Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Ferrocarrís Código 632G02034
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Rodríguez Bugarín, Miguel Domingo
Correo electrónico
m.bugarin@udc.es
Profesorado
Novales Ordax, Margarita
Rodríguez Bugarín, Miguel Domingo
Correo electrónico
margarita.novales@udc.es
m.bugarin@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia capacitarase ao estudante para o cálculo, deseño, construción e conservación das liñas de ferrocarrís con coñecemento para aplicar a normativa técnica específica e diferenciando as características do material móbil.
A guía docente desta materia está dispoñible tanto en galego como en castelán. En caso de discrepancias entre ambas as duas versións terase en conta o establecido na versión en castelán.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Permite abordar o proxecto, a construción e a conservación das liñas de ferrocarrís con coñecemento para aplicar a normativa técnica específica e diferenciando as características do material móbil. A5
A6
A8
A11
A12
A13
A29
A30
A35
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B17
B18
B19
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. O ferrocarril e o transporte. 1.1. Transporte ferroviario.
1.2. Transporte combinado.
1.3. Transporte metropolitano.
2. Introdución ao material móbil. 2.1. O material móbil. Clases de material remolcado.
3. Deseño da vía ferroviaria. 3.1. Consideracións xerais sobre a vía.
3.2. O carril. Xuntas. Vía soldada.
3.3. A travesa. Suxeicións e outros elementos do pequeno material de vía.
3.4. Aparellos de vía.
3.5. O balasto e a plataforma.
3.6. Vía sen balasto.
4. Xeometría da vía. 4.1. Xeometría da vía.
5. Operacións sobre a vía. 5.1. Construción e renovación de vía.
5.2. Auscultación e conservación da vía.
6. Terminais de transporte ferroviario. 6.1. Estacións de viaxeiros.
6.2. Estacións de mercadorías.
7. A tracción. 7.1. A tracción eléctrica.
7.2. A liña de contacto e o circuíto de retorno.
8. Tecnoloxías para a explotación ferroviaria. 8.1. Sinalización.
8.2. Introdución aos enclavamientos.
8.3. Sistemas actuais de explotación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais C7 1 0 1
Sesión maxistral A5 A6 A8 A11 A12 A13 A29 A30 A35 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B1 B3 B4 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 30 45 75
Traballos tutelados A35 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B3 B5 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 2 8 10
Solución de problemas A35 B8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C3 12 18 30
Proba de ensaio A5 A6 A8 A11 A12 A13 A29 A30 A35 B11 B12 B13 B2 B3 B4 B6 C1 C6 4 28 32
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Realízase unha sesión inicial para presentar o programa do curso e a organización do mesmo, indicando a bibliografía básica, a forma de avaliación e resolvendo as dúbidas que poidan ter os estudantes antes de enfrontarse á materia.
Sesión maxistral Sesións teóricas nas que se transmiten os contidos principais da materia. Durante estas sesións foméntase a participación dos alumnos mediante a xeración de cuestións curtas así como a proposta de exemplos prácticos.
Traballos tutelados Presentación de diferentes traballos relacionados cos temas da materia, que se plantexarán en clase e deberanse entregar aos profesores nas datas indicadas.
Solución de problemas Durante o curso realizaranse periodicamente sesións durante as que se exporán exercicios que permitan afianzar os coñecementos teóricos explicados nas sesións maxistrais. Nestas sesións resolveranse os exercicios expostos e responderanse as dúbidas xurdidas durante a súa realización.
Como continuación destas sesións, propoñerase aos alumnos novos exercicios, para a súa resolución persoal.
Proba de ensaio Realizaranse probas obxectivas para comprobar os coñecementos adquiridos polos estudantes sobre a materia explicada nas sesións maxistrais e nas sesións de resolución de problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Proba de ensaio
Descrición
Ademais da solución de problemas nas sesións específicas dedicadas a esta actividade, ofrécese a atención personalizada para resolver as dúbidas individuais que calquera dos estudantes poida ter sobre os problemas expostos en clase ou calquera das cuestións teóricas expostas na Asignatura. Por outra banda, a atención personalizada constitúe unha ferramenta para o apoio dos estudantes durante a realización dos traballos tutelados que se propoñerán durante o curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A35 B8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C3 Solución de problemas na aula.
Esta valoración corresponde á modalidade A de avaliación.
O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia.
20
Traballos tutelados A35 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B3 B5 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Resolución de traballos plantexados aos estudantes ao longo do curso. O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia.
Estes traballos só se valoran na modalidade A de avaliación.
20
Proba de ensaio A5 A6 A8 A11 A12 A13 A29 A30 A35 B11 B12 B13 B2 B3 B4 B6 C1 C6 Probas de avaliación de contidos teóricos e prácticos realizadas nas datas establecidas no calendario académico.
O peso establecido para estas probas refírese á modalidade A de avaliación.
O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia.
60
 
Observacións avaliación

Existen dúas modalidades de avaliación:

MODALIDADE A


Precísase unha asistencia ao 90% das clases para poder acollerse a esta modalidade. No caso de que non se alcance, automaticamente pasaríase á modalidade B.


Nesta modalidade valorarase:


  1. Un traballo de curso, cun 10% da cualificación final.
  2. Prácticas de problemas na aula. Supoñerán un 20% da cualificación final. Se algunha das prácticas non se supera, poderá repetirse unha vez máis. En tal caso, a cualificación máxima será a suma da nota obtida inicialmente máis o 50% da cualificación restante.
  3. Prácticas propostas para realizar fóra de clase. Constituirán o 10% da cualificación final.
  4. Proba de avaliación tipo test a realizar en horas de clase sobre os
    temas que indique o profesorado. A superación desta proba será
    imprescindible para aprobar a materia. Se non se supera na primeira
    ocasión, propoñerase unha segunda proba antes do exame final. No caso de
    que se supere na primeira ocasión, poderase aprobar a parte de teoría do
    exame final obtendo unha cualificación de 5-(2*(nota test - 5)/10). É
    dicir, se se obtén un 10 no test, a teoría do exame final considerarase
    aprobada a partir dunha calificación de 4.0.
  5. Proba de avaliación final. Estará constituída por un exame de tipo teórico (cun valor do 40% da cualificación final) e un exame de problemas (cun valor do 20% da cualificación final). Para poder aprobar o exame é imprescindible que a parte de teoría e a de problemas teñan cada unha delas unha cualificación superior a 5 sobre 10.

Para aprobar a materia é preciso aprobar o exame.

No caso de que os profesores non plantexen a realización dalgunha das actividades anteriores, se prorrateará o peso das demais.

MODALIDADE B

Aqueles estudantes que non satisfagan as condicións da modalidade A ou que estean matriculados a tempo parcial, deberán realizar un exame final, composto por unha parte teórica (70% da cualificación final) e unha parte de problemas (30% da cualificación final). É preciso aprobar ambas as partes por separado para poder superar a materia.

Ademais diso, deberán superar unha proba de avaliación tipo test a
realizar en horas de clase sobre os temas que indique o profesorado. A
superación desta proba será imprescindible para aprobar a materia. Se
non se supera na primeira ocasión, propoñerase unha segunda proba antes do
exame final. No caso de que se supere na primeira ocasión, poderase
aprobar a parte de teoría do exame final obtendo unha cualificación de
5-(2*(nota test - 5)/10). É dicir, se se obtén un 10 no test, a teoría
do exame final considerarase aprobada a partir dunha calificación de 4.0.

Os estudantes que non asistan regularmente a clase deberán contactar co profesorado ao comezo do cuadrimestre.

En ambas as modalidades, no caso de que se aprobase (cualificación maior ou igual a 5 sobre 10) só una das partes da proba de avaliación final (teoría ou problemas) na primeira oportunidade, a cualificación da parte aprobada manterase para a segunda oportunidade, non sendo preciso realizar un novo exame da devandita parte.


Fontes de información
Bibliografía básica Kiessling, F.; Puschmann, R.; Schmieder, A. (2001). Contact lines for electric railways planning, design, implementation . Publicis Kommnikations Agentur GmbH
López Pita, A. (2008). Explotación de líneas de ferrocarril . Barcelona: Edicions UPC
García Díaz-de-Villegas (2002). Ferrocarriles. Publicaciones de la ETS de Ingenieros de Caminos de Santander
UIC (). Fichas UIC - Normativa ferroviaria.
López Pita, A. (2006). Infraestructuras ferroviarias. Edicions UPC
Alias, J y Valdés, A. (1990). La vía del ferrocarril. Bellisco
Montes Ponce de León, F. (2011). Los sistemas de control de tráfico y señalización en el Ferrocarril. Universidad Pontificia de Comillas
Lichtberger, B. (2007). Manual de vía: infraestructura, susperestructura, conservación, rentabilidad. Eurailpress
Esveld, C. (2001). Modern Railway Track. MRT Productions
ADIF (). Normas ADIF Vía y Normas Renfe Vía.
Comité Europeo de Normalización (CEN) (). Normas UNE - EN. Asociación Española de Normalización y Certificación
Profillidis, V.A. (2014). Railway Management and Engineering. Ashgate
Marx, L; Mossman, D. (2013). Work procedures for permanent way maintenance. Bahn FachverlagGmbH

Os estudantes matriculados na Materia recibirán información e documentación de cada tema. Entre esta información entregarase unha relación da bibliografía específica para cada tema concreto.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Topografía e cartografía/632G02011
Mecánica/632G02014
Debuxo en enxeñaría civil II/632G02016
Materiais de construción II/632G02010
Resistencia de materiais/632G02018
Xeotecnia I/632G02019
Camiños/632G02033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías