Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xerontoloxía Social I Código 653491002
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Correo electrónico
ana.maseda@udc.es
Profesorado
Lorenzo López, Laura
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Correo electrónico
laura.lorenzo.lopez@udc.es
ana.maseda@udc.es
Web
Descrición xeral Obxectivos:
* Coñecemento do fenómeno sociodemográfico do envellecemento.
* Comprender a ancianidade e o proceso de envellecemento dentro do contexto social global.
* Entender o envellecemento poboacional. Procesos e factores.
* Coñecer as metáforas da vellez e a súa imaxe social.
* Distinguir entre vellez clínica e vellez social. Acordos e desacordos.
* Valorar axeitadamente o fenómeno da xubilación e os recursos de preparación para esta.
* Coñecer e comprender as relacións familiares e interxeracionais no ámbito da vellez.
* Afondar nas etapas da vellez e o posible incremento das carencias cos seus procesos de adaptación. Illamento e soidade.
* Entender o estado da cuestión do binomio dependencia/autonomía.
* Afondar nas políticas sociais dirixidas ás persoas maiores. Diferentes modelos.
* Coñecer os servizos sociais en Xerontoloxía. Servizos primarios e especializados.
* Estudo da planificación social na Xerontoloxía e o estudo de necesidades e demandas. Coñecer os modelos de programación, xestión e avaliación.
* Afondar no estudo dun lecer activo cun tratamento especial do turismo social.
* Coñecer os procesos da saúde e a calidade de vida co desenvolvemento de hábitos saudables e programas preventivos.
*Estudo da problemática social e familiar dos maiores dependentes.
* Estudo da ética e lexislación no benestar social das persoas maiores.
* Análise dos métodos e técnicas da ciencia sociolóxica para o desenvolvemento de proxectos de investigación sobre a vellez e a ancianidade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Seminario
- Proba obxectiva
*Metodoloxías docentes que se modifican
As clases maxistrais e os seminarios pasarán a darse de forma virtual a través da plataforma de Microsoft Teams. A proba obxectiva pasaría a realizarse empregando Moodle. A atención personalizada para a resolución de dúbidas farase mediante Microsoft Teams, Moodle e por correo electrónico.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos temas” da materia, para formular as consultas necesarias.
– Teams: 1 sesión semanal en grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
- En caso de que o alumnado teña problemas de conexión a internet poderase utilizar a vía telefónica.

4. Modificacións na avaliación
Mantéñense as porcentaxes da avaliación, especificadas na guía docente, realizando o exame de forma virtual mediante a ferramenta Moodle.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que se realizarán respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial e a partir de aí considerarase a asistencia ás clases virtuais no horario establecido previamente co alumnado.
- En caso de ser preciso, a oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a 1ª oportunidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Trátase de que os/as alumnos/as, ao superar a materia, adquirisen as competencias axeitadas para: * Situar a problemática das persoas maiores no contexto social que as orixina. * Investigar os factores sociais que afectan aos procesos de envellecemento, ao tempo que permitan establecer as necesidades e demandas dos maiores. * Planificar e xerar programas, proxectos, actividades e servizos, dentro de modelos dinámicos que permitan un posterior desenvolvemento de estratexias de intervención sociosanitaria. * Dirección de equipos multidisciplinares dentro dunhas políticas sociais que formulen o deseño duns proxectos que utilicen como eixes vertebradores a prevención, a interacción e a integración. * Dirixir e coordinar programas de preparación para a xubilación e adaptación á vellez. * Participación na orientación e mediación familiar en familias con persoas maiores. * Introducir procesos de concienciación da problemática da ancianidade nos medios familiares, así como o establecemento de directrices para a comunicación interxeracional. * Deseñar programas para xerar procesos de ocio activo dentro dunha contextualización global, así como establecer e impulsar modelos científicos e rigorosos de turismo social. * Asesorar aos responsables das administracións públicas na formación dos programas de benestar social dirixidos aos maiores. * Levar a cabo a función de coordinadores dos programas multidisciplinares de intervención pública para os maiores. * Asesorar as entidades privadas (fundaciones, asociacións, ONGs, etc.) na formulación e xestión de proxectos para os maiores. * Introducir procesos de asociacionismo nas persoas maiores. AP1
AP2
AP3
AP4
AI1
AI2
AI4
AI5
AM1
AM2
BP1
BP2
BP4
BI1
BM1
CM1
CM3
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Introdución á Xerontoloxía Social 1. Introdución
2. Breve apunte histórico
2.1 Precursores
2.2 Antecedentes científicos
2.3 Consolidación
3. Concepto de Xerontoloxía Social
3.1 A Xerontoloxía e as súas ramas
3.2 A Xerontoloxía e a Xeriatría
3.3 A multidisciplinariedade como característica básica da Xerontoloxía Social
4. Teorías do avellentamento
4.1 Teorías biolóxicas
4.2 Teorías psicolóxicas
4.3 Teorías sociolóxicas
5. Construción social do concepto de avellentamento
5.1 O concepto do avellentamento segundo distintos criterios
5.2 Clasificación do avellentamento: distintas denominacións
5.3 Falsas concepcións sobre o avellentamento: mitos e estereotipos
5.4 Efectos macroeconómicos. Mercadotecnia para un segmento social emerxente: efectos macroeconómicos e sobre as empresas
6. Características socio-demográficas das persoas maiores
6.1 O avellentamento da poboación nas sociedades desenvolvidas
6.2 Fenómenos demográficos: natalidade, nupcialidade, mortalidade. Índice de envellecemento. Esperanza de vida. Coeficientes de avellentamento e de renovación.
6.3 A relación demográfica entre os sexos: a feminización do avellentamento
Tema 2: Relacións familiares no marco do avellentamento 1. Avellentamento e familia na actualidade. Necesidades da persoa maior na familia:
1.1 Fisiolóxicas
1.2 Económicas
1.3 Psíquicas
1.4 Sociais
2. Estrutura
2.1 Roles familiares
2.2 Familia e modernización
2.3 Cambio na estrutura familiar: xeracións e roles asociados
3. Avellentamento e dependencia
3.1 Quen debe facerse cargo da dependencia
3.1.1 Contexto lexislativo: a Constitución española e a Lei de dependencia
3.1.2 Como asumir a dependencia: manter no domicilio a persoas maiores con dependencia
3.2 Perspectivas de coordinación
3.3 A achega da persoa maior na familia
Tema 3: A xubilación 1. Estrutura
1.1 O traballo moderno. A discriminación laboral por idade
1.2 Tendencias laborais e novas modalidades
1.3 Aptitude: mitos e feitos. Idade cronolóxica
2. Xubilación
2.1 Marco da xubilación: teorías
2.1.1 Cambio de vida, cambios de roles
2.1.2 A actitude ante a xubilación como elemento determinante
2.1.3 A decisión de xubilarse e a calidade de vida
2.2 O impacto da xubilación
2.2.1 Na área psicolóxica
2.2.2 Na área cognitiva
2.2.3 Na área do comportamento
2.2.4 Na área psicoafectiva
2.2.5 Impacto nas relacións sociais
3. Preparación para a xubilación
3.1 Programas de preparación para a xubilación (PPJ)
3.2 Preparación para a xubilación en Europa
4. Muller maior e xubilación
4.1 O traballo do fogar
4.2 Traballo fora do fogar
4.3 Carreiras laborais femininas
4.4 A xubilación feminina
Tema 4: Malos tratos na persoa maior: outra forma de violencia 1. Introdución
2. Conceptos básicos
2.1 Abusos físicos
2.2 Abusos psicolóxicos
2.3 Abusos económicos
2.4 Neglixencia
3. Epidemioloxía
4. Factores de risco. Factores de risco en residencias
5. Identificación e valoración da persoa maior maltratada
5.1 Persoas maiores que deben ser valoradas
5.2 Forma de levar a efecto a valoración da persoa maior maltratada
5.3 Lugar de realización da valoración da persoa maior maltratada
5.4 Sospeita de risco vital para a persoa maior maltratada
6. Atención multidisciplinar á persoa maior maltratada
7. Prevención e solucións
Tema 5: Problemas deontolóxicos nas residencias de persoas maiores 1. O papel dos coidados residenciais no marco da asistencia xeriátrica
2. Deontoloxía e residencias de persoas maiores. Principais factores condicionantes
2.1 Garantías de calidade asistencial
2.2 Organigrama e equipos
2.3 Características arquitectónicas e ambientais
2.4 Existencia de programas específicos de intervención
2.5 Responsabilidades do equipo médico
3. A toma de decisións: procedemento e instrucións
4. Principais problemas éticos en Xerontoloxía. Comités de ética asistencial
Tema 6: Políticas sociais e atención socio-sanitaria 1. Desenvolvemento das políticas sociais dirixidas ás persoas maiores: planes de acción para as persoas maiores
2. Os modelo europeos, español e galego
3. O espazo socio-sanitario:
3.1 Características
3.2 Concertación e acreditación de centros socio-sanitarios
3.3 Coordinación e unidades socio-sanitarias

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A9 A10 A11 B1 B2 B4 B5 B7 C1 C3 C6 C7 C8 2 25 27
Seminario A3 A11 B4 B7 C6 C8 14 21 35
Sesión maxistral A3 A4 A5 A6 A8 B2 B4 C7 28 56 84
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Os temas expostos en clase, nas sesións de docencia expositiva haberán de superarse mediante un exame escrito.
Seminario Vinculado con cada un dos temas expositivos, desenvolveranse actividades co alumno.
Sesión maxistral É a explicación por parte da profesora dos contidos da materia na aula na denominada docencia expositiva. Ocasionalmente apoiarase en soporte visual. As clases son para entender os conceptos e as teorías e formular posibles dúbidas sobre estes. Incluiranse aquí as prácticas realizadas dentro da aula (comentarios, vídeos, lecturas de noticias de actualidade...).

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Descrición
Prestarase apoio aos/ás alumnos/as para a selección dos textos e facilitaráselles asesoramento en caso de dúbida para levar a cabo a recensión.
As lecturas serán comentadas cos/oas propios/as alumnos/as.

Prestarase apoio e asesoramento aos/ás alumnos/as para a realización de cada unha das prácticas ou traballos tutelados propostos. Durante a execución dos devanditos traballos, o profesorado levará a cabo un seguimento destes e, unha vez finalizados e corrixidos, tratarase co/oa alumno/a sobre o seu contido para determinar os resultados e valoralos co obxectivo de desempeñar estas tarefas de asesoramento.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A9 A10 A11 B1 B2 B4 B5 B7 C1 C3 C6 C7 C8 Os temas expostos en clase, nas sesións de docencia expositiva haberán de superarse mediante un exame escrito. 70
Sesión maxistral A3 A4 A5 A6 A8 B2 B4 C7 É a explicación por parte do profesor dos contidos da materia na aula na denominada docencia expositiva. Ocasionalmente apoiarase en soporte visual.
As clases son para entender os conceptos e as teorías e formular posibles dúbidas sobre os mesmos.
Incluiranse aquí as prácticas realizadas dentro da aula (comentarios, vídeos, lecturas de noticias de actualidade…).
30
 
Observacións avaliación
Para superar a materia é necesario ter superada proba obxectiva

Fontes de información
Bibliografía básica Mayán Santos JM (ed.) (2000). Gerontología Social. Santiago de Compostela: Sega Ediciones
Millán Calenti JC (comp) (2006). Principios de Geriatría y Gerontología. Madrid: Mc-Graw Hill Interamericana
Hernández Rodríguez G et al. (2006). Sociología de la Vejez (pp. 43-112). En Millán Calenti JC. (comp.) Principios de Geriatría y Gerontología. Madrid: Mc-Graw Hill Interamericana

Bibliografía complementaria Amor Pan JR (2010). Bioética y Dependencia. A Coruña: Obra Social Caixa Galicia
Hernández Rodríguez G, Millán Calenti JC (2000). Ancianidad, Familia y Enfermedad de Alzheimer. A Coruña: Universidad de A Coruña
Hernández Rodríguez G (2000). Aportación de los mayores en la familia (pp. 69-97). En: Mayores Solidarios. Madrid: Cáritas Española
Campo Ladero MJ (2000). Apoyo informal a las personas mayores y el papel de la mujer cuidadora. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas
Amor Pan JR (2010). Bioética y Dependencia, Capítulo VI (pp. 271-339). A Coruña: Obra Social Caixa Galicia
López Azpitarte E (2006). Ética en Geriatría (pp. 351-364). En Millán Calenti JC. (comp.) Principios de Geriatría y Gerontología. Madrid: Mc-Graw Hill Interamericana
Hernández Rodríguez G (2001). Familia y Ancianos. Rev Educ. 325: 129-142
Moragas Moragas R (1991). Gerontología social. Barcelona: Herder
Meil Landwerlin G (2000). Imágenes de la solidaridad familiar. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas
Rodríguez Castedo A (dir.) (2005). Libro Blanco. Atención a las Personas en situación de Dependencia en España. Madrid: IMSERSO
Sánchez Vera P, Bote Díaz M (2007). Los mayores y el amor. Una perspectiva sociológica. Valencia: Nau Libres
Casado D (2002). Manual de Servicios Sociales. Madrid: Polibea, Biblioteca de Intervención y Política Social
Adroher Biosca S. (coord.). (2000). Mayores y Familia. Madrid: Universidad P. Comillas y Mº Trabajo y Asuntos Sociales-IMSERSO
Santamarina C et al. (2002). Percepciones sociales sobre las personas mayores. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales (IMSERSO)
Fernández García T, Ares Parra A. (coords.) (2002). Servicios Sociales: Dirección Gestión y Planificación. Madrid: Alianza Editorial

Libros recomendados para “Lecturas”

  • de Beavoir S (2001). La vejez. Madrid: De Bolsillo
  • Delibes M (2010). Cartas de amor a un sexagenario voluptuoso. Madrid: Destino.
  • Delibes M (2010). Diario de un jubilado. Madrid: Destino.
  • Delibes M (1978). El disputado voto del señor Cayo. Madrid: Destino.
  • Delibes M (1979). La hoja roja. Barcelona: Argos Vergara.
  • Friedan B (1994). La fuente de la edad. Madrid: Planeta.
  • Hemingway E (2012). El viejo y el mar. Madrid: De Bolsillo.
  • Missinne LE (2004). Reflexiones sobre la vejez. Madrid: CCS

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Valoración e intervención en Xerontoloxía/653491001
Economía Xerontolóxica/653491021
Intervención Pedagóxica en Xerontoloxía/653491027

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía/653491004
O proxecto de investigación en Xerontoloxía/653491016
Lecer e Tempo Libre en Xerontoloxía/653491025

Materias que continúan o temario
Xerontoloxía Social II/653491009
Atención Sociosanitaria/653491010
Demografía da ancianidade/653491012
Psicobioloxía do avellentamento/653491022

Observacións

- Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumprir cos  obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías