Criterios de avaliación
Para poder aprobar a materia será preciso obter unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10 na parte de proba mixta, nas prácticas a través de TIC e no traballo tutelado. En caso de non cumprirse este requisito, a cualificación será de "Suspenso", aínda cando a nota media de todas as actividades a avaliar outorgase unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
Será requisito indispensable para ser avaliado/a a asistencia regular, con participación activa e aproveitamento, ás sesións presenciais (e/ou non presenciais, se fose o caso) e aos diferentes seminarios organizados.
Con respecto á cualificación de "Non presentado", so serán cualificadas con "Non Presentado" as persoas que se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final, con independencia da nota acadada nestas actividades.
Os criterios de avaliación indicados serán válidos tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación. O alumnado que supere unha parte da materia mediante unha proba mixta (exame parcial), a nota obtida so terá validez durante o curso actual. Se un/a alumno/a que ten liberada unha parte da materia non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas datas oficiais dos exames da avaliación ordinaria e extraordinaria, a súa cualificación final será de suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.
Se houbese alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade.
Información adicional
O comportamento fraudulento en cualquera dos apartados sometidos a valoración suporá a calificación de "Suspenso (0)" na avaliación final.
Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar ao inicio do curso a súa situación á profesora da materia, á fin de establecer un plan e calendario de traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: proba mixta (30%), prácticas a través de TIC (30%), traballos tutelados (20%) e estudo de casos (20%). O traballo tutelado deberá realizarse en grupo.