Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Bases Históricas e Documentación en Terapia Ocupacional Código 653G01108
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 7
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Meijide Failde, Rosa
Correo electrónico
rosa.meijide.failde@udc.es
Profesorado
Meijide Failde, Rosa
Santos del Riego, Sergio Eduardo
Sobrido Prieto, María
Correo electrónico
rosa.meijide.failde@udc.es
sergio.santos.delriego@udc.es
maria.sobrido@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia inclúe as bases históricas, fundamentos e documentación da Terapia ocupacional
Inclúe dous obxectivos moi diferenciados: Nas bases históricas e iniciación aos fundamentos pretendemos que os alumnos ao final do curso teñan coñecemento da historia da Terapia Ocupacional e dos principais autores que contribuiron ao seu nacemento e desenrolo. Ademais se iniciará aos alumnos nos fundamentos teóricos e principios filosóficos da Terapia Ocupacional e comezarán a ter contacto cos diferentes marcos de referencia de Terapia Ocupacional necesarios para recoñecer e interpretar os procesos de función-disfunción ocupacional. E un segundo obxectivo referente á documentación en terapia ocupacional na que se verá cal é a estrutura dos traballos científicos en ciencias da saúde e a recuperación da información científica en Terapia Ocupacional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Lecturas
Traballos tutelados
Obradoiro
Presentación oral
Proba mixta

*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifican, e as metodoloxías programadas previamente de maneira presencial pasan a formato virtual mediante Teams e Moodle.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente (de luns a venres). De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Diariamente (de luns a venres). Empregarase como repositorio de material documental e para a entrega de actividades.
- Teams: Exposición de contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial. Esta opción será aplicable tanto na sesión maxistral como nos seminarios de grupos.
Poderanse programar mais sesións según as necesidades para o seguimento e apoio na realización dos "traballos tutelados". Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
Non se modifican os contidos da materia.

*Observacións de avaliación:
Manterense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao computo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbera presenciais ate o momento no que se suspendera a actividade presencial.
- As diferentes actividades de avaliación tanto continuada como o exame final faranse de modo non presencial mediante a plataforma Moodle ou Forms e con soporte directo mediante Teams

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Disporán de materiais de traballo en formato dixital na plataforma moodle

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a historia e a evolución da Terapia Ocupacional e os principais autores A1
A2
A5
A29
B1
B4
B8
B10
B12
B19
B24
C1
C3
Explicar os conceptos teóricos que sosteñen a terapia ocupacional, expresamente a natureza ocupacional dos seres humanos e o seu funcionamento a través das ocupacións A1
A2
A3
A4
A5
A19
A22
A29
B1
B3
B8
B10
B19
C1
C6
Iniciarse no coñecemento dos fundamentos teóricos e principios filosóficos, modelos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de Terapia Ocupacional necesarios para recoñecer e interpretar os procesos de función-disfunción ocupacional. A1
A2
A3
A7
A14
B1
B4
B8
B10
B12
B19
B27
C1
C3
Comprender o proceso de saúde, enfermidade e a discapacidade. Explicar a Clasificación Internacional de Funcionamento, Discapacidade e Saúde (OMS) A1
A3
A19
A34
B1
B3
B8
B9
B10
B12
C1
C3
Identificar a estructura e tipoloxía dos traballos científicos nos seus diferentes soportes A26
B1
B2
B3
B4
B8
B13
B16
B19
B21
B24
C1
C3
C6
C7
C8
Identificar os sistemas de búsqueda e recuperación da información científica en ciencias da saúde. A25
B1
B2
B3
B4
B8
B10
B12
B13
B16
B19
B21
B24
B25
B27
C1
C3
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I
TEMA I CONCEPTOS, BASES HISTÓRICAS E FILOSOFICAS EN TERAPIA OCUPACIONAL

1.- Concepto e definición de Terapia Ocupacional.
2.- Obxetivos e ámbitos de actuación da Terapia Ocupacional.
3.- Historia e evolución da Terapia Ocupacional. Desenrolo no marco das ciencias da saúde. Principais autores.
4.- Saúde i enfermidade. Teoría da enfermidade e da incapacidade. Clasificación internacional do funcionamiento, discapacidade e saúde. CIF.
5.- Fundamentos filosóficos da Terapia Ocupacional.
6.- Concepto de ocupación como característica evolutiva e principal actividad dos seres humanos. Dimensións biolóxica, psicolóxica e social da ocupación.
BLOQUE I.
TEMA II. ORGANIZACION DO COÑECEMENTO EN TERAPIA OCUPACIONAL. MARCOS DE REFERENCIA
7.- Organización do coñecemento en Terapia Ocupacional: Marcos de referencia teóricos primarios, Marcos de referencia da disfunción física: cinesiolóxico/biomecánico; neuromotriz e neurolóxico- evolutivo; perceptivo-cognitivo.
Marcos de referencia da disfunción psico-social: conductual; cognitivo; analítico; humanista.
BLOQUE I.
TEMA III. ACTIVIDADES OCUPACIONALES
Actividades ocupacionais. Obradoiros
BLOQUE II.- DOCUMENTACIÓN EN TERAPIA OCUPACIONAL

TEMA I. FONTES DE INFORMACIÓN
1.- Características e clasificación
2.- As revistas científicas
2.1. O artigo científico orixinal
2.2. O artigo de revisión
2.3.- Calidad e avaliación da publicación científica
3.- Literatura gris
4.- Ética na publicación científica
BLOQUE II.- DOCUMENTACION EN TERAPIA OCUPACIONAL
TEMA II: RECUPERACIÓN DE INFORMACIÓN BIBLIOGRÁFICA
1.- Localización de libros y manuales: os catálogos
2.- Localización de artigos: bases de datos bibliográficas
2.1.- Elaboración dunha estratexia de busca
2.2.- Identificación de bases de datos adecuadas:


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral A26 B2 B8 B12 B13 B19 B21 C1 C3 C6 C7 4 4 8
Sesión maxistral A2 A1 A3 A4 A5 A7 A14 A19 A29 39 30 69
Proba mixta A1 A22 A26 B1 B2 B4 B8 B10 B12 B13 C1 5 0 5
Lecturas A2 A1 A4 A25 A26 B1 B3 B4 B10 B12 B16 10 10 20
Obradoiro A2 A1 A3 A7 A14 A29 A34 B10 B24 B25 20 15 35
Traballos tutelados A2 A1 A14 A19 A29 B2 B3 B9 B12 B27 C8 6 25 31
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxetivas.
No referente a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenrolo. Ademáis, en canto ás preguntas obxetivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Permite adquirir competencias xenéricas referenciadas en esta asignatura.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se teñen recollido i editado como fonte de profundización nos contidos traballados.

Permiten adquirir as competencias específicas referenciadas nesta asignatura.
Obradoiro Mediante diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) o alumnado desenvolverá tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Se realizarán varios traballos relacionados con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o profesor: algúns de modo individual e outros en grupo. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para oseguimento, presentación escrita, preparación da presentación i exposición na aula, no seu caso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Presentación oral
Sesión maxistral
Obradoiro
Descrición
A atención personalizada farase, globalmente, mediante tutorías personalizadas directas e virtuais, individuais e grupais.
Terase en conta aos alumnos con dedicación a tempo parcial

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A1 A14 A19 A29 B2 B3 B9 B12 B27 C8 Se realizarán varios traballos relacionados con algúns dos apartados dos temas do programa que seleccionará o profesorado: algúns de modo individual e outros en grupo. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimiento, presentación escrita, preparación da presentación e exposición na aula, no seu caso. 20
Proba mixta A1 A22 A26 B1 B2 B4 B8 B10 B12 B13 C1 Se realizarán dúas probas mixtas para cada un dos bloques según instruccións do profesorado. 65
Presentación oral A26 B2 B8 B12 B13 B19 B21 C1 C3 C6 C7 A presentación oral se evaluará individualmente e será unha das partes a evaluar de cada un dos traballos tutelados realizados 3
Sesión maxistral A2 A1 A3 A4 A5 A7 A14 A19 A29 Se rexistrará e valorará a asistencia e participación ás clases de presentación de contidos 4
Obradoiro A2 A1 A3 A7 A14 A29 A34 B10 B24 B25 Se valorará a asistencia e aproveitamento dos obradoiros organizados 8
 
Observacións avaliación

Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades son a asistencia, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados nos exames teóricos e prácticos e competencias referidas para esta materia. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable)

A materia está dividida en dous bloques con avaliación independente: Bloque I: Nota ata 7 Bloque II: Nota ata 3

EVALUACION DO BLOQUE I: BASES HISTORICAS DE TERAPIA OCUPACIONAL: 

Dun total de 7 puntos correspondente a este bloque o exame será un 70% do total do bloque 1 (4,9); Asistencia e aproveitamento ao 80% das clases, un 10% do total do bloque 1 (0,7); traballos realizados, un 20% do total do bloque 1 (1,4). 

AVALIACIÓN DO BLOQUE 2: DOCUMENTACION EN TERAPIA OCUPACIONAL

As porcentaxes de avaliación establecidos para a materia de %ou201CDOCUMENTACIÓN EN TERAPIA OCUPACIONAL%ou201D, serán os que se presentan a continuación:

Proba de ensaio.........................................60%

Traballos tutelados........................................40%

Para poder aprobar este módulo, é requisito indispensable, tanto na convocatoria de xaneiro como na de xullo:    

 

TRABALLOS TUTELADOS...Realizar o 100%, e obter polo menos un 2 sobre unha puntuación de 4.

 PROBA DE ENSAYOHaber obtido polo menos un 3 sobre unha puntuación máxima de 6.

Aqueles alumnos que non superasen a convocatoria de xaneiro, deberán examinarse na convocatoria de xullo, das partes non superadas.

OBSERVACIÓNS XERAIS DA MATERIA 

Para superar a materia é requisito que o alumno alcance un 5 (sobre 10) en ambas as partes.

Se o alumno suspende unha parte en xaneiro, só terá que presentarse á parte suspensa na convocatoria de xullo. No caso de que o alumno non supere a convocatoria de xullo, tería a materia suspensa e a parte aprobada non se gardaría para cursos posteriores.



Fontes de información
Bibliografía básica

Gómez Tolón. J. 1997. "Fundamentos Metodológicos de la Terapia Ocupacional". 1ª Ed. Editorial Mira. Zaragoza..

Hopkins. H.L., Smith, H.D. 2011. "Terapia Ocupacional", 11ª Edición. Editorial Médica Panamericana Madrid,

Kielhofner G. 2006. Fundamentos conceptuales de la terapia ocupacional. 3ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.

Polonio Begoña y cols. 2003. Conceptos fundamentales de Terapia Ocupacional. Editorial Panamericana

Romero A. Moruno P. 2003. Terapia Ocupacional. Teoría y Técnicas. Madrid. Masson.

OMS. CIF. Clasificación Internacional del Funcionamiento, de la Discapacidad y de la Salud. 2001

Bibliografía del bloque DOCUMENTACIÓN EN TERAPIA OCUPACIONAL:

Sobrido Prieto M, Talavera Valverde MA, Gutiérrez Couto U. El artículo científico en terapia ocupacional. Madrid; síntesis; 2017.

Day R. Cómo escribir y publicar trabajos científicos. 2ª ed. Washington : OPS, Oficina Sanitaria Panamericana, 1996

Durán Martínez R, Gómez Gonçalves A, Sánchez Sánchez, ME. Guía didáctica para la elaboración de un trabajo académico [Internet]. Zamora: Iberoprinter, 2017 [citado 10 julio 2018]. Disponible en: https://gredos.usal.es/jspui/bitstream/10366/132754/1/dpee_Gu%C3%ADatrabajoacad%C3%A9mico.pdf 

Iñesta García, A. Webs y buscadores en Ciencias de la Salud [Internet]. Madrid, Escuela Nacional de Sanidad (ENS) Instituto de Salud Carlos III, 2012. [citado 10 julio 2018] Disponible en: http://gesdoc.isciii.es/gesdoccontroller?action=download&id=20/12/2012-c4cf662b7d 

González de Dios J, González-Muñoz M, Alonso-Arroy A, Aleixandre-Benavent R. Comunicación científica (III). Congresos científicos (2): Claves para elaborar un buen póster científico. Acta Pediatr Esp [Internet]. 2013 [citado 10 julio 2018]; 71 (7): e186-e188. Disponible en: http://webs.ucm.es/BUCM/med/doc22199.pdf

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

En cada tema se aportará bibliografía específica.

O profesor responsable se reserva a posibilidade de realizar algún cambio na evaluación i outros aspectos que serán notificados aos estudiantes con suficiente antelación.

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)" os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. 

b.- De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías