As actividades entregaranse na plataforma Moodle nos prazos fixados. O/a estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.
Só se aceptarán traballos, actividades etc. que se entreguen no prazo e forma establecidos.
Os traballos, actividades e exame deben cumprir as esixencias de correción lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.).
O plaxio, incluso parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descalificación automática da actividade. As actividades e traballos poderán ser sometidas a unha revisión mediante aplicacións informáticas de detección de plaxio. Estas aplicacións poden recoñecer traballos presentados noutras materias.
- Calificarase como non presentado a quen entregue 3 ou menos actividades.
- Na segunda edición de actas poderanse recuperar todas as
actividades coa mesma ponderación que na primeira edición. As
actividades serán substituídas por tarefas que se publicarán e
entregarán a través da plataforma Moodle.
- En convocatoria adiantada emplearanse os mesmos instrumentos de avaliación coa mesma ponderación. As actividades do obradoiro serán substituídas por tarefas que se publicarán na plataforma Moodle. O alumnado afectado debe contactar co profesor.
- Estudantes a tempo parcial con dispensa académica de asistencia ás clases recoñecida: realizarán alternativas aos obradoiros, previo acuerdo co profesor, ademais da prueba mixta final.
- Alumnado que precise medidas de apoio á diversidade ou con modalidades específicas de aprendizaxe: aplicarase o mesmo sistema de avaliación, coas adaptacións e flexibilidade que requira cada caso.
- Alumnado erasmus e de intercambio: recoméndase un nivel de español equivalente a B1 ou superior para cursar esta materia.