Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Enxeñería do transporte Código 632514007
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Paz Salgado, Xacobe
Correo electrónico
xacobe.paz@udc.es
Profesorado
Orro Arcay, Alfonso
Paz Salgado, Xacobe
Correo electrónico
alfonso.orro@udc.es
xacobe.paz@udc.es
Web
Descrición xeral A guía docente desta materia está dispoñible tanto en galego como en castelán. En caso de discrepancias entre ambas as versións terase en conta o establecido na versión en castelán.
En enxeñaría do transporte preténdese dotar ao alumno dos coñecementos e habilidades suficientes para:
- Coñecer as características básicas da xestión e a explotación dos servizos de transporte urbano e interurbano de viaxeiros e mercadorías, incluíndo conexión co modo marítimo e aéreo.
- Realización de estudos básicos de planificación de transportes que supoñan o uso de ferramentas de análises de demanda na súa forma estándar, mediante o uso de ferramentas informáticas dispoñibles comercialmente, con capacidade para valorar as hipóteses subxacentes e seleccionar estratexias de análises

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecementos da enxeñaría e planificación do transporte, funcións e modos de transporte, o transporte urbano, a xestión dos servizos públicos de transporte, a demanda, os custos, a loxística e o financiamento das infraestruturas e os servizos de transporte. Capacidade de planificación, xestión e explotación de infraestruturas relacionadas coa enxeñaría civil. AM1
AM2
AM3
AM5
AM6
AM8
AM10
AM38
AM42
AM43
AM44
AM45
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
BM10
BM11
BM13
BM14
BM15
BM16
BM17
BM18
BM19
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
CM9
CM11
CM12
CM13
CM15

Contidos
Temas Subtemas
1. O transporte. Funcións e política de transportes.
2. Regulación e xestión dos modos de transporte
3. Mobilidade urbana e metropolitana
4. Loxística
5. Planificación do transporte
6. Demanda de transporte
7. Toma de datos
8. Análise de demanda
9. Custos do transporte
10. Financiamento de infraestruturas e servizos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A5 1 0 1
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A6 A8 A10 A38 A42 A43 A44 A45 B1 B2 B3 B6 B7 B10 B19 B13 B14 B15 B16 C4 C6 C7 C8 14 17.5 31.5
Solución de problemas A1 A2 A3 A5 A6 A8 A10 A38 A42 A43 A44 A45 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B19 B13 B14 B15 B16 B18 C1 C3 C4 C6 C7 C8 10 10 20
Prácticas de laboratorio A5 A6 A8 A10 A42 A44 A45 B1 B2 B3 B4 B10 B19 B13 C3 C6 C7 4 6 10
Obradoiro A1 A2 A5 A6 A8 A10 A42 A44 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B19 B13 B14 B15 B16 B17 B18 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C11 C12 C13 C15 10 10 20
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A6 A8 A10 A38 A42 A43 A44 A45 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B19 B13 B14 B15 B16 B18 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 4 24 28
Proba de ensaio A1 A2 A3 A5 A6 A8 A10 A38 A42 A43 A44 A45 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B19 B14 C1 C6 C8 2 0 2
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación dos contidos, metodoloxías, competencias traballadas e sistema de avaliación da materia.
Sesión maxistral Comprenderá dous tipos de sesións:
Lección maxistral: Consiste na presentación dun tema estruturado loxicamente coa finalidade de facilitar información organizada seguindo uns criterios adecuados cun obxectivo determinado. Esta metodoloxía céntrase fundamentalmente na exposición oral por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo.
Clase expositiva participativa: A clase expositiva participativa incorpora elementos de participación e intervención do estudante, mediante actividades de curta duración na aula, combinadas co método expositivo da lección maxistral. As posibilidades son variadas, e entre elas destacan as preguntas directas, as exposicións do estudante sobre temas determinados, a resolución de problemas vinculados coa formulación teórica exposto, e os debates e presentacións realizadas polos estudantes.
Solución de problemas Aprendizaxe baseada en problemas: Método de aprendizaxe que ten como punto de partida un problema deseñado polo profesorado que o estudante debe resolver ou no que o estudante leva a cabo un proxecto nun tempo determinado para resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, o deseño e a realización dunha serie de actividades. Compútase nesta modalidade a parte do tempo en que o estudante vai ter soporte presencial por parte do profesor. Unha boa parte do tempo dedicado aos
problemas e proxectos vai ser traballo autónomo. A aprendizaxe por descubrimento é a base destes métodos. A información de partida fornecida polo profesor é incompleta e o estudante debe completala mediante o estudo das fontes adecuadas. A solución non debe ser única.
Prácticas de laboratorio A práctica de laboratorio consiste nun traballo experimental nunha contorna de traballo con instrumentación real ou de simulación que cumpre unha misión fundamentalmente integradora dos coñecementos adquiridos a través doutras metodoloxías, mediante o estudo de casos, a aprendizaxe das técnicas de medida e de deseño e a experimentación en contornas de aplicación reais.
Obradoiro Sistema de traballo cooperativo: Enfoque interactivo da organización do traballo na aula e fóra dela, no cal o estudante é responsable da propia aprendizaxe e da aprendizaxe dos compañeiros nunha situación de corresponsabilidade para conseguir obxectivos comúns. Inclúe sesións presenciais con apoio do profesor.
Traballos tutelados Participa de dúas metodoloxías:
Traballo autónomo: Situacións en que se pide ao estudante que desenvolva as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Esta modalidade dá soporte a todas as demais, é dicir, o estudante vai dedicar unha gran parte do
seu tempo (da orde do 50 % dos créditos ECTS) ao traballo persoal e en grupo para afianzar e completar a información recollida nas clases expositivas e participativas e para completar os problemas, cálculos, informes, etc. que resulten da súa actividade nas prácticas de laboratorio e as sesións de problemas e proxectos con soporte do profesor.
Aprendizaxe baseada en problemas/proxectos: Método de aprendizaxe que ten como punto de partida un problema deseñado polo profesorado que o estudante debe resolver ou no que o estudante leva a cabo un proxecto nun tempo determinado para resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, o deseño e a realización dunha serie de actividades. Compútase nesta modalidade a parte do tempo en que o estudante vai ter soporte presencial por parte do profesor. Unha boa parte do tempo dedicado aos
problemas e proxectos vai ser traballo autónomo. A aprendizaxe por descubrimento é a base destes métodos. A información de partida fornecida polo profesor é incompleta e o estudante debe completala mediante o estudo das fontes adecuadas. A solución non debe ser única.
Proba de ensaio Proba destinada á avaliación de parte das competencias a adquirir na materia, que se expón no apartado correspondente.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Ademais da solución de problemas nas sesións específicas dedicadas a esta actividade, exponse a atención personalizada para resolver as dúbidas individuais que calquera dos estudantes poida ter sobre os problemas resoltos ou calquera das cuestións teóricas expostas na materia. Por outra banda, a atención personalizada constitúe unha ferramenta para o apoio dos estudantes durante a realización dos traballos tutelados que se expoñan durante o curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A1 A2 A3 A5 A6 A8 A10 A38 A42 A43 A44 A45 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B19 B14 C1 C6 C8 Exame final da materia.
O peso desta metodoloxía poderá variar en función do número de estudantes matriculados.
Poderase esixir unha cualificación mínima na proba.
30
Solución de problemas A1 A2 A3 A5 A6 A8 A10 A38 A42 A43 A44 A45 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B19 B13 B14 B15 B16 B18 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Resolución dos problemas expostos. O peso desta metodoloxía poderá variar en función do número de estudantes matriculados.
Poderase esixir unha cualificación mínima en cada problema.
35
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A6 A8 A10 A38 A42 A43 A44 A45 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B19 B13 B14 B15 B16 B18 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Entrega e, no seu caso, presentación dos traballos expostos. O peso desta metodoloxía poderá variar en función do número de estudantes matriculados.
Poderase esixir unha cualificación mínima en cada traballo.
35
 
Observacións avaliación

Ao
comezo das clases detallaranse, no seu caso, as variacións nos mecanismos de
avaliación que se aplicarán, unha vez coñecido o número de estudantes da
materia.

A.-
Alumnos con matrícula a tempo completo

A
porcentaxe mínima esixida de asistencia ás clases é do 75%. A asistencia
controlarase mediante a firma do alumno na folla de control.

Na
avaliación da materia o exame terá un peso do 30% (detallaranse os contidos que
se avaliarán con esta metodoloxía), os problemas e traballos individuais un 50%
e os problemas e traballos realizados en grupo un 20%.

Para
os alumnos a tempo completo que non cumpran coa porcentaxe mínima esixida de
asistencia, a avaliación basearase só e exclusivamente nun exame final
específico sobre a materia impartida no curso.

B.-
Alumnos con matrícula a tempo parcial

Os
estudantes con matrícula a tempo parcial que non poidan asistir ás clases
deberán poñerse en contacto cos profesores ao comezo do curso para establecer
unha metodoloxía de avaliación alternativa.


Fontes de información
Bibliografía básica

Incluirase a bibliografía específica ao final dos apuntamentos de cada tema.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Explotación de sistemas de transporte/632514042
Planificación do transporte/632514043
Loxística/632514044

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías