoiro enfocado ao festival o reunion ximnástica interuniversitaria denominada “Gimnastrada interINEFs”. Para favorecer a aproximación á realidade da Ximnasia nos seus niveis de iniciación, recoméndase a observación de adestramentos en escolas de ximnasia (hai varias nas propias instalacións da facultade) e a asistencia como espectador/a ás diferentes competicións de carácter autonómico.


Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas” e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías