Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Métodos de avaliación de programas Código 652G03023
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Profesorado
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/dptos/fmide/index.php
Descrición xeral A materia implica o estudo de métodos e técnicas de avaliación, apoiadas nos coñecementos previos de investigación dende distintos enfoques. Concretamente, abórdanse contidos e competencias en materia de avaliación de programas, en sentido amplo, e analízanse pola súa repercusión as circunstancias e políticas que concurren nesta materia en cada momento e con unha mención especial nos aspectos éticos na investigación avaliativa e á formación metodolóxica indispensable para o traballo en equipo con outros profesionais.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o significado do concepto de avaliación en Educación Social. A6
Extraer información a partir de distintos casos de avaliación de programas, en sentido amplo. A14
A19
A21
B6
C6
Deseñar un Plan de Avaliación, a partir dun programa previamente especificado. A6
A14
A19
A21
B1
B2
B6
C6
C8
Construir distintos instrumentos e indicadores de avaliación. A6
A21
B1
Redactar un informe técnico de avaliación. B2

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Educación social, programas e servizos socioeducativos. Investigación e avaliación de calidade 1.1. Terminoloxía específica en avaliación de programas.
1.2. Modalidades de avaliación de programas.
1.3. Fases do proceso de avaliación de programas.
1.4. Cualidades éticas da avaliación de programas
Tema 2. Modelos ou perspectivas de avaliación e calidade de programas e servizos socioeducativos 2.1. Finalidade da avaliación.
2.2. Uso de indicadores e criterios de avaliación.
2.3. Técnicas e instrumentos de recollida de información.
2.4. Técnicas de análise de datos aplicados á avaliación de programas.
2.5 Informe de avaliación.
Tema 3. O proceso de avaliación da calidade dos programas e servizos socioeducativos

3.1. Plan de avaliación en educación social.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A6 A14 A19 A21 B1 B2 B6 C6 C8 27 40 67
Aprendizaxe servizo A6 A14 A19 A21 B1 B2 B6 C6 C8 4 30 34
Sesión maxistral A6 A14 A19 A21 B1 B2 C8 8 0 8
Portafolios do alumno A6 A14 A19 A21 B1 B2 B6 C6 C8 0 20 20
Proba mixta A6 A14 A19 A21 B1 B6 C1 C6 3 10 13
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe servizo
Aprendizaxe colaborativa
Sesión maxistral
Proba mixta
Portafolios do alumno
Descrición
Atención a cada grupo ou persoa, según as necesidades que presenten ou demanden.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 A14 A19 A21 B1 B6 C1 C6 Proba escrita na que entrará toda a materia (clases expositivas + clases interactivas).

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.

- Preguntas curtas: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada.
20
Portafolios do alumno A6 A14 A19 A21 B1 B2 B6 C6 C8 As actividades incluídas na metodoloxía docente (aprendizaxe colaborativa, experiencia de APS) realizaranse nas clases interactivas. O alumnado deberá recoller o resultado de cada actividade nun documento, que será entregado ao finalizar as clases. Poderánse formar grupos para traballar de forma conxunta.

Dito documento deberá reunir as seguintes características:

- Portada (institucional)
- Índice paxinado
- Estruturación do portafolio por actividades tendo en conta os seguintes aspectos: instrución da práctica, desenvolvemento da práctica e resultados acadados, conclusión.
- Reflexión final sobre os contidos, atendendo a: valoración persoal das prácticas con respecto á práctica profesional, apreciacións persoais sobre as titorías realizadas (dentro e/ou fóra do horario), valoración da temporalización do desenvolvemento das prácticas, outros aspectos a considerar.

A docente realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo e indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.
80
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é preciso ter aprobado todos os traballos realizados na clase, así como todas as actividades de avaliación.

Os e as estudiantes non asistentes, porsen en contacto coa docente para establecer a metodoloxía de avaliación da materia.

Terase en conta a presentación dos traballos, o formato, a redacción, as faltas gramaticales e as ortográficas. A detección dalgún deles suporá un punto menos na nota final.

A copia e plaxio de traballos será causa de suspenso.


Fontes de información
Bibliografía básica Lukas, J. F. y Santiago, K. (2009). Concepto, componentes y fases de la evaluación. En J. F. Lukas y K, Santiago (Eds). Evaluación educativa (2ª Ed) (pp. 87-126). Madrid: Alianza
REBOLLOSO, E.; FERNÁNDEZ-RAMIREZ, B. y CANTÓN, P. (2008). Evaluación de programas de intervención social.. Madrid: Edt. Síntesis
Hernández, J (2018). Evaluación socioformativa en procesos de formación en línea mediante proyectos formativos. Educar, Vol 54, No 1 (2018)
Perea, O. (2017). Guía de evaluación de programas y proyectos sociales. Plataforma de ONG de Acción Social
Lukas, J. F. y Santiago, K. (2009). Historia de la evaluación educativa. J. F. Lukas y K, Santiago (Eds). Evaluación educativa (2ª Ed) (pp. 63-86). Madrid: Alianza
Valdés, M. (2016). La evaluación de proyectos sociales: Definiciones y tipologías.
Cohen, E y Martínez, R. (2018). Manual formulación, evaluación y monitoreo de proyectos sociales. CEPAL
Ibarra Sáiz, M. S. y Rodríguez-Gómez, G. (2014). Modalidades participativas de evaluación. Un análisis de la percepción del profesorado y de los estudiantes universitarios. Revista de Investigación Educativa, 32 (2), 339-361
Nieto, S. (2010). Principios, métodos y técnicas para la investigación educativaMadrid: Dykinson. Madrid: Dykinson
Nieto, S., y Olmos, S (2010). Técnicas e instrumentos para la recogida de datos en la medida de actitudes y de información grupal. En S. Nieto y M. J. Rodríguez (Coord.). Investigación y Evaluación educativa en la Sociedad del Cono

Bibliografía complementaria SENLLE, A. e GUTIERREZ, N. (2004). Calidad en los Servicios Educativos. Barcelona: Edit. Díaz de Santos
STUFFLEBEAN, D. y SHINKFIELD, A.J. (1984). Evaluación Sistemática. Madrid: Paidós-MEC, 1987.
GENTO PALACIOS, S. (1996). Instituciones educativas para la calidad total. Madrid: Edt. La Muralla


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Métodos de investigación/652G03019
Técnicas de recollida e análise da información/652G03026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas/652G03039

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías