Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Orientación e políticas de emprego Código 652G03031
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Perea Vega, Gustavo Ariel
Correo electrónico
gustavo.perea@udc.es
Profesorado
Perea Vega, Gustavo Ariel
Correo electrónico
gustavo.perea@udc.es
Web http://www.udc.es/fymide
Descrición xeral Esta materia proporcionará claves para analizar e valorar as políticas de emprego que se están levando a cabo nos contextos galego, español e europeo, de xeito que se interioricen como ferramentas de traballo desde un dobre rol: primeiro como futuro/a persoa en busca de emprego que terá que usalas para a súa propia inserción, e segundo, como futuro/a educador/a que terá que desenvolver programas formativos e de inserción na comunidade. Transversalmente, o alumnado valorará criticamente a perspectiva institucional do escenario sociolaboral non que estamos a vivir e as alternativas posibles ao incremento dás desigualdades sociais.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar e analizar o escenario sociolaboral e as políticas de emprego, recollendo e utilizando para isto a información a través das TICs A3
A5
A8
B1
C3
Interesarse pola orientación profesional como medida activa de emprego na que pode intervir o/a educador/a social A16
A17
Analizar, sintetizar e valorar criticamente as políticas de emprego actuais a nivel autonómico, estatal e europeo, manexando distintas fontes de información que lle permiten exercer unha cidadanía crítica e formular solucións orientadas ao ben común A3
A5
A8
A15
A17
B1
C4
Deseñar a diagnose dunha comarca galega e propoñer alternativas de actuación desde a perspectiva do/a educador/a social A3
A5
A15
B1
Deseñar un dossier utilizando as TICs no que se plasmen os resultados de aprendizaje adquiridos A3
A5
B1
B2
C3
Integrar actitudes éticas e deontolóxicas ao valorar críticamente as políticas activas de emprego e ao transmitir criticamente a información desde o rol de educador/a social A3
A5
B1
B5
B6
C1
Utilizar as TICs nos procesos de simulación de orientación das persoas desempregadas A15
A17
C3
Interiorizar desde o punto de vista do educador/a social a importancia da cultura emprendedora como elemento alternativo ao traballo por conta allea, así como a importancia da formación ao longo da vida A16
A17
C5
C7
Elaborar o seu itinerario formativo a longo prazo, incluindo as súas necesidades de formación no campo das TICs A17
C3
C7
Utilizar o galego a nivel escrito e oral coa calidade lingüistica requerida C1
Coñecer referentes profesinoais no ámbito da inserción laboral que teñen o galego como lingua de traballo A20
C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA I. O escenario sociolaboral
A evolución do traballo. Análise da profesión de educador/a social
A evolución do desemprego. Actuacións segundo o tipo de desemprego
Competencias actuais que require o mercado laboral
O papel da formación profesional no escenario sociolaboral
A muller no escenario sociolaboral actual. Situación e perspectivas
TEMA II. As políticas de Emprego:evolución e situación actual As politicas de Emprego na Unión Europea. FEDER, FSE, Emprego e Innovación social (Progress, Eures), Erasmus +
As políticas de Emprego en España: Estratexia europea para o emprego en España, Programa Nacional de Reforma, Estratexia española par ao emprego, PAPE
As políticas de Emprego en Galicia: convocatorias concretas
TEMA III. A orientación profesional como medida activa de emprego Organización da orientación profesional en Galicia
Profesionais implicados na orientación profesional
Accións a desenvolver na orientación profesional. Accións individuais. Accións grupais
Fases no proceso de orientación profesional: autocoñecemento, o perfil profesional, o mercado laboral, fontes de información laboral, procesos selectivos, ferramentas na busca de emprego, seguimento do proceso de busca de emprego
O autoemprego. Alternativas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Mapa conceptual A3 A5 B1 B2 1 8 9
Análise de fontes documentais A5 A15 B1 C3 C4 C5 2 10 12
Discusión dirixida A8 A16 A17 B1 B5 B6 C1 C4 C5 C7 12 2 14
Portafolios do alumno B2 2 20 22
Traballos tutelados C3 C7 2 12 14
Lecturas C4 C7 1 6 7
Sesión maxistral A3 A5 21 46 67
Seminario A20 C4 2 0 2
Actividades iniciais A3 1 0 1
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Mapa conceptual O alumnado confeccionará un mapa conceptual no que establecerá as relacións dos conceptos aprendidos na materia
Análise de fontes documentais O alumnado buscará na rede información e documentos necesarios para realizar os exercicios propostos na aula
Discusión dirixida O alumnado discutirá sobre as situación sociolaboral actual, as políticas de emprego desenvolvidas e o seu rol como educadores/as á hora de levar a cabo unha orientación laboral
Portafolios do alumno O alumnado recollerá nun portafolio os exercicios realizados durante o período da materia. Este portafolio servirá para avaliar ao alumnado e conterá tamén unha valoración final das aprendizaxes realizadas.
Traballos tutelados O alumnado elaborará distintos exercicios propostos na aula baixo a supervisión do profesor
Lecturas O alumnado terá que introducirse no hábito de lectura como fonte de actualización profesional importante para a toma de decisións con fundamento, para isto consultará diariamente o DOG na busca de información relevante para a materia
Sesión maxistral O profesor explicará os conceptos teóricos da materia utilizando tamén o diálogo dirixido e facendo partícipe ao alumnado nas clases, de xeito que resulten máis dinámicas e interactivas
Seminario Forma parte do Programa Piloto para a docencia en galego no Grao de Educación social. A súa finalidade é dupla. Por unha parte, trátase de visibilizar referentes profesionais que utilizan o galego como lingua de traballo. Por outra, permite achegar praxes profesionais vencelladas á inserción laboral de diferentes colectivos
Actividades iniciais O profesor realizará unha actividade inicial de sondeo para analizar as ideas previas do alumnado sobre a materia en cada unha das sesións e así conectalas coa información que se vai proporcionar nesa clase

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Mapa conceptual
Descrición
Na atención personalizada o profesor resolverá as dúbidas que teña o alumno sobre os diferentes temas a traballar na materia.
Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado no horario de tutorias. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho do profesor, na páxina web do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación como da Facultade de Ciencias da Educación.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B2 O portafolio estará formado por todos os exercicios que se vaian facendo ao longo da materia, máis unha valoración final por parte do alumnado das aprendizaxes realizadas na materia. Os traballos a incorporar son:
- Análise semanal do DOG durante o período lectivo. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente, por cada unha das políticas que se publican. Valorarase a presentación, a síntese da información contida na ficha, e o número de políticas recompiladas.
- Exercicio de autocoñecemento. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de ficha ocupacional. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de análise da formación. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de mapas conceptuais. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a síntese da análise.
- Exercicio sobre ferramentas de busca de emprego. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a síntese da análise.
- Exercicio de valoración final. Aprendizaxes adquiridas na materia (qué sabía, que aprendín, en qué seguir formándome). Relación/vinculación das aprendizaxes realizados coas materias cursadas no grao. Aspectos da materia observados no Practicum I e aspectos da materia a observar no Practicum II. Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar.
100
 
Observacións avaliación
ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. A asistencia xustifícase en base a que as clases son moi interactivas e se traballan aspectos procedimentais e actitudinais que son necesarios para aprobar a materia.
O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado na clase.
O alumnado que non asistan ó 80% das horas de clase terá unha cualificación de non presentado.
O alumnado que non presente todos os traballos da materia terá unha cualificación de non presentado.
Na oportunidade de xullo, o alumnado realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula.
Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial solicitarán unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer o réxime de asistencia, as actividades a realizar, o sistema de avaliación, e o proceso de supervisión e seguimento.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA
A cualificación final será o resultado da puntuación obtida no portafolio do alumnado, sendo indispensable obter a metade da cualificación para superar a materia.
Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia e/ou non presenta o portafolio, terá unha cualificación de non presentado.
Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula.

PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será motivo de suspenso.

FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.

NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS
https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Fontes de información
Bibliografía básica Gallego Bono, J. R. y Nácher Escriche, J. M. (2001). Elementos básicos de economía: un enfoque institucional. Valencia:Tirant lo Blanch
Comisión europea (2019). Estrategia Europea de Empleo. Recuperado de: http://ec.europa.eu/social/main.jsp?catId=101&langId=es.
Bernard García, Roberto (2014). Guía de financiación europea. Programas Sociales 2014-2020. Madrid: Plataforma de ONG de Acción Social
Homs, O (2008). La formación profesional en España. Hacia la sociedad del conocimiento . Barcelona: Fundación “La Caixa”.
Sánchez García, M. F. (2004). Las exigencias de adaptación al mundo laboral. En Orientación laboral. Para la diversidad y el cambio.. Madrid: Sanz Torres
Ministerio de traballo (2015). LEY 30/2015, de 9 de septiembre, por la que se regula el Sistema de Formación Profesional para el empleo en el ámbito laboral.
Ministerio de traballo (2002). Ley 5/2002, de 19 de junio, de las cualificaciones y de la formación profesional.
Ministerio de traballo (2003). LEY 56/2003, de 16 de diciembre, de Empleo (BOE del 17 de diciembre de 2003)..
Ministerio de educación (2006). Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.
Echeverría, B. (Coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Incual (2019). Páxina principal do Incual. http://incual.mecd.es/.
Xunta de Galicia (2019). Páxina sobre as competencias clave. http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-competencias-clave;jsessionid=F719B6C003E7D4F2A9D2CBA7AE0818D3.
Xunta de Galicia (2019). Páxina sobre o recoñecemento das competencias profesionais. http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional.
Moncloa (2019). Programa Nacional de Reformas. Recuperado de: http://www.mineco.gob.es/stfls/mineco/prensa/ficheros/noticias/2018/PNR2019.pdf.
Ministerio de traballo (2015). RDL 3/2015, de 23 de octubre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Empleo.
Ministerio de educación (2011). REAL DECRETO 1147/2011, de 29 de julio, por el que se establece la ordenación general de la formación profesional del sistema educativo. (BOE del 30 de julio de 2011)..
Ministerio de traballo (2007). REAL DECRETO 395/2007, de 23 de marzo, por el que se regula el subsistema de formación profesional para el empleo.
Ministerio de traballo (2014). Real Decreto 751/2014, de 5 de septiembre, por el que se aprueba la Estrategia Española de Activación para el Empleo 2014-2016..
Ministerio de traballo (2015). Resolución de 29 de julio de 2015, de la Secretaría de Estado de Empleo, por la que se publica el Acuerdo del Consejo de Ministros de 24 de julio de 2015, por el que se aprueba el Plan Anual de Polí.
Navarro, V.Torres, J. e Garzón, A. (2011). Hay alternativas. Propuestas para crear empleo y bienestar social en España.. Madrid: Editorial Sequitur Castillo, J. J. (2009). La soledad del trabajador globalizado. Memoria, presente y futuro.. Madrid: Editorial Catarata García, J. A e Saban, C (coords) (2008). Un nuevo modelo de formación para el S XXI. La enseñanza basada en competencias. Barcelona: Editorial Davinci Vence, X. (2011). Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas. Santiago: Editorial Laiovento Ruiz Viñals, C. (Coorda) ((2006)). Políticas sociolaborales. Un enfoque pluridisciplinar.. Barcelona: Editorial UOC Garzón, A.; Torres, J. e Navarro, V. (2012). Lo que España necesita . Bilbao: Editorial Deusto
Bibliografía complementaria
Bastida, A. (2001) La inserción sociolaboral. Reflexiones sobre la práctica. Madrid, Popular. Carmona, G. (2001). El plan personal para la inserción socio-laboral: teoría y práctica en la empresa para la inserción laboral. Huelva, Universidad de Huelva Casal, J. (2000). ‘Modalidades de transición profesional y precarización del empleo’, en Cachón, L. (ed.). La inserción profesional. Alzira, Germania, pp. 151-180 GALLART, M.A. (2002). Educación y trabajo. Montevideo, Cinterfor. MARHUENDA, F. (coord.)(2006). La cualificación profesional básica: competencias para la inclusión sociolaboral de jóvenes. Revista de Educación, nº 341. Navarro, V.Torres, J. e Garzón, A. (2011). Hay alternativas. Propuestas para crear empleo y bienestar social en España.. Madrid: Editorial Sequitur Castillo, J. J. (2009). La soledad del trabajador globalizado. Memoria, presente y futuro.. Madrid: Editorial Catarata García, J. A e Saban, C (coords) (2008). Un nuevo modelo de formación para el S XXI. La enseñanza basada en competencias. Barcelona: Editorial Davinci Vence, X. (2011). Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas. Santiago: Editorial Laiovento Ruiz Viñals, C. (Coorda) ((2006)). Políticas sociolaborales. Un enfoque pluridisciplinar.. Barcelona: Editorial UOC Garzón, A.; Torres, J. e Navarro, V. (2012). Lo que España necesita . Bilbao: Editorial Deusto

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Orientación ocupacional/652G03021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Orientación e Políticas de Emprego complementa os contidos da materia Orientación Ocupacional. Permite analizar a evolución e características actuais do mercado laboral, das políticas de emprego desenvolvidas na Unión Europea, en España e en Galicia, así como distintas olladas sobre as reformas laborais e das pensións e sobre a actual crise e como se pode atallar. Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías