Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Capacidade para indagar e producir coñecemento nun determinado campo. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Capacidade para comunicar o coñecemento adquirido a unha audiencia. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A20 A21 A22
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Procedemento para a elección de temas |
1. Proposta por parte dos Departamentos dos temas ou as liñas dos TFG e os directores.
2. Aprobación por parte da Comisión de Titulación da listaxe cos temas, así como do número de estudantes que poden escoller cada tema e os criterios de asignación.
3. Elección da temática por parte do alumnado matriculado na materia, para o que será convocado á unha reunión na que escollerá en función do seu expediente académico. O proceso rematará cando todo o alumnado presente teña unha temática asignada.
4. Listaxe provisória de asignación de temas e titores/as.
5. Período de reclamación.
6. Listaxe definitiva.
As datas específicas para cada unha das fases do procedemento serán publicadas no Moodle da materia. |
Modalidade de TFG |
Unha vez escollido o tema, o/a estudante acordará co seu titor/a de TFG o tipo de TFG a realizar entre as seguintes modalidades:
a. Estudos empíricos (poderán estar relacionados coa experiencia de Prácticum II)
b. Revisión bibliográfico-documental.
c. Análise de proxectos socioeducativos.
d. Deseño de proxectos socioeducativos. |
Estrutura orientativa do TFG |
1. Introdución
2. Obxectivos e/ou preguntas de investigación
3. Xustificación teórica e contextualización
4. Metodoloxía de traballo e actividades propostas
5. Avaliación, resultados e/ou conclusións
6. Valoración
7. Relación de fontes documentais
8. Anexos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Presentación oral |
B1 B6 C1 C2 C3 |
1 |
9 |
10 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
137 |
137 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Presentación oral |
SOLICITUDE DE DEFENSA:
Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFG, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que presentar, no prazo establecido polo centro, un exemplar en formato dixital do TFG a través da plataforma de Moodle; 3 exemplares en papel do resumo do TFG, así coma o impreso de solicitude de avaliación.
DEFENSA:
Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo.
Para a defensa deberá acudir cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), e o resto de documentos que se soliciten, se é o caso.
Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 15 minutos e o tribunal disporá de 15 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a.
O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para exposición. |
Traballos tutelados |
O alumnado realizará o TFG baixo a supervisión e guía da súa dirección académica.
A dirección será responsable de expoñerlle ao estudantado as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento. Realizará un seguimento da elaboración do TFG e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados. Unha vez finalizada a elaboración autorizar a presentación e defensa do TFG. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Unha vez publicada a listaxe definitiva de asignación de temáticas e dirección académica, o alumnado terá que poñerse en contacto coa súa dirección académica nun prazo máximo de dez días naturais. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Avaliación emitida pola dirección académica sobre a adquisición de competencias reflectidas no traballo realizado (contido e formato). Valoraranse as seguintes cuestións:
- Proceso e aspectos formais (10): adecuación ao formato esixido; organización da información segundo os apartados establecidos e o tipo de traballo; calidade na exposición do contido e uso da terminoloxía apropiada; incorporación das referencias bilbiográficas oportunas.
- Contido do traballo (60): fundamentación teórica (xustificación e contextualización, elección de fontes axeitadas); proposta/proxecto/estudo (profundidade e adecuación dos contidos de cada parte, coherencia interna, viabilidade, pertinencia e/ou carácter innovador); resultados/conclusións (relación cos obxectivos formulados; grao de comprensión dos coñecementos dunha área de estudo concreta vinculada ao Grao) |
70 |
Presentación oral |
B1 B6 C1 C2 C3 |
Avaliación emitida polo tribunal sobre a exposición e defensa pública do TFG. Valoraranse as seguintes cuestións:
- Grao de elaboración, fundamentación, claridade e solidez do discurso, facendo un uso adecuado e rigoroso da linguaxe.
- Capacidade de síntese e de distribución do tempo, facendo fincapé nos aspectos clave para entender o interese do traballo.
- Resolución, concreción e exactitude das respostas ás preguntas e aos comentarios formulados polo tribunal |
30 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
As consensuadas coa dirección académica do Traballo de Fin de Grao. Deberán estar ben referenciadas no TFG. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndanse evitar imprimir borradores, e se non é posible, non
utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel
reciclado. |
|