O regulamento completo do TFG debe consultarse xa que completa a información establecida nesta guía,a tópase en MOODLE e na web da Facultade
O alumnado implicado deberá entregar ao profesor/a da Unidade de Competencia, nas datas establecidas a tal efecto, os seguintes documentos:
- Título definitivo do TFG nos idiomas galego, castelán e inglés.
- TFG finalizado conforme ao estipulado na Normativa, en canto a forma e contido.
O/a profesor/a da Unidade de Competencia e, no seu caso, de acordo co/a co-director/a, avaliará inicialmente os TFGs dos seus estudantes, conforme ao disposto no apartado de avaliación
FORMATO DE PRESENTACIÓN
O/a estudante presentará un documento escrito en calqueira idioma oficial da UDC (excepcionalmente admitirase en inglés, francés ou portugués, previa autorización da comisión TFG e xustificado con anterioridade polo profesorado responsable da Unidade de Competencia), cunha extensión máxima de 75 páxinas (incluida bibliografía e táboas), salvo excepcións autorizadas pola comisión do TFG, escrito nun linguaxe académico correcto e atendendo á estructura indicada na presente normativa.
O documento deberá estar escrito en letra Times New Roman 12 puntos, interliñado sinxelo e xustificado a ambos lados, aplicando as Normas APA ou Vancouver para as referencias bibliográficas.
O/a estudante entregará unha copia en formato dixital (nun único arquivo en pdf) ao/á profesor/a da Unidade de Competencia, e outra copia idéntica na Secretaría Académica da Facultade (Edificio de Aulas).
AVALIACIÓN DO TFG
Os requisitos para obter unha avaliación positiva no TFG serán os seguintes:
1. Asistencia ás clases presenciais da Unidade de Competencia asignada (cando menos a 4 sesións das programadas no segundo cuadrimestre) e ás correspondentes da fase formativa/informativa (primeiro cuadrimestre).
2. Entrega do TFG ao profesor/a da Unidade de Competencia asignado, de acordo coa estructura e datas establecidas na Guía Docente. 3. Obter unha valoración mínima de Apto (5 puntos) outorgada polo/a profesor/a da Unidade de Competencia (e o/a co-director/a, se fora o caso).
O profesorado responsable de cada unidade será o encargado de programar o proceso de elaboración do TFG do grupo e da súa avaliación.
Se a cualificación final outorgada a un TFG fose igual ou inferior a 7, esta constituirá a nota definitiva de avaliación do mesmo, prescindíndose da súa defensa pública. Se o profesor/a responsable da unidade de competencia considera que a cualificación debe ser superior a 7, proporá a defensa pública para subir a cualificación, sempre co acordo do alumno/a implicado. Esta defensa realizarase ante unha Comisión de Avaliación do TFG, constituida a tal efecto, entre o profesorado de outras Unidades de Competencia.
Sexa cal sexa o caso, o profesorado de cada Unidade de Competencia deberá cubrir, para cada alumna/o, a Rúbrica de avaliación elaborada a tal efecto e que se incluirá na Guía Docente da materia.
Aquel alumnado que non estea de acordo coa cualificación outorgada polo profesorado responsable, estará suxeito ao establecido nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado universitario (CG 19/12/2013, modificado polo CG 30/04/2014, polo CG 24/07/2014, polo CG 29/01/2015 e polo CG 28/09/2016) da UDC.
A Comisión de Avaliación estará constituida por tres membros do PDI da Facultade que nese momento se atopen dirixindo ou co-dirixindo outros TFG. O profesor/a da Unidade de Competencia e, no seu caso, o co-director/a, non poderán formar parte da Comisión Avaliadora do seu alumnado do TFG.
Cando se realice a defensa pública, o proceso de presentación non deberá exceder dos 20 minutos. Neste caso, o profesor/a da Unidade de Competencia aportará un valor do 70%, e a comisión o restante 30%. A comisión deberá axustarse á Rúbrica de avaliación que se presenta no Anexo VI. En todos os casos garántirase a cualificación outorgada polo profesor/a da Unidade de Competencia como nota mínima do alumno/a tras a defensa.
Tras esta segunda fase do proceso de avaliación, o alumnado que non estea de acordo coa cualificación outorgada pola comisión avaliadora, estará suxeito ao establecido nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado universitario (CG 19/12/2013, modificado polo CG 30/04/2014, polo CG 24/07/2014, polo CG 29/01/2015 e polo CG 28/09/2016) da UDC.
O/a estudante que non teña superado o TFG, e aos efectos de presentarse en futuras oportunidades e/ou convocatorias, será de aplicación o seguinte:
- Se non cumpre co requisito de asistencia á Unidade de Competencia, non poderá presentar o TFG e terá que volver a solicitar a asignación a unha das unidades para o seguinte curso académico.
- Se cumpre o requisito de asistencia e a cualificación do TFG é inferior aos 5 puntos poderá presentarse na seguinte oportunidade ou no vindeiro curso, considerándose cumprido o requisito de asistencia, sempre que o TFG sexa no mesmo tema correspondente á Unidade de Competencia asignada.
O alumnado que durante o curso 2016-17, ou anteriores, estivera matriculado na materia TFG e quixera continuar o proceso de elaboración, presentación e defensa do TFG, baixo normativa de matrícula de dito curso, poderá facelo excepcionalmente de forma optativa, sempre que presente un informe por escrito do seu director/a do TFG acreditando que o seu traballo se atopa nunha fase avanzada de elaboración. As datas e procedemento de aplicación neste caso, presentaranse no Regulamento completo do TFG a publicar en moodle.