Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Contabilidade Financeira I Código 650G01013
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Financeira e Contabilidade
Coordinación
Muiño Vazquez, Maria Flora
Correo electrónico
flora.muino@udc.es
Profesorado
González García, Isaías
Muiño Vazquez, Maria Flora
Salvador Montiel, Maria Dolores
Correo electrónico
isaias.gonzalezg@udc.es
flora.muino@udc.es
maria.dolores.salvador@udc.es
Web
Descrición xeral Introducir ao alumno nos conceptos básicos necesarios nos procesos de elaboración e comunicación da información contable

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o método contable e o seu output: os estados financeiros A1
A2
A3
A7
A9
A10
A23
C1
C3
C4
C5
C7
C8
Rexistrar contablemente, presentar e interpretar calquera transacción económica básica. A12
A14
B2
B3
B7
B11
B12
B13
Capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos. B1
B5
B6
B8
B9
B10
Capacidade para traballar en equipo de maneira consultiva. B4
B14
C2
C6
Habilidade para presentar, discutir e defender puntos de vista diferentes. B4
B6
Ter un comportamento ético nos negocios. C4
C5

Contidos
Temas Subtemas
Primeira parte: Fundamentos básicos da contabilidade Fundamentos básicos da contabilidade
Tema 1: Introdución á contabilidade.
1.1. Actividade económica e necesidade de información.
1.2. Concepto de contabilidade.
1.3. Divisións da contabilidade.
Tema 2: A información financeira. 2.1. Usos e usuarios da información financeira.
2.2. Características básicas da información financeira.
2.3. Normativa para a elaboración da información financeira.
Tema 3: O balance de situación. 3.1. O patrimonio da empresa.
3.2. Principio de dualidade.
3.3. Elementos patrimoniais: activos, pasivos e neto.
Tema 4: A conta de resultados e o estado de fluxos de efectivo. 4.1. Criterio do devengo.
4.2. Resultado do período: ingresos e gastos.
4.3. Fluxo de efectivo: cobros e pagos.
Tema 5: O método contable. 5.1. Transaccións económicas e feitos contables.
5.2. A conta.
5.3. Tecnicismos das contas.
Tema 6: Rexistros contables. 6.1. Anotacións no libro diario.
6.2. Traspaso do libro diario ó libro maior.
6.3. Balance de comprobación e estados financeiros.
Tema 7: O ciclo contable. 7.1. Rexistro das operacións realizadas no período.
7.2. Axustes por aplicación do devengo.
7.3. Preparación de estados financeiros.
7.3. Peche de contas temporais.
Segunda parte: Introdución ao rexistro, presentación e interpretación de transaccións básicas. Introdución ao rexistro, presentación e interpretación de transaccións básicas.
Tema 8: Transaccións de existencias comerciais. 8.1. Compras de existencias.
8.2. Vendas de existencias.
8.3. Custe de produtos vendidos e existencias finais.
8.4. Perdas de valor de existencias.
Tema 9: Valoración das saídas de existencias. 9.1. Seguimento individualizado.
9.2. Asuncións acerca do fluxo de custo: FIFO, LIFO, PMP.
9.3. Efecto da asunción do fluxo de custo sobre os estados financeiros.
Tema 10: Dereitos e obrigas derivados de operacións comerciais. 10.1. Compra-venda de existencias realizada a crédito.
10.2. Gastos e ingresos pendentes de pago/cobro.
10.3. Gastos e ingresos pagados/cobrados por anticipado.
10.4. Perdas de valor de dereitos derivados de operacións comerciais.
Tema 11: Inmobilizado. 11.1. Adquisicións de inmobilizado.
11.2. Perdas de valor de inmobilizado.
11.3. Vendas de inmobilizado.
Tema 12: Captación de recursos financeiros. 12.1. Achegas dos accionistas.
12.2. Préstamos e outras débedas.
12.3. Remuneración de accionistas e prestamistas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A3 A7 A9 A10 B1 B2 17 34 51
Discusión dirixida B12 B14 C1 C2 C4 C5 C6 7 21 28
Obradoiro A1 A12 A14 A23 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 18 36 54
Proba de resposta múltiple B10 B11 B13 1 2 3
Proba obxectiva B10 B11 B13 2 8 10
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición feita polo profesor dos conceptos básicos necesarios para que os alumnos poidan buscar solución ós problemas contables tratados no programa.
Discusión dirixida Preparación dos temas formulados polo profesor e participación na discusión dos mesmos na aula.
Obradoiro Traballo individual e en grupo, guiado polo profesor, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos.
Proba de resposta múltiple Durante o curso realizarase una proba tipo test sen previo aviso.
Proba obxectiva Exame final sobre aspectos teóricos e prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Proba de resposta múltiple
Discusión dirixida
Descrición
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, o alumno será guiado polo profesor de xeito que poda chegar á solución ou solucións dos problemas que se lle propoñen. Adicionalmente, por medio das titorías, o profesor guiará a preparación das cuestións propostas para discutir na aula e a resolución das tarefas deseñadas para realizar fora da aula. Por último, as titorías en grupo (4 horas ao longo do cuadrimestre) destinaranse a discutir casos prácticos que pola súa complexidade ou variedade de solucións posibles requiren un maior grado de atención personalizada. Os grupos dividiranse en dous (15 alumnos aprox.) para as titorías en grupo. O profesor tratará de fixar as horas para as mesmas, se hai dispoñibilidade de aulas, na franxa horaria inmediatamente anterior ou posterior a aquela na que o grupo teña asignada a súa docencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A12 A14 A23 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 Valorarase, a través de presentacións orais ou pequenas probas escritas individuais realizadas na aula, a aprendizaxe fora da aula baseada na resolución dos exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. 50
Proba de resposta múltiple B10 B11 B13 Durante o curso realizarase unha proba tipo test. O alumno que, por calquera razón, non realice a proba terá a cualificación de cero na mesma. 10
Proba obxectiva B10 B11 B13 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 40
 
Observacións avaliación

A metodoloxía proposta
persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumno para que traballe de
xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante no
proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao alumno pídeselle que:

a) Prepare, individualmente ou en
grupo, as cuestións e exercicios propostas polo profesor para a súa discusión na aula
.
Valórase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa
preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de
vista fronte ao dos seus compañeiros. Por esta vía o alumno pode compensar con
ata 1 punto a cualificación total obtida coa avaliación continua (obradoiro e
proba de resposta múltiple), sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación
(6 puntos).

b) Semanalmente realice os exercicios e
casos prácticos propostos polo profesor.
Recoméndase o traballo
en equipo para discutir as posible solucións. Ao inicio dunha das dúas sesións
de cada semana o profesor presentará aos alumnos un pequeno exercicio, similar
aos propostos para realizar fora da aula, que cada alumno deberá resolver de
xeito individual no
tempo marcado polo profesor
. Estes exercicios recolleranse e de
todos eles o profesor valorará catro, elixidos aleatoriamente ao rematar o
cuadrimestre. A valoración destes exercicios suporá o 40% de cualificación final.

c) Prepare, en grupo e seguindo as indicacións do profesor, un caso práctico para ser presentado na aula na data marcada polo profesor. Valorarase a dificultade do caso práctico elixido, o rigor na súa resolución e a súa presentación e defensa na aula. A valoración deste caso práctico representará o 10% da cualificación final.  

En canto ao exame
final e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión
Permanente da Facultade de Economía e Empresa do 6 de xullo de 2011:

Cualificación
de non presentado.

Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación acadada.

Condicións
de realización do exame final
.
Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación
co exterior e/ou o almacenamento de información.

Avaliación
da oportunidade de xullo.
Esta debe
realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación
do primeiro ou do segundo cuadrimestre.















Por último, no caso de que
ao alumno se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada",
e só nese caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as
competencias e contidos propios da materia. A valoración desta proba mixta representará o 100% da cualificación na acta.


Fontes de información
Bibliografía básica Muñoz Merchante, Angel (2008). Fundamentos de Contabilidad . Ramón Areces
Larrán Jorge, Manuel (Coord.) (2009). Fundamentos de Contabilidad Financiera. Pirámide
Solá Tey, Magda y Vilardell Riera, Inmaculada (2009). Introducción a la Contabilidad General. McGraw Hill

Bibliografía complementaria Horngren, C. T.;Harrison, W.T. y Bamber, S.L. (2003). Contabilidad. Pearson
Muñoz Jiménez, José (Coord.) (2008). Contabilidad Financiera. Pearson
Sutton, Tim (2004). Corporate Financial Accounting and Reporting. Prentice Hall
Phillips, F., Libby, P.A. (2006). Fundamentals of Financial Accounting. McGraw Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Análise das Operacións Financeiras/650G01014

Materias que continúan o temario
Contabilidade Financeira II/650G01017

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías