Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Biblioteconomía Código 710G02012
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
Profesorado
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
Web http://www.udc.es/humanidades
Descrición xeral A materia constitúe unha introducción á Biblioteconomía e ás bibliotecas no contorno dixital. Os seus obxectivos son:
-A comprensión e o coñecemento do papel das bibliotecas na sociedade, e o seu valor para as comunidades.
-A comprensión e o coñecemento das funcións, procesos técnicos e servizos das bibliotecas.
-A comprensión e o coñecemento dos distintos tipos de bibliotecas e as funcións das mesmas.
-O desenvolvemento de habilidades informativas no uso e aproveitamento das bibliotecas.
-A adquisición dunha formación profesional básica para a realización de tarefas profesionais nas bibliotecas.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento da Biblioteconomía no marco das Ciencias da Información e a súa relación con outras Ciencias Sociais A2
A5
Dominio do vocabulario e terminoloxía da materia A1
B4
B7
C5
C6
C8
C11
C12
Coñecemento do sistema galego e español de bibliotecas A2
A3
A6
A7
B4
B5
B6
C3
C5
C6
C7
Formación de profesionais que poden desenvolver as súas funcións en bibliotecas e noutras unidades de información A2
A4
A5
A6
A7
B1
B4
B5
B6
C3
C4
C5
C6
C13
C15
C16
C17
Desenvolvemento de habilidades informativas no uso dos recursos das bibliotecas e doutras unidades de información B2
B3
C2

Contidos
Temas Subtemas
Módulo 1. Biblioteconomía e Ciencias da Información Tema 1. Concepto de Biblioteca. A Biblioteconomía e as súas relacións con outras disciplinas
Módulo 2. Os procesos técnicos nas bibliotecas Tema 2. As coleccións: introducción á formación e organización
Tema 3. O catálogo
Módulo 3. Servizos das bibliotecas Tema 4. Servizos de consulta e préstamo
Tema 5. Servizos de información e formación de usuarios. A alfabetización informacional
Tema 6. A web institucional e a creación de contidos. Contidos dixitais: modelos institucionais e participativos (crowdcontent)
Módulo 4. Tipoloxía de bibliotecas Tema 7. Bibliotecas públicas e escolares
Tema 8. Bibliotecas universitarias e especializadas
Tema 9. Bibliotecas nacionais
Módulo 5. Cooperación, sistemas e redes bibliotecarias Tema 10. Sistemas bibliotecarios. O sistema bibliotecario español e galego. Redes e consorcios de bibliotecas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A6 B6 C3 C5 21 15 36
Traballos tutelados A3 A6 B1 B5 B7 C4 C6 C8 C12 C13 C15 C16 C17 4 25 29
Portafolios do alumno A3 A7 B2 B3 B5 B7 C2 C7 C11 21 25 46
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 B4 C5 4 30 34
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da profesora, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos alumnos, coa finalidade de transmitir os coñecementos fundamentais da materia e facilitar a aprendizaxe. Fundamentarase na exposición de contidos teóricos, a visualización de exemplos e a resolución de dúbidas por parte da profesora.
Traballos tutelados Traballo en grupo de aprendizaxe independente dos alumnos orientado á aplicación dos conceptos e as técnicas da materia, contando sempre coa atención personalizada e o seguimento da profesora. Elaborarase seguindo as pautas formais e de contido indicadas.
Portafolios do alumno Carpeta de traballo dos alumnos que deben entregar periódicamente e no prazo estipulado á profesora coas distintas actividades plantexadas: resumos e análises de lecturas, esquemas e contido teórico-práctico, exercicios prácticos, exposicións orais e probas escritas para o seguemento dos coñecementos adquiridos.
Proba mixta Proba que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación sobre os contidos teóricos e prácticos da materia para a avaliación dos coñecementos adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Proba mixta
Portafolios do alumno
Descrición
Resolver dúbidas, ampliar formulacións, suxerir actividades e distintas formas de traballo que axuden aos alumnos na súa aprendizaxe. Seguimento personalizado e constante de cada unha das tarefas desenvolvidas polos alumnos.

Este tipo de atención terá especial peso no traballo tutelado, para o cal a profesora irá marcando as pautas a seguir en cada caso, podendo propor as variacións ou modificacións necesarias.

Na medida do posible, intentarase facilitar a atención personalizada a aqueles alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A6 B1 B5 B7 C4 C6 C8 C12 C13 C15 C16 C17 Valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema proposto, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos respecto ás fontes e á bibliografía utilizada, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación. Valoración, polo tanto, de contidos, achegas innovadoras, sentido crítico e argumentación.
Entregarase na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
30
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 B4 C5 Avaliaranse os contidos das respostas, a adecuación das mesmas ás preguntas realizadas, a capacidade de argumentación, o emprego da terminoloxía, a expresión escrita, a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.
Non se corrixirán aquelas respostas que conteñan faltas de ortografía ou non contesten ó tema exposto.
50
Portafolios do alumno A3 A7 B2 B3 B5 B7 C2 C7 C11 Valorarase a adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación. En cada unha das actividades valorarase, polo tanto, a capacidade de análise e resolución de problemas, as habilidades informativas e a expresión oral e escrita.
Entregarase cada actividade na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
20
 
Observacións avaliación

Requisitos imprescindibles:

-Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un alumno non supera o traballo tutelado non se lle avaliarán o resto de actividades e viceversa.

-Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas. 

-Os alumnos que non entreguen ou non superen o traballo tutelado e o portafolios completo, e os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados nos exames oficiais dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 100%).


Fontes de información
Bibliografía básica
  1. Boletín de la Asociación Andaluza de Bibliotecarios. Málaga: Asociación Andaluza de Bibliotecarios, 1984-
  2. Boletín de ANABAD. Madrid: Asociación Nacional de Archiveros, Bibliotecarios, Museólogos y Documentalistas, 1950-
  3. Carrión Gutiez, Manuel. Manual de bibliotecas. 2ª ed., 3ª reimp. Salamanca: Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 2001
  4. Cuevas, Aurora; Simeão, Elmira (coords.). Alfabetización informacional e inclusión digital: hacia un modelo de infoinclusión social. Gijón: Trea, 2011
  5. Drake, Miriam A., ed. Encyclopedia of library and information science. 2nd. ed. New York: Marcel Dekker, [2003-2005]
  6. Fernández y Fernández-Cuesta, Paz. Bibliotecas y personas: hacia un nuevo enfoque en biblioteconomía. Gijón: Trea, 2005  
  7. García Martínez, Ana Teresa. Sistemas bibliotecarios: análisis conceptual y estructural. Oviedo: Trea, D.L. 2006
  8. Gimeno Perelló, Javier; López López, Pedro; Morillo Calero, Mª Jesús (coords.). De volcanes llena: biblioteca y compromiso social. Gijón: Trea, D.L. 2007
  9. López Gómez, Pedro; Santos Paz, José Carlos (eds.). Guía para bibliotecas escolares. A Coruña: Universidade da Coruña, 2009
  10. López López, Pedro; Gimeno Perelló, Javier (coords.). Información, conocimiento y bibliotecas en el marco de la globalización neoliberal. Gijón: Trea, D.L. 2005
  11. Lozano Díaz, Roser. La biblioteca pública del siglo XXI: atendiendo clientes, movilizando personas. Gijón: Trea, D.L. 2006
  12. Magán Wals, José Antonio (coord.). Tratado básico de biblioteconomía. 4ª ed. rev. y act. Madrid: Universidad Complutense, 2002
  13. Magán Wals, José Antonio (coord.). Temas de biblioteconomía universitaria y general. Madrid: Editorial Complutense, [2002]
  14. Martínez de Sousa, José. Diccionario de bibliología y ciencias afines. 3ª ed. corr. y notablemente aum. Gijón (Asturias): Trea, [2004]
  15. Merlo Vega, José Antonio. (2012). Acción ante la recesión: el compromiso de las bibliotecas con los ciudadanos [En línea]. En: Boletín de la Asociación Andaluza de Bibliotecarios [En línea], n. 104, Julio-Diciembre, pp. 65-91.
  16. Mouren, Rapjaële et Peignet , Dominique. Le Métier de bibliothécaire. 10è ed. [S.l.]: Editions du Cercle de la Librairie, cop. 2003
  17. Orera Orera, Luisa (ed.). Manual de Biblioteconomía. 3ª reimp. Madrid: Síntesis, 2002
  18. Orera Orera, Luisa (ed.). La biblioteca universitaria análisis en su entorno híbrido. Madrid: Síntesis, [2005].
  19. Pérez Pulido, Margarita; Herrera Morillas, José Luis. Teoría y nuevos escenarios de la biblioteconomía. 2ª ed. aum. Buenos Aires: Alfagrama, 2006
  20. Saorín Pérez, Tomás; Mª Verónica de Haro de San Mateo (coords.). Contenidos digitales locales: modelos institucionales y participativos. Madrid: Arco Libros, 2011
  21. Seminario Internacional La Biblioteca un agente social para el desarrollo de la lectura. Santiago (Chile). 2013: La Biblioteca un agente social para el desarrollo de la lectura. Santiago: Embajada de España, 2014. Dispoñible en: http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&ved=0CCIQFjAA&url=http%3A%2F%2Fwww.aecid.es%2FCentro-Documentacion%2FDocumentos%2FPublicaciones%2520coeditadas%2520por%2520AECID%2FLibro_Digital_Semin_Bibliotecologia%2520%252015%252004%25202014%2520reduc.pdf&ei=CSaNVcmuIIPWU4iXlBg&usg=AFQjCNFtwW5OT-Mzf05TnDXGKnlWubpldw&bvm=bv.96782255,d.d24
  22. Stueart, Robert D. International librarianship: a basic guide to global knowledge Access. Lanham (Maryland): Scarecrow, 2007
Bibliografía complementaria

A profesora proporcionará nas clases bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Planificación e Xestión de Unidades de Información/710G02021
Xestión da Colección/710G02027

Observacións



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías