Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Traballo fin de mestrado (TFM) Código 652512208
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Bueno Aguilar, Juan Jose
Candedo Gunturiz, Maria Dolores Fatima
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Fernandez Prieto, Marta
Gonzalez Sanmamed, Mercedes
Muñoz Cantero, Jesus Miguel
Sanchez Blanco, Concepcion
Serantes Pazos, Araceli
Torres Santomé, Jurjo
Zapico Barbeito, Mª Helena
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
juan.j.buenoa@udc.es
dolores.candedo@udc.es
eva.espineira@udc.es
marta.prieto1@udc.es
mercedes.gonzalez.sanmamed@udc.es
jesus.miguel.munoz@udc.es
concepcion.sanchez.blanco@udc.es
araceli.serantes.pazos@udc.es
jurjo.torres@udc.es
helena.zapico@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=table&id_titulacion=600
Descrición xeral O Traballo de Fin de Máster é unha materia obrligatoria do Plan de Estudos, de 6 créditos e supoón a realización por parte do alumnado dun proxecto, memoria o estudo, no que aplique e desenvolva os coñecementos adquiridos no Máster. O Traballo deberá estar orientado á aplicación das competencias asociadas á titulación.
Para poder presentar o TFM o estudante deberá ter aprobado o 60% dos créditos, entre elos incluiránse os de carácter obrigatorio.
O TFM consistirá nun proxecto innovador, persoal e original sobre temáticas relacionadas co programa do Máster. O alumnado presentarálo ante un tribunal do Máster e deberá ir avaliado obrigatoriamente por o/a tutor/a do traballo.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para indagar e producir coñecemento nun determinado campo AP1
AP3
AP4
AP5
AP7
AP8
AP9
AP11
AP12
AP13
AP14
BM12
BM13
BM14
BM15
BM16
CM2
CM6
Capacidade para comunicar o coñecemento adquirido a unha audiencia AP2
AP6
AP10
BM1
BM3
BM4
BM7
BM10
CM1

Contidos
Temas Subtemas
Procedemento para a elección de temas:
1-O profesorado presentará unha proposta de temas ou liñas para o TFM. Esas liñas serán publicadas na páxina web do mestrado
2-Ao comezo das clases o alumnado/a terá ese listado de temas ou liñas
3-Durante o primeiro mes de clases o alumnado/a, coa lista de temas, porase en contacto co profesor/a para acordar a dirección do TFM (lembrar que un profesor/a non pode dirixir máis de dous TFM).
4-o alumnado/a deberá elaborar unha proposta de proxecto. Esta proposta debe presentarase nos prazos que faga pública a Comisión Académica e dirixiranse ao Coordinador do Mestrado. Unha vez aprobado pola Comisión Académica publicarase unha lista cos alumnos/as, o/a titor/a e o título do Proxecto aprobado.
5-A comisión académica aprobará as datas tanto de preisncripción dos TFM, como tribunais dos TFM. Dita información aparecerá no taboleiro do mestrado, páxina web e a través do correo electrónico ao profesorado director dos TFM.
O Traballo Fin de Mestrado consistirá na realización por parte do alumnado dun traballo de cuxo obxectivo final é demostrar a suficiencia académica para a obtención do título de Mestrado. Esta materia está diseñada como estudo de profundización nalgún tema concreto dos tratados ao longo do Mestrado.
O estudante deberá utilizar para isto o conxunto de habilidades, destrezas e actitudes adquiridas ao longo das ensinanzas, valorándose o progreso e resultado da aprendizaxe dos aspectos igualmente importantes: dun lado, a orientación científica referida aos contidos e, doutro, a aprendizaxe das técnicas de investigación procura de información, selección de lecturas, sistema de fichas, citas a pé de páxina, etc.).
Asimismo valorarase a defensa pública ante un Tribunal cualificado composto por Doctores.
Nesta exposición pública, o alumno demostra as súas capacidades na expresión oral, na argumentación e capacidade de respuesta ás cuestións plantexadas polo tribunal avaliador así como das competencias específicas sinaladas no seu apartado correspondente.
Cada alumno terá un titor que dirixirá o proceso e o asesorará no seu desenvolvemento.
O traballo de fin de mestrado computará 6 créditos ECTS, que corresponderán, en exclusiva, ao traballo personal do alumno.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B1 B3 B4 B10 0 137 137
Presentación oral A14 B7 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C2 C6 1 9 10
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Segundo a temática acordada co seu titor/a.
Presentación oral SOLICITUDE DE DEFENSA:
Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFM, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que presentar, no prazo e lugar establecido polo centro, 4 exemplares, así coma o impreso de solicitude de defensa
DEFENSA:
Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo.
Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 15 minutos e o tribunal disporá de 15 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a.
O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para exposición.
Traballos tutelados O alumnado realizara o TFM baixo a supervisión e guía da súa dirección académica.
A dirección será responsable de expoñerlle ao estudantado as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento. Realizará un seguimento da elaboración do TFM e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados. Unha vez finalizada a elaboración autorizar a presentación e defensa do TFM.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Unha vez publicada a listaxe definitiva de asignación de temáticas e dirección académica, o alumnado terá que poñerse en contacto coa súa dirección académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A14 B7 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C2 C6 Avaliación global emitida polo tribunal sobre a adquisición de competencias reflectidas na presentación e defensa oral do TFG 30
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B1 B3 B4 B10 Avaliación global emitida polo tribunal sobre a adquisición de competencias reflectidas no traballo tutelado (contido e formato), unha vez obtido o visto e prace da dirección académica do mesmo para a súa presentación e defensa. 70
 
Observacións avaliación
A cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica de 0 a 10, con
expresión dun decimal, á que poderá engadirse o seu correspondente cualificación
cualitativa:
? 0 ? 4,9: Suspenso (SS).
? 5,0 ? 6,9: Aprobado (AP).
? 7,0 ? 8,9: Notable (NT).
? 9,0 ? 10: Sobresaliente (SB).
A Comisión Avaliadora cumprimentara a correspondente Acta de Cualificación. O/A
Presidente/a fará pública e a remitirá ao Coordinador do Mestrado.
Cada Comisión Avaliadora poderá propoñer en acta separada a concesión motivada da
mención de "Matrícula de Honra" a Traballos de Fin de Mestrado que foran avaliados y
cunha cualificación igual ou superior a 9. A Comisión Académica do Mestrado, a vista
dos informes, decidirá sobre a asignación destas mencións e o Coordinador de
Mestrrado elevará un Acta Complementaria do acordo á Secretaría do Centro. O
número destas mencións non poderá exceder do cinco por cento dos alumnos
matriculados na correspondente materia TFM, salvo que o número de alumnos
matriculados sexa inferior a 20, en cuxo caso poderá conceder unha soa "Matrícula de
Honra"; sempre de acordo á normativa da UDC.

No caso de non realizar a presentación e defensa oral do Traballo Fin de Grao, tendo o informe
favorable da dirección académica, a cualificación recibida será a de NON PRESENTADO

Fontes de información
Bibliografía básica Durán Martínez, Ramiro;Gómez Gonçalves, Alejandro; Sánchez Sánchez, Miguel Elias (2017). Guía didáctica para la elaboración de un trabajo académico. Salamanca: Iberoprinter
Cunha Fanego, Iria da (2016). El trabajo de fin de grado y de máster : redacción, defensa y publicación. Barcelona : Universitat Oberta de Catalunya
Muñoz-Alonso López, Gemma (2012). Estructura, metodología y escritura del trabajo de fin de máster. Madrid : Escolar y Mayo
Caicedo, Claudia (2016). ¿Cómo elaborar un trabajo final de máster?. Barcelona : Editorial UOC

Bibliografía relacionada coa temática elixida polo estudante (consultar bibliografía das diferentes materias do mestrado).

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndanse os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías