Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Tecnoloxías da información e a comunicación social Código 652G03009
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Iglesias Amorin, Fernando
Correo electrónico
f.amorin@udc.es
Profesorado
Iglesias Amorin, Fernando
Correo electrónico
f.amorin@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia de “Tecnoloxías da información e a comunicación social” forma parte do plan de estudios do Grao en Educación Social no módulo de “Educación, Tecnoloxía e Comunicación social” . Impártese no primeiro curso, é unha materia Básica de 6 créditos, o que representa 150 horas de traballo do estudante.

Os seus descritores están asociados ao módulo “Educación, Tecnoloxía e Comunicación social”, no que se integra esta materia. Estes descritores son: fenda dixital, sociedade e educación; cibersociedade e redes educativo/sociais en Internet; comunidades virtuais-redes sociais: proxectos y propostas innovadoras; os medios de comunicación na sociedade da información; análise crítico de produtos mediáticos; audiencias e creación de significados; ferramentas e programas para a elaboración de contidos educativos colaborativos; comunicación, colaboración e cooperación de intercentros educativo/sociais na rede.

Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito da educación social, con capacidade para analizar de forma crítica o papel das TIC na sociedade e integralas nos diferentes ámbitos socioeducativos tanto para o seu desenvolvemento profesional así como un elemento favorecedor da inclusión da diversidade que caracteriza a sociedade.

Os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo e análise da sociedade da información e da aplicación dos medios na acción socioeducativa para a integración das TIC nos ámbitos de traballo dos educadores sociais.

Esta materia forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social".

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender e analizar de forma crítica o papel das TIC na sociedade, na educación e na educación social en particular, desenvolvendo un compromiso ético co papel liberador das novas tecnoloxías fronte o seu posible papel opresor. A1
A5
A7
A9
A11
A20
B1
B3
B6
C1
C3
C4
C6
C8
Coñecer o papel dos centros sociais e do educador social ante as tecnoloxías da información e a comunicación e as súas implicacións para o desenvolvemento da acción socioeducativa. A1
A5
A9
A20
B1
B3
B6
C1
C3
C4
C6
C8
Deseñar, seleccionar, avaliar, crear e construír materiais didácticos coas TIC para o traballo na acción socioeducativa tendo en conta principios educativos como a educación democrática e inclusiva e a preocupación pola xustiza social. A6
A7
A9
A11
A15
A20
B1
B3
B6
C1
C3
C4
C6
C8
Colaborar e cooperar en equipos e grupos de comunidades virtuais para o desenvolvemento de proxectos de traballo e propostas socioeducativas na Educación Social mediante o emprego das tecnoloxías da información e a comunicación. A1
A5
A6
A7
A9
A15
A20
B1
B3
B6
C3
C4
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I: Sociedade, tecnoloxía e educación: as TIC na sociedade da información. 1.1. Concepto e características das TIC.
1.2. Mitos asociados as TIC.
1.3. A sociedade da información.
1.4. As TIC na globalización económica, política e cultural.
1.5. As desigualdades sociais e a fenda dixital.
1.6. O papel liberador ou opresor das TIC.
1.7. Os retos da acción socioeducativa ante as TIC.
MÓDULO II: A tecnoloxía educativa como disciplina pedagóxica. 2.1. O desenvolvemento da tecnoloxía educativa como disciplina pedagóxica.
2.2. O enfoque da tecnoloxía educativa desde unha perspectiva multidisciplinar e crítica das ciencias sociais.
2.3. A tecnoloxía educativa en España, Europa e no mundo.
2.4. A investigación sobre as TIC no ámbito socioeducativo.
MÓDULO III: Os medios na acción socioeducativa: materiais didácticos, recursos educativos e TIC. 3.1. Socialización e aprendizaxe con medios e tecnoloxías en contextos socioeducativos.
3.2. Recursos educativos e materiais didácticos: medios impresos, medios audiovisuais e medios dixitais.
3.3. O deseño, selección, utilización e avaliación de recursos educativos e materiais didácticos.
MÓDULO IV: A integración das TIC no ámbito socieducativo. 4.1. As TIC nos procesos de deseño, desenvolvemento e avaliación da acción socioeducativa.
4.2. O educador social ante a integración das TIC.
4.3. A organización e xestión das TIC.
4.4. Boas prácticas para integración das TIC.
4.5. Modelos e niveis de integración das TIC no ámbito socioeducativo.
MÓDULO V: Internet e acción socioeducativa. 5.1. A acción socioeducativa con tecnoloxías dixitais.
5.2. A selección, avaliación e utilización dos distintos recursos, aplicacións e servicios de internet na acción socioeducativa.
5.3. A web 2.0, análise das súas posibilidades socioeducativas e creación de recursos na rede.
5.4. O elearning e os entornos virtuais.
5.5. Os entornos de traballo colaborativo.
5.6. As redes sociais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A5 A6 A7 A20 B3 C1 C6 C8 16 26 42
Discusión dirixida A5 A20 B1 B3 B6 C1 C3 C4 3 6 9
Traballos tutelados A7 A9 A11 A15 B3 B6 C1 C3 20 60 80
Proba mixta A1 A5 A7 C8 1 16 17
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.

Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social".
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaranse diversas temáticas orientadas a que o alumnado reflexione sobre a importancia das TIC na sociedade, na educación e na educación social en particular, atendendo aos múltiples factores que inciden na súa integración para desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.

Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social".
Traballos tutelados En torno aos diferentes temas proporase a realización de pequenos traballos de grupo baseados en prácticas a través de TIC. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.

Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Basearanse no traballo con distintos recursos na rede, con distintos programas de software gratuíto e ferramentas de autor e coa pizarra dixital. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.

Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social".
Proba mixta A proba mixta constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados en torno ás diferentes dinámicas de traballo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado por cada grupo. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

----------------------------------------------------------------------

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012). Este alumnado desenvolverá a súa actividade coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen nos apartados de “Metodoloxías” e “Atención personalizada” descrita para os “Traballos tutelados”, a través dos grupos de traballo que se conformen na materia. A actividade farase atendendo ás observacións da avaliación sobre a flexibilidade de asistencia-participación e os requisitos para superar a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A5 A7 C8 A proba mixta corresponde ao exame final sobre avaliación dos contidos teóricos da materia. Consistirá en dar resposta a varias cuestións de carácter comprensivo que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos teóricos abordados ao longo da materia. 30
Traballos tutelados A7 A9 A11 A15 B3 B6 C1 C3 En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
70
 
Observacións avaliación

1. SITUACIÓNS:

A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
   a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%).
   b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).

B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
    a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%).
    b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).


2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

  1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.

  2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba mixta).

  3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique, que será previa á do exame oficial. Para presentarse ao exame é obrigatorio ter presentados e aprobados os traballos.

  4. A convocatoria de xullo e extraordinaria estarán sometidas aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño.


Fontes de información
Bibliografía básica

Almirón, Nuria (2008): Web 2.0 ¿a reedición da burbulla tecnolóxica? Revista Red Digital.

Area Moreira, Manuel (2009): Introducción a la Tecnología educativa. Universidad de La Laguna. Creative Commons. Libro electrónico. http://webpages.ull.es/users/manarea/ebookte.pdf

Area Moreira, Manuel; Gros Salvat, Begoña y Marzal García-Quismondo, Miguel Angel (2008): Alfabetizaciones y tecnologías de la información y la comunicación. Madrid. Síntesis.

Area Moreira, Manuel (2005): La educación en el laberinto tecnológico. Barcelona. Octaedro.

Area Moreira, Manuel (2004): Los medios y las tecnologías en la educación. Madrid. Pirámide.

Ballestero, F. (2002): La brecha digital. El riesgo de exclusión en la sociedad de la información. Madrid. Biblioteca de la Fundación AUNA.

Cabero Almenara, Julio (coord.) (2007): Tecnología educativa. Madrid. McGrawHill.

Cabero Almenara, Julio (coord.) (2006): Nuevas tecnologías aplicadas a la educación. Madrid. McGrawHill.

Cebrián de la Serna, Manuel (coord.) (2005): Tenologías de la información y la comunicación para la fomación de docentes. Madrid. Pirámide.

Cebrián, J. L. (1998): La Red. Cómo cambiarán nuestras vidas los nuevos medios de comunicación. Madrid. Taurus.

Cid Fernández. J.M. y Rodríguez Rodríguez, X. (2007): A fenda dixital e as súas implicacions educativas. Nova Escola Galega.

Fernández Estéban, M.L. (1998): Nuevas Tecnologías, Internet y derechos fundamentales. McGraw Hill / Interamericana de España.

Gewerc, A. (2007): Sobre brechas digitales y puentes. Apuntes para analizar las políticas de inclusión. Nova Escola Galega.

Gutiérrez, A. (2003): Alfabetización digital: algo más que ratones y teclas. Barcelona. Gedisa

Monereo, C. y otros (2005): Internet y competencias básicas. Barcelona. Grao.Ortega carrilo, J. A. y García Martínez, F. A. (2007): Ética en los medios de comunicación e Internet. Pirámide.

Ortega Carrillo, José Antonio y Chacón Medina, Antonio (coords.): Nuevas tecnologías para la educación en la era digital. Madrid. Pirámide.

Ovelar, María (2007): Aristocracia bloguera. Revista R.

Salinas, Jesús, Aguaded, José Ignacio y Cabero, Julio. (coords.): Tecnologías para la educación: Diseño, producción y evaluación de madios para la formación docente. Madrid. Alianza editorial.

Wolton, Dominique (2000): Internet ¿Y después? Una teoría crítica de los nuevos medios de comunicación. Gedisa. Barcelona.

Bibliografía complementaria

Aguilera, José María (1999): Aprendiendo en la era de la información. Madrid. Anaya.

Alonso Erausquin, Manuel y Matilla, Luis (1990): Imágenes en acción. Análisis y práctica de la expresión audiovisual en la escuela activa. Madrid. Akal.

Alonso Erausquin, Manuel; Matilla, Luis y Vázquez Freire, Miguel (1995): Teleniños públicos, Teleniños privados. Madrid. Ediciones de la Torre.

Aparici, Roberto (coord.) (1996): La revolución de los medios audiovisuales. Educación y Nuevas Tecnologías. Madrid. Ediciones de la Torre.

Aparici, Roberto y García Matilla, Agustín (1998): Lectura de imágenes. Madrid. Ediciones de la Torre. 3º edición.

Aparici, Roberto; García Matilla, Agustín y Valdivia, Manuel (1992): La imagen. UNED.

Aparici, Roberto (coord.) 2000: Nuevas tecnologías, comunicación y educación. Cd-rom. UNED

Area Moreira, Manuel (1999): Futuro imperfecto: novas tecnologías e igualdade de oportunidades. Revista Galega de Educación, nº32, pp.13-19.

Area Moreira (2001): Educación en la sociedad de la información. Bilbao. Desclee de Brouwer.

Baleirón, Charo et al. (1998): O laberinto virtual. Sobre as novas tecnoloxías na educación. Vigo. Xerais.

Bartolomé, Antonio (2002): Nuevas tecnologías en el aula. Guía de supervivencia. Barcelona. Graó. 3º edición.

Bautista García-Vera, Antonio (1994): Las nuevas tecnologías en la capacitación docente. Madrid. Visor.

Bonete Perales, Enquique (1999): Ética de la comunicación audiovisual. Madrid. Tecnos.

Cabero Almenara, Julio (ed.) (1999): Tecnología educativa. Madrid. Síntesis Educación.

Cabero Almenara, Julio (ed.) (2001): Nuevas tecnologías aplicadas a la educación. Madrid. Síntesis Educación.

Castells, Manuel (1998): La era de la información. Economía, sociedad y cultura. Fin de Milenio. Madrid Alianza.

Castells, Manuel (2000): La era de la información. Economía, sociedad y cultura. La sociedad Red. Madrid Alianza.

Cebrián, Juan Luis (1998): La Red. Cómo cambiarán nuestras vidas los nuevos medios de comunicación. Madrid. Taurus.

Cebrián de la Serna, Manuel et.al.(coord.) (1998): Recursos tecnológicos para los procesos de enseñanza y aprendizaje. Universidad de Málaga ICE.

Cebrián de la Serna, Manuel, Ríos Ariza, José Manuel (coords.) (2000): Nuevas tecnologías aplicadas a las Didácticas Especiales. Madrid. Pirámide.

Cebrián de la Serna, Manuel (2000): Internet en el aula. Proyectando el futuro. Málaga. Universidad de Málaga.

Cebrián de la Serna, Manuel (coord.) (2001): Actividades con el ordenador en el aula. Málaga. Universidad de Málaga.

Corderch, Jorge y Guitert, Montse (2001): ¿Cómo aprender y enseñar con Internet? Cuadernos de Pedagogía, nº301, pp.56-63.

Corominas, Agustín (1995): La comunicación audiovisual y su integración en en el currículum. Barcelona. Graó.

Crook, Charles (1998): Ordenadores y aprendizaje cooperativo. Madrid. Morata.

Chomsky, Noam y Ramonet, Ignacio (1995): Como nos venden la moto. Barcelona. Icaria.

Dery, Mark (1998): Velocidad de escape. La cibercultura en el final de siglo. Madrid. Siruela

Echebarría, Javier (2000): Los señores del aire: Telépolis y el Tercer entorno. Madrid. Destino.

Estefanía, Joaquín (1998): Contra el pensamiento único. Madrid. Taurus.

Fernández Esteban, María Luisa (1998): Nuevas tecnologías, Internet y Derechos fundamentales. Madrid. McGrawhill.

Ferrés, Joan y Marqués, Peré (coords.) (1997): Comunicación educativa y nuevas tecnologías. Barcelona. Praxis.

Ferrés, Joan (2000): Educar en una cultura del espectáculo. Barcelona. Paidós.

Galeano, Eduardo (1998): Patas arriba. La escuela del mundo al revés. Madrid. Siglo XXI.

Gilster, P. (1995): El navegante de Internet. Madrid. Anaya.

González Quirós, José (1998): El porvenir de la razón en la era digital. Madrid. Síntesis.

Gros, Begoña (coord.) (1997): Diseños y programas educativos. Pautas pedagógicas para la elaboración de software. Barcelona. Ariel.

Guitart, Joseph (2001): Los multimedia e Internet, al servicio de la educación. Cuadernos de Pedagogía, nº301, pp.64-79.

Guitart, Joseph (2001): 100 webs del ámbito educativo. Cuadernos de Pedagogía, nº301, pp.70-80.

Gutiérrez Martín, Alfonso (1997): Educación Multimedia y Nuevas Tecnologías. Madrid. Ediciones La Torre.

Gutiérrez Martín, Alfonso (coord.) (1998): Formación del profesorado en la sociedad de la información. Segovia. Publicaciones de la Universidad de Valladolid.

Heap, Nick et.al. (1999): Information, Technology and Society. London. Sage. Open University.

Held, David (ed.) (2000): A globalizing world? Culture, economics, politics. London. Routledge. Open University.

Joyanes, Luis (1997): Cibersociedad. Los retos sociales ante un nuevo mundo digital. Madrid. McGraw-Hill.

Kaplún, Mario (1998): Una pedagogía de la comunicación. Madrid. Ediciones de la Torre.

Klein, Naomi (2001): No logo. El poder de las marcas. Barcelona. Paidós.

Least, M. (ed.) (2000): Issues in teaching using ICT. London. Routledge.

Litwin, Edith (comp.) (1995): Tecnología educativa. Política, historias, propuestas. Buenos Aires. Paidós.

Marí Sáez, Víctor Manuel (2002): Globalización, nuevas tecnologías y comunicación. Madrid. Ediciones de la Torre.

Martínez, Francisco y Prendes, Mª Paz, ccords. (2004): Nuevas Tecnologías y educación. Madrid. Pearson.

Mattelart, Armand (1998): La mundialización de la comunicación. Barcelona. Paidós.

McDougall, Anne (1998): Cómo elegir y utilizar software educativo. Madrid. Morata. Paideia.

Millán, José Antonio (1998): De redes y saberes. Cultura y educación con las nuevas tecnologías. Madrid. Aula XXI Santillana.

Mirabito, Michael (1997): Las nuevas tecnologías de la comunicación. Madrid. Gedisa.

Negroponte, Nicholas (1995): El mundo digital. Madrid. Debate.

Obach, Xavier (1997): El tratamiento de la información y otras fábulas. Madrid. Anaya.

Odina, Mercedes (2000): La aldea irreal. Madrid. Aguilar.

Pardo Pérez, Juan Carlos (1999): Transicións sociais, sociedade da información e educación escolar. Revista Galega de Educación, 32, pp.21-50.

Pérez Tornero, José Manuel (2002): Comunicación y educación en la sociedad de la información. Madrid. De la Torre.

Poole, Bernard (1999): Tecnología educativa. Educar para la sociocultura de la comunicación y el conocimiento. Madrid. McGrawHill.

Postman, Neil (1994): Tecnópolis. La rendición de la cultura a la tecnología. Barcelona. Galaxia Gutemberg.

Quin, Robyn y McMahon, Barrie (1997): Historias y estereotipos. Madrid. Ediciones de la Torre.

Ramonet, Ignacio (1998a): La tiranía de la comunicación. Madrid. Debate.

Ramonet, Ignacio (1998b): Internet, el mundo que llega. Los nuevos caminos de la comunicación. Madrid. Alianza.

Ramonet, Ignacio (2000): La golosina visual. Madrid. Debate.

Reparaz, Charo; Sobrino, Ángel y Mir, José Ignacio (2000): Integración curricular de las nuevas tecnologías. Barcelona. Ariel.

RETEVISION (2004): e-españa 2004, Informe anual sobre el desarrollo de la Sociedad de la Información en España. Fundación Tetevisión Auna.

Ríos Arza, José Manuel y Cebrián de la Serna, Manuel (2000): Nuevas tecnologías de la información y comunicación aplicadas a la educación. Málaga. Aljibe.

Roma, Pepa (2001): Jaque a la globalización. Cómo crean su red los movimientos sociales alternativos. Barcelona. Grijalbo Mondadori.

Salinas, Jesús et.al (2004): Tecnologías para la educación. Diseño, producción y evaluación de medios para la formación docente. Madrid. Alianza.

Sancho Gil, Juana Mª (1994): Hacia una tecnología crítica. Cuadernos de Pedagogía, nº 230, pp.8-12)

Sancho Juana María (coord.) (1995): Para una tecnología educativa. Barcelona. Horsori.

Sancho, Juana María y Millán L.M. (comp.) (1995): Hoy ya es mañana. Tecnologías y educación: un diálogo necesario. Morón (Sevilla). Publicaciones MCEP.

San Martín, Ángel (1995): La escuela de las tecnologías. Universidad de Valencia.

Squires, David y McDougall, Anne (1997): Cómo elegir y utilizar software educativo. Madrid. Morata.

Steinberg, Shirley R. y Kincheloe, Joe. (comps.) (2000): Cultura infantil y multinacionales. Madrid. Morata.

Tiffin, John y Rajasingham, L. (1997): En busca de la clase virtual. La educación en la sociedad de la información. Barcelona. Paidós.

Toledo, P. (2001): Accesibilidad, informática y discapacidad. Sevilla. Mergablum.

Torres Santomé, Jurjo (2001): Educación en tiempos de neoliberalismo. Madrid. Morata.

V.V.A.A (1999): Sur y comunicación. Una nueva cultura de la información. Barcelona. Icaria. Antrazyt/ Medicos Mundi.

VVAA (2000): ATTAC. Contra la dictadura de los mercados. Barcelona Icaria.

VVAA (2001): Porto Alegre. Otro mundo es posible. Madrid. El viejo topo.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
  1. Asistir ás sesións presenciais.
  2. Realizar o traballo de forma continua ao longo de todo o curso.
  3. Levar a cabo un adecuado traballo en equipo e cooperativo.
  4. Asistir a titorías sempre que se teñan dúbidas.
  5. Traballar de forma individual e en grupo con todos os documentos, artigos, presentacións e demais recursos de cada bloque.
  6. Preparar de forma adecuada as presentacións orais.
  7. Realizar algún curso de manexo de ferramentas informáticas que ofrece a AFI se for preciso.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías