Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Introdución á Econometría Código 650G01024
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 2
Coordinación
Rey Graña, Carlota
Correo electrónico
carlota.rey@udc.es
Profesorado
Ramil Diaz, Maria Concepcion
Rey Graña, Carlota
Correo electrónico
maria.ramil@udc.es
carlota.rey@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende proporcionar unha panorámica xeral da econometría destacando a utilidade dos instrumentos que aporta e as súas aplicacións no contexto da ciencia económica, introducir a terminoloxía e a linguaxe econométrica e iniciar a aprendizaxe dos conceptos e dalgunhas ferramentas básicas para extraer a información contida nos datos que se empregan para a análise empírica da economía. A asignatura está fortemente vinculada ás de teoría e política económica, á estatística e ás matemáticas.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e utilizar correctamente e con precisión a terminoloxía e a linguaxe econométrica. A1
A4
B1
B2
B4
B9
C1
C2
C7
Especificar e estimar modelos sinxelos para a análise cuantitativa das relacións entre as variables económicas e utilizalos para o contraste de hipótese e a predición co obxectivo de fundamentar a toma de decisións. A1
A2
A3
A4
A6
A8
A9
A11
A12
A21
B3
B5
B6
B10
B11
C1
C2
C4
C5
C7
C8
Utilizar as rutinas de cálculo necesarias para resolver os problemas empíricos en economía a través do software adecuado. A1
A2
A4
A5
A6
A21
B7
B8
B12
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Analizar desde un punto de vista crítico os resultados da aplicación das técnicas. A1
A2
A5
A6
A8
A9
A11
A21
B13
B14
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Econometría e modelos econométricos. 1.1. Concepto de econometría. Método.
1.2. Modelos econométricos. Elementos e clases.
2. O modelo de regresión lineal clásico. 2.1. Hipóteses básicas.
2.2. Estimación dos parámetros.
2.3. Propiedades dos estimadores.
2.4. Bondade do axuste.
3. Inferencia no modelo clásico. 3.1. Hipótese de normalidade.
3.2. Distribucións de probabilidade dos estimadores.
3.3. Contrastes de hipóteses para os parámetros.
3.4. Estimación por intervalo.
3.5. Estimación máximo-verosímil.
4. Predición no modelo clásico. 4.1. A predición. Concepto e clases.
4.2. Predición óptima no modelo clásico.
4.3. Medidas avaliadoras da capacidade predictiva.
4.4. A estabilidade paramétrica no período de predición.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A3 B1 C7 1.5 0 1.5
Sesión maxistral A6 A8 A9 A11 A12 A21 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B13 C5 C7 C8 17 25.5 42.5
Obradoiro A2 A4 A5 B3 B8 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C6 25 50 75
Proba obxectiva A1 B1 B2 B3 B4 B5 B9 2 10 12
Prácticas a través de TIC A1 A4 A5 A6 A8 A11 A12 A21 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 4 10 14
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consisten na presentación da materia suxerindo a revisión dalgúns conceptos correspondentes a asignaturas que xa se teñen cursado. Tamén se expoñen detalladamente os resultados da aprendizaxe, as actividades coas que se pretende acadalos e os criterios para a avaliación.
Sesión maxistral Baséanse na exposición oral dos conceptos e métodos por parte dos profesores, aínda que deben contar coa participación activa dos alumnos. A exposición complementase coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e as posibilidades dos métodos expostos.
Obradoiro Son sesións interactivas nas que se realizan aplicacións da teoría, exercicios, problemas e tarefas prácticas, que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia, e aprender a valorar, desde un punto de vista crítico, os resultados obtidos.
Proba obxectiva E unha proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe.
Prácticas a través de TIC Son sesións interactivas repartidas ao longo do cuadrimestre para a aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Proba obxectiva
Prácticas a través de TIC
Descrición
A heteroxeneidade dos estudantes, no que se refire á súa formación previa e á súa situación académica, require unha atención personalizada que permita resolver as dúbidas específicas que teñan ao longo do curso. As prácticas a través de TIC, os talleres e as titorías son ferramentas importantes para resolver problemas teóricos e empíricos, tanto a nivel colectivo como individual. .

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A2 A4 A5 B3 B8 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C6 Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. Estas actividades computan na avaliación un máximo de 3 puntos sobre 10. 30
Proba obxectiva A1 B1 B2 B3 B4 B5 B9 A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. Esta proba computará na avaliación ata un máximo de 7 puntos sobre 10. 70
 
Observacións avaliación







1) Para superar a materia han de obterse polo menos 5 puntos, cun mínimo de 2.5 na proba obxectiva. 2) O sistema de avaliación será aplicado, tal e como se describe no apartado anterior, en todas e cada unha das oportunidades e a todos os alumnos, con independencia da súa situación académica. 3) Os alumnos con dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas de avaliación. 4) A cualificación de non presentado corresponde unicamente ao alumnado que participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da cualificación total. 5) Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf). Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias).


Fontes de información
Bibliografía básica CARRASCAL, U., GONZÁLEZ, Y., RODRÍGUEZ, B. (2001). Análisis econométrico con Eviews. Madrid: RA - MA.
GUISÁN, M.C. (1997). Econometría. Madrid: McGraw - Hill.
MARTÍN, G.; LABEAGA, J.M.; MOCHÓN, F. (1997). Introducción a la Econometría. Madrid: Prentice - Hall.
ARRANZ, M.; LODEIRO, M.J.; RAMIL, M. (2004). Introducción a la Econometría. Notas, Ejercicios y Aplicaciones. A Coruña: NINO, Centro de Impresión Digital.
RAMIL, M.; REY, C.; LODEIRO, M.; ARRANZ, M. (2012). Introducción a la econometría. Teoría y práctica. A Coruña: Reprografía Noroeste, S. L.

 

Bibliografía complementaria GUJARATI, D.; PORTER, D. (2010). Econometría, 5ª edición. Méjico: McGraw - Hill.
MADDALA, G.S. (1996). Introducción a la Econometría, 2ª edición. Méjico: Prentice - Hall.

A medida que se avanza no coñecemento das técnicas econométricas é recomendable a lectura de artigos nos que foron aplicadas para resolver problemas reais da economía, tales como os que poden atoparse en acceso libre en http://www.us.es/economet.

Utilizaranse, ademais, outros libros de texto, distintas fontes de datos e material dispoñible na rede, que se detallarán ao longo do curso.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/650G01002
Matemáticas I/650G01004
Estatística I/650G01009
Matemáticas II/650G01010
Macroeconomía/650G01015
Estatística II/650G01018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para cursar esta materia requírense coñecementos previos de teoría económica xeral (micro e macroeconomía), estatística (descritiva e teórica) e matemáticas (álxebra e cálculo). Ademais, dado que as aplicacións econométricas impoñen a utilización de datos, é importante coñecer a estrutura e o contido das principais fontes de información estatística. Recoméndase aos alumnos revisar os materiais das asignaturas nas que se lles teñan impartido estes contidos antes ou ao inicio do curso.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías