Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Organización e Xestión de Arquivos Históricos e Bibliotecas Patrimoniais Código 710521022
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
Profesorado
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Ruiz Astiz, Javier
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
j.ruiz.astiz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia dá a coñecer os principios fundamentais de xestión e tratamento do patrimonio bibliográfico e documental. Ten como obxectivo capacitar para unha aproximación crítica ás actividades de diversa índole para a difusión, divulgación e uso social do patrimonio documental e bibliográfico. Traza unha visión xeral da formación e tipos de bibliotecas patrimoniais, a xestión do desenvolvemento específico das súas coleccións, así como aspectos da súa organización e posta en valor no actual marco tecnolóxico. Presenta a organización e descrición dos fondos documentais en arquivos históricos, o panorama xeral do sistema español de arquivos e os principais arquivos históricos de España e Galicia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
-Proba de resposta múltiple: mantense de xeito síncrono e asíncrono online, utilizándose para tal fin Moodle e Forms, xunto coa súa coordinación a través de videoconferencia en Microsoft Teams. Os alumnos e alumnas que non poidan realizar as probas a través dos medios previstos, deben comunicar aos docentes da materia tal circunstancia ofrecendo unha motivación con suficiente antelación.
-Sesión maxistral: mantense por videoconferencia, no seu horario habitual, primando a aprendizaxe activa e participativa. Deste xeito, os profesores reforzarán as comunicacións a través do foro de novas de Moodle, retroalimentación das actividades, tamén, en Moodle e dispoñibilidade online para consultas e seguimento do alumnado.
-Lecturas: mantéñense, segundo as indicacións dos profesores da materia.
-O traballo tutelado: mantense, os alumnos e alumnas deberán entregar o traballo a través de Moodle, na data indicada e seguindo as indicacións dadas polos profesores.

*Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
-Ferramentas: correo electrónico da UDC, Microsof Teams e Moodle (retroalimentación formativa das actividades).
-Temporalización: aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. Rógase que, en primeira instancia, a comunicación se estableza a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posible concertar citas para videoconferencias a través de Teams.

4. Modificacións na avaliación: proba de resposta múltiple, mediante test en Forms e Moodle, nos que se avaliarán os contidos teóricos e prácticos da materia. Tempo para a súa realización: 2 horas. Cualificación: 40%; traballo tutelado, os alumnos entregarán, no prazo estipulado, o traballo a través de Moodle. Cualificación: 60%

*Observación da avaliación: para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo, é dicir, se un alumno non supera o traballo tutelado non se lle avaliará a proba de resposta múltiple e viceversa. Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas. Os alumnos que non entreguen ou non superen o traballo, e todos os test, xunto cos alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados de xeito síncrono nos exames oficiais dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 100%).

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: o material preciso para preparar a materia (apuntes, gravacións das clases e/ou referencias web aos textos que son imprescindibles) colgarase na plataforma Moodle ou darase acceso a el a través de enlaces de Internet.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento da formación e desenvolvemento das coleccións patrimoniais nas bibliotecas AP3
AP7
AP11
AP15
BP2
BP3
BP4
BP6
BP10
BP11
CP1
CP6
Desenvolvemento de habilidades no acrecentamento de fondos patrimoniais, métodos de adquisición, fontes alternativas de financiamento e provedores AP8
AP9
AP10
AP11
BP2
BP5
BP7
CP1
CP3
CP5
CP6
CP7
CP9
Coñecemento e adquisición de habilidades na organización e posta en servicio das coleccións patrimoniais nas bibliotecas AP8
AP9
AP10
AP15
BP10
BP11
CP1
CP2
CP6
CP8
Coñecemento da organización dos arquivos históricos AP2
AP5
AP6
AP9
AP12
AP14
BP1
BP9
CP4
CP9
CP10
Desenvolvemento de habilidades na descrición dos documentos e fondos documentais dos arquivos históricos AP8
AP15
CP1
CP2
CP3
CP7
Coñecemento do sistema español de arquivos e dos principais arquivos históricos de España AP1
BP5
CP3
CP9
CP10
Coñecemento dos principais arquivos históricos de Galicia AP1
BP5
CP3
CP9
CP10

Contidos
Temas Subtemas
Módulo de organización e xestión de arquivos históricos Tema 1. Principios fundamentais da Arquivística

Tema 2. Arquivos históricos do Estado español: tipos e características

Tema 3. Institucións produtoras de documentos históricos

Tema 4. Fondos e tipoloxías documentais nun arquivo histórico

Módulo de organización e xestión de bibliotecas Tema 5. Panorama xeral da formación e tipos de coleccións patrimoniais

Tema 6. Adquisición de coleccións patrimoniais: Depósito Legal, compra, doazóns e depósitos

Tema 7. Organización e posta en valor das coleccións patrimoniais en bibliotecas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A3 A7 A10 A15 B3 B5 B7 B9 B10 B11 C3 C4 C9 4 8 12
Traballos tutelados A7 A10 A15 B4 B6 C1 C5 C7 C8 0 23 23
Proba de resposta múltiple A7 A8 A9 A15 B3 C1 C2 C6 2 15 17
Sesión maxistral A15 A14 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A2 B1 B2 B10 B11 C10 21 0 21
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Textos propostos polos profesores que complementan os contidos da sesión maxistral
Traballos tutelados Traballo en grupo de aprendizaxe independente dos alumnos orientado á aplicación dos conceptos e as técnicas da materia, contando sempre coa atención personalizada e o seguimento dos profesores. Elaborarase seguindo as pautas formais e de contido indicadas
Proba de resposta múltiple Test dos contidos teóricos e prácticos para a avaliación dos coñecementos adquiridos
Sesión maxistral Exposición oral por parte dos profesores, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos alumnos, coa finalidade de transmitir os coñecementos fundamentais da materia e facilitar a aprendizaxe. Fundamentarase na exposición de contidos teóricos, a visualización de exemplos e a resolución de dúbidas por parte dos profesores

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta múltiple
Lecturas
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
Resolver dúbidas, ampliar formulacións, suxerir actividades e distintas formas de traballo que axuden aos alumnos na súa aprendizaxe. Motivación á participación. Seguimento personalizado e constante de cada unha das tarefas desenvolvidas polos alumnos.

Este tipo de atención terá especial peso no traballo tutelado, para o cal os profesores irán marcando as pautas a seguir en cada caso, podendo propor as variacións ou modificacións necesarias.

Na medida do posible, intentarase facilitar a atención personalizada a aqueles alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A7 A8 A9 A15 B3 C1 C2 C6 Valorarase a resolución dos test respecto do coñecemento dos contidos expostos na sesión maxistral e o coñecemento dos contidos do material proporcionado. 40
Traballos tutelados A7 A10 A15 B4 B6 C1 C5 C7 C8 Valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema proposto, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos respecto ás fontes e á bibliografía utilizada, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación. Valoración, polo tanto, de contidos, achegas innovadoras, sentido crítico e argumentación.
Entregarase na data indicada polos profesores.
Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
60
 
Observacións avaliación

Requisitos imprescindibles:

-Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un alumno non supera o traballo tutelado non se lle avaliará a proba de resposta múltiple e viceversa.

-Para superar o traballo tutelado é preciso entregalo na data indicada. 

-Os alumnos que non entreguen ou non superen o traballo tutelado, e os test de avaliación, xunto cos alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados nos exames oficiais dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 100%).


Fontes de información
Bibliografía básica García, Idalia (2006). Acceso y disfrute de libros antiguos y documentos históricos como un derecho cultural en México, en Anales de Documentación, 9 (2006), 53-67. Murcia
Barbadillo, J. (2014). Apuntes sobre ISAD(G) y la descripción archivística normalizada. Gran Canaria: Anroart
Marcetteau-Paul, A., Mouren, R., Syren, A-P. (2010). Constituer, conserver, acceder au patrimoine, en ABF: Le métier de bibliothècaire. Paris
Ruthven, Ian (2015). Cultural Heritage Information Access and Management. London, Facet
Overholt, John H. (2013). Five theses on the future of special collections, RMB: A Journal of Rare Books, Manuscripts, and Cultural Heritage 14(1): 15-20. Harvard
López Gómez, P. (2005). Fuentes para la historia local en el Archivo del Reino de Galicia: la administración y los ayuntamientos gallegos, en Anuario Brigantino, 28: 277-302.
Association of College and Research Libraries (2012). Guidelines for Interlibrary and Exhibition Loan of Special Collections Materials.
INDICATE Project (2012). Handbook of virtual exhibitions and virtual performances.
Bonal, J.L. (2001). La descripción archivística normalizada: origen, fundamentos, principios y técnicas. Gijón: Trea
López Gómez, P. (2002). La evaluación de los estudios de Archivística en el último cuarto de siglo, en Documentación de las Ciencias de la Información, 25:129-146.
Herrera Morillas, José Luis (2013). La gestió de les col·leccions de fons antic en les biblioteques universitàries espanyoles : anàlisi dels textos normatius. BiD: textos universitaris de biblioteconomia i documentació, juny, núm. 30
Latorre, R. (2004). La ISAD(G) y la gestión documental, en La descripción multinivel en los archivos municipales, 245-258. Madrid: Consejería de Cultura y Deportes
Varela-Orol, Concha (2014). Las colecciones patrimoniales en las bibliotecas españolas: dialéctica entre legislación y prácticas. Revista Española de Documentación Científica, 37(3):e054. Madrid
Oddos, Jean Paul, dir. (1995). Le patrimoine: histoire, pratiques et perspectives. Paris
Cruz Mundet, J.R. (2010). Manual de Archivística. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez
Mouren, Raphaële, dir. (2007). Manuel du patrimoine en bibliothèque. Paris
Abdelaziz Abid (1998). Memoria del Mundo: conservando nuestro patrimonio documental. México
Bourgeaux, Laure (2009). Musées et bibliothèques sur Internet : le patrimoine au défi du numérique. Paris
Varela-Orol, Concha (2011). Museos, arquivos e bibliotecas, patrimonio común. Santiago de Compostela
Núñez, E. (2009). Organización y gestión de archivos. Gijón: Trea
Berger, Sidney E. (2014). Rare books and special collections. London, Facet
Consello da Cultura Galega (2012). Recomendacións para o acceso ao patrimonio moble de Galicia. Santiago de Compostela
Unesco (2016). The UNESCO/PERSIST Guidelines for the selection of digital heritage for long-term preservation.
Ameneiros Rodríguez, Rocío, Varela-Orol, Concha (2018). ¿Dominio público o copyfraude de copias digitales? Prácticas en bibliotecas patrimoniales españolas, en Anales de Documentación, vol. 21, nº 1, pp. 1-15. Murcia

Os profesores proporcionarán nas clases e no material de traballo bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías