Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Métodos de investigación Código 652G03019
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Web http://https://www.udc.es/es/centros_departamentos_servizos/departamentos/departamento/?codigo=D162
Descrición xeral A realidade socio-educativa do/a educador/a social é complexa, diversa e difícil de analizar, describir e interpretar, por iso é necesario, que ao longo da súa formación académica, adquira unha serie de competencias que lle permitan desenvolver a súa posterior actividade profesional. Por tal circunstancia, a aprendizaxe e aplicación de dirversas metodoloxías de investigación, que se planifican nesta materia, permitirá nun futuro ao educador/a social selecionar a máis adecuada para solucionar os problemas que se encontrará no seu próximo ámbito laboral. Sen esquecer que o/a educador/a social dentro do seu ámbito laboral terá que investigar para poder achegar posibles solucións que melloren o contexto no que se desenvolva a súa actividade laboral.
A diversidade de concepcións epistemolóxicas aplicables ás distintas situacións sociais será fonte de información para o/a investigador/a social, permitíndolle determinar cal é a máis adecuada para solucionar o problema ao que se enfronta. Non se pretende establecer unha prelación ou unha orde de importancia entre os variados modos de investigación, senón que é o problema de investigación o que determinará a elección dunha metodoloxía ou outra, facendo dela a máis válida para este tipo de problema.
O desenvolvemento da investigación pretende, ademais de solucionar problemas existentes no contexto social, ser fonte de información e formación para os profesionais encargados de desenvolver a súa actividade neste campo de traballo, permitíndolles intervir con máis garantías de calidade e, sobre todo, ser capaces de anticiparse aos problemas e as necesidades do ámbito.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer á terminoloxía; as diversas fases do plantexamento da investigación e as diversas metodoloxías tanto do ámbito cuantitativo como cualitativo da intervención socioeducativa A5
A6
A7
A8
A11
A13
A14
A21
B4
C2
Analizar a información recollida nos procesos da intervención socioeducativa, empregando as técnicas de análise adecuadas B1
B2
B5
B6
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse dende diversas perspectivas e unha de elas a perspectiva de xénero C1
C3
C4
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I.- FUNDAMENTOS DA INVESTIGACIÓN EN EDUCACIÓN TEMA 1. - A INVESTIGACIÓN EDUCATIVA.
1.1. Definición e características da investigación científica.
1.2 Definición e características da investigación educativa.
1.3. Tipos de Investigación.
TEMA 2. - OS PARADIGMAS DE INVESTIGACIÓN.
2.1. Cuestións básicas.
2.2. Características dos paradigmas.
2.3. Posicións ante a diversidade paradigmática.
BLOQUE II.- A INVESTIGACIÓN NO ÁMBITO EDUCATIVO E SOCIAL TEMA 3. - O PROCESO XERAL DE INVESTIGACIÓN.
3.1. Formulación do problema.
3.2. Revisión da literatura.
3.3. Hipótese e variables.
3.4. Deseños de investigación.
3.5. Poboación e mostra.
3.6. Técnicas de recollida de datos.
3.7. Informe da investigación.
3.8. Diferenzas do proceso de investigación dende a perspectiva cuantitativa e/ou cualitativa.
BLOQUE III.- METODOLOXÍA CUANTITATIVA E CUALITATIVA NA INVESTIGACIÓN EDUCATIVA TEMA 4. - A INVESTIGACIÓN DENDE UNHA PERSPECTIVA CUANTITATIVA.
4.1. Introdución.
4.2. Investigación experimental
4.3. Investigación non experimental.
TEMA 5. - INVESTIGACIÓN DENDE UNHA PERSPECTIVA CUALITATIVA.
5.1. Investigación acción, investigación colaborativa e investigación participativa.
5.2. Investigación evaluativa
5.3. Otros métodos cualitativos: biográfico, etnográfico, fenomenología, etnometodología y estudio de casos.
TEMA 6.- A ESTADÍSTICA COMO INSTRUMENTO DE INVESTIGACIÓN.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A7 A8 A11 A13 A14 A21 B4 C1 C6 C8 0 48 48
Análise de fontes documentais C4 0 12 12
Discusión dirixida A5 B1 C1 4 4 8
Obradoiro B2 C1 C2 14 14 28
Proba mixta A5 A6 A11 A13 B1 B2 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 4 4 8
Sesión maxistral A6 B5 C4 C6 C8 20 20 40
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como a discusión dirixida, obradoiro, análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación.
Para a súa realización configúranse grupos pequenos (non máis de 5 persoas) e lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia. Así o profesor/a presentará en ditas clases as prácticas que realizará co alumnado (prácticas que están en moodle). Estas serán recollidas polo/a profesor/a ao finalizar a clase, para xustificar a presencialidade do alumnado, e serán devoltas ao alumnado nas seguintes clase interactiva.
Como o que se realiza nas clases interactivas son as prácticas dos contidos das clases expositivas se lles pedirá ao alumnado que, dunha clase interactiva a outra, teñan revisadas as practica anteriores para poder, durante unha parte da clase interactiva, contestar preguntas que o/a profesora elabore. Ditas preguntas só ten o significado de afianzar aprendizaxes e solucionar posibles dúbidas.
Toda esta metodoloxía está incluida no Programa Piloto para a docencia en galego no Grao de Educación Social
Análise de fontes documentais Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Discusión dirixida Metodoloxía dinámica de grupos na que os membros de cada grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre conceptos presentados na clase expositiva. O momento no que se leva a cabo será nas clases interactivas da materia. A devandita discusión estará moderada polo/a profesor/a. Concretamente, o tema 2 e o tema 5 dos contidos da materia serán traballados desta maneira. Aínda que se traballen ditos temas nas clases interactivas están considerados conceptos das clases expositivas, polo tanto, a súa avaliación será na parte do examen denominada teoría pura.
Toda esta metodoloxía está incluida no Programa Piloto para a docencia en galego no Grao de Educación Social
Obradoiro Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 6). Coa mesma inténtase que o alumnado/a combine outras metodoloxías como por exemplo, exposicións orais, solucións de problemas, prácticas guiadas, etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto só se levará a cabo cando se explique o tema 6 (será aproximadamente a primeiros de abril). O profesor/a presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositiva explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas o profesor/a presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice e, ademais, o alumno/a deberá expoñer oralmente esas prácticas guiadas. PARA TODO ESTO O ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
Toda esta metodoloxía está incluida no Programa Piloto para a docencia en galego no Grao de Educación Social
Proba mixta Proba utilizada para a avaliación de aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de tres partes: teoría pura (será o que o profesor/a presenta nas clases expositivas); teoría textos (será o que o profesor/a traballa co alumnado nas clases interactivas) e, a última parte, a parte estadística (será unicamente o que o/a profesor/a expón e traballe co alumnado no tema 6 do apartado contido desta materia). As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN AS CORRECTAS. A materia supérase cando se supera todas as partes e nunca se gardará algunha das partes para outras convocatorias.
Sesión maxistral Clase impartida polo/a profesor/a, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados na guía docente . Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra como vía de transmisión da información a todo o grupo. Pero o profesor/a facilitará ao alumnado material en power point (a través de moodle) para facilitarlle o seguimento da exposición. Neste material en power point o alumnado/a terá referencias bibliográficas para consultar ou, tamén, para completar ou seguir a exposición do profesor/a

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Sesión maxistral
Obradoiro
Aprendizaxe colaborativa
Análise de fontes documentais
Proba mixta
Descrición
Na atención personalizada o/a profesor/a resolverá as dúbidas que teña o/a alumno/a sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademais calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, nas lecturas, no obradorio, na aprendizaxe colaboradora, a análise de fontes documentais como na discusión dirixida. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do alumno/a, supervisando e orientando máis directamente o proceso para seguir en cada unha das actividades realizadas.

Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado (P1A18) no horario de titorias. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho do profesor, na páxina web do departamento como da Facultade de Ciencias da Educación.

A ATENCIÓN PERSONALIZADA REALIZARASE CARA A CARA ENTRE O/A ALUMNO/A E PROFESOR/A POLO QUE A ATENCIÓN VIRTUAL NON FORMA PARTE NIN SE REALIZARÁ NESTA MATERIA. O CORREO ELECTRÓNICO DO PROFESOR/A NON SE DEBE UTILIZAR COMO: ELEMENTO PARA SOLICITAR CITA NIN PARA REALIZAR CONSULTAS.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A5 B1 C1 Para realizar esta tarefa débese ter en conta o seguinte:
a-formaranse grupos pequenos non máis de 5 persoas. Os temas do contido da materia que se traballa con esta metodoloxía son o tema 2 e o tema 5 dos contidos da materia;
b-se traballará con materiais que presentará o/a profesor/a a través de moodle. Este material estará presente polo menos co 15 días de antelación a clase interactiva na que se traballa dita metodoloxía (tamén con 15 dias de antelación o profesor/a indicará en moodle a data en que se levará a cabo dita metodoloxía para que o alumnado a planifique). Ese material será power point e documentos;
c-o material sempre será complemento de conceptos presentados nas clases expositivas;
d-cada grupo elixirá un/unha voceiro/a. A función da devandita figura é de presentar e defender as ideas do grupo. O/a profesor/a vixiará que cada vez que se realice a devandita metodoloxía non sexa sempre o mesmo voceiro/a;
e-a figura de moderador/a a realizara o/a profesor/a,
Concretamente, realizaranse dúas discusións dirixidas nas clases interactivas. Senón se ten algunha discusión realizada, automaticamente, o alumnado non poderá asistir á discusión dirixida que lle falte e non pode realizar as probas eliminatorias (sempre que se leven a cabo). A avaliación desta actividade realizarase na parte do exame denominada teoría pura.
Esta entrega sempre é ao final da clases na que se realice esta metodoloxía, nunca se entregará esta actividade: no casilleiro do/a profesor/a, nin por correo electrónico, nin no despacho do/a profesor/a fóra do horario de clase.
OS PUNTOS DA AVALIACIÓN DESTA METODOLOXÍA SÓ SERVIRÁN PARA QUE O ALUMNADO PODA PRESENTARSE (SEMPRE QUE SE TEÑA OS 8 PUNTOS) A PROBA ELIMINATORIA DA MATERIA (HABERÁ DÚAS PROBAS UNHA DAS CLASES INTERACTIVAS ATA O TEMA 6 (sempre que se realicen) e OUTRA PROBA ELIMINATORIA SÓ DO TEMA 6.
O alumnado con dispensa académica pode realizar esta metodología por moodle e complementará unha enquisa sobre o mesmo nun período de tempo marcado polo profesor/a. Se nese período de tempo non ten a esquisa realizada terá as mesmas normas que o alumnado que asiste a clase e non pode asistir.
8
Obradoiro B2 C1 C2 Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 6). Coa mesma inténtase que o alumnado/a combine outras metodoloxías como por exemplo, exposicións orais, solucións de problemas, prácticas guiadas, etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 6 (será aproximadamente a primeiros de abril). O profesor/a presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas o profesor/a presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice e, ademais, o alumno/a deberá expoñer oralmente esas prácticas guiadas. PARA TODO ESTO O ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
O alumnado cada vez que realice unha práctica das clases interactivas o/a profesor/a a recollerá (o alumnado con dispensa académica pode realizar as prácticas por Moodle e reenvíalas ao profesor/a nun período marcado polo mesmo). O alumnado que asiste a clase como o de dispensa académica para poder presentarse a proba eliminatoria desta parte debe ter todas as prácticas desta parte.

O profesor/a antes da proba eliminatoria, que sempre coincide co último día de clase do mes de maio, realizará un simulacro de dita proba, no horario de clase da materia. As preguntas de este simulacro estarán a disposición do alumnado matriculado nesta materia en moodle. A asistencia a este simulacro no é obrigatoria e o alumnado pode entrar e saír durante o mesmo.
15
Aprendizaxe colaborativa A7 A8 A11 A13 A14 A21 B4 C1 C6 C8 En esta metodología se quiere observar el aprendizaje del alumnado y poder identificar dudas para poder solucionarlas. Para eso, esta metodología únicamente se realizara en las clases interactivas. El profesor/a presentará al alumnado diversas practicas de algunos de los contenidos presentados en las clases expositivas (dichas practicas están en moodle), las recogerá al finalizar la clase y las devolverá al alumnado en la clase interactiva siguiente (las practicas serán revisadas por el/la profesor/a con las anotaciones pertinentes y el alumnado si no entiende alguna de esas anotaciones debe pasar por la tutoría)
Para evaluar esta metodología debe cumplirse los siguientes requisitos: la capacidad de trabajo individual, capacidad de trabajo en equipo, conocimientos generales básicos, capacidad de síntesis y análisis, capacidad de aplicar los conocimientos de las sesiones magistrales a la práctica, capacidad para generar nuevas ideas (innovación y creatividad), capacidad crítica y autocrítica, toma de decisiones, comunicación oral y escritura y habilidades de investigación. La evaluación de dichos requisitos será por tres vías: una y cuando el profesor/a a la cada practica, realizada en la clase interactiva correspondiente, le asigna un punto (además de los puntos que le corresponde cuándo en una clase interactiva además de este aprendizaje aplicara la metodología de análisis de fuente documentales por ejemplo); otra vía y la posibilidad de presentarse a una prueba eliminatoria de materia (esta prueba queda condicionada a que el profesor/a explique todos los conceptos prácticos de todos los contenidos de la materia, en las clases expositivas, a excepción del tema 6 que quedarían evaluados en la metodología taller. Además, a esta prueba sólo se puede presentar el alumnado que ha conseguido un total de 30 puntos de las clases interactivas (menos las del tema 6) y tenga los puntos de la metodología de análisis de fuentes y de la metodología de discusión dirigida) y la última vía y la prueba denominada teoría textos. Las preguntas de esta prueba son trabajados en las clases interactivas por el profesor/a y el alumnado y, además, están en la aplicación moodle (incluso son las mismas preguntas de una de las partes del examen de las diferentes convocatorias).
ASÍ, Los 20 PUNTOS DE La EVALUACIÓN DE ESTA METODOLOGÍA Alcanzase CUANDO El ALUMNO SUPERE LA PRUEBA ELIMINATORIA DE MATERIA (SIEMPRE QUE SE REALICE) O BIEN EN El EXAMEN DE La CONVOCATORIA CORRESPONDIENTE. SIEMPRE QUE SEA ALUMNADO PRESENCIAL (O ALUMNADO QUE ASISTE La CLASE) O ALUMNADO CON DISPENSA ACADÉMICA
20
Análise de fontes documentais C4 Dentro da investigación educativa, o estudante ten que coñecer e familiarizarse coas bases de datos nas que lles permita a busca de información. Inclusive a normativa APA. Para iso, o profesor/a o primeiro día de clase sinalará aos alumnos os días concretos nos que se realizará dita actividade. Para iso, o alumnado deberá traer ordenador para poder seguir as explicacións do/a profesor/a. Como todas as prácticas das clases interactivas estará en moodle.
Durante a sesión propoñerase unha serie de actividades que serán entregadas á profesora ou profesor ao finalizar cada sesión con cada grupo interactivo.
OS 3 PUNTOS DESTA METODOLOXÍA SÓ OS ALCANZARÁ O ALUMNADO QUE ASISTA A CLASE OU ALUMNADO QUE TEÑA A DISPENSA ACADÉMICA (QUE REALICEN DITA METODOLOXÍA na clase interactiva pertinente) SEMPRE que aproben OU BEN A PROBA ELIMINATORIA (sempre que se realice) DA MATERIA OU BEN O EXAMEN DA CONVOCATORIA CORRESPONDENTE.
3
Proba mixta A5 A6 A11 A13 B1 B2 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 O exame da convocatorias de xuño ou xullo é o que fai referencia a avaliación desta metodoloxía e consta de dúas partes:
1-Parte teórica dividida á súa vez en dúas partes:
a) unha primeira, denominada "Teoría pura", constará dun número de ítem de resposta aberta; ou de resposta breve ou de verdadeiro e falso pero xustificando (o tipo de preguntas o determinará o profesor/a). Unha pregunta cunha resposta incorrecta resta unha pregunta cunha resposta correcta. Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 10 sobre 18 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí.
b) a segunda parte, denominada "Teoría práctica", constará dun resumo dun artigo de investigación cualitativo ou cuantitativo no que o estudante debe responder a unha serie de preguntas de resposta múltiple. Esta proba constará dun baremo que será presentado ao alumnado ao mesmo tempo que realiza o exame. As preguntas deste exame son as mesmas que se traballan nas clases interactivas e aparecen en moodle. Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 10 sobre 18 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí.
IMPORTANTE ESTA PARTE TEÓRICA (coas dúas probas) CONSIDÉRASE SUPERADA CANDO SE SUPERAN AS DÚAS PARTES, É DICIR, EN CADA UNHA DELAS SE ALCANZA UN 10 SOBRE 18. SE SE SUSPENDE UNHA DESTAS PARTES SUSPÉNDESE A PARTE TEÓRICA (non se garda nota de ningunha parte, en ningunha convocatoria, se se suspende).
2-Parte estatística. Esta parte consta de varios problemas estatísticos ou preguntas de respostas breves ou preguntas de verdadeiro e falso (o profesor/a será o que decida o tipo de preguntas. Pero sempre tendo en conta as preguntas que aparecen en moodle baixo o título de “simulacro de proba estadística”). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 10 sobre 18 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí.
NOTA ACLARATORIA.
Se se suspende algunha das partes (non se alcanza a puntuación mínima para aprobar) o alumnado debe ir a seguinte convocatoria con todo. NON SE GARDAN PARTES DE NINGÚN EXAME DUNHA CONVOCATORIA PARA OUTRA OU OUTRAS CONVOCATORIAS.
A DATA DOS EXAMES DAS CONVOCARTORIAS ESTÁN MARCADOS POR XUNTA DE FACULTADE POLO TANTO NON SE MOVEN.
BAREMO QUE SE SIGUE EN AMBAS PARTES, A TER EN CONTA:
a)10 PUNTOS A 12 PUNTOS EQUIVALE A UN APROBADO (5-6). Concretamente, 10 e 11 puntos equivale a un cinco; 12 puntos equivale a un seis.
b)13 PUNTOS A 15 PUNTOS EQUIVALE A UN NOTABLE (7-8). Concretamente, 13 e 14 puntos equivale a un sete; 15 puntos equivale a un oito.
c)16 PUNTOS A 18 PUNTOS EQUIVALE A UN SOBRESAÍNTE (9-10). Concretamente, 16 e 17 puntos equivale a un nove; 18 puntos equivale a un 10
54
 
Observacións avaliación

Na avaliación da
materia (exposta no apartado da guía docente, denominado "Paso 7:
Avaliación") terase en conta antes de nada o seguinte:



a)ESTUDIANTES QUE ASISTAN SEMPRE A CLASE (ou
alumnado con dispensa académica)
considéranse que asisten un 80%, isto equivale a non ter máis de 3 faltas
sen xustificar. Xustifícase as faltas médicas (con xustificante correctamente
cuberto por un/unha médico/a colexiado) e as faltas por un traballo (con xustificante
correctamente cuberto no traballo onde se xustifique que en horas de clase se
está a traballar). Nunca se poderá realizar as actividades fóra de aula (a
excepción do alumnado con dispensa académica). Para isto o/a profesor/a en clases
solicitará aos alumnos que asine unha folla tanto á entrada de clases como á saída
ou que indique os seguintes datos: nome, apelidos, DNI e firma nas prácticas
das clases interactivas.



A avaliación
destes alumnos/as ten en conta o seguinte: 1-A
"participación en clase",
na medida que a intervención activa
en clase permita ao profesor/a facerse unha mellor idea dos coñecementos, as
dúbidas e inquietudes dos/as alumnos/as. A información adquirida, por parte do/a profesor/a, con este procedemento intégrase coa obtida polo resto de
procedementos utilizados, e con iso preténdese conseguir unha valoración máis
individualizada e completa; 2-a través
das seguintes metodoloxías: "discusión dirixida" (8 sobre 100 puntos),
"obradoiro" (15 sobre 100 puntos), "aprendizaxe
colaboradora" (20 sobre 100 puntos) e "análise de fontes documentais"
(3 sobre 100 puntos)
o estudante alcanzará unha puntuación de 46 sobre
100. b-para alcanzar a puntuación máxima de cada metodoloxía non se terá en
conta só se entrega o material ou non. Teranse en conta varios factores como: a
capacidade de traballo individual, capacidade de traballo en equipo,
coñecementos xerais básicos, capacidade de síntese e análise, capacidade de
aplicar os coñecementos das sesións maxistrais á práctica, capacidade para
xerar novas ideas (innovación e creatividade), capacidade crítica e
autocrítica, toma de decisións, comunicación oral e escrita e habilidades de
investigación. TODO ISTO O OBSERVARÁ O/A PROFESOR/A AO LONGO DAS CLASES INTERACTIVAS
(non hai que esquecer que moitas destas metodoloxías se elaborasen e
desenvolvesen nas devanditas clases). Por tal motivo nesas clases o profesor
tomará as observacións pertinentes 3-O
exame da convocatorias de xuño ou xullo
. A puntuación que se pode
alcanzar é de 54 puntos: a-Parte teórica dividida á súa vez en dúas partes:
unha primeira, denominada "Teoría pura" apróbase cando se alcanza
unha puntuación de 10 sobre 18 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza
aquí. A segunda parte, denominada "Teoría práctica" apróbase cando se
alcanza unha puntuación de 10 sobre 18 puntos que é a puntuación máxima que se
alcanza aquí. IMPORTANTE, ESTA PARTE TEÓRICA CONSIDÉRASE SUPERADA CANDO SE
SUPERAN AS DÚAS PARTES CUN DEZ EN CADA UNHA DELAS. SE SE SUSPENDE UNHA DESTAS
PARTES SUSPÉNDESE A PARTE TEÓRICA. b-Parte estatística. Esta parte apróbase cun
10, polo tanto, esta parte puntúa sobre 18 puntos.



PARA OS ALUMNOS
QUE ASISTEN A CLASE (ou con dispensa académica) E TEÑEN ALCANZADOS A FINAIS DO
MES DE maio UNHA PUNTUACIÓN DAS CLASES INTERACTIVAS DE 46 PUNTOS. PODEN
PRESENTARSE ás probas eliminatorias (DA TEORÍA DE TEXTOS E PARTE ESTATÍSTICA (detalle
importante para presentarse a esta última proba eliminatoria conta os puntos
antes da proba eliminatoria de teoría de textos como as prácticas das clases
interactivas correspondente ao tema 6). Ambas probas REALIZARANSE CANDO SE
CUMPRAN (TODAS) as SEGUINTES SITUACIÓNS: A-A materia que entraría na parte
teórica e que corresponde ao que se imparte nas clases expositivas se rematase de
explicar en clase a primeiros de abril. b- La materia que entraría na parte
práctica e que se explica en clase na última semana de abril e as semanas que
corresponden de maio (segundo calendario académico) remate o último día de
clases deste curso académico. O/A profesor/a a finais de abril comentará en clases
que alumnos/as teñen alcanzados os 46 puntos e se se cumpre todas as condicións
anteriores (a través de moodle ou se o/a alumno/a o pregunta en titorías).



b) ESTUDANTES QUE NON ASISTAN SEMPRE A CLASE considéranse que non asisten cando faltan
máis dun 80%, é dicir, ten máis de tres faltas sen xustificar. Se xustifica as
faltas médicas (con xustificante correctamente cuberto por un/unha médico/a colexiado)
e as faltas por un traballo (con xustificante correctamente cuberto no traballo
onde se xustifique que en horas de clase se está a traballar). Estes alumnos/as se
presentarán ás probas das convocatorias de xuño ou xullo. A PUNTUACIÓN CONSEGUIDA
neste EXAME POR ESTES ALUMNOS/AS PUNTUARÁ SOBRE 100 PUNTOS. Isto quere dicir, os/as alumnos/as deben alcanzar a seguinte puntuación: a) Parte teórica, inclúe a parte
denominada "Teoría pura" e a parte denominada "Teoría Textos" a puntuación máxima é de 10 en cada unha das partes. Ambas partes aprobaranse cun 5. Se algunha das partes non se aproba cun cinco, considérase que o/a alumno/a suspende toda a parte teórica. b) Parte estatística a puntuación máxima é dun 10.



Se se suspende
algunha das dúas partes, anteriormente indicadas, o/a alumno/a suspenderá todo o exame
(non se gardan partes nin notas en ningunha convocatoria)


Fontes de información
Bibliografía básica

Arnal, J., Del Rincón, D. y Latorre, A. (1992). Investigación educativa. Fundamentos y metodología. Barcelona: Labor.

Bisquerra, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.

Colás, P. y Buendía, A. (1992). Investigación educativa. Sevilla: Alfar. 

De La Orden, A. (1985).Investigación educativa. Diccionario de Ciencias de la Educación. Madrid: Anaya.

De la Herrán (Coord.) (2005). Investigar en educación. Fundamentos, aplicaciones y nuevas perspectivas. Madrid: Dilex. 

Dendaluce, I. (Coord.) (1988). Aspectos metodológicos de la investigación educativa. (II Congreso Mundial Vasco). Madrid: Narcea. 

Etxeberría, J. y Tejedor Tejedor, F. J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla. 

García, V. (1994). Problemas y métodos de investigación en educación personalizada. Madrid: Rialp. 

García, M. (2000). Socioestadística. Introducción a la Estadística en Sociología. Madrid: Alianza. 

García, M (coord.) (2015). El análisis de la realidad social: métodos y técnicas de investigación. Madrid: Alianza

Hernández, R., Fernández, C. y Baptista, P. (2003). Metodología de la investigación. (3ª. Edic.). México: McGraw-Hill. 

Latorre, A. (2003).La investigación-acción. Conocer y cambiar la práctica educativa. Barcelona: Graó. 

León, O. y Montero, I. (1993).Diseño de investigaciones. Introducción a la lógica de la investigación en Psicología y Educación. Madrid: McGraw-Hill.

 Losada, J. L. y López, R. (2003).Métodos de investigación en Ciencias Humanas y Sociales. Madrid: Thomson. 

Orfelio, L (2015). Métodos de Investigación en Psicología y educación: las tradiciones cualitativas y cuantitativa. Madrid: McGrawHill

Pérez, G. (Coord.). (2001). Modelos de investigación cualitativa en Educación Social y Animación Sociocultural. Aplicaciones Prácticas. Madrid: Narcea. 

Rodríguez, G., Gil, J. y García, E. (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Málaga: Aljibe.

Verd, J.M. (2016). Introducción a la investigación cualitativa: fases, métodos y técnioas: Madrid: Síntesis
Bibliografía complementaria

Almazán, A et al. (2011). Análisis estadístico para la investigación social. Madrid: Garceta

Bisquerra, R (1987).Introducción a la estadística aplicada a la investigación educativa. Barcelona: Promociones y Publicaciones Universitarias. 

Bisquerra, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.

De Lara, E. y Ballesteros, B (2001). Métodos de investigación en educación social. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia. 

De la Herrán (Coord.) (2005). Investigar en educación. Fundamentos, aplicaciones y nuevas perspectivas. Madrid: Dilex. 

Fox. D.J. (1987). El proceso de investigación en educación. Pamplona: Eunsa.  

Grim, P. (2010). La certeza absoluta y otras fricciones. Los secretos de la estadística. Barcelona: RBA Libros 

Monje, C (2011). Metodología d ela investigación cualitativa y cuantitativa. Guía didáctica. Recuperado de: https://www.uv.mx/rmipe/files/2017/02/Guia-didactica-metodologia-de-la-investigacion.pdf (consultado: 03/07/2018)


Sierra, R. (1987). Técnicas de Investigación social. Teorías y ejercicios. Madrid: Paraninfo

Enlaces WEB:

Métodos y técnicas de investigación https://www.gestiopolis.com/metodos-y-tecnicas-de-investigacion/ (consultado: 03/07/2018)

Métodos de Investigación social: https://metodoss.com/investigacion-social/ (consultado: 03/07/2018)

Metodología d ela investigación: https://sites.google.com/site/51300008metodologia/caracteristicas-cualitativa-cuantitativa (consultado: 03/07/2018)

Aula virtual: https://educacionadistancia.juntadeandalucia.es/profesorado/autoformacion/mod/book/view.php?id=3847&chapterid=3127 (consultado: 03/07/2018)

Uso de los métodos cuantitativos y cualitativos en la investigación https://prezi.com/awtmyv2x2_9a/el-uso-de-los-metodos-cuantitativos-y-cualitativos-en-una-investigacion/ (consultado: 03/07/2018)



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Métodos de avaliación de programas/652G03023
Técnicas de recollida e análise da información/652G03026

Observacións

Se pueden consultar las siguientes fuentes:


http://www.udc.es/dep/fam 

http://www.educacion.udc.es 

http://www-ice.up.es/upc/ice/ice.nsf. 

http://dialnet.inicaja.es 

http://www.mec.es 

http://bibloteca.udc.es 

http://www.um.es/~depmide/RIE

 http://www.uv.es/a http://www.bne.es http://aera.net

Comité Ambiental da Facultade (GREEN CMPUS) recoméndase:

 -Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

-Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

-Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.


tamén recomendase utilizar LENGUAXE INCLUSIVO



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías