Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Biomecánica do movemento humano Código 620G01014
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Barral Lavandeira, Jose R.
Correo electrónico
j.r.barral@udc.es
Profesorado
Barral Lavandeira, Jose R.
Correo electrónico
j.r.barral@udc.es
Web
Descrición xeral Consiste no estudo do corpo humano e as súas actividades desde a óptica da mecánica, tras repasar os conceptos básicos de mecánica newtoniana aplícanse ao estudo dos tecidos biolóxicos e dos patróns básicos de movemento

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o concepto actual de Biomecánica, orixe do termo, obxecto de estudo e os seus ámbitos aplicación. Coñecer os principais feitos históricos da biomecánica así como os seus precursores. Interpretar correctamente o seu ámbito de estudo e a súa relación interdisciplinar con outras ciencias do deporte, e a súa relación con ciencias afíns. A35
A36
B2
C6
C8
Coñecer, comprender e aplicar os coñecementos da cinemática e a cinética do movemento humano. Así como manexar e explicar con precisión a terminoloxía mecánica. A27
A36
B2
B11
B20
C6
Comprender a influencia do medio no movemento humano e aplicar este coñecemento na optimización do movemento na terra na auga e no aire. A27
B2
B3
C7
Coñecer as leis básicas do comportamento mecánico dos materiais e aplicalas aos tecidos biolóxicos comprendendo a súa influencia no movemento e o seu as causas do seu fracaso estrutural A14
A27
A29
A36
B1
B2
C7
Adquirir coñecementos básicos de ergonomía e aplicala ao ambito da educación física e deporte. Coñecer os aspectos biomecánicos básicos de bipedestación, locomoción e habilidades motrices básicas A14
A18
A22
B2
B11
C6
Coñecer os métodos e ferramentas de investigación en Biomecánica. Ser capaz de analizar e interpretar gráficos e ilustracións das análises biomecánicos. Comprender as fontes bibliográficas básicas, manexar a terminoloxía científica específica da biomecánica e ser capaz de autoformarse neste ámbito A18
A19
A27
A35
A36
B1
B2
B9
B10
B11
B13
B20
C3
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1.-Biomecánica 1.1.-Conceptualización.
1.2.-Evolución histórica, desenvolvemento e situación actual
1.3.-Relación con ciencias afíns e novas tendencias
2.-Mecánica aplicada ao movemento humano 2.1.-Introdución á mecánica
2.2.-Descrición do movemento: Cinemática aplicada ao movemento humano
2.3.-A causa do movemento: Dinámica aplicada ao movemento humano
2.4.-O equilibrio: Estática. Equilibrio en diferentes medios e situacións
2.5.-Enerxética do movemento: Traballo, potencia , enerxía e eficiencia do movemento
2.6.-O medio. Movemento sobre a terra, a a auga e no aire
3.-Biomecánica estructural 3.1.-Reoloxía. Comportamento mecánico dos materiais
3.2.-Biomecánica do tecido óseo
3.3.-Biomecanica articular. Comportamento mecánico do cartílago
3.4.-Comportamento mecánico de tendónes e ligamentos
3.5.-Biomecánica muscular
4.-Biomecánica das habilidades básicas 4.1.-O home como sistema biomecánico
4.2.-Biomecánica da postura. Bipedestación. Sedestación
4.3.-Conceptos básicos de ergonomía. Características ergonómicas do posto escolar. Ergonomia aplicada aos exercicios físicos
4.4.-Biomecánica da marcha
4.5.-Biomecánica da carreira
4.6.-Biomecánica dos saltos
4.7.-Biomecánica dos lanzamentos
4.8.-Biomecánica dos golpeos
5.-Metodos e ferramentas de investigación en Biomecánica 5.1.-Metodos de análise cinemático. Metodos directos e indirectos
5.2.-Metodos de análise cinético. Dinámica inversa
5.3.-Electromiografía

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais C7 1.5 0 1.5
Sesión maxistral A22 A27 A29 A36 B1 B13 B20 C8 C6 21 42 63
Proba mixta B2 2 0 2
Estudo de casos A14 B3 10 11 21
Traballos tutelados A19 A35 B10 5 40 45
Lecturas A18 B9 B11 4 3 7
Análise de fontes documentais C3 7.5 0 7.5
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Realizarase unha enquisa para coñecer o nivel de coñecemento previo da materia e das súas fontes directas ( anatomía, fisioloxía, física e matemáticas ) e indirectas ( informática, técnicas de imaxe...).
Realizarase a contextualización da biomecánica.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba mixta Proba mixta que consta dunha proba obxectiva, na que se expón un número de preguntas entre 50 e 70 de tipo:
-Probas de elección múltiple, nas que o alumno deberá escoller a resposta correcta entre cinco posibles opcións. Achega o 70% da nota obtida na proba mixta.

-Os diferentes traballos prácticos realizados ao longo do curso achegan o 30% da nota obtida na proba mixta.
Estudo de casos Os alumnos enfróntanse á descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. Os alumnos enfrontaranse aínda caso concreto dun problema de movemento humano e deben ser capaces de analizar unha serie de aspectos biomecánicos, para chegar a unha solución a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Traballos tutelados Realizarán un traballo continuo sobre unha folla de cálculo en que se irán desenvolvendo supostos dos temas de mecánica aplicada ao movemento humano, resolvéndose con simulación diversos problemas expostos nas sesións de clase.
Estes traballos realizaranse de forma individual ou en grupos de ata tres alumnos
Lecturas Lectura de artigos ou capítulos de libros seleccionado para a profundización dalgúns temas
Análise de fontes documentais Utilización de documentos audiovisuais, páxinas web e documentos bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Análise de fontes documentais
Descrición
Realizarán un traballo continuo sobre unha folla de cálculo en que se irán desenvolvendo supostos dos temas de mecánica aplicada ao movemento humano, resolvéndose con simulación diversos problemas expostos nas sesións maxistrais.
Estes traballos realizaranse de forma individual.
Os alumnos realizarán a profundización dalgún tema estudando fontes documentais ( artigos, documentos audiovisuais, páxinas web...) a fin de complementar a información achegada na sesión maxistral.
Os traballos estarán tutelados polo profesor nas sesións prácticas e durante as tutorías, así como por correo electrónico.
Os alumnos con matrícula parcial terán atención do profesos a aula, no despacho nos horarios de tutorías e a través do correo electrónico e moodle onde poderán acceder á documentación exposta na aula e aos traballos prácticos

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B2 Proba mixta que consta dunha proba obxectiva, na que se expón un número de preguntas entre 50 e 70 de tipo:
-Probas de elección múltiple, nas que o alumno deberá escoller a resposta correcta entre cinco posibles opcións. Achega o 70% da nota obtida na proba mixta.

Puntuación = (A- E/n-1) x 10/N

sendo Ao número de respostas acertadas, E o número de respostas erróneas, n o número de opcións de resposta en cada pregunta e N o número total de preguntas



70
Traballos tutelados A19 A35 B10 Os alumnos farán de 5 a 7 traballos durante o cuatrimestre nos que resolverán problemas nos que aplicarán a practica os contidos teóricos expicados na aula.

Estes traballos realizaranse de forma individual ou en grupos de ata tres alumnos
20
Análise de fontes documentais C3 Utilización de documentos audiovisuais, páxinas web e documentos bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. 10
 
Observacións avaliación

A asistencia o aula non e levada en conta na avaliación

O modelo de avaliación será o mesmo en segunda oportunidade ou en avaliacións posteriores que na primeira oportunidade.

As cualificacións das partes da avaliación superadas na primeira oportunidade manteranse na segunda oportunidade. 

Os traballos tutelados e análises de documentais superados en calquera avaliación manteranse de maneira indefinida.

Os alumnos de matrícula a tempo parcial terán o mesmo modelo de avaliación e coas mesmas características que o resto dos alumnos salvo nos casos que polas súas especiais circunstancias sexa precisa algunha modificación.

Os traballos da materia poderán presentarse en galego ou en castelán.

A proba mixta de maneira xeral exporase en castelán, existindo a posibilidade de ser realizada en galego para aqueles alumnos que o soliciten por escrito polo menos 5 días antes da data de avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
NORDIN M. Y FRANKEL V.H (2013). Bases Biomecánicas del Sistema Musculo Esquelético. Lippincott
LLANA BELLOCH SALVADOR; PEREZ SORIANO, PEDRO (2014). Biomecánica Basica Aplicada a la Actividad Fisica y el Deporte. PAIDORIBO
ANTHONY BLAZEVICH (2007). Biomecánica Deportiva, Manual para la Mejora del Rendimiento Humano. Paidotribo. Barcelona
AGUADO JODAR X.,IZQUIERDO R. M, GONZÁLEZ M J.L (1997). Biomecánica fuera y dentro del Laboratorio. Servicio Publicaciones Universidad de León.León
HAMILL, J. - KNUTZEN, K. - DERRICK, T. (2017). Biomecánica. Bases del Movimiento Humano. Lippincott
AGUADO JODAR X (1993). Eficacia y Técnica Deportiva. Análisis del Movimiento Humano. INDE. Barcelona
GUTIERREZ DAVILA M (2015). Fundamentos de Biomecánica Deportiva. Ed. Síntesis. Madrid
VIEL, E (2002). La marcha humana, la carrera y el salto. Ed. Masson. Barcelona.
ARTEAGA ORTIZ R. VICTORIA D.J (2001). Problemas de Biomecánica para Estudiantes de Educación Física. . Servicio de Publicaciones y Producción Documental Universidad de Las Palmas de Gran Canaria. Las Pal

Bibliografía complementaria LLANOS ALCÁZAR, F (1988). Biomecánica del aparato locomotor. Editorial de la Universidad Complutense. Madrid
VERA, P.; HOYOS, JV.; NIETO, J (1985). Biomecánica del Aparato Locomotor (2 vol.). Ed. IBV, Valencia
IZQUIERDO M. (2008). Biomecánica y Bases Neuromusculares de la Actividad Física y el Deporte. Panamericana. Madrid
JIM RICHARDS (2008). Biomechanics in Clinic and Research. Churchill Livinstone. China
CROMER A. H (1986). Física para las Ciencias de la Vida. Ed. Reverter. Barcelona
ALEXANDER R. M (1992). The Human Machine. Natural History Museum Publications. London


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Aprendizaxe e control motor/620G01012
Fisioloxía do exercicio I/620G01013

Materias que continúan o temario
Anatomía e cinesioloxía do movemento humano/620G01002
Bases da educación física e deportiva/620G01004

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías