Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Didáctica da educación para a saúde Código 652G02041
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Correo electrónico
anxela.bugallo@udc.es
Profesorado
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Correo electrónico
anxela.bugallo@udc.es
Web
Descrición xeral Con esta materia preténdese abordar a estreita relación entre a saúde e o coñecemento científico, así como, desenvolver as competencias profesionais dos futuros docentes de Educación Primaria.
Trátase de coñecer os contidos básicos de carácter científico sobre o corpo humano e sobre a saúde, identificando os factores que inflúen na súa mellora ou deterioro. Ademais, os coñecementos científicos achegaran argumentos para coñecer a responsabilidade individual e colectiva na adopción de hábitos de vida saudábeis, e para mellorar a toma de decisións sobre temas relativos ao noso corpo e ao medio no que nos desenvolvemos.
Tamén se traballará no papel que debe xogar a escola no desenvolvemento deses hábitos saudábeis e na xeración de actitudes positivas cara a súa inclusión na Educación Primaria, valorando a importancia deste tema na formación integral dos escolares.
Finalmente, pularase pola reflexión e o debate sobre as ideas, crenzas, hábitos e conductas relativas á saúde, tanto a nivel persoal como comunitario para, así, consolidar e comprender a base científica das máis saudábeis e rexeitar as que inflúen negativamente na saúde. Deseñaranse e desenvolveranse actividades basadas no traballo autónomo e en equipo, co obxectivo de potenciar os procesos de metacognición, a aprendizaxe entre iguais e o traballo cooperativo.



Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e valorar a evolución científica e tecnolóxica no coñecemento do funcionamento do corpo humano e o estudo da saúde A26
A28
A29
B8
B9
B17
B21
C1
C6
Ser capaz de coñecer as bases científicas que explican os comportamentos saudábeis, potenciando nos estudantes unha actitude crítica e responsábel fronte a hábitos non saudábeis. A14
A23
A25
A27
B3
B6
B15
B25
C3
C7
C8
Coñecer e valorar os factores persoais e socio-ambientais que inflúen na saúde do ser humano, comprendendo a relación entre a nosa especie e o medio no que habita, e a importancia das decisións tomadas sobre nós mesmos e o noso ambiente. A14
A22
A23
A29
B2
B3
B6
B8
B12
B18
B23
C4
C6
C8
Elaborar propostas didácticas que promovan o coñecemento sobre a saúde e o desenvolvemento de hábitos saudábeis, empregando unha metodoloxía científica. A1
A2
A4
A5
A6
A7
A16
A17
A30
B1
B3
B4
B5
B7
B12
B14
B15
B16
B17
B19
B22
B24
C1
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. O corpo humano: Determinación do contido escolar dende a perspectiva sistémica.
- A perspectiva sistémica: estrutura e funcionamento de forma integrada do corpo humano.
- Os coñecementos biolóxicos fundamentais para o ensino de corpo humano e o mantemento da saúde na educación primaria.

2. O ser humano e a saúde. - Concepto de saúde.
- Factores individuais determinantes da saúde: Bioloxía humana (Inmunidade)



3. Desenvolvemento de hábitos saudábeis. Prevención. - A prevención. Vacinas e hábitos saudábeis.
- Doenzas víricas e bacterianas. Cartilla de vacinación.
- Bases científicas da cualificación de hábito saudábel.
- Estilos de vida saudábeis e non saudábeis. Hixiene e saúde. Alimentación e saúde. Habitos posturais.
4. Factores ambientais e sociais que inflúen na saúde. - A saúde e o medio ambiente.
- Factores macrosociais que inflúen na saúde.
5. Deseño de estratexias e actividades para promover a saúde na aula - Modelos, estratexias, secuencias, tipos de actividades, recursos e avaliación na Educación para a Saúde
- Exemplos de análises científicas e didácticas de núcleos temáticos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral A16 A17 B1 B3 B4 B8 B9 B16 B24 C1 3 12 15
Lecturas A1 A2 A5 A7 A14 A23 A25 A26 A29 B15 C6 1 6 7
Aprendizaxe colaborativa A1 A7 A14 A27 A28 B5 B6 B7 B14 B17 B19 C4 7 11 18
Traballos tutelados A2 A4 A5 A6 A14 A16 A17 A22 A23 A26 A29 A30 B2 B4 B9 B12 B15 B17 B18 B22 B25 C1 C3 C7 C8 3 30 33
Proba mixta A1 A2 A5 A6 A7 A17 A25 A26 A27 B3 B9 B21 B23 C1 2 20 22
Sesión maxistral A1 A2 A4 A5 A7 A17 A22 A23 A25 A26 16 0 16
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Exposición oral dos traballos realizados colectiva e individualmente.
Lecturas Lecturas obrigadas e/ou voluntarias de libros e artigos
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe orientados de forma presencial, con soporte de tecnoloxías da información e da comunicación, baseados na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado, para así optimizar a súa propia aprendizaxe e colaborar na do resto de membros do grupo.
Traballos tutelados Metodoloxía que pretende promover a aprendizaxe autónoma dos estudiantes a nivel individual, baixo a tutela do docente, en escenarios variados.
Proba mixta Proba escrita que integra preguntas abertas de semidesenvolvemento sobre os contidos da materia.
Sesión maxistral Exposición oral, con apoio de material audiovisual e enunciando cuestións que promovan a participación do alumnado e faciliten a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Asistencia a titorias para explicar o traballo a realizar, orientar sobre a documentación e bibliografía e coñecer as pautas para a súa exposición oral.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A5 A6 A7 A17 A25 A26 A27 B3 B9 B21 B23 C1 Valoraranse os resultados obtidos nunha proba escrita que integrará preguntas abertas de semidesenvolvemento. A súa realización é obrigatoria só para os estudantes non presenciais, así como para aqueles estudantes que non asistan a máis do 80% das sesións.
Para superala cómpre acadar unha cualificación de 5 ou superior.
40
Traballos tutelados A2 A4 A5 A6 A14 A16 A17 A22 A23 A26 A29 A30 B2 B4 B9 B12 B15 B17 B18 B22 B25 C1 C3 C7 C8 Valorarase a adquisición de habilidades e destrezas asociadas a este tipo de metodoloxía, que pretende promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes a nivel individual. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da cualificación indicada. 20
Presentación oral A16 A17 B1 B3 B4 B8 B9 B16 B24 C1 Valorarase a exposición oral, realizada con axuda das TIC, dos traballos realizados en aula. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da cualificación indicada. 10
Aprendizaxe colaborativa A1 A7 A14 A27 A28 B5 B6 B7 B14 B17 B19 C4 Valorarase a participación nas tarefas realizadas na aula e a elaboración de material que trate a análise e interpretación das situacións obxecto de estudo. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre chegar ao 50% da cualificación indicada e entregar as tarefas nas datas indicadas. 30
 
Observacións avaliación
NOTA.
No caso dos estudantes que asistan a máis do 80% das sesións o valor de cualificación da proba mixta estará incluído na avaliación dos traballos tutelados, aos que lles corresponderá o 60% da cualificación.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo o establecido na "Norma
que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):
1.      Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase.
2.      Terá dereito preferente a elixir grupo cando haxa horarios diferentes nas sesións interactivas.
3.      O resto da avaliación rexerase polo que establecen as "normas xerais de avaliación" desta
guía docente.  No caso de que non se asista ao 80% das sesións, o alumno/a terá obrigatoriamente que realizar, ademais da proba mixta e dos traballos tutelados, unha proba de análise e interpretación das situación obxecto de estudo.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica que lles exime da asistencia á clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):
1.      Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase.
2.       Terá dereito preferente a elixir grupo cando haxa horarios diferentes nas sesións interactivas.
3.       O alumno/a terá obrigatoriamente que realizar, ademais da proba mixta e dos traballos
tutelados, unha proba de análise e interpretación das situación obxecto
de estudo.

Fontes de información
Bibliografía básica Ituarte, Mª Angeles (2006). ). Hablemos de sexualidad con los niños.. Eduforma. Sevilla.
Ramos García, J. (2008). Algunas teorías del alumnado sobre distintos aspectos del cuerpo humano. Implicaciones didácticas. . Alambique, 58, pp. 89-106.
Cubero, J.; Cañada, F.; Costillo, E.; Calderón, M.A.; Ruiz, C. (2012). Análisis de concepciones alternativas, en libros de texto para los conceptos de Aparato y Sistema en Anatomía y Fisiología.. I Simposio Internacional de Enseñanza de las Ciencias (I SIEC2012), Vigo, 11-16 de xuño de 2012
García-Camba, E. (2001). Avances en trastornos de la conducta alimentaria. Anorexia nerviosa, bulimia nerviosa, obesidad. . Masson. Barcelona.
Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de Consumo (1989). Cuadernos de consumo. Nutrición e Consumo. . Santiago, Xunta de Galicia.
Fernández Rivera, J.J. (2016). Educación para la salud en la educación infantil [Recurso electrónico] : Cuaderno de actividades. Valencia : Tirant lo Blanch
Morón Marchena, J.A., Pérez-Pérez, I., Pedrero García, E. (coords.). (2017). Educación para la salud y prevención de riesgos psicosociales : en adolescentes y jóvenes. Madrid : Narcea Ediciones
Rodríguez Tadeo, L. (2010). Educación para la salud. . Universidad de Las Palmas de Gran Canaria. Las Palmas de gran Canaria.
Nieda, J. (1992). Educación para la salud. Educación sexual. . MEC. Madrid.
Sáinz y otros. (2002). Educación para la salud: la alimentación y la nutrición en la edad escolar. . Publicaciones CEAPA. Madríd
Cañal, P. (2008). El cuerpo humano: una perspectiva sistémica. . Alambique, 58, pp. 8-22.
Bugallo Rodríguez, A. (1999). El Domus. Un museo sobre el ser humano. . Alambique; vol. 9, pp. 142-143
Mellado, V. (2011). Formación del profesorado de ciencias y buenas prácticas: el lugar de la innovación y la investigación didáctica. en Cañal, P. (coord.). Biología y Geología. Complementos de formación disciplinar. Barcelona, Graó.
Vaquero, P. (2008). Genética, Nutrición y Enfermedad. . Madrid, Instituto Tomás Pascual Sanz-Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (AESAN) (2010). La alimentación de tus niños y niñas. Nutrición saludable de la infancia a la adolescencia. Madrid, Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad.
Pujol, R.M. (1996). La formación del consumidor en la escuela. . ICE. Horsori. Barcelona.
Tamayo Alzate, O.E.; Orrego Cardozo, M.; López Rua, A.M. (2012). Modelos de inmunología en estudiantes universitarios. . I Simposio Internacional de Enseñanza de las Ciencias (I SIEC2012), Vigo, 11-16 de xuño de 2012.
Del Carmen, L. (2000). Nuestro cuerpo: ese gran desconocido. . Aula de Innovación Educativa, 92, pp. 6-8.
Banet, E. (2008). Obstáculos y alternativas para que los estudiantes de secundaria comprendan los procesos de nutrición humana. Alambique, nº 58, pp. 34-55.
Pujol, R.M., Bonil, J. (2008). Rompiendo compartimentos: ¿cómo hace tu cuerpo para que el calcio le ayude a crecer?. Alambique, 58, pp. 23-33.
Mesa Aguilar, M.A. (2008). ¡Aún es importante la educación para la salud en primaria! [Recurso electrónico]. Málaga: Ediped.
Bugallo Rodríguez, A. (1996). ¿Por qué copiamo-la realidade? A colección de figuras clásticas.. Boletín das Ciencias; vol. 27, pp. 41-44.
Cañal, P. (2011). ¿Qué enseñar sobre el cerebro y la coordinación nerviosa?. Alambique, 68, pp. 42-59.
Recursos web: www.msssi.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/promocion/saludJovenes/saludEscuela.htm (Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad) www. adeps.org/ (Asociación de Educación para la salud) www. aeped.es/  (Asociación española de pediatria) www.who.int/es/ (Organización mundial de la salud) educacionparalasalud.com/
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 2. Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade 6. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías