Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa Código 652G03002
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rodriguez Romero, Maria del Mar
Correo electrónico
mar.rromero@udc.es
Profesorado
Rodriguez Romero, Maria del Mar
Correo electrónico
mar.rromero@udc.es
Web
Descrición xeral A materia busca ofrecer recursos conceptuais, metodolóxicos e éticos para comprender diversas aproximaciónss metodolóxicas e analizar proxectos e experiencias específicas aplicadas no deseño e desenvolvemento de proxectos socioeducativos comprometidos coa democracia participativa e a autoxestión da vida cotiá no escenario da crise ecosocial.

A materia busca presentar o deseño e desenvolvemento de proxectos socioeducativos non como meros dispositivos técnicos senón como opcións epistemolóxicas e prácticas situadas que implican posicionamentos e compromisos políticos, sociais e pedagóxicos.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar criticamente procesos, accións e proxectos socioeducativos identificando a súa perspectiva ética e/ou paradigma. A2
A9
A10
A11
B5
C1
C4
Familiarizarse coas metodoloxías participativas descubrindo as posibilidades que ofrecen para empoderar ás persoas e os grupos sociais e transformar a sociedade e o mundo. A1
A9
A10
A11
A18
A19
B2
B5
C1
C4
Vincular a acción socioeducativa e concretamente o deseño e desenvolvemento de proxectos socioeducativos coa extensión da democracia participativa, a xustiza social e os Dereitos Humanos A1
A9
A10
A11
B1
B2
B5
C1
C4
Aplicar habilidades de reflexión e traballo cooperativo á lectura, interpretación e discusión de fontes primarias de información (documentos impresos, electrónicos, audiovisuais, etc.) e tamén á análise de experiencias de educación social mediante a realización dun traballo de campo. A6
A8
A9
A10
A11
A13
B1
B2
B5
C1
C3
C4
Utlizar o galego a nivel escrito e oral coa calidade lingüística requirida. C1
Coñecer referentes profesionais no ámbito da inserción laboral que teñen o galego como lingua de traballo A20
C4

Contidos
Temas Subtemas
NÚCLEO 1. O motor dos proxectos de acción educativa sociocomunitaria no escenario do procomún 1.1. O proxecto en educación social como construción educativa, sociocomunitaria e política.
1.2. As bases do proxecto: democracia participativa, autoxestión da vida cotiá, dereitos humanos, dereito a cidade e obxectivos de desenvolvemento sostible.
1.2. Prácticas de innovación cidadá, creatividade social e micro utopías
1.3. O proxecto desde diferentes perspectivas epistemolóxicas. A perspectiva adaptativo-conservadora, a perspectiva educativo-reformadora, a perspectiva crítico-transformadora. O interese técnico, o interese práctico e o interese emancipador. Os paradigmas positivista, interpretativo, crítico, postcrítico e desconstrutivista
NÚCLEO 2. : Metodoloxías de desenvolvemento comunitario na sociedade da colaboración 2.1. Metodoloxías participativas
2.2. O ilusionismo social
2.3. O desempoderamiento
2.4. A cartografía social
2.5. Metodoloxía Oásis

NÚCLEO 3. Fases e elementos dos proxectos socioeducativos 3.1. O estudo do contexto e a negociación inicial
3.2. O traballo de campo, a devolución da información, o autodiagnóstico e a construción de acordos
3.3. A planificación das accións
3.3. O desenvolvemento das accións
3.4. Avaliación do proceso e dos resultados
3.5. Participación cidadá, grupos de traballo e estruturas organizativas e institucionais
3.6. Ferramentas e técnicas relacionadas coa información, coa participación e coa construción de acordos
Núcleo 4. Procesos participativos en marcha: orzamentos participativos e rede muncial de cidades, pobos, barrios, illas en transición 4.1. Porta Aberta (A Coruña)
4.2. Decide Madrid
4.3. Orzamentos participativos en Portugal
4.5. Escenarios en transición

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A2 A9 A10 A11 B1 8 25 33
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A6 A9 A10 A11 A13 C1 5 20 25
Estudo de casos A1 A6 A8 A9 A10 A11 A18 A19 A20 B1 C3 C4 5 25 30
Discusión dirixida A2 A9 A10 A11 A13 A20 B1 B5 C4 C1 12 12 24
Traballos tutelados A9 A10 A11 A13 A20 B1 B2 B5 C1 C4 12 24 36
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Presentación comprensiva de documentos multitextuais e análise e reflexión sobre o seu contido en relación con procesos participativos e propostas, perspectivas, experiencias e proxectos estudados.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en equipos para contrastar puntos de vista sobre a información extraída dos documentos, realización de resumos analíticos e aplicación a estudos de caso e resolución de problemas.
Estudo de casos Selección de casos (experiencias, proxectos, etc) para analizar e reflexionar sobre a súa vinculación cos contidos da materia.

Presentación de casos e/ou experiencias participativas na Galicia formando parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social". Con unha finalidade dupla:
Visibilizar referentes profesionais que utilizan o galego como lingua de traballo.
Achegar praxes profesionais vencelladas á paricipación de diferentes colectivos na Galicia
Discusión dirixida Posta en común do traballo de análise e reflexión realizado polos equipos sobre os documentos multitextuais e os casos estudados formulando argumentos con diferentes perspectivas tendo en conta a diversas propostas estudadas na materia.
Traballos tutelados Traballo en equipo que implica a realización de traballo de campo en escenarios socioeducativos, aplicando a metodoloxia de estudo de caso. Esixe asistencia obrigatoria ás titorías planificadas para guíar o proceso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Supervisión nas clases interactivas e nas titorías do traballo en grupo que implica a realización dun estudo de caso. A estrutura e as condicións de realización entregaranse a comenzo de curso.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A10 A11 A13 A20 B1 B2 B5 C1 C4 Traballo en equipo: estudo de caso

Criterios de cualificación do estudo de caso:
- Informe: adecuación aos requisitos de estrutura e contido, e elaboración da información.
- Anexos: organización e análise de datos (resúmos).
- Traballo de campo (cantidade e pertinencia da recollida de datos, número de compoñentes do equipo, complexidade/diversidade dos datos).

45
Análise de fontes documentais A1 A2 A9 A10 A11 B1 Exame sen material que permite examinar ideas procedentes das fontes documentais, establecer conexións entre contidos, dar razóns e argumentar e deseñar unha acción socioeducativa a partir dun caso.

Criterios de avaliación:
- Definición de conceptos: mencionando aspectos claves.
- Explicación de conceptos: presentación razonada das características ou implicacións relacionadas cos conceptos.
- Relación fundamentada entre contidos de propostas ou proxectos diferentes ofrecendo información sobre as razóns dos vínculos.
- Acción socioeducativa coherente co caso e con as decisións metodolóxicas.
45
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A6 A9 A10 A11 A13 C1 Cartafol do grupo (10%)
Criterios de avaliación do cartafol:
- análise da información
- presentación da información
- número de traballos incluidos
10
 
Observacións avaliación

Cualificación final: Tanto o exame como o traballo de estudo de caso teñen que ser avaliados con nota mínima de 5 para poder considerse aptos.

Integridade académica:

Os contidos incluidos nos traballo deben estar
apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de
referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse
usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes
orixe das ideas que se reelaboran. A presenza de fontes no traballo é un signo de credibilidade que é requisito imprescindible para
demostrar excelencia académica.

Recoméndase consultar:

www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf

http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.htm

Política antiplaxio:

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben
declararse. O uso de texto literal ou ideas de outros autores ou autoras
parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en
aplicación do artígo 14.4 da normativa académica de avaliacións,
cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de
decembro de 2013, na que se indica que “na realización de traballos, o plaxio e
a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade".

Debe consultarse:

http://www.ugr.es/~plagio_hum/

http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico

Prazo de Admisión de propostas para o traballo tutelado:

Non serán admitidas propostas para o traballo de estudo de caso unha vez rematado o prazo de admisión fixado na documentación complementaria que será entregará na clase.

Composición dos grupos e traballo:

Nas tarefas en grupo, incluído o traballo tutelado, a avaliación de cada membro variará en función da asistencia a clase, as sesións obrigatorias de seguimento e en función da implicación no proceso. Ao longo da realización do traballo e nas diversas convocatorias de avaliación ponde darse variacións na composición dos grupos e no número de compoñentes se, a criterio da profesora, así se asegura a elaboración apropiada do mesmo. 

Asistencia:

Cunha asistencia inferior o 80% das clases presenciais non contará a nota da aprendizaxe colaborativa. 

É obrigatoria a asistencia do alumnado ao 80% das sesións. Se non alcanza dito porcentaxe e non realiza a proba de exame nin o estudo de caso a cualificación final do estudante na primeira oportunidade será NON PRESENTADO.

Se realiza o exame sen superar o requisito de asistencia, a cualificación final del alumnado será de 50% para o exame e 50% para o traballo de estudo de caso. Nestos casos o alumnado ten que falar coa profesorado sobre as condicións de realización do traballo.

Dispensa académica de exención de asistencia:

Aqueles alumnos/as con dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados a través de traballo e exame individual, igual que aqueles que non cumpran a asistencia do 80% das clases. A nota final será de 50% para o exame e 50% para o traballo de estudo de caso. Será necesario unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia. Nestos casos o alumnado ten que falar coa profesorado sobre as condicións de realización do traballo.

Linguaxe non discriminatoria:

É obrigatorio o uso dunha linguaxe correto, respectuoso e inclusivo, evitando termos discriminatorios relativos a xénero, a etnia, a procedencia social, a diversidade funcional, a orientación sexual, etc. O non cumplimento deste requisito acarreará consecuencias negativas na nota de ata un punto menos.

Transversalidade de xénero e interculturalidade:

Será valorada positivamente a consideración de cuestións inclusivas en materia de xénero e interculturalidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Villasante, T. R. (2006). Desbordes creativaos. Estilos y estrategias para la transformación social.. Madrid: La Catarata
Red Cimas (). Biblioteca de la red cimas.. http://www.redcimas.org/index.php/more-about-joomla/biblioteca.htm
Max-Neef, Manfred (). El desarrollo a escala humana. Conceptos, aplicaciones y algunas reflexiones. Barcelona: Icaria
Encina, J. y Ávila, M. A, (2014). El desempoderamiento. Viviendo la construcción de un nuevo mundo sin poder. Sevilla: Edita UNILCO-espacio nómada
Gough, I. (2007). El enfoque de las capacidades de M. Nussbaum: un análisis comparado con nuestra teoría de las necesidades humanas. Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global, nº 100, CIP-Ecosocial/Icaria
Encinas, J. y otros (SF). Ilusionismo social. Investigación participativa y culturas populares. http://ilusionismosocial.org/
ENDA América Latina - Colombia (2003). La cartografía social como recurso metodológico para el proyecto barrios del mundo. http://territorioyculturapuj.files.wordpress.com/2010/07/la-cartografia-social-como-recurso-metodolo
García, C. (2005). La cartografía social en la práctica. http://www.quartiersdumonde.org/uploads/documento/archivo/25/Documento_de_sistematizaci_n_de_la_util
VVAA (desconocido) (). la casa creativa. http://www.lacasacreativa.net/
Red Cimas (2015). Metodologías Participativas. http://www.book2look.com/book/wAaFoznPtl
ALBERICH, T. et al. (2009). Metodologías Participativas. Manual. http://www.redcimas.org//archivos/libros/manual_2010.pd
Encina, Javier y Ezeiza, Ainoa (2017). Sin poder. VolapuK
Asociación de proyectos comunitarios Popayán (2005). Territorio y cartografía social. http://www.asoproyectos.org/doc/Modulo_0_Territorio.pdf

BASAGOITI, M., P. BRU y C. LORENZANA. (2001): IAP (Investigación-acción participativa) “de bolsillo”. Madrid: ACSUR-Las Segovias.

BEAUDOUX, E. Y OTROS (1992) Guía metodológica de apoyo a proyectos y acciones para el desarrollo. IEPALA. Madrid.

BLANCO, I. y R. GOMÀ (coords.) (2002): Gobiernos Locales y Redes Participativas. Barcelona: Ariel.

BORJA, J. (2003) La ciudad conquistada. Alianza Editorial: Madrid.

BUENO ABAD, J.R. (1991) Hacia un modelo de servicios sociales de acción comunitaria. Madrid. Popular.

ESCUDERO, J. (2004) Análisis de la realidad local: técnicas y métodos de investigación desde la animación sociocultural. Madrid. Narcea

FONT, J. (coord.) (2001): Ciudadanos y decisiones públicas. Barcelona: Ariel.

LORENZANA, C. (ed.) (2002): Tomamos la palabra. Experiencias de ciudadanía participativa. Barcelona: Icaria/ACSUR-Las Segovias.

MARÍ SÁEZ, V.M. 2005 “Movimientos sociales y educación popular en tiempos de globalización”, Revista de Educación, 338, pp.177-192.

MARCHIONI, M. (1989) Planificación social y organización de la comunidad. Popular. Madrid.

MARCHIONI, M. (1999): Comunidad, participación y desarrollo. Teoría y metodología de la intervención comunitaria. Madrid: Popular.

MARCHIONI, M. (coord.) (2001): Comunidad y cambio social.Teoría y praxis de la acción comunitaria. Madrid: Popular.

VILLASANTE, R., MONTAÑÉS,M. y MARTÍ, P. (coords.) (2000): La Investigación social participativa. Construyendo ciudadanía 1. Barcelona: El Viejo Topo/Red CIMS.

VILLASANTE, R., MONTAÑÉS,M. y MARTÍ, P. (coords.) (2001): Prácticas locales de creatividad social. Construyendo ciudadanía 2. Barcelona: El Viejo Topo/Red CIMS.

SMALE, G. , TUSON, G. Y STATHAM, D (2003) Problemas sociales y trabajo social. Madrid. Morata

Bibliografía xeral

Ander Egg, E. (1988). Formulación de Proyectos de Acción Social. Buenos Aires: Húmanitas Ander Egg, E. (1990). Repensando la investigación-acción participativa. Comentarios, Críticas y sugerencias. Vitoria-Gasteiz: Servicio de Publicaciones, Gobierno Vasco.

Ander Egg, E. (1997). Cómo elaborar un proyecto. (15ª ed.). Albacete: Editorial. Instituto de Ciencias Sociales Aplicadas.

Ander Egg, E. y Aguilar, M. J. (2005). Guía para diseñar proyectos sociales y culturales. Buenos Aires: Lumen / Humanitas.

Feliz, T. (2010). Diseño de Programas de Educación Social. Madrid: McGraw Hill. Herrero

García, G. Y Ramírez Navarro, J.M. (2006). Manual práctico para elaborar Proyectos sociales. Madrid: Siglo XXI

Parcerisa, A., Ginés, N. Y Forés, A. (Coord).(2010). La Educación social: una mirada didáctica. Barcelona: Graó

Bibliografía complementaria (). .
Fdez. Casadevante, José Luis; Morán, Nerea y Prats, Fernando (2018). Ciudades en movimiento. Avances y contradicciones en las políticas municipalistas desde la óptica de las transiciones ecosociales. FUHEM
Welp, Yanina (2018). Todo lo que necesitás saber sobre las democracias del siglo XXI. Buenos Aires: Paidós


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Teoría da educación/652G03001

Materias que continúan o temario

Observacións

O traballo tutelado de estudo de caso en grupo compártese coa materia de Teoría da Educación.

Recoméndase os envíos dos trabajos telemáticamente e non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, emplear papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Facer un uso sostible dos recursos e da prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Ter en conta os principios éticos relacionados coa sostenibilidade nos comportamentos personaiss e profesionais.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

 Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías