Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Máquinas Eléctricas do Buque Código 631G02365
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Enxeñaría Industrial
Coordinación
Chouza Gestoso, Jesus Diego
Correo electrónico
jesus.chouza@udc.es
Profesorado
Chouza Gestoso, Jesus Diego
Romero Gomez, Javier
Correo electrónico
jesus.chouza@udc.es
j.romero.gomez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/login/index.php
Descrición xeral Preténdese que o alumno coñeza as máquinas eléctricas , os seus principios de funcionamento e aplicacións navais, os fenómenos físicos que se producen. Coñecer os seus modos de operación en réxime permanente, os diagramas fasoriales, circuítos equivalentes e curvas características. Ser capaz de seleccionar a máquina eléctrica máis adecuada para unhas aplicacións e contornas concretas.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender o funcionamento dos transformadores. Comprender o funcionamento das máquinas eléctricas asíncronas e síncronas. Capacidade para analizar o funcionamento dos transformadores e máquinas eléctricas rotativas mediante os circuítos eléctricos equivalentes. Capacidade para escoller, a máquina eléctrica máis apropiada para unha aplicación naval concreta. Capacidade para xestionar as operacións de mantemento da maquinas eléctricas navais. A1
A2
A3
A4
A7
A11
A13
A14
A17
A18
A20
A21
A23
A30
A39
A47
A51
A54
A55
A63
A65
A68
A69
A71
A72
B2
B4
B5
B7
B9
B10
B11
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13

Contidos
Temas Subtemas
Principios xerais das máquinas eléctricas . Elementos básicos. Perdas e quecemento. Potencia asignada. Tipos de servizo. Funcionamento en condicións especiais. Rendemento. F.m.m. e campo mágnético no entrehierro. Tensión inducida. Par electromagnético. Tipos de máquinas. Mantemento.
Aspectos construtivos. Bobinados.
Transformador. Principais aspectos construtivos.Principio de funcionamento. Circuíto equivalente. Ensaios: sen carga e curtocircuíto. Caída de tensión nun transformador. Perdas e rendemento. Corrente de conexión. Transformadores trifásicos. Tipos conexións. Desfasamentos. Denominación. Axuste en paralelo. Autotransformadores. Tomas de regulación. Transformadores de medida e protección. Transformadores de corrente. Transformadores especiais.
Máquina asíncrona o inducción. Introdución. Aspectos construtivos. Principio de funcionamento.Circuíto equivalente. Ensaios. Balance de potencias. Par de rotación. Arranque .Regulación de velocidade. Motor de indución monofásico. Principio de funcionamento. Circuíto equivalente. Arranque dos motores de indución monofásicos.
Máquinas síncronas. Introdución. Aspectos construtivos. Sistemas de excitación. Principio de funcionamento dun alternador.
Diagrama fasorial dun alternador. Regulación de tensión. Análise lineal: circuíto equivalente. Análise non lineal da máquina síncrona. Funcionamento dun alternador nunha rede illada. Axuste dun alternador á rede. Funcionamento nunha rede de potencia infinita.
Motor síncrono: Características e aplicacións.
Diagrama de límites de funcionamento dunha máquina síncrona

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A7 A11 A13 A14 A17 A18 A20 A21 A23 A30 A39 A47 A51 A54 A55 B2 B4 B5 B7 B9 B10 B11 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 21 32 53
Solución de problemas A39 A55 A63 A65 A68 A69 A71 A72 B5 21 38 59
Prácticas de laboratorio A11 A39 A47 A63 A65 A68 B4 9 10 19
Proba mixta A55 B10 C1 4 12 16
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade presencial na aula, onde se establecerán os conceptos fundamentais da materia. Realizarase mediante unha exposición oral, complementada con medios audiovisuais e multimedia, cuxo fin é transmitir os coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Solución de problemas O profesor realizará diversos problemas tipo, explicando dunha maneira sistemática os diferentes métodos de resolución. En cada sesión resolveranse as dúbidas ou dificultades que poidan xurdir, a fin de proporcionar ao alumno os recursos necesarios para a súa posterior solución.
Prácticas de laboratorio Realizaranse no laboratorio de electricidade, consistiran en casos prácticos onde o alumno deberá demostrar os coñecementos teóricos adquiridos.
Proba mixta Proba de avaliación que se realizará ao final do curso, nas correspondentes convocatorias oficiais, onde o alumno deberá demostrar o seu grao de aprendizaxe dunha maneira obxectiva. Constarán de cuestións breves e problemas, o alumno deberá xustificar sempre a resposta, sendo esta condición indispensable para que a resposta sexa aceptada como correcta.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Realízase nas correspondentes tutorias, onde a iniciativa do alumno resólvense, ou aclaran as posibles dúbidas ademais en practícalas de laboratorio o alumno deberá resolver e explicar os diferentes casos que se lle expoñan.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A39 A55 A63 A65 A68 A69 A71 A72 B5 Trátase de casos prácticos a proposta do profesor, que deberá resolver e explicar. 40
Proba mixta A55 B10 C1 Realizarase ao final do curso, nas correspondentes convocatorias oficiais, o alumno deberá demostrar o seu grao de aprendizaxe dunha maneira obxectiva.
Trátase de cuestións prácticas e problemas curtos relacionados co explicado durante o curso.
50
Prácticas de laboratorio A11 A39 A47 A63 A65 A68 B4 O alumno deberá resolver diversos casos prácticos, demostrando a destreza que vai necesitar no seu exercicio profesional. 10
 
Observacións avaliación

Realizarase nas convocatorias oficiais . No entanto ao longo do curso realizarase un seguimento personalizado valorando o grao de consecución dos obxectivos de por  parte dos alumnos.


Fontes de información
Bibliografía básica León, V. Monatañana J. Peñalvo,E. (2018). Acoplamientos magnéticos y máquinas eléctricas de inducción. Universitat Politécnica de Valéncia
Chapman, S.J. (2005). Máquinas Eléctricas. Mc Graw Hill
Fraile Mora, Jesús (2008). Máquinas Eléctricas. Mc Graw Hill
Fraile Mora, Jesús (2003). Problemas de máquinas eléctricas. Mc Graw Hill

Subirase a Moodel o material complementario necesario para o correcto desenvolvemento da materia.

Bibliografía complementaria FAURE BENITO, R. (2000). Máquinas y accionamientos eléctricos. Madrid-FEIN
CORTES, M (1976). Teoría general de las máquinas eléctricas. Madrid-UNED
KINGSLEY,KUSCO y FITZERALD (1980). Teoría y análisis de las máquinas eléctricas. Barcelona-Ed Hispano Europea


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Regulación e Control/631G02257
Electrotecnia. Máquinas Eléctricas e Sistemas Eléctricos do Buque/631G02253

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Propulsión Eléctrica do Buque/631G02458
Alta Tensión e Distribución Eléctrica do Buque/631G02367
Mantemento Eléctrico do Buque/631G02370

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías