Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Xénero, igualdade e educación Código 652G03007
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Iglesias Galdo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Galdo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.iglesias@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/doc_profesor.php?id=55
Descrición xeral Educar significa facilitarlle ó alumnado a aprendizaxe daqueles coñecementos, destrezas e competencias básicas que lles permitan tomar conciencia do funcionamento da sociedade e actuar en consecuencia desde unha posición crítica.
Unha sociedade democrática e cada vez máis multicultural esixe, tamén da educación social, agudizar a mirada para detectar os elementos culturais que puideran ser discriminatorios para algún grupo social en particular, analizar os cambios e resistencias e contribuír a transformar as institucións, programas ou servicios sociais no que podan ter de inxusto ou discriminatorio.
Enfocaremos os ámbitos da educación social, especialmente aqueles que teñen máis poder na definición das identidades: as familias, formalmente democráticas con restos patriarcais; a escola, formalmente coeducativa con reminiscencias do modelo mixto e os equipamentos, programas e servicios ligados ó tempo de ocio adolescente, ocupando un lugar destacado las redes de comunicación , no seu afán de crear ávidos consumidores.
Desafiar a desigualdade en función do xénero require dun modelo crítico abertamente antisexista, para detectar onde persisten e son especialmente activos os sexismos. No marco desta materia, apelaremos á teoría feminista, en tanto teoría crítica reflexiva que aporta chaves para coñecer as causas da desigualdade, analizar os procesos de distribución de recursos, cuestionar as xerarquías sociais, buscar solucións que contribúan a globalizar un orde social que garanta a igualdade de mulleres e homes e, por ende, unha sociedade do século XXI, más inclusiva, democrática e socialmente xusta.
Propoñemos, parafraseando á profesora Celia Amorós , identificar algúns dos fíos de cor de rosa tecidos nas redes sociais, que son, as liñas e direccións nas que puntearemos os fíos violeta da coeducación.



Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Asumir o paradigma feminista como marco imprescindible no que sustentar todo proxecto de acción socioeducativa. A8
A14
A17
A20
B4
B6
Deseñar e desenvolver proxectos, programas con perspectiva feminista nos diferentes campos de acción socioeducativa promovendo culturas colaborativas A9
A14
A15
A17
A20
B3
B4
B6
C1
C6
C7
Asegurar a coeducación social como elemento imprescindible dos modelos de educación inclusiva A1
A2
A3
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. O concepto de xénero nas ciencias sociais
1.1. Precisións terminolóxicas previas: diversidade, diferencia, igualdade, desigualdade; sexo, xénero.
1.2 Patriarcado Androcentrismo Misoxinia.
1.3 Feminismo como marco teórico, como movemento social e político.
2. Institucións socializadoras/educadoras e mandatos de xénero 2.1. Mandatos de xénero como contidos culturais
2.2. O papel dos estereotipos na configuracion das identidades
2.3. Principais sexismos inseridos en institucións/servizos e/ou programas de acción socioeducativa. Elementos de ánalise: linguaxe, estrutura, cargos, normativa, organización dos espazos, relacións, contidos, expectativas ...
2.4. Ámbitos a problematizar: Linguaxe; Ocio e tempo de lecer: medios, deporte, videoxogos, revistas; Familias; Socialización profesional; Política
3. A violencia de xénero 3.1 Agresividade, poder, violencia: precisións terminolóxicas
3.2 Mitos da violencia de xénero.
3.3. Masculinidades, feminidades e violencia
3.4. A educación na Lei integral de medidas de protección contra a violencia de xénero.
3.5. Sobre da construcción do Amor, o Poder e os Cuidados.
4. A coeducación: o compromiso colectivo de educar para a igualdade. 4.1. A coeducación como proxecto feminista.
4.2 Principais sexismos inseridos en institucións/servizos e/ou programas de acción socioeducativa. Elementos de ánalise: linguaxe, estructura, cargos, normativa, organización dos espazos, relacións, contidos, expectativas ...
4.3. Da escola mixta a coeducativa. O papel do xénero na construción do éxito e do fracaso escolar.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A14 B6 C4 C6 10 21.5 31.5
Sesión maxistral A1 A2 A3 A8 B3 C1 C4 C6 12 24 36
Proba mixta A2 A3 A14 B6 C1 C6 0 10 10
Discusión dirixida A8 A14 A20 B3 B6 6 6 12
Estudo de casos A2 A9 A15 A17 B4 3.5 6.5 10
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A8 A14 A20 B3 B6 C1 C7 6 33 39
Presentación oral B6 C1 0.5 0 0.5
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A20 B3 4 4 8
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais As fontes documentais son os referentes conceptuais que se presentarán ó redor dos diferentes núcleos temáticas que vertebran a materia. Utilizaránse documentos audiovisuais e bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos...) que son relevantes para afondar no temario con propostas de actividades específicas para o estudio dos mesmos.
Sesión maxistral Ao comezo de cada núcleo formativo farase unha exposición xeral introductoria de cada tema, mediante exposición oral, guíada co uso de recursos audiovisuais, destacando os asuntos que precisen dun maior afondamento, así como as orientacións oportunas para poderen ser ampliados. Asemade proporase unha discusión dirixida, por grupos, co fin de ollar os prexuízos, valorar os intereses do alumnado, ter en conta as súas contribucións e potenciar a súa participación na construcción significativa do coñecemento.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións prantexadas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente
Discusión dirixida Será unha das dinámicas máis utilizadas, para a que se acordará con suficiente antelación as lecturas previas de carácter obrigatorio que, recollendo diferentes argumentacións sobre dunha temática, favoreza o contraste e o debate de opinións fundamentadas e o e coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Estudo de casos Adoptando o feminismo como marco conceptual, selección dunha temática para deseñar un proxecto coeducativo nalgún dos ámbitos da educación social: centro de menores, escola, centros cívicos, asociacións de ocio, deporte e tempo de lecer, campamentos, etc.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademais de ser incluído no Portafol, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo e sometelo a debate e valoralo.
Portafolios do alumno Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introdutorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ao longo do semestre. É froito do traballo tutelado e continuo en torno aos diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos
Presentación oral Defensa dun Proxecto de coeducación, prestando especial atención ó marco teórico feminista e deseñando accións coherentes co mesmo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Esta tipo de actividade será recollida no portafol.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Portafolios do alumno
Descrición
Os grupos de traballo organizaranse a modo de seminarios onde se desenvolverán as diferentes metodoloxías que requiren a presencia e participación do alumnado, así como as lecturas previas traballadas para tal fin.

As cuestións a traballar,así como a organización concreta do seminario depedendo da temática, serán acordadas ó comezo de cada núcleo temático.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A9 A15 A17 B4 Adoptando o feminismo como marco conceptual, selección dunha temática para deseñar un proxecto coeducativo nalgún dos ámbitos da educación social: centro de menores, escola, centros cívicos, asociacións de ocio, deporte e tempo de lecer, campamentos, etc.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademáis de ser incluído no Portafol, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo, sometelo a debate e valoralo.
10
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A8 A14 A20 B3 B6 C1 C7 Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introductorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ó longo do semestre. Inclúe todo o traballo realizado : notas de clases, tarefas desenvolvidas, resumos, dificultades atopadas , comentarios etc. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. 10
Proba mixta A2 A3 A14 B6 C1 C6 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións formuladas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. 80
 
Observacións avaliación
Criterios de avaliación:
  • Comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso de diferentes fontes de información na elaboración das respostas, rigurosidade, profundidade e coherencia, orixinalidade e pertinencia
    das relacións, argumentación/fundamentación
  • Estilo lingüístico: claridade, corrección lingüística, síntese, e orde na estrutura e na
    presentación oral/escrita.
Modalidade de avaliación en función do grao de asistencia:
OPCIÓN A: Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (asistencia superior ó 80%):
a) Portafolios máis deseño e presentación oral dun Proxecto de coeducación que será exposto na aula (20%).
b) Exame sen material sobre os contidos da materia (80%).

OPCIÓN B.
Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (asistencia inferior ó 80%):
a) Exame: Proba mixta sobre os contidos da materia (100%).

Nota: En calquera das dúas opción, no exame é preciso contestar, cando menos
parcialmente, a tódalas cuestións formuladas (en caso contrario a
cualificación será de Suspenso), e obter unha avaliación favorable en
cada unha das partes da materia. No caso de non ser así, a cualificación
en Actas será a da parte suspensa en base 10.

O alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir a titorías para fixar as sesións interactivas e expositivas nas que poderá estar presente co fin de determinar os traballos sustitutorios, se fose o caso. Nesta titoría será informado do procedemento de avaliación que será o que resulte máis acaído en función da súa presencia/ausencia nas sesións interactivas.

Fontes de información
Bibliografía básica IGLESIAS GALDO, Ana (2016). “Educación universitaria y ciudadanía global: puede la igualdad de género ser optativa?”. . En Revista Educação em Questão, V. 54, n. 40, p. 12-41
BALLARÍN, Pilar (2006). “La educación ´propia del sexo´”. Madrid: Akal
SÁNCHEZ, Ana e IGLESIAS, Ana (2008). "Curriculum oculto en el aula: estereotipos en accion". Madrid: Catarata
BALLARIN, Pilar (2008). "Retos de la escuela democratica". Madrid: Catarata
ÁLVAREZ-URÍA, Fernando e VARELA, Julia (2009). "Sociología del género: algunos modelos de análisis". Madrid: Morata
AMORÓS, Celia (Dcta) (1995). 10 palabras clave sobre Mujer. Navarra:evd
GABRIEL, Narciso de (2013). A educación das mulleres no século XIX: exclusión, dependencia e autonomía. Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, nº 17
SAN SEGUNDO, Teresa (2015). A vueltas con la violencia. Una aproximación multidisciplinar a la violencia de género. Madrid: Tecnos
OSBORNE, Raquel (2009). Apuntes sobre violencia de género. Barcelona: Bellaterra
SUBIRATS, Marina e TOMÉ, Amparo (2007). Balones fuera: reconstruir los espacios desde la coeducación. Barcelona: Octaedro
MIEDZIAN, Myriam (1995). Chicos son, hombres serán. Cómo romper los lazos entre masculinidad y violencia. Madrid: Horas y horas
DePALMA, Renée (2013). Choosing to lose our gender expertise: queering sex/gender in school settings. Sex Education: Sexuality, Society and Learning, 13:1, 1-15, DOI:
Sánchez A, e Iglesias, A. (2017). Coeducación: feminismo en acción. Atlánticas. Revista Internacional de Estudios
RENAU, Dolores (ed.) (2012). Cómo aprender a amar en la escuela. Madrid: Catarata
SÁNCHEZ, Mercedes (coord) (2009). Cómo educar en la diversidad afectivo-sexual en los centros escolares. Orientaciones prácticas para la ESO. Madrid: Catarata
MORENO, Montserrat Moreno (1993). Cómo se enseña a ser niña: el sexismo en la escuela. Barcelona: Icaria
TOMÉ, Amparo e TONUCCI, F. (2013). Con ojos de niña. Barcelon: Graó
TOMÉ, Amparo e RAMBLA, Xavier (ed.) (2001). Contra el sexismo. Coeducación y democracia en la escuela. Barcelona: Síntesis
SANCHEZ BELLO, Ana (2012). Dirección escolar y techo de cristal.El tiempo en cuestión. Revista iberoamericana de educación
MENENDEZ MENENDEZ, Mª Isabel (2008). Discursos de ficcion y construccion de la identidad de genero en TV. Palma de Mallorca: Universitat de les Illes Balears
BLANCO, Nieves (Coord.) (2001). Educar en femenino y en masculino. Madrid: Tres Cantos
COBO, Rosa (ed.) (2008). Educar en la ciudadanía. Perspectivas feministas. Madrid: Catarata
IGLESIAS G., Ana e BALLARÍN D., Pilar (2013). El "mito" del éxito escolar de las niñas. Servizo de Publicacións U. Vigo, Santiago e Coruña
LORENTE, Miguel (2008). El agresor de género: acciones y reacciones del posmachismo” . Madrid: Universidad Complutense
VV.AA (2014). El amor 2.0 y las desigualdades de género entre adolescentes. Barcelon: Graó
SANTOS GUERRA, Miguel A. (Coord.) (2000). El harén pedagógico. Perspectiva de género en la organización escolar. Barcelona: Grao
MENENDEZ MENENDEZ, Mª Isabel (2006). El zapato de Cenicienta. El cuento de hadas del discurso mediatico. Oviedo: Trabe
GABRIEL, Narciso de (2008). Elisa e Marcela. Alen dos homes. Pontevedra: Nigra Trea.
BALLARÍN, Pilar (2011). Entre ocupar y habitar. Una revisión historiográfica sobre Mujres y Universidad en España. Arenal. Revista de Historia de las Mujeres. 17:2; julio-diciembre, 223-254
VALCÁRCEL, Amelia (2009). Feminismo en el mundo global. Madrid: Cátedra
LUKE, Carmen (comp.) (1999). Feminismos y pedagogías en la vida cotidiana. Madrid: Morata
CONNELL, Robert and PEARSE, Rebecca (2015). Gender in World Perspective. 3º Ed. Cambridge: Polity Press
RODRIGUEZ, Carmen (2011). Género y cultura escolar. Madrid: Morata
RODRIGUEZ, Carmen (Comp) (2006). Género y currículo. Aportaciones del género al estudio y práctica del currículo.. Madrid: Akal
IGLESIAS GALDO, Ana (2010). Guía para practicar unha educación antisexista.... Concello da Coruña
COBO, Rosa (2011). Hacia una nueva política sexual. Madrid: Catarata
COBO, Rosa (ed.) (2006). Interculturalidad, feminismo y educación. Madrid: Catarata
MARTÍN, Virginia e ETURA, Dunia (2016). La comunicación en clave de igualdad de género. Madrid: Fragua
BARBÉ, Alba, CARRO, Sara e VIDAL, Carlesw (2014). La construcción de las identidades de género. Madrid: Catarata
AMORÓS, Celia (2005). La gran diferencia y sus pequeñas consecuencias...para la lucha de las mujeres. Madrid: Cátedra
SUBIRATS, Marina (2008). La masculinidad hoy: un género obsoleto” . Madrid: Universidad Complutense
SAVIN-WILLIANS, Ritchard (2009). La nueva adolescencia homosexual. Madrid: Morata
COBO, Rosa (2017). La prostitución en el corazón del capitalismo. Madrid: Catarata
LOMAS, Carlos (comp.) (2004). Los chicos también lloran. Identidades masculinas, igualdad entre los sexos y coeducación. Barcelona: Paidós
BALLARÍN, Pilar (2015). Los códigos de género en la universidad. Revista Iberoamericana de educación, nº 68, 19-38
VARELA, Julia; PARRA, Pilar e VAL, Alejandra (2016). Memorias para hacer camino. Relatos de vida de once mujeres españolas de la generación del 68.. Madrid: Morata
VARELA, Julia (2011). Mujeres con voz propia. Carmen Baroja y Nessi, Zenobia Camprubí Aumar e María Teresa León Goyri. Madrid: Morata
MIGUEL, Ana de (2015). Neoliberalismo sexual. El mito de la libre elección. Valencia: Cátedra
SÁNCHEZ, Ana (2006) (Coord.) (2006). Políticas públicas de igualdade. Perspectiva de xénero.. Santiago: Laiovento
SUBIRATS, Marina e BRULLET, Cristina (1988). Rosa y Azul. La transmisión de los géneros en la escuela mixta. Madrid: Instituo de la Mujer
RODRÍGUEZ, Rosa (Ed.) (2015). Sin género de dudas. Logros y desafíos del feminismo hoy. Madrid: Bibioteca Nueva
AMOROS, Celia e DE MIGUEL Ana (eds.) (2005). Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización. De los debates sobre el género al multiculturalismo. Madrid: Minerva
SÁNCHEZ, Ana e IGLESIAS, Ana (Coords.) (2008). Tratamento da violencia de xénero dende as políticas de igualdade. Universidade da Coruña
BALLARÍN, Pilar (2016). ¿Una profesión feminizada?. Cuadernos de Pedagogía, 469

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías