Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Réxime Fiscal da Empresa I Código 650G01011
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 1
Coordinación
Suarez Mallo, Maria de la Cruz
Correo electrónico
m.c.suarez.mallo@udc.es
Profesorado
Suarez Mallo, Maria de la Cruz
Correo electrónico
m.c.suarez.mallo@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo principal da materia é dotar ao alumno dos coñecementos básicos do sistema tributario español que lle permita afrontar a problemática fiscal da actividade empresarial, de face ao seu futuro desenvolvemento profesional. Ao ser a primeira materia de réxime fiscal que cursa o alumno de grao, iníciase cos conceptos básicos fundamentais dos impostos, a estrutura do sistema fiscal español e neste contexto sitúase a incidencia sobre a actividade empresarial. A continuación desenvólvense o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Manexar axeitadamente os elementos esenciais que configuran os impostos A16
Identificación dos diferentes tipos de ingresos públicos A16
C1
Comprender os efectos económicos dos impostos sobre as decisións das empresas A9
A10
A11
A16
A17
A21
C8
Coñecer a estrutura do sistema fiscal español distinguindo claramente os recursos tributarios que corresponden aos distintos niveis de facenda A7
A16
Ser capaz de enmarcar a imposición empresarial no sistema fiscal español A7
Adquirir unha visión xeral das obrigas tributarias das empresas A7
Identificar os impostos correspondentes aos distintos tipos de empresas A3
A7
A12
A13
A16
A18
A19
Ser capaz de interpretar axeitadamente a normativa fiscal e aplicala de forma correcta á resolución de casos prácticos A1
A2
A7
B1
B2
B3
B4
B5
B10
B11
B12
C1
C7
Coñecer o IRPF en vigor A7
A16
Conseguir soltura na aplicación práctica do IRPF á actividade empresarial A7
A20
B6
B13
C3
Identificar as fontes que permiten a actualización permanente da normativa tributaria A7
B7
B8
B9
C3
C7
Utilizar os recursos informáticos dispoñibles na administración para o cumprimento das obrigas tributarias de empresarios e profesionais. A5
A14
A15
A20
A23
C3
Capacidade de expresión oral e escrita C1
C2
Capacidade de análise do entorno económico e social. B14
C4
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Conceptos básicos

1.1. Ingresos públicos: definición e principais categorías
1.2. Tributos: definición, categorías e elementos esenciais.
1.3. Impostos: clasificación, principios e efectos económicos.
2. Sistema fiscal español. 2.1. Evolución do sistema fiscal español e comparación cos países da OCDE.
2.2. Aspectos básicos da fiscalidade internacional.
2.3. Descentralización fiscal en España: Estado, Comunidades Autónomas e Facendas Locais.
3. Fiscalidade empresarial en España.
3.1. Esquema xeral.
3.2. Implicacións fiscais da forma xurídica e do tamaño da empresa.
3.3. Principais obrigas formais de empresarios e profesionais.
4. Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. 4.1. Esquema xeral.
4.2. Liquidación do imposto.
4.3. Pagos a conta e xestión do imposto.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A9 A16 A17 A18 A19 A21 B14 C4 C5 C7 C8 2 0 2
Sesión maxistral A3 A7 B8 B9 B10 15 30 45
Prácticas a través de TIC A5 A20 B7 C3 C6 8 16 24
Proba obxectiva A3 A7 B1 B3 B4 B5 C1 3 0 3
Solución de problemas A1 A2 A7 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A20 A23 B2 B6 B11 B12 B13 C2 C7 17 51 68
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Sesión dedicada a ofrecer unha visión global da materia que se vai a impartir, enmarcándoa no ámbito da Facenda Püblica.
Sesión maxistral Exposición oral da profesora dos aspectos fundamentais dos temas do programa.
Prácticas a través de TIC Traballos prácticos que se realizarán utilizando os recursos da páxina web da AEAT.
Proba obxectiva Exame que constará dunha parte teórcia e outra práctica sobre o contido da materia
Solución de problemas Resolución polos alumnos de exercicios e supostos prácticos de liquidación de impostos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Descrición
Resolución polos alumnos de exercicios e supostos prácticos de liquidación de impostos.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A5 A20 B7 C3 C6 Prácticas na aula de informática utilizando os programas de axuda da AEAT. O alumno terá que resolver distintos exercicios que serán avaliables, incluirase unha declaración do IRPF co programa de axuda da AEAT. Exercicios que deberán entregar á profesora. 10
Proba obxectiva A3 A7 B1 B3 B4 B5 C1 É un exame escrito que constará de dous partes: unha parte teórica e unha parte práctica de liquidación de impostos. A cualificación da proba farase sobre 10 puntos, que será o resultado da valoración conxunta das dúas partes , sendo necesario alcanzar un mínimo en cada unha delas (2,5 puntos). 70
Solución de problemas A1 A2 A7 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A20 A23 B2 B6 B11 B12 B13 C2 C7 Resolución de exercicios e supostos prácticos de liquidación que deberá entregar o alumno á profesora. 20
 
Observacións avaliación

O exame escrito realizarase nas datas fixadas polo centro á finalización do primeiro cuadrimestre e no mes de xullo. Dita proba obxectiva cualificarase sobre un máximo de 10 puntos. A cualificación obtida ponderarase polo 70% para formar a cualificación global da materia.Tanto a entrega de exercicios e supostos de liquidación resoltos polo alumno como a de traballos  farase nas datas que estableza o profesor, pero sempre do período lectivo do primeiro cuadrimestre. Non se admitirán traballos fóra deste prazo, pero no caso de presentalos a súa cualificación manterase para a segunda oportunidade do mes de xullo. No mes de xullo só se realizará o exame escrito, non se admitirán a presentación do resto de probas que teñen que realizar

Tal como establece o acordo marco para a elaboración das guías docentes da Facultade de Economía e Empresa:- Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

Oportunidade adiantada e segunda oportunidade:os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.


Fontes de información
Bibliografía básica Moreno Moreno, M.C y Paredes Gómez, R. (2014). Fiscalidad individual y Empresarial. Madrid, Thomson Reuters Civitas
AEAT (2015). Manuales Prácticos: IRPF. Madrid, AEAT
Málvarez Pascual, L (2015). Régimen Fiscal de la Empresa. Madrid, Tecnos
Albi Ibañez, E (2015). Sistema Fiscal Español, Tomos I y II. Barcelona, Ariel
Poveda Blanco, F y Sánchez Sánchez, A (2016). Sistema fiscal. Esquemas y supuestos prácticos. Pamplona. Aranzadi
(). www.aeat.es.

Na bibliografía cítase a última edición existente á data de peche desta guía docente, non obstante, ao comezo do curso adoitan aparecer novas edicións que serán as que deben utilizarse, debido ás constantes novidades que se producen en materias estudadas nesta materia.

A páxina web da Axencia Estatal de Administración Tributaria é unha fonte básica para manterse actualizado na normativa fiscal.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías