Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Comercio Exterior Código 650G01041
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Coordinación
Naya Mosquera, José Luis
Correo electrónico
jose.luis.naya@udc.es
Profesorado
Naya Mosquera, José Luis
Correo electrónico
jose.luis.naya@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento do funcionamento e institucións do Comercio internacional. Coñecemento sobre o proceso de posicionamento en terceiros mercados (Internacionalización). Análise das variables da Mercadotecnia internacional. Documentos e trámites de comercio internacional. Nocións sobre Negociación Internacional.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar novos desenvolvementos de organizacións empresariais para afrontar con éxito o entorno cambiante. A19
B1
B2
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
C2
Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios. A1
B3
B5
B6
B7
B9
B10
C3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. B2
B3
B4
B11
B13
C6
Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas. A3
B2
B8
B12
C5
Comprender os principios da psicoloxía, identificar as implicacións para a organización empresarial. Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios. Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais. A12
Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial. A16
B14
C4
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. CONCEPTOS FUNDAMENTAIS 1.1. Importancia e desenvolvemento do comercio exterior
1.2. Definición de mercadotecnia internacional
1.3. Fundamentos de mercadotecnia (internacional)
1.4. Organismos Internacionais: OMC, GATT, BM e FMI
1.5. Funcionamento, características e estrutura do Comercio Mundial.
TEMA 2. ANÁLISE DO ÁMBITO CULTURAL E ECONÓMICO
2.1. Importancia da cultura ou factores culturais
2.2. Elementos socioculturais: grupos referencia e elementos culturais
2.3. Características do mercado
2.4. A Integración económica e as súas formas de desenvolvemento.
2.5. Fontes de financiamento e risco financeiro
2.6. Administración do risco financeiro
TEMA 3. ANÁLISE DO ÁMBITO POLÍTICO-LEGAL 3.1. Factores que afectan ao risco político
3.2. Diferentes tipos de risco político e a súa influencia nos investimentos
3.3. Estratexias para reducir o risco-país
TEMA 4. O PROCESO DE INTERNACIONALIZACION E AS FORMAS DE ACCESO 4.1. As Razóns da internacionalización ou saída ao mercado exterior.
4.2. O proceso de planificación estratéxica
4.3. Proceso de internacionalización: as súas etapas.
4.4. Estratexias de internacionalización: Concepto
4.5. Tipoloxía e formas de acceso
TEMA 5. AS DECISIÓNS DE PRODUTO NOS MERCADOS INTERNACIONAIS 5.1. Concepto de produto no comercio exterior.
5.2. O posicionamento do produto nos mercados exteriores. A competitividade e valor engadido como factores clave de éxito.
5.3 Estratexia de Concentración vs. Diversificación
5.4. Estratexia de Standarización vs. Adaptación
TEMA 6. A DISTRIBUCIÓN E COMUNICACIÓN NOS MERCADOS INTERNACIONAIS. 6.1. Concepto de canle de distribución nos mercados exteriores.
6.2. Funcións dos intermediarios no comercio exterior.
6.3. Configuración da canle distribución nas empresas exportadoras.
6.4. Almacenistas e detallistas
6.5. As tendencias na distribución nos mercados exteriores
TEMA 7. INCOTERMS: A FIXACIÓN DE PREZOS PARA OS MERCADOS INTERNACIONAIS
7.1. Concepto e utilidade dos INCOTERMS.
7.2. Tipoloxía e emprego na documentación de importación-exportación.
7.3. Casos prácticos
TEMA 8. TRAMITES DO COMERCIO EXTERIOR
8.1. As Aduanas e a lexislación aduaneira.
8.2. Aranceis e cotas como trabas ao comercio internacional.
8.3. O convenio CITES de especies protexidas.
8.4. Outro tipo de barreiras ao comercio mundial: requisitos técnicos, legais, etc.
8.5. Documentos da xestión de exportación e importación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral C1 C2 C3 13 26 39
Proba de resposta múltiple B2 B3 C6 0.75 5.25 6
Sesión maxistral A1 A3 A16 B1 B6 B7 B8 B9 B10 B13 B14 C4 C5 C7 C8 17 51 68
Estudo de casos A12 A19 B4 B5 B11 B12 12 21 33
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Como complemento a clase maxistral expoñeranse traballos relacionados con temas actuais de Comercio Internacional. Ademais, faranse preguntas e cuestións en clase para que os alumnos saiban aplicar os conceptos que se explican na clase maxistral.
Os alumnos desenvolverán casos e/ou traballos por grupos reducidos de alumnos.
Desta forma conséguese unha docencia interactiva, práctica e unha participacion activa por parte do alumno ao longo do cuadrimestre.
Proba de resposta múltiple Test de resposta mltiple individual, sobre os conceptos teóricos fundamentais da materia. Cada pregunta mal contestada penaliza a cualificación da proba.
Sesión maxistral Explicación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, a través de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a súa aprendizaxe.
Poderase indicar ao alumnado bibliografía complementaria específica para cada un dos temas.
Levarase un control da asistencia as clases que será tida en conta e valorada na calificación da asignatura, así como a participación do alumno e as aportacions que se fagan.
Estudo de casos Análise e desenvolvemento de casos prácticos relacionados co Comercio internacional. O seu desenvolvemento farase en clase, en grupos de traballo. Escolleranse temas de actualidade ou relevancia

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Sesión maxistral
Estudo de casos
Descrición
Os diferentes membros do grupo poderán consultar as dúbidas correspondentes ao desenvolvemento dos casos prácticos/lecturas que deberán presentar ou expoñer.

Asímesmo, se se ten algunha dúbida relativa ao material explicado en clase, pódese consultar co docente no seu despacho ou fixar outro momento para aclarar dúbidas e facilitar o seguimento do alumno.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase un calendario específico de tutorías compatible coa sua dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple B2 B3 C6 Preguntas Test de resposta múltiple (catro opcións). As preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo para
poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se alcanzase unha puntuación mínima de 5,0 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple non se computará esta nota e a materia considerarase como non superada.
No caso de non ser superado o exame test e, por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no devandito exame test e ponderada ao 50%.

50
Estudo de casos A12 A19 B4 B5 B11 B12 Facilitaranse textos e lecturas sobre empresas e casos reais que deberán ser traballados polo alumno en grupo para a súa posterior exposición en público.
As lecturas serán facilitadas polo profesor ao finalizar cada tema teórico.
50
 
Observacións avaliación

Cualificación de non
presentado: corresponde ao alumno cando só participe en actividades de
avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da puntuación obtida.

Na convocatoria adiantada e para a segunda oportunidade seguirase o mesmo criterio do 50% para as probas de resposta múltiple e 50% para o estudo de casos.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, os criterios de avaliación rexiranse dacordo a realización dunha proba mixta, cun peso do 100% sobre a calificación. tratarase dunha proba na que se incluirán cuestións teóricas eprácticas e na que o alumnado terá que demostrar ter acadado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Controlarase a asistencia a clase, así como a participación activa do alumnado e as súas aportacións. Nas calificacións poderán ser tidas en conta estas tres variables de asistencia, aportacións e participación.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías