Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Fundamentos de Mercadotecnia Código 650G01037
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Coordinación
Rodríguez Fernández, María Magdalena
Correo electrónico
magdalena.rodriguez@udc.es
Profesorado
Rodríguez Fernández, María Magdalena
Rodríguez Vázquez, Clide
Correo electrónico
magdalena.rodriguez@udc.es
c.rodriguezv@udc.es
Web
Descrición xeral O principal obxectivo do curso é introducir os alumnos para que comprendan a importancia do papel do marketing e da investigación de mercados na economía e nos negocios.

En concreto, os obxectivos do curso son:

1) Comprender os conceptos básicos da mercadotecnia e entender o proceso de toma de decisións que as empresas ou organizacións desenvolven na área de marketing.

2) Aplicar os fundamentos do marketing a casos reais de empresas e organizacións sen ánimo de lucro.

3) Aprender a analizar o micro-ambiente (competidores, provedores, clientes) e o macro-ambiente (económico, político-legal, tecnolóxico, ambiental) para realizar unha avaliación das oportunidades, ameazas, fortalezas e debilidades.

4) Saber como deseñar e aplicar a planificación estratéxica de marketing.

5) Comprender a importancia das variables do marketing-mix (produto, prezo, distribución e comunicación) na xestión da empresa.

6) Saber aplicar as políticas de produto, prezo, distribución e comunicación a casos, situacións e contextos reais.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Xestionar e administrar una empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades. A3
A5
A11
A18
A19
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B8
Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados. Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. A1
A3
A11
A20
B11
B12
B13
Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. A1
B5
B9
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Saber diseñar e implementar un plan de marketing A12
A23
B10

Contidos
Temas Subtemas
PARTE I. INTRODUCIÓN
TEMA 1. INTRODUCIÓN AO MARKETING
PARTE II. MARKETING ESTRATÉXICO TEMA 2. ANÁLISE DO ENTORNO EMPRESARIAL E DA COMPETENCIA
TEMA 3. O COMPORTAMENTO DO CONSUMIDOR
TEMA 4. A SEGMENTACIÓN DO MERCADO E O POSICIONAMENTO
TEMA 5. A INVESTIGACIÓN COMERCIAL
TEMA 6. A FUNCIÓN DA ESTRATEXIA DE MARKETING
PARTE III. MARKETING OPERATIVO TEMA 7. O PRODUTO E A MARCA
TEMA 8. O PREZO
TEMA 9. A DISTRIBUCIÓN COMERCIAL
TEMA 10. A COMUNICACIÓN COMERCIAL

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A5 A20 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B11 C3 C4 C6 C7 C8 17 42.5 59.5
Seminario A3 B10 4 0 4
Estudo de casos A11 A12 A18 A19 A23 B4 B5 B6 B13 B14 C1 C2 C5 25 50 75
Proba de resposta múltiple A3 A18 B12 0.75 6.75 7.5
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación na clase dos diferentes temas con apoio de transparencias e medios audiovisuais.

Valorarase a participación activa do alumno e dos diferentes membros do subgrupo formado.
Seminario Realizaranse tutorías de grupo cunha duracion de 4 horas por subgrupo de 15 alumnos. O lugar de realización das tutorías e a planificación das mesmas serán establecidas na aula e comunicarase con antelación. Estas tutorías servirán para orientar aos alumnos tanto na preparación das probas obxectivas coma na realización do examen individual que se realizará ao final do curso.
Estudo de casos Como complemento á clase maxistral expondranse casos prácticos de empresas e exemplos actuais e novedosos que sirvan para exemplificar os conceptos que se explican na clase. Ademáis, faranse preguntas e cuestións na clase para que os alumnos saiban aplicar os conceptos que se explican na maxistral.

Os alumnos ademais desenvolverán casos e/ou traballos en grupos reducidos.

Desta forma conséguese unha docencia interactiva, práctica e unha participacion activa por parte do alumno ao longo do cuadrimestre
Proba de resposta múltiple Test de resposta múltiple individual: 20 ou 30 preguntas tipo test. Cada pregunta mal contestada penaliza un tercio do valor da pregunta

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Sesión maxistral
Descrición
Os diferentes membros do grupo poden consultar a parte que terán que desenrolar no caso práctico ou traballo.

Asemade, no caso de que o alumno teña algunha dúbida acerca do material explicado na clase, poderá consultar cós docentes nos seus respectivos despachos ou fixar outro momento para aclarar dúbidas e facilitar así o seguemento do alumno.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A11 A12 A18 A19 A23 B4 B5 B6 B13 B14 C1 C2 C5 Os grupos de alumnos terán que fecer un traballo e/ou resolver un caso prático. Preténdese fomentar o traballo colaborativo e en grupo dos alumnos. Este traballo será tutorizado por profesores, tanto en titoría de grupo como en atención personalizada. Se o alumno suspendera na primeira oportunidade, a nota da parte práctica manterase para a segunda oportunidade. Non hai necesidade de ter que refacer de novo a práctica. 40
Proba de resposta múltiple A3 A18 B12 Preguntas Test de resposta múltiple (catro opcións). As preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo ou restricción para poder superar a materia. É dicir, independentemente da calificación obtida nos estudios de casos, se non se alcanzase unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple non se computará esta nota coa do estudio de casos a efectos da calificación global da asignatura e polo tanto a calificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no exame test e ponderada ó 60%.

Estos criterios manterase tamén para a opción de Xullo.

Está prohibido acceder á aula de examen con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

60
 
Observacións avaliación

No desenrrolo do traballo ou resolución do caso prático evaluarase:

- a precisión e claridade das respostas

- a aplicación dos fundamentos teóricos

- a calidade da presentación

Condicións da realización da avaliación final:

Está prohibido acceder á aula do examen con calquer dispositivo que permita a comunicación có exterior e/ou almacenamento de información.

Convocatoria adiantada:

No caso de que o alumno solicitase a convocatoria adiantada, éste será avaliado a través dunha proba de resposta múltiple (catro opcións), onde as preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia. A ponderación desta proba nesta convocatoria será dun 100%.


Calificación de non presentado:

Corresponde a o alumno, cando so participe de actividades de avaluación que tiñan una ponderación inferior a o 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación alcanzada.



Alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

Agás para as datas aprobadas na Xunta de
Facultade no que compete á proba obxetiva, para as restantes probas acordarase
ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa
dedicación.

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Economía da Empresa: Función Organizativa/650G01003
Organización de Empresas/650G01016

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Comercio Exterior/650G01041

Observacións

Valorase  positivamente a participación en clase.

Facilitarase bibliografia específica ao final de cada un dos temas impartidos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías