Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Patrimonio Bibliográfico Documental e Arquivística Código 710521003
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Ruiz Astiz, Javier
Correo electrónico
j.ruiz.astiz@udc.es
Profesorado
Ruiz Astiz, Javier
Correo electrónico
j.ruiz.astiz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretender introducir no ámbito do Patrimonio Bibliográfico-Documental: conceptos, problemas, perspectivas de futuro e fontes de información.

Asimesmo, esta disciplina busca introducir a os/as alumnos/as nos procesos e técnicas da Arquivística de especial relevancia dentro do ámbito da Documentación como disciplina científica. Para iso se centra nos seguintes elementos:

a) Os conceptos e formulacións teóricas centrales no estudo da arquivística.
b) Estudo do marco de normalización internacional.
c) Se busca a aplicación práctica do estudiado no marco conceptual e metodolóxico técnico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

– Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen:

– Sesión maxistral.
– Traballos tutelados.
– Lecturas.
– Proba mixta.
– Atención personalizada.

*Metodoloxías docentes que se modifican:

– Proba mixta (non se realizará de forma presencial, senon por medios telemáticos).

– Sesión maxistral (non se realizará de forma presencial, senon por medios telemáticos: Teams).

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.

– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.

– Teams: sesións en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 4 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación

– Non se realizarán cambios, polo que as porcentaxes seguirán sendo os mesmos.

*Observacións de avaliación:

Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.

Requisitos para superar a materia:

1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.

2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballo tutelado, lecturas e exame).

3. Entregar e expoñer o traballo tutelado na data que se indique.

4. A 2ª oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a 1ª oportunidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:

– Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Achegar as alumnas/os ao Patrimonio Bibliográfico-Documental mediante a análise dos seus conceptos, desenrolo, perspectivas e coñecemento das fontes información de mais relevo. AP1
AP2
AP6
AP7
BP1
BP7
CP10
Mostrar a importancia do patrimonio inmaterial para a construcción do Patrimonio bibliográfico Documental, asi como que este se atopa inmerso dentro do sistema socioeconómico. AP3
AP12
AP13
AP15
BP8
BP9
CP3
CP10
Visibilizar o Patrimonio Bibliográfico Documental xerado por galegas/os no interior e exterior da Península e a contribución destas/os para a construcción do noso patrimonio documental e do de países extranxeiros. BP10
CP8
CP9
CP10
Introducir ás/os discentes nos procesos e técnicas da Arquivística, aplicabeis dentro do ámbito do patrimonio, como poda ser a conservación. E tamén profundizar nos seus coñecementos sobre Arquivística, centrándose en: a) Os conceptos e formulacións teóricas centrais do seu estudo. b) O estudo do marco de normalización internacional. c) As aplicacións prácticas do estudiado no marco conceptual e metodolóxico técnico. AP3
AP8
BP3
BP5
BP6
BP8
BP9
BP12
CP5
CP7
CP10

Contidos
Temas Subtemas
Módulo 1. Patrimonio Bibliográfico-Documental
Tema 1. Patrimonio bibliográfico: conceptos.

Tema 2. O Patrimonio bibliográfico-documental: marco lexislativo e principais fontes de información.

Tema 3. O Libro antigo: características básicas.

Tema 4. Conservación, difusión e uso do Patrimonio bibliográfico-documental.

Tema 5. Tipoloxías de bibliotecas con fondo antiguo e recursos de información.
Módulo 2. Archivística Tema 6. Patrimonio arquivístico: conceptos e principios.

Tema 7. Historia da Arquivística.

Tema 8. Arquivos e lexislación: acceso aos documentos.

Tema 9. Usos arquivísticos da documentación: identificación, clasificación, ordenación e descrición.

Tema 10. Conservación e promoción do patrimonio arquivístico.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A7 B5 B9 B12 C3 C5 C7 C9 6 55 61
Sesión maxistral A2 A1 B6 B7 B8 B12 21 0 21
Proba mixta A1 A2 A3 A6 B1 B3 2 26 28
Lecturas A8 A12 A13 A15 B1 B3 B10 C8 C10 4 32 36
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Estarán orientados á aplicación dos conceptos e técnicas da materia de forma autónoma por parte do alumnado, contando sempre coa atención personalizada e seguimento da docente. Desenvolveranse traballos de acordo ás pautas establecidas, e entregaranse na data fixada.
Sesión maxistral Exposición de contidos teóricos, desenvolvemento de procedementos, visualización de exemplos e resolución de dúbidas por parte da profesora.
Proba mixta Proba que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación sobre os contidos teóricos e prácticos da materia para a avaliación dos coñecementos adquiridos.
Lecturas Inclúese baixo este epígrafe o resumo e comentario de lecturas, vídeos, conferencias, exposicións, etc. Trátase de actividades que permiten profundar nos contidos traballados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Este tipo de atención terá especial peso nos traballos tutelados, para os cales o docente irá marcando as pautas a seguir en cada caso, podendo propor as variacións ou modificacións necesarias.

Con carácter xeral, e en todas as metodoloxías aplicadas, utilizaranse as tutorías presenciais, o correo electrónico e a plataforma informática da UDC.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A8 A12 A13 A15 B1 B3 B10 C8 C10 Lecturas dun mínimo de tres artigos ou varios capítulos de libro dos que haberá que realizar o resumo, unha analise e un comentario 40
Proba mixta A1 A2 A3 A6 B1 B3 Avaliaranse os contidos das respostas, a adecuación das mesmas ás preguntas realizadas, a capacidade de argumentación, o emprego da terminoloxía, a expresión escrita, a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.
Non se corrixirán aquelas respostas que conteñan faltas de ortografía ou non contesten o tema exposto.
40
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A7 B5 B9 B12 C3 C5 C7 C9 Traballo individual sobre a difusión do patrimonio bibliográfico ou arquivístico. As súas características serán explicadas polo profesor. 20
 
Observacións avaliación

É imprescindible aprobar a proba mixta para superar esta materia. O
traballo individual e as lecturas so sumarán á proba mixta se esta
está aprobada. Ademáis para superar esta materia é necesario ter aprobadas cada unha das partes impartidas polo profesor.

Aqueles/as alumnos /as que teñan algún tipo de excepcionalidade para vir a clase legalmente concedida, que falen co/a pofesor/a á comezos de curso para establecer as titorías e os sistemas de avaliación correspondentes


Fontes de información
Bibliografía básica Heredia Herrera, Antonia (2016). "A fotografia e os arquivos". Revista Foto e Documento, nº 2
López Gómez, P (2005). "Fuentes para la historia local en el Archivo del Reino de Galicia: la administración y los ayuntamientos gallegos. Anuario Brigantino, 28: 277-302.
López Gómez, P. (2002). "La evaluación de los estudios de Archivística en el último cuarto de siglo". . Documentación de las Ciencias de la Información, 25:129-146.
Latorre, R. (2004). "La ISAD (G) y la gestión documental". En: La descripción multinivel en los archivos municipales. . Madrid: Consejería de Cultura y Deportes
Barbadillo, J. (2014). Apuntes sobre ISAD(G) y la descripción archivística normalizada. Gran Canaria: Anroart
Vives, Josep (coord.) (2009). Digitalización del patrimonio: archivos, bibliotecas y museos en la red. Barcelona: UOC
Marsá Vila, María (1999). El fondo antiguo en la biblioteca. Gijón: Trea
Bello Urgellès, Carmen; Borrell Crehuet, Àngels (2002). El patrimonio bibliográfico y documental: claves para su conservación preventiva. Gijón: Trea
Molina Puche, Sebastian, Llonch Molina, Nayra, Martínez Gil Tania (eds). (2017). Identidad Cultural, Ciudadanía y Patrimonio. Oviedo: Ed. Trea
Tugores, Francesca; Planas, Rosa (2006). Inntroducción al patrimonio cultural. Gijón: Trea
Bonal, J. L (2001). La descripción archivística normalizada: origen, fundamentos, principios y técnicas. Gijón: Trea
Cruz Mundet, J. R. (2010). Manual de Archivística. Madrid: Fundación Germán Sánchez-Ruipérez
Cruz Mundet, J. R. (2010). Manual de Archivística. Madrid: Fundación Germán Sánchez-Ruipérez
Núñez, E. (2009). Organización y gestión de archivos. Gijón: Trea
Prieto Gutiérrez, Juan José (2013). Plan de seguridad en bibliotecas: la protección del patrimonio documental. Gijón: Trea

O profesor completará esta bibliografía nas aulas durante as súas explicacións. 

Bibliografía complementaria (). Anales de Documentación. http://revistas.um.es/analesdoc/index
(). BiD. http://www.ub.es/biblio/bid/
(). Boletín de la ANABAD. ANABAD
(). El Profesional de la Información. http://www.elprofesionaldelainformacion.com/
(). Pecia Complutense. http://www.ucm.es/BUCM/pecia/
(). Revista Española de Documentación Científica. http://redc.revistas.csic.es/index.php/redc
(). Revista General de Información y Documentación. Universidad Complutense

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Os/as estudiantes que non podan asistir con regularidade ás aulas deben contactar co docente na primeira semana lectiva.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías