Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Hábitat Básico Código 630G02062
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Expresión Gráfica Arquitectónica
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Cuba Cabana, Hilda
Correo electrónico
hilda.cuba@udc.es
Profesorado
Antelo Tudela, Enrique
Cuba Cabana, Hilda
Lizancos Mora, Plácido
Mesejo Conde, Mónica
Muñiz Núñez, Patricia
Rodriguez Alvarez, Jorge
Correo electrónico
enrique.antelo@udc.es
hilda.cuba@udc.es
placido.lizancos@udc.es
monica.mesejo@udc.es
patricia.muniz@udc.es
jorge.ralvarez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten por obxectivo desenvolver as capacidades do alumnado para analizar -desde un enfoque de dereitos- a construción do hábitat humano a partir de procesos, formais ou non, tanto nas sociedades opulentas como nas empobrecidas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

- Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen

- Sesión maxistral.
- Obradoiro.
- Proba mixta.


*Metodoloxías docentes que se modifican

- Sesión maxistral: adaptarase á forma telemática a través da plataforma Teams.
- Obradoiro: adaptarase á forma telemática a través da plataforma Teams.
- Proba mixta: formalizarase unha entrega a través da plataforma Moodle/Teams e complementarase coa avaliación telemática dos contidos teórico-prácticos.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

- Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas.
- Moodle: semanalmente. Empregarase para facilitar documentación adicional ás sesións maxistrais ou para o obradoiro.
- Teams: 1 sesión semanal na franxa horaria asignada á materia no calendario de aulas da Escola. Tamén servirá como canle de comunicación para a atención individual ou grupal no horario de titorías de cada docente.

4. Modificacións na avaliación

Traballo no obradoiro (100%). En relación co traballo elaborado, valorarase:

- O grao de seguimento virtual e participación nas sesións de traballo.
- A pertinencia e adecuación metodolóxica das propostas.
- A orixinalidade e profundidade do contido.
- O tratamento dunha linguaxe visual e escrita propia da arquitectura.
- A utilización de fontes documentais relevantes e actuais.
- A presentación e a claridade na exposición.

*Observacións de avaliación:

Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:

- As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións presenciais que tiveron lugar até o momento no que se suspendeu a actividade presencial.

SITUACIÓNS:

A) Alumnado con dedicación completa:
- Asistencia/participación mínima esixida nas actividades da aula: 80%.
- Valoración da elaboración e presentación dos traballos: 100%.

B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención da asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
- Valoración da elaboración e presentación dos traballos: 100%.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

- Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
- Obter unha puntuación de 5 sobre 10 no traballo teórico-práctico do obradoiro.
- Entregar e expoñer o traballo nas datas que se indiquen.
- Quen non superase a primeira oportunidade poderá presentarse a unha segunda, que consistirá nunha proba mixta de tipo teórico-práctico no mes de xullo, segundo o calendario oficial. Para poder presentarse a esta segunda oportunidade, o alumnado deberá entregar o traballo teórico-práctico, axeitadamente titorizado polo profesorado, no momento de realización da proba.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

- Facilitaranse a través de Moodle /Teams as fontes de información necesarias para o desenvolvemento do curso.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Coñecer os dereitos políticos e sociais relacionados co habitar: dereito ao hábitat, dereito á vivenda e dereito á cidade. A28
A33
A34
A37
A51
A53
A55
A56
B6
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
2. Recoñecer os procesos formais e non formais de construción do hábitat dende unha perspectiva complexa, que inclúe a análise do conflito de clases e de xénero, a consideración do impacto medioambiental, o entendemento das tensións existentes entre as diversas nacións e os seus sistemas políticos e entre os actores que interveñen no proceso de construción do hábitat. A28
A29
A33
A55
A56
A57
A64
A65
A67
A69
B1
B2
B3
B4
B5
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C8
3. Identificar os procesos de participación para a construción social do hábitat e as tácticas arquitectónicas e urbanísticas asociadas a eles. A28
A33
A34
A35
A51
A52
A53
A55
A56
A57
B1
B2
B3
B4
B5
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
4. Desenvolver capacidades técnicas para a implementación de tecnoloxías apropiadas e apropiables nos proxectos de hábitat básico. A12
A13
A14
A16
A17
A18
A19
A20
A21
A22
A23
A24
A27
A44
A70
A71
A72
B1
B2
B3
B4
B5
B10
B11
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
5. Visibilizar os vínculos entre as diferentes ramas do saber que actúan sobre o hábitat básico: arquitectura, enxeñerías, economía, dereito, política, antropoloxía, ciencias sociais, educación, saúde, etc. A36
A40
A51
A53
A55
A57
A61
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Presentación da materia Organización, obxectivos e avaliación.
O lugar da materia no Plan de Estudios e o dos seus contidos no exercicio das profesións do campo da arquitectura.
2. Presentación do curso Exposición do argumento do curso: dinámicas de traballo, obxectivos.
Proposta do primeiro “Caso de estudio” como ensaio metodolóxico.
3. Conceptualización Conceptos de habitabilidade básica e hábitat básico.
A Habitabilidade Básica e o Hábitat Básico no mundo e na historia. Recoñecemento de casos exemplares.
4. A Habitabilidade Básica como proceso Enfoques transversais na Habitabilidade Básica: xénero, dereitos humanos e medio ambiente.
Estratexias económicas da Habitabilidade Básica.
5. Axentes a) As/os profesionais da arquitectura: utópicas, insurxentes e cómplices. O traballo pro bono.
b) Operadoras especializadas: as ONGD e as axencias globais.
c) As persoas: A participación cidadán; de persoas beneficiarias a auto xestoras.
6. Tácticas arquitectónicas a) Desde o deseño: crecemento, perfectibilidade, compartibilidade, versatilidade.
b) Desde a produción: DIY, auto construción asistida, squatter, réxime de cesión de uso, vivenda social...

7. Tecnoloxías a) Confort e estabilidade da edificación.
b) Saúde humana e sustentabilidade.


8. Hábitat Básico a) A cidade non formal: morfoloxía, estratexias de xestión, construción e uso.
b) Compromisos globais ante o Hábitat Básico: a Carta de Quito e os Cumios do Hábitat. A axenda 2030, os ODS.
c) O dereito á cidade: de Lefevbre a Harvey.
9. Habitabilidades singulares Emerxencia, cesión de uso, senfogarismo e okupación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A27 A37 A40 A51 A57 A64 A65 A67 A69 B2 B3 B6 B11 C4 C6 C7 C8 15 5 20
Obradoiro A72 A71 A70 A63 A61 A57 A56 A55 A53 A52 A51 A34 A29 A24 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A14 A13 A12 B3 B4 B5 B12 C1 C3 C4 41 82 123
Proba mixta A72 A71 A70 A63 A57 A56 A55 A53 A52 A51 A44 A40 A36 A35 A33 A29 A28 A18 A17 B1 B2 B3 B4 B6 B10 B12 C1 C3 C4 C5 4 0 4
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Introdución dos conceptos teóricos fundamentais e das metodoloxías de análise e presentación dos casos de estudio teórico-prácticos.
Obradoiro O alumnado aplicará os conceptos e metodoloxías aos casos de estudo propostos, co apoio e supervisión do profesorado.
Isto inclúe para cada estudante a presentación oral do traballo práctico desenvolto, a resposta ante probas de control do proceso de capacitación e a produción dun documento final explicativo da análise realizada de cadanseu caso de estudio ou proposta de intervención.
Proba mixta Trátase dunha probra teórico-práctica na que o estudantado deberá obter unha calificación superior a cinco (5) sobre dez (10) puntos para superar a materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Obradoiro
Descrición
A avaliación é un proceso continuo no que a actividade que o estudantado desenvolve en cada unha das sesións do curso é observada é rexistrada.
Periódicamente -e, en todo caso, sempre que o estudantado así o requira- informaráselle da adecuación do nivel acadado polas súas actividades en relación cos obxectivos programáticos da materia.
En todo momento do curso, o profesorado brindará ao estudantado apoio complementario, de xeito individualizado, en horario coñecido.
A avaliación final será realizada polo profesorado sobre o traballo final elaborado polo alumnado, verificando a adquisición das capacidades persoais de análise, as destrezas para comunicar as súas ideas e a adquisición dos contidos teóricos e prácticos da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A72 A71 A70 A63 A57 A56 A55 A53 A52 A51 A44 A40 A36 A35 A33 A29 A28 A18 A17 B1 B2 B3 B4 B6 B10 B12 C1 C3 C4 C5 É unha sesión na que o estudantado convocado demostrará a adquisición das capacidades e coñecementos propios da materia mediante unha proba teórico-práctica. 34
Obradoiro A72 A71 A70 A63 A61 A57 A56 A55 A53 A52 A51 A34 A29 A24 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A14 A13 A12 B3 B4 B5 B12 C1 C3 C4 O obxectivo da materia é capacitar ao estudantado na análise e traballo práctico en casos relacionados coa Habitabilidade Básica.
Todo isto é formalizado nun traballo teórico-práctico, orixinal e inédito, que haberá de realizarse ao longo do período docente, acompasándose aos coñecementos teóricos impartidos polo profesorado.
Resultará nun documento final, realizado con metodoloxía científica, que se manifestará coas estratexias comunicativas propias das profesionais da arquitectura.
A realización do traballo teórico-práctico inclúe a xestión da información necesaria para a súa execución e a súa exposición e defensa nas sesións de traballo do curso.
66
 
Observacións avaliación



Asistencia mínima. A
asistencia é obrigatoria cando menos a un 80% das sesións que compoñen o
curso. Sen este requisito, o alumnado non poderá aprobar por curso a materia. Queda excluído deste requisito o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212).


Matrícula tardía. As
persoas matriculadas con posterioridade ao inicio do curso académico deberán
asistir ás clases teóricas e prácticas dende a data da súa matrícula, tendo a
posibilidade de recuperar as prácticas realizadas até a data.



Avaliación. Para
superar a materia, o alumnado disporá de dúas oportunidades: maio/xuño e xuño/xullo. Na primeira
oportunidade. o alumnado será avaliado polos resultados do seu traballo no obradoiro.



Non entregar o
traballo teórico-práctico no momento da primeira oportunidade de avaliación implica
unha cualificación de "Non Presentado".



Quen non superase
esta primeira oportunidade poderá presentarse a unha segunda, que consistirá
nunha proba mixta de tipo teórico-práctica no mes de zuño/xullo, segundo o
calendario oficial. Para poder presentarse a esta segunda oportunidade o alumnado
deberá entregar o traballo teórico-práctico, axeitadamente titorizado polo profesorado,
no momento de realización da proba.



Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Paisaxe e Hábitat sostible/630G02056

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Grao/630G02059

Observacións



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías