A avaliación dos contidos impartidos nas clases maxistrais e de resolución de problemas da materia representa un 80% da nota global. A avaliación das prácticas de laboratorio e a través de TIC por medio da proba de resposta breve é o 20% restante.
Para aprobar a materia esixirase:
1) Proba mixta: Proba escrita sobre os contidos impartidos nas clases maxistrais e de resolución de problemas: ter un mínimo de 3,8 puntos sobre 8. O alumno debe demostrar nesta proba un coñecemento básico de todo o contenio da materia.
Para os alumnos (inscritos a tempo completo ou a tempo parcial) que asistan regularmente a clase (mínimo 80% de asistencias), poderían facerse exames parciais e/ou unha avaliación continuada ao longo do curso que podería eximir de parte ou de toda a materia na proba mixta final.
Opcionalmente pódense entregar traballos realizados de forma autónoma polo alumno e propostos polo profesor de teoría.
Poderase valorar positivamente a participación do alumno nos exercicios e os traballos propostos polo profesor ao longo do curso nas sesións maxistrais e de resolución de problemas.
Para aprobar a materia deberá chegarse ao 4 sobre 8 na nota final correspondente ás partes de teoría e problemas da materia.
2) Ter un mínimo de 1 punto na proba de resposta breve.
Consistirá nunha proba escrita de resposta breve sobre os contidos das sesións prácticas. Nela valorarase non só a comprensión destes, senón tamén a capacidade do alumno para establecer xuízos críticos e a súa habilidade para o manexo da instrumentación de laboratorio.
Para os alumnos (inscritos a tempo completo ou a tempo parcial) que asistan regularmente a clase (mínimo 80% de asistencias), podería facerse unha avaliación continuada ao longo do curso que podería eximir de parte ou de toda a materia na proba de resposta breve final.
Poderase valorar positivamente a participación do alumnado nas sesións prácticas e o seu razoamento ante preguntas realizadas polo profesorado durante as mesmas.
Se na parte de teoría e problemas non se obtivo o 4 mínimo, para calcular a nota final a nota de prácticas dividirase por dous.
Se en prácticas non se obtivo o 1 mínimo, para calcular a nota final farase a media xeométrica ponderada.
Todo o alumnado, incluído o que teña recoñecida a dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), deberá asistir como mínimo ao 80 % das horas presenciais de "Prácticas de Laboratorio" e "Prácticas a través das TIC" para poder superar a materia (a non ser que xa as cursara en anos anteriores).
Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/3 do Código STCW, e recolleitos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.