Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Analise e Teoría da Intervención no Patrimonio Código 630567101
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Agrasar Quiroga, Fernando
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
Profesorado
Agrasar Quiroga, Fernando
Paz Agras, Mari Luz
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
luz.paz.agras@udc.es
Web http://http://http://udccom.blogspot.com.es/
Descrición xeral Estudo das teorías arquitectónicas centradas no problema de "construir no construido". Detrás de toda obra artística existe un pensamento que a fai posible, polo que o estudo das teorías arquitectónicas que sustentaron os criterios e orientaron as accións da intervención no patrimonio construido, revélase como unha formación indispensable para abordar este vello problema arquitectónico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e máis a integridade dos contidos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Manteranse as mesmas metodoloxías docentes. Tanto a sesión maxistral, como seguimento dos traballos tutelados adaptaranse ao soporte virtual, no seu caso.
* Metodoloxías docentes que se modifican:
Non está previsto modificacións de metodoloxías docentes

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. As titorías serán convocadas en sesións, previamente anunciadas de Teams. As corrección e aclaracións en grupo teñen un valor pedagóxico maior que a atención individualizada, inda así, estas realizaranse mediante correo electrónico e conferencia por Teams.

4. Modificacións na avaliación
A avaliación non será modificada.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Os recursos bibliográficos da asignatura están xa disponibles no Moodle. Aportacións específicas de materiais de consulta se facilitarán en soporte dixital.


Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Establecer una reflexión fundada en el proceso proyectual de intervención en lo construido, además de facilitar la capacidad de análisis sobre obras referenciales para fundamentarlas en las bases teóricas en las que se apoyan. AP1
AP2
AP4
BP1
CP1
CP6
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. AP8
BP2
BP3
BP4
BP5
CP1
CP5
CP6
CP7
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. BP3
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo BP5
CP1
CP4
CP5
CP6
CP7
CP15
Capacidade de organización e planificación CP2
Capacidade de xestión de información CP5
Cultura histórica CP15
Capacidade de análise e de síntese CP1
Razoamento crítico BP3
CP1

Contidos
Temas Subtemas
1 Orixes do concepto de Patrimonio, traxectorias dos procesos e teorías da restauración. 1.1 Alberti e o concepto de restauración
1.2 Do renacemento ao neoclasicismo: o monumento como fonte de inspiración
1.3 A Revolución Francesa e a conservación patrimonial
2 Francia, Italia e España, teorías e experiencias, as Cartas do restauro e lexislacións derivadas. 2.1 Vitet y Merimée
2.2 Canova
2.3 Ponz y Bosarte
3 Revolución industrial e os conflictos tipolóxico e técnico. 3.1 Viollet: Restauration Stylistique
3.2 Morris: Anti-restoration Movement
3.3 Beltrami: Restauro Storico
3.4: Botto: Restauro Moderno
4 Arquitectura moderna: a aniquilación da historia. A museización do patrimonio. 4.1 A modernidade ahistórica
4.2 Giovanoni e o Restauro Scientifico
4.3 Pane, Bonelli e Brandi: O Restauro Crítico
5 A experiencia posmoderna: collage e fragmentación. Ultimas reflexións teóricas. 5.1 Da Carta de Venecia á Carta de Cracovia
5.2 A Modernidade como ben patrimonial
5.3 Personalidades creativas e referentes na restauración: Scarpa e Grassi
5.4 Rem Koolhaas e o arquitecto como "curator".

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A4 A8 B1 B3 B5 C15 18 0 18
Estudo de casos A1 A2 A4 A8 B2 B3 C1 C2 C4 C5 C6 C7 3 0 3
Traballos tutelados A1 A2 A4 A8 B2 B4 C1 C2 C4 C5 C6 C7 0 50 50
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Estudo de casos Como complemento das sesións maxistrais e co obxeto de promover o aprendizaxe autónomo dos estudiantes desenrolaranse en paralelo clases prácticas. Nelas o alumnado enfrentarse á resolución de casos concretos nos que poñer en práctica os contidos explicados nas clases maxistrais e que, ao mesmo tempo, sirvan de referente aos temas obxecto de estudio nos traballos tutelados asignados.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
Seguemento dos traballos tutelados dos alumnos por parte do profesorado-titor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A4 A8 B2 B4 C1 C2 C4 C5 C6 C7 Axeitado desenrolo dun traballo tutelado. 100
 
Observacións avaliación

É condición necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das horas de sesiones presenciais programadas.

A entrega do traballo, proposto de xeito personalizado, é unha condición necesaria para superar a asignatura.

A valoración da participación nas clases presenciáis, máis a calificación do traballo conforman a nota da asignatura.


Fontes de información
Bibliografía básica

RIEGL, Aloïs, El culto moderno a los monumentos, Visor, Madrid, 1987

RIVERA BLANCO,  Javier, De varia restauratione. Teoría e historia de la restauración arquitectónica, Abada, Madrid, 2008

SOLÀ-MORALES, Ignasi de, Intervenciones, GG, Barcelona, 2006

O resto da bibliografía será facilitada ao inicio do curso, xa que variará en función dos temas de estudo do traballo.

Bibliografía complementaria

Será presentada con cada uns dos temas a desenrolar.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Técnicas de Investigación e Documentación en Arquitectura/630567104

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías