Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Xestión dos servizos da Enfermaría Código 661G01021
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Uriel Latorre, Pablo
Correo electrónico
pablo.uriel@col.udc.es
Profesorado
Uriel Latorre, Pablo
Correo electrónico
pablo.uriel@col.udc.es
Web
Descrición xeral O proposito xeral da materia é capacitar ao alumno para traballar dentro dunha organización ou sistema tendo en conta o medio socioeconómico en que ésta se desenvolve, así como por ao seu alcance os métodos e as técnicas utilizados polas ciencias administrativas para integrar os coñocementos adquiridos noutras disciplinas coa finalidade de prestar un servizo de calidade a un custo adecuado e incrementar o desenvolvemento persoal, profesional e o da institución ou sistema

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar o proceso evolutivo do pensamento administrativo e a súa aplicación ós servizos actuales de saúde e de enfermaría, describindo as diferentes correntes do proceso e a súa aportación á xestión dos servizos de saúde e de enfermaría. A53
B1
B8
C1
C4
Describir as características dos sistemas sanitarios existentes, explicando e analizando o sistema sanitario español e galego e o papel da enfermeira dentro dos mesmos A53
B1
B3
B8
B11
C1
C4
C10
Interpretar as etapas do proceso de xestión e a súa aplicación ós servizos de saúde e de enfermaría, analizando o enfoque de planificación por necesidades. A53
A54
B1
B3
B8
B11
B12
C1
C4
C10
Valorar as características dos diferentes tipos de organizacións e estructuras organizativas dos servizos de saúde y de enfermaría. A53
A54
B1
B8
B11
B12
C1
C4
C11
Describir e analizar as diferentes teorías sobre liderazgo e a súa aplicación ós servizos e ós coidados enfermeiros. A53
A54
B1
B3
B5
B7
B8
B11
B13
C1
C4
C12
Describir e analizar os principios, elementos e métodos de garantía de calidade asistencial. Explicará a importancia de: indicadores, criterios e estándares na avaliación da calidade. A53
A54
A55
B1
B2
B3
B5
B7
B8
B12
B13
B18
B21
B22
C1
C4
C11

Contidos
Temas Subtemas
Marco de referencia e conceptual da administración como ciencia. Administración e xestión dos servizos de saúde Introducción á perspectiva da Administración como ciencia.
Teorias clasicas y madernas e a súa aplicación nos servizos de saúde
Funcións e modelos de xestión dos servizos de saúde e de enfermaría Conceptos básicos sobre sistemas de saúde.
Análise comparativo dos distintos modelos sanitarios.
Sistema de saúde español e galego. Papel de la enfermera.
Planificación dos servizos de saúde e de enfermaría.
O proceso administrativo. Aplicación.
Modelos de xestión institucionais.
Planificación baseada nas necesidades. Risco, necesidade e demanda.
Técnicas de planificación
Estudio das organizacions. A organización dos servizos de saúde e de enfermaría. Conceptos básicos de organización.
Organización dos servizos de saúde e de enfermaría.
A estructura nas organizacións de saúde e de enfermaría.
Elementos de organización específicos dos servicios de enfermaría.
Sistemas de organización do traballo das enfermeiras nos distintos niveis asistenciais.
A dirección e liderado nos departamentos de enfermaría e na xestión de coidados O liderado. Definición e tipos.
Toma de decisións.
Definición da toma de decisión. Tipos e métodos de toma de decisións e dirección de grupos.
A motivación.
A comunicación.
Sistemas de comunicación e información máis utilazados.

Evaluación, control e calidade da atención sanitaria e dos coidados de enfermaría. O control nas organizacións.
Tipos de control. Control interno e control externo.
Instrumentos e ámbito de control.
Compoñentes da calidade dos servicios sanitarios.
Enfoques da valoración da calidade.
Garantía de calidade nos servicios de enfermaría.
Indicadores, criterios estándares de calidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A53 A54 A55 B18 C4 C12 21 31 52
Estudo de casos A53 A54 A55 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B11 B12 B13 B21 B22 C1 C10 14 28 42
Análise de fontes documentais A54 A53 B1 B3 B5 B8 B12 C11 2 5 7
Traballos tutelados A54 B1 B2 B3 B5 B7 B8 C11 2 15 17
Proba mixta A53 A54 A55 B8 C10 2 26 28
Actividades iniciais C4 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada relacionada cos traballos ten como finalidade orientar os estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.


A atención personalizada relacionada coa proba mixta ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A53 A54 A55 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B11 B12 B13 B21 B22 C1 C10 A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo, onde se avaliará a adquisición de competencias, suporá o 20 %da cualificación final. 20
Traballos tutelados A54 B1 B2 B3 B5 B7 B8 C11 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria. A avaliación dos traballos inclúe a valoración de competencias específicas e transversais. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 20% da cualificación final. para a avaliación dos traballos seguiranse criterios de calidade sobre:presentación, estrutura, contidos, bibliografía e exposición oral, de se realizar 20
Proba mixta A53 A54 A55 B8 C10 Proba escrita con pregunta curta e tipo test para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos 60
 
Observacións avaliación
  • A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da
    materia quedará suxeita a que cada unha das metodoloxias que
    computen na avaliación sexan superadas pola/o alumna/o segundo os
    criterios que estableza a profesora.
  • Os criterios de avaliación da segunda oportunidade
    (xullo) serán os mesmos cos da primeira oportunidade (maio/xuño).
  • As probas superadas na primeira oportuniodade
    (maio/xuño) conservaranse só para a segunda oportunidade (xullo).
  • Os estudantes con matricula a tempo parcial e os que
    soliciten adianto de oportunidade,  acolleranse á modalidade de exame
    de proba mixta que constará de preguntas curtas e tipo test e suporá o
    100% da nota. 
  • Os estudantes que opten a matricula de honra deberán
    ter unha cualificación superior a 9 na proba mixta e ter superadas o resto
    de metodoloxías coa nota máxima.
  • Os
    estudantes que non se presenten a proba mixta, obteran un no presentado.

Fontes de información
Bibliografía básica Metas de enfermería (). .
Rol de Enfermería (). .
Enfermería Clínica (). .
Todo Hospital (). .
Calidad asistencial (). .
MONPART M.P ( 2003). Administración de los Servicios de Enfermería. Barcelona: Masson
BALDERAS M (2004). Administración de los Servicios de Enfermería. 3ª ed. México: Interamericana
GONZALEZ DAGNINO A. (1994). Administración por Objetivos. . Madrid: Fondo de Investigaciones Sanitarias de la Seguridad Social
MONPART GARCÍA M.P, DURÁN ESCRIBANO M (2009). Administración y gestión. Madrid: DAE
ALFARO LEFEVRE R (2003). Aplicación del Proceso Enfermero: fomentar el cuidado en colaboración. 5ª ed. . Barcelona: Masson
VUORI HV (1991). El control de calidad de los servicios sanitarios: conceptos y metodología. Barcelona: Masson
LOPEZ CASASNOVAS G (2001). El control de Gasto Sanitario. Springer. Barcelona
BOHIGAS SANTASUSAGNA LL (1994.). El control de gestión en enfermería. Barcelona: Fundación Averis Donabedian
GILLIES D.E (1994). Gestión de Enfermería: Una aproximación a los sistemas. Barcelona: Masson Salvat Enfermería
VARO JAIME (1994). Gestión Estratégica de la Calidad en los servicios sanitarios. Un modelo de Gestión hospitalaria . Madrid: Ediciones Díaz de Santos
TEMES MONTES JL (2007). Gestión hospitalaria. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana
MARRINER TOMEY A (2001). Guía de Gestión y Dirección de Enfermería. 6ª ed. Barcelona: Harcourt
CHIAVENATO I (2006). Introducción a la teoría general de la administración. 5ª ed. . México: McGraw-Hill Interamericana
DONABEDIAN A (1991). La calidad de la atención médica: definición y métodos de evaluación. México: La Prensa Médica Mexicana
PINEAULT R., DAVELUY C (1994). La Planificación Sanitaria. Conceptos, Métodos, Estrategias. 2ª ed. Barcelona: SG editores
(1986). LEY 14/1986 de 25 de Abril, GENERAL DE SANIDAD . B.O.E. 29 de Abril de 1986
LAMATA F, CONDE J, HORNO J (1994). Marketing sanitario. . Madrid: Díaz de Santos
MASON E.J (1988). Normas de calidad en enfermería. Barcelona: Doyma
MINISTERIO DE SANIDAD Y CONSUMO (1990). Organización del equipo de Atención Primaria. Madrid: Ministerio de Sanidad y Consumo. Instituto Nacional de la Salud
ELOLA SOMOZA J (2001). Política Sanitaria Española. Madrid. Díaz de Santos

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Psicoloxía/661G01003
Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008
Enfermaría Comunitaria I/661G01014
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Enfermaría Clínica I/750G01034
Enfermaría Clínica II/750G01035

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría clínica III/750G01017

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías