O
alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación ou
defensa pública do TFM: unha ordinaria e outra extraordinaria.
Para a
avaliación dos TFM constituiranse tribunais (nomeados polo/a coordinador/a do
Mestrado) por cada unha das especialidades. Cada un estará formado por tres
membros titulares e un ou dous/dúas suplentes.
Os
tribunais de avaliación configuraranse da forma que establecer a Xunta de
centro ou, de ser o caso, a comisión que tiver as competencias delegadas, segundo
o número de alumnado matriculado e a temática dos diferentes TFG e TFM que se
representaren. Cada tribunal estará formado como mínimo por tres persoas e as correspondentes
suplentes. Todas elas deberán ser membros do profesorado universitario vinculado
ao Mestrado. O/a director/a do TFM non poderá formar parte do tribunal.
Para a
defensa do TFM o alumnado disporá dun máximo de 20 minutos. Os membros do
tribunal contarán tamén cun tempo máximo de 20 minutos para formularen cantas
preguntas e suxestións estimaren necesarias.
Finalizadas
todas as defensas de TFM da sesión correspondente, o tribunal publicará as
cualificacións provisionais no taboleiro do Mestrado.
En
relación coa avaliación de cada traballo, o tribunal procederá a:
a)
Cualificar o traballo realizado coa nota media das
cualificacións emitidas por cada un dos membros. A cualificación poderá ser:
a.
Non presentado
b.
Suspenso: de 1 a 4.9
c.
Aprobado: de 5 a 6.9
d.
Notable: de 7 a 8.9
e.
Sobresaliente: de 9 a 10
A mención
de «matrícula de honra» poderá ser outorgada en caso de que os membros do
tribunal estean de acordo na súa concesión por unanimidade.
b)
Cubrir as actas de valoración.
Para a
defensa do TFM os estudantes deberán
-
Presentar o DNI e a certificación académica.
-
Ter superados os créditos de todas as materias e módulos que compoñen
este Mestrado.
- Terse producido un mínimo de
dúas reunións entre o/a alumno/a e o/a titor/a.
- Obter o visto e prace
(Secretaria Virtual) do/a titor/a do TFM.
- Entregar o impreso de
solicitude de defensa que se xera na Secretaría Virtual.
- Entregar tres exemplares do
TFM impresos en papel e encadernados (seguindo a estrutura e o formato que se describen
no apartado 5 deste documento) e un en soporte informático en formato PDF (CD
ou USB), todos eles asinados polo/a estudante.
A
documentación presentarase na Secretaría do Decanato da Facultade de Ciencias
da Educación en horario administrativo. No caso de se seguir o itinerario de
Educación Física a entrega farase na Facultade de Ciencias do Deporte e a
Educación Física. As datas de presentación dos traballos recóllense no anexo II.
O/a coordinador/a
do Mestrado publicará a relación de TFM recibidos e as datas para a súa
defensa.