Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Desenvolvemento e prevención de condutas aditivas Código 652G03035
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Ferradás Canedo , María del Mar
Correo electrónico
mar.ferradasc@udc.es
Profesorado
Ferradás Canedo , María del Mar
Correo electrónico
mar.ferradasc@udc.es
Web
Descrición xeral O uso, abuso e dependencia de substancias, así como as adicións psicolóxicas, constitúen unha problemática socio-comunitaria de grande vixencia. A materia "Desenvolvemento e prevención de condutas aditivas" pretende introducir ao alumnado de Educación Social no campo das adicións, co fin de dotarlle das ferramentas conceptuais e metodolóxicas necesarias para a súa prevención desde unha perspectiva socioeducativa. En concreto, ao longo do curso se analizarán os principais factores intervintes no inicio e mantemento das condutas aditivas, estudándose as súas repercusións a nivel persoal, laboral, social e comunitaria. Dacordo con elo, proporcionaranse diversas pautas e medidas dirixidas a súa prevención no contexto familiar, escolar e socio-comunitario.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender as bases conceptuais e fundamentos teóricos da prevención de condutas aditivas. A1
A14
A17
B3
C4
C8
Discriminar as similitudes e diferenzas entre as adiccións químicas e psicolóxicas. A14
Estudar as consecuencias físicas, psicolóxicas e sociais das adiccións. A8
A12
Analizar os principais factores predispoñentes e precipitantes das condutas aditivas A4
A5
B1
B2
Valorar as aportacións da Educación social á intervención nas adiccións. A8
B5
C7
Coñecer iniciativas e intervencións socioeducativas de orde preventiva no eixo das adiccións a sustancias e adiccións psicolóxicas. A7
A21
B4
B6
C1
C6

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I: Aproximación conceptual ás adicións. 1.1. Límites entre as condutas normais e as condutas aditivas.
1.2. Clasificación das adicións.
1.3. Semellanzas e diferenzas entre as adicións químicas e as psicolóxicas.
1.4. Características das condutas aditivas.
1.5. Factores de inicio y mantemento das adicións.
MÓDULO II: Adicións psicolóxicas. 2.1. Xogo patolóxico.
2.2. Adición ao sexo.
2.3. Adición ás compras.
2.4. Adición á comida.
2.5. Adición ao traballo.
2.6. Adición ao exercicio físico.
2.7. Adición ao móvil.
2.8. Adicción a Internet.
2.9. Otros tipos de adicciones psicológicas.
MÓDULO III: Adicións químicas. 3.1. Adición ao alcohol.
3.2. Adición á nicotina.
3.3. Adición ás anfetaminas.
3.4. Adición ao cannabis.
3.5. Adición aos alucinóxenos.
3.6. Adición aos inhalantes.
3.7. Adición á cocaína.
3.8. Adición aos opiáceos.
3.9. Adición a outros tipos de drogas.
MÓDULO IV: Prevención de condutas aditivas. 4.1. Tipos de prevención.
4.2. Obxectivos a conseguir no tratamento de cualqueira dependencia.
4.3. Liñas de intervención comúns a todas as adicións.
4.4. Prevención de recaídas: estratexias de intervención.
4.5. Programas de prevención: deseño, avaliación e intervención.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A4 A5 A7 A8 A14 B1 C4 2 6 8
Discusión dirixida A1 A5 A8 A12 A14 A21 B5 B6 C1 C2 4 4 8
Estudo de casos A1 A5 A7 A8 A12 A14 B4 B5 5 5 10
Portafolios do alumno A5 A7 A8 A14 A17 A21 B1 B3 B5 C4 C8 3 15 18
Proba mixta A1 A5 A8 A14 A21 B1 B5 C4 3 32 35
Resumo A14 B1 B2 C4 4 6 10
Sesión maxistral A1 A2 A5 A8 A16 A21 B4 C7 15 15 30
Solución de problemas A5 A8 A12 A14 A21 B1 B4 C4 2 2 4
Simulación A7 A12 A21 C4 2 2 4
Análise de fontes documentais A5 A8 A14 B1 B5 C4 C6 2 6 8
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Tanto nas sesións expositivas como interactivas proporanse actividades en pequeno grupo co obxectivo de favorecer a aprendizaxe mutua (planificación conxunta, comunicación multidireccional, etc.).
Discusión dirixida O profesorado guiará o debate sobre diversas temáticas relativas ás adicións co obxectivo de promover o debate grupal, o intercambio de opinións e experiencias, etc.
Estudo de casos Ao longo das sesións interactivas formularanse algunhas casuísticas relacionadas coa adición co obxecto de analizar en profundidade as súas causas, factores mantedores e consecuencias.
Portafolios do alumno Cada estudante deberá recompilar todas as actividades propostas nas sesións interactivas nun dosier que entregará ao final do cuadrimestre, nunha data a sinalar polo profesorado. A entrega deste dosier é individual.
Proba mixta Para a avaliación dos contidos abordados nas sesións expositivas o alumnado deberá efectuar unha proba mixta que incluirá preguntas tipo test e outras de resposta curta (preguntas a respostar cunha palabra ou en poucas liñas, de completar, de poñer un exemplo, unha definición dalgún termo relevante, etc.).
Resumo Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Sesión maxistral As sesións expositivas serán desenvolvidas polo profesorado mediante presentacións en power point dos principais contidos de temario.
Solución de problemas Entre as actividades propostas ao longo do curso, desenvolveranse algunhas nas que o alumando deberá aportar solucións a problemas formulados en relación ás adicións.
Simulación Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes.
Análise de fontes documentais Durante o desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas proporcionaranse diversas fontes audiovisuais e escritas relacionadas cos contidos do temario co obxectivo de que o alumnado analice e comprenda os aspectos psicolóxicos e sociais implicados nas adicións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Proba mixta
Descrición
Tanto a preparación do exame como a realización das actividades que se incluirán no portafolio serán obxecto de atención individualizada ao longo do curso durante as horas de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A5 A7 A8 A14 A17 A21 B1 B3 B5 C4 C8 En relación co portafolio valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións empregadas na elaboración das propostas educativas.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade na exposición.
50
Proba mixta A1 A5 A8 A14 A21 B1 B5 C4 - Nas preguntas tipo test, definiranse diversas alternativas de resposta onde só unha será a correcta. Penalizaranse os erros nas respostas.

- Nas preguntas de resposta aberta, valorarase a precisión e claridade nas respostas, de tal xeito que o estudante amose un axeitado dominio e comprensión dos contidos avaliados.
50
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 85%:

a) Elaboración e presentación do portafolio (50%).

b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (50%).

OPCIÓN B

Alumnado cunha asistencia/participación nas actividades de clase inferior ao 85% e alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016):

Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia (100%).

OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:

Para o alumnado asistente (opción A):

1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dossier e proba mixta).

2. O dossier presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o dossier).

Para todo o alumnado (opcións A e B):

1. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro. 

2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. 

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou 

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 



Fontes de información
Bibliografía básica Echeburúa, E. (2001). Abuso de alcohol. Madrid: Editorial síntesis
Echeburúa, E., Labrador, F. J. y Becoña, E. (Coords.) (2009). Adicción a las nuevas tecnologías en adolescentes y jóvenes. Madrid: Pirámide
Echeburúa, E. y Corral, P. (2010). Adicción a las nuevas tecnologías y a las redes sociales en jóvenes: un nuevo reto. Adicciones, 22(2), 91-96
Echeburúa, E. y Requesens, A. (2012). Adicción a las redes sociales y nuevas tecnologías en niños y adolescentes. Madrid: Pirámide
Becoña, E. (2002). Bases científicas de la prevención de las drogodependencias. Madrid: Ministerio del Interior
López, A. y Becoña, E. (2006). El craving en personas dependientes de la cocaína. Anales de Psicología, 22(2), 205-211
Echeburúa, E., Becoña, E. y Labrador, F. J. (Coords.) (2010). El juego patológico. Avances en la clínica y en el tratamiento. Madrid: Pirámide
Echeburúa, E. (1994). Evaluación y tratamiento de los trastornos adictivos. Madrid: Fundación Universidad-Empresa
Echeburúa, E. y Corral, P. (1997). Evaluación y tratamiento de un caso clínico de alcoholismo. Madrid: Pirámide
Becoña, E. y Vázquez, F. (2001). Heroína, cocaína y drogas de síntesis. Madrid: Editorial síntesis
Echeburúa, E. y Corral, P. (2008). Juego responsable: ¿una alternativa para la prevención y el tratamiento de la ludopatía?. Adicciones, 20(4), 321-326
Fernández-Montalvo, J. y Echeburúa, E. (1998). Laborodependencia: cuando el trabajo se convierte en adicción. Revista de Psicopatología y Psicología Clínica, 3(2), 103-120
Maciá, D. (1996). Las drogas: conocer y educar para prevenir. Madrid: Pirámide
Becoña, E. (2000). Los adolescentes y el consumo de drogas. Papeles del Psicólogo, 77, 25-32
Becoña, E. y Calafat, A. (2005). Los jóvenes y el alcohol. Madrid: Pirámide
Becoña, E. y Martín, E. (2004). Manual de intervención en drogodependencias. Madrid: Editorial Síntesis
Servicio Extremeño de Salud (2008). Manual de intervención en juego patológico. Badajoz: Junta de Extremadura
Fernández-Montalvo, J. y Echeburúa, E. (1997). Manual práctico del juego patológico. Madrid: Pirámide
Corral, P., Echeburúa, E. e Irureta, M. (2005). Perfil psicopatológico diferencial de las mujeres ludópatas: implicaciones para el tratamiento. Análisis y Modificación de Conducta, 31, 539-556
Echeburúa, E. (2005). Retos de futuro en el tratamiento del juego patológico. Adicciones, 17(1), 11-16
Labrador, F. J. (Coord.) (2011). Técnicas de modificación de conducta. Madrid: Pirámide
Echeburúa, E. (2012). ¿Existe realmente la adicción al sexo?. Adicciones, 24(4), 281-286

Bibliografía complementaria Graña, J. L. (1994). Conductas adictivas. Teoría, evaluación y tratamiento. Madrid: Debate
APA (2014). DSM 5. Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales. Buenos Aires: Panamericana
Bach, E. y Forés, A. (2010). La asertividad para gente extraordinaria. Barcelona: Plataforma Editorial
Caballo, V. E. (1993). Manual de evaluación y entrenamiento de las habilidades sociales. Madrid: Siglo XXI
Robles, H. y Peralta, M. I. (2009). Programa para el control del estrés. Madrid: Pirámide
Lega, L. I., Caballo, V. E. y Ellis, A. (2009). Teoría y práctica de la terapia racional emotivo-conductual. Madrid: Siglo XXI
Beck, A. T., Wright, F. D., Newman, C. F. y Liese, B. S. (1999). Terapia cognitiva de las drogodependencias. Barcelona: Paidós
Ellis, A., McInerney, J. F., DiGiuseppe, R. y Yeager, R. J. (1992). Terapia racional-emotiva con alcohólicos y toxicómanos. Bilbao: Desclée De Brouwer


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías