Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Xestión do Transporte Urbano Código 632G01065
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Novales Ordax, Margarita
Correo electrónico
margarita.novales@udc.es
Profesorado
Novales Ordax, Margarita
Orro Arcay, Alfonso
Paz Salgado, Xacobe
Correo electrónico
margarita.novales@udc.es
alfonso.orro@udc.es
xacobe.paz@udc.es
Web
Descrición xeral A guía docente desta materia está dispoñible tanto en galego como en castelán. En caso de discrepancias entre ambas as versións terase en conta o establecido na versión en castelán.
Nesta materia profundarase nos aspectos relacionados coa xestión do transporte urbano que se introduciron en "Mobilidade Metropolitana e Terminais de Transporte". Buscarase un enfoque práctico de estudo de casos e desenvolvemento de solucións.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Nesta materia desenvólvense os conceptos e ferramentas de xestión do transporte urbano cuxas bases se introduciron nas materias de Infraestruturas do Transporte e Mobilidade Metropolitana e Terminais de Transporte A5
A6
A35
A36
B1
B2
B4
B5
B8
B9
B10
B11
B14
B15
B16
B18
B19
B20
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C8
C10
C13
C18
C19

Contidos
Temas Subtemas
Modos de transporte urbano
Redes e liñas de transporte público.
Sistema tarifario
Información ao viaxeiro, ITS e SAE
Aparcamento
Mobilidade ciclista

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A5 A6 A35 A36 B1 B2 B4 B5 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C8 C19 12 12 24
Proba de ensaio A5 A6 A35 A36 B1 B2 B4 B5 B11 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C19 2 12 14
Solución de problemas A5 A6 A35 A36 B1 B2 B4 B5 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C8 C19 12 12 24
Prácticas a través de TIC A5 A6 A35 A36 B1 B2 B4 B5 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C8 C19 0 4 4
Proba de resposta múltiple A5 A6 A35 A36 B1 B2 B5 B9 B10 B11 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C19 0 3.5 3.5
Sesión maxistral A5 A6 A35 A36 B1 B2 B4 B5 B11 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C18 C2 C19 12 0 12
Traballos tutelados A5 A6 A35 A36 B1 B2 B4 B5 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C8 C19 4 24 28
Actividades iniciais 1 0 1
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Analizaranse distintos casos de estudo de transporte urbano, tanto para aprender de experiencias reais como para que o estudante realice as súas propias achegas aos problemas coas técnicas aprendidas nesta materia e en Mobilidade Metropolitana e Terminais de Transporte.
Proba de ensaio Realízase unha proba obxectiva para comprobar os coñecementos adquiridos polos estudantes sobre a materia explicada nas sesións maxistrais e nas sesións de solución de problemas.
Solución de problemas Durante o curso realízanse periodicamente sesións durante as que se expoñen exercicios que permiten afianzar os coñecementos teóricos explicados nas sesións maxistrais. Nestas sesións soluciónanse os exercicios expostos e resólvense as dúbidas xurdidas durante a súa realización. Estas sesións serven como base para o correcto desenvolvemento dos traballos tutelados que se realizan na materia.
Prácticas a través de TIC Exponse realizar algunha práctica a través das ferramentas específicas do campus virtual UDC.
Proba de resposta múltiple Pódese plantexar a realización dalgunha proba de resposta múltiple.
Sesión maxistral Sesións teóricas nas que se transmiten os contidos principais da materia. Durante estas sesións foméntase a participación dos alumnos mediante a xeración de cuestións curtas así como a proposta de exemplos prácticos.
Traballos tutelados Presentación de diferentes exercicios relacionados cos diferentes temas da materia, que se exporán en clase e deberanse entregar aos profesores nas datas indicadas. Poderán integrarse co estudo de casos.
Actividades iniciais Realízase unha sesión inicial para expor o programa do curso e a organización do mesmo, presentando a bibliografía básica, a forma de avaliación e resolvendo as dúbidas que poidan ter os estudantes antes de enfrontarse á materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Ademais da solución de problemas nas sesións específicas dedicadas a esta actividade, exponse a atención personalizada para resolver as dúbidas individuais que calquera dos estudantes poida ter sobre os problemas resoltos ou calquera das cuestións teóricas expostas na materia. Por outra banda, a atención personalizada constitúe unha ferramenta para o apoio dos estudantes durante a realización dos traballos tutelados que se expoñan durante o curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A6 A35 A36 B1 B2 B4 B5 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C8 C19 Entrega das achegas realizadas polos estudantes nos casos de estudo expostos. O peso na avaliación poderá axustarse en función do número de estudantes matriculados. 30
Proba de ensaio A5 A6 A35 A36 B1 B2 B4 B5 B11 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C19 Probas de avaliación de contidos teóricos e prácticos. En función do número de estudantes da materia poderá reducirse o seu peso ou omitirse se outros elementos de avaliación son suficientes. 30
Prácticas a través de TIC A5 A6 A35 A36 B1 B2 B4 B5 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C8 C19 O peso na avaliación poderá axustarse en función do número de estudantes matriculados. 5
Proba de resposta múltiple A5 A6 A35 A36 B1 B2 B5 B9 B10 B11 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C19 O peso na avaliación poderá axustarse en función do número de estudantes matriculados. 5
Traballos tutelados A5 A6 A35 A36 B1 B2 B4 B5 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C8 C19 Entrega das os exercicios expostos aos alumnos, que poderán integrarse cos casos de estudo. O peso na avaliación poderá axustarse en función do número de estudantes matriculados. 30
 
Observacións avaliación

Ofrécese a cada estudante optar entre dous sistemas de avaliación:

Avaliación por curso:

  • Asistencia a clase mínima (75%)
  • Poden plantexarse clases prácticas obrigatorias
  • Entrega de casos
  • Entrega de prácticas e cuestionarios online
  • Non hai exame
  • Establecerase unha cualificación mínima en cada unha das actividades a realizar polo estudante para poder superar a materia

Avaliación alternativa (Para os estudantes matriculados a tempo parcial, e para quen opte por este sistema ou non supere a avaliación por curso):

  • Non se esixe asistencia mínima
  • Haberá exame final de teoría, problemas e casos prácticos

Fontes de información
Bibliografía básica Profesores de la asignatura (2017). Apuntes de la asignatura. En los diferentes temas se irá aportando bibliografía adicional. Campus Virtual
Profesores de la asignatura (2013). Apuntes de la asignatura. En los diferentes temas se irá aportando bibliografía adicional. Campus Virtual
ATUC e IDAE (2009). Gestión eficiente del transporte colectivo. Asociación de Empresas Gestoras de los Transportes Urbanos Colectivos e IDAE
IHOBE (Sociedad Pública de Gestión Ambiental) (). Guía práctica para la elaboración de Planes de Movilidad Urbana Sostenible.. IHOBE (Sociedad Pública de Gestión Ambiental)
IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía) (2006). Guía práctica para la elaboración e implantación de Planes de Movilidad Urbana Sostenible (PMUS). IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía)
AA,VV. (1996). Manual para la evaluación de inversiones de transporte en las ciudades. Centro de Publicaciones Mº de Fomento
Zamorano, C; Bigas, J.M., Sastre, J. (2004). Manual para la planificación, financiación e implantación de sistemas de transporte urbano.. Consorcio Regional de Transportes de Madrid.
IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía) (2010). PROBICI. Guía de la movilidad ciclista. Métodos y técnicas para el fomento de la bicicleta en áreas urbanas.. IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía)
Herce, M. (2009). Sobre la movilidad en la ciudad : propuestas para recuperar un derecho ciudadano. Reverté
Small, K, Verhoef, E.T. (2007). The Economics of Urban Transportation. Routledge
TRB (Transportation Research Board) (2003). Transit Capacity and Quality of Service Manual. TRB (Transportation Research Board)
Grava, S. (2003). Transportation Systems. Choices for communities.. McGraw-Hill
Izquierdo, R. (1994). Transportes. Un enfoque integral. Publicaciones del Colegio de Ingenieros de Caminos
Vuchic, V.R. (2007). Urban Transit. Systems and technology.. New Jersey. John Wiley & Sons, Inc.

En cada tema da materia indicarase detalladamente a bibliografía que se pode consultar para ampliar coñecementos

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Infraestruturas do transporte/632G01018
Mobilidade Metropolitana e Terminais de Transporte/632G01057

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Partirase da base de que todos os estudantes da materia cursaron "Infraestruturas do transporte" e "Mobilidade Metropolitana e Terminais de Transporte", polo que non se reiterarán os contidos alí expostos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías