Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Smart Cities. Tecnoloxías emerxentes para cidades sostibles Código 670526014
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Expresión Gráfica Arquitectónica
Coordinación
Fernández Álvarez, Ángel José
Correo electrónico
angel.fernandez.alvarez@udc.es
Profesorado
Fernández Álvarez, Ángel José
Correo electrónico
angel.fernandez.alvarez@udc.es
Web http://euat.udc.es
Descrición xeral O concepto emerxente de Smart City ou Cidade Intelixente engloba solucións de carácter multidisciplinar que buscan a mellora na xestión dos servizos urbanos utilizando as tecnoloxías da información para garantir a sustentabilidade social e ambiental.

Cunha visión transversal nesta materia búscase introducir os conceptos fundamentais dunha Smart City, o concepto da internet of Things (IoT) ou Internet das Cousas, o fenómeno do Big Data, o Cloud computing e a visualización, análise e procesado de información en relación cos principios de sustentabilidade, a nova economía urbana e a relación co cidadán.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
AM14
BM1
BM2
BM6
BM9
BM14
BM15
CM1
CM6
CM8
AM15
BM1
BM3
BM4
BM5
BM6
BM9
BM16
BM19
BM23
CM1
CM3
CM5
CM6
CM8
AM16
BM1
BM2
BM6
BM8
BM9
BM10
BM14
BM18
BM23
CM3
CM5

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. INTRODUCIÓN A transformación urbana na sociedade da información e do coñecemento: Smart Cities.
Tema 2. TECNOLOXÍAS EMERXENTES Tecnoloxías emerxentes: do Smart Building á Smart City.
Tema 3. INTERNET DAS COUSAS Internet das Cousas: a interacción coa información da contorna.
Tema 4. OPEN DATA / BIG DATA Infraestruturas tecnolóxicas para a captura, procesado e análise da información.
Tema 5. VISUALIZACIÓN Ferramentas de visualización de datos e información.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A14 A15 A16 B4 B5 B6 B14 B15 B16 C1 C5 C6 15 24 39
Prácticas a través de TIC A16 B1 B2 B6 B8 B9 B10 B16 B23 C3 C6 6 9 15
Seminario A14 A15 A16 B4 B5 B6 B14 B16 B18 B19 C1 C5 C6 2 3 5
Traballos tutelados A14 A15 A16 B1 B2 B3 B4 B6 B9 B14 B16 C1 C6 C8 0 15 15
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Seminario
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
Nas entrevistas periódicas e titorías que se establezan co alumno realizaranse as aclaracións correspondentes a todos aqueles aspectos que resulten de interese para mellorar a calidade do proceso de ensino-aprendizaxe, orientarase sobre os conceptos expostos nas sesións maxistrais e farase un seguimento do traballo tutelado obrigatorio.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A16 B1 B2 B6 B8 B9 B10 B16 B23 C3 C6 Valorarase a participación activa e o aproveitamento do alumnado nas prácticas que se realicen sobre os contidos da materia a través de ferramentas TIC. 10
Traballos tutelados A14 A15 A16 B1 B2 B3 B4 B6 B9 B14 B16 C1 C6 C8 Valorarase a adecuación dos traballos realizados polo alumno aos criterios e orientacións expostos polo profesor. 80
Sesión maxistral A14 A15 A16 B4 B5 B6 B14 B15 B16 C1 C5 C6 Valorarase a participación activa do alumnado nas sesións maxistrais. 10
 
Observacións avaliación

Para poder obtar a unha avaliación positiva na materia o alumno deberá asistir como mínimo ao 80% das clases (sesións maxistrais, talleres, seminarios, ...).

Para poder ser cualificado será obrigatoria a entrega en tempo e forma de todos os traballos propostos.

Ademais da asistencia, participación e realización de traballos tutelados poderanse realizar as probas que se consideren necesarias co fin de valorar adecuadamente o grao de asimilación dos contidos conceptuais e procedimentales da materia.

OBSERVACIÓNS ESPECÍFICAS ALUMNADO MODALIDADE FORMACIÓN ONLINE (NON PRESENCIAL)

As metodoloxías docentes, as actividades de aprendizaxe e os criterios e metodoloxías de avaliación correspondentes ao alumnado do MUES na súa modalidade de formación "en liña" (non presencial) adaptaranse ás características específicas deste tipo de docencia promovendo unha aprendizaxe autónoma e activa.


Fontes de información
Bibliografía básica FERNÁNDEZ, Manu (2016). Descifrar las Smart Cities. ¿Qué queremos decir cuando hablamos de Smart Cities?. Me Gusta Escribir
MITCHELL, William J. (2001). E-topia: Vida urbana, Jim, pero no la que nosotros conocemos. Editorial Gustavo Gili
FINQUELIEVICH, Susana (2016). I-Polis. Ciudades en la era de Internet. Diseño Editorial
JACOBS, Jane (2011). Muerte y vida de las grandes ciudades. Editorial Gustavo Gili
DEL RIVERO, Marieta (2017). Smart Cities. Una visión para el ciudadano. LID
PICON, Antoine (2015). Smart Cities: A Spatialised Intelligence. Wiley
TOWNSEND, Anthony M. (2013). Smart Cities: Big Data, Civic Hackers, and the Quest for a New Utopia. New York: W. W. Norton Inc.
VV.AA. (2017). Smart Cities: Foundations, Principles, and Applications. Wiley
SIMONE NOVECK, Beth (2015). Smart Citizens, Smarter State: The Technologies of Expertise and the Future of Governing. Harvard University Press
VV.AA. (2013). SMART CITY. Hacía la gestión inteligente. Marcombo
de WAAL, Martijn (2014). The City as Interface: How New Media Are Changing the City. Rotterdam: NAi010 Publishers
BATTY, Michael (2013). The New Science of Cities. MIT Press
GOLDSMITH, Stephen; CRAWFORD, Susan (2014). The Responsive City: Engaging Communities Through Data-Smart Governance. San Francisco, CA: Jossey-Bass (Wiley)

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión avanzada de información en edificación: SIG e BIM/670526006
Tecnoloxías avanzadas de representación gráfica en edificación/670526007
Introdución ao TFM : Metodoloxía e planificación da investigación/670526004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo de Fin do Mestrado/670526027

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías