Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Apoio loxístico integrado(en extinción) Código 730496014
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2018)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Fernandez Rodriguez, Angel
Correo electrónico
angel.fernandezr@udc.es
Profesorado
Fernandez Rodriguez, Angel
Correo electrónico
angel.fernandezr@udc.es
Web
Descrición xeral O Apoio Loxístico Integrado (ALI) foi desenvolvido polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos no ano 1964. A partir de 1971 é un requisito obrigatorio nese país no proceso de adquisición de equipos militares.
Existen varias definicións do ALI. A Sociedade de Enxeñaría Loxística defíneo como "O conxunto de actividades técnicas e de xestión, levadas a cabo ao longo do ciclo de vida programado dun sistema, cuxo obxectivo é asegurar que se tiveron en conta as consideracións do apoio loxístico no proceso de deseño, á vez que se planifican a identificación e obtención dos recursos necesarios para a súa operación e mantemento".
A finalidade desta materia ofrecer os alumnos do Máster en INO a posibilidade de familiarizarse coa análise, planificación e xestión da enxeñaría loxística así como co plan de mantemento do buque e as súas consideracións económicas dentro da estrutura dos custos fixos de operación.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para desenvolver e xestionar a enxeñaría de apoio loxístico, mantemento e reparación de buques e artefactos AP16
Coñecemento da enxeñaría de sistemas aplicada á definición dun buque, artefacto ou plataforma marítima mediante a análise e optimización do seu ciclo de vida AP16
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo BM2
Que los estudiantes sepan comunicar sus conclusiones -y los conocimientos y razones últimas que las sustentan- a públicos especializados y no especializados de un modo claro y sin ambigüedades BM2

Contidos
Temas Subtemas
1. INTRODUCIÓN Á MATERIA
1.1. Contorna actual
1.2. Termos e definicións
1.3. Elementos da loxística
2. PLANIFICACIÓN DA LOXÍSTICA .
3. A LOXÍSTICA NO CICLO DE VIDA DO SISTEMA 3.1. Requisitos de apoio loxístico
3.2. Análise de apoio loxístico
3.3. Deseño para soportabilidade
3.4. Proba e avaliación do sistema
3.5. Obtención e adquisición de elementos de apoio loxístico
3.6. Apoio temporal do contratista
3.7. Servizo ao cliente e apoio durante o ciclo de vida
3.8. Retirada do sistema e refugallo ou reciclaxe do material
4. XESTIÓN LOXÍSTICA 4.1. Requisitos do programa de loxística
4.2. Organización para a loxística
4.3. Contratación para a loxística
4.4. Xestión e control do programa
5. PLAN DE MANTEMENTO 5.1. Introdución
5.2. Funcións do mantemento
5.3. Tipos de mantemento
5.4. Implantación dun plan mantemento
5.5. Periodicidade e alcance das inspeccións
5.6. Custo do mantemento
5.7. Evolución histórica do mantemento
6. MECANISMOS DE FALLO E CONCEPTOS ASOCIADOS 6.1. Xeneralidades
6.2. Clasificación dos fallos
6.3. Mecanismos de fallo
6.4. Funcións de distribución de fallo
6.5. MTBF
6.6. Taxa de fallos
6.7. A curva de bañeira
6.8. Fiabilidade
6.9. Mantenibilidade
6.10. Dispoñibilidade
7. CONSIDERACIÓNS ECONÓMICAS DO MANTEMENTO NOS BUQUES DE GUERRA
7.1. Custos de mantemento dentro da estrutura dos custos fixos de operación nun buque de guerra

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A17 30 45 75
Traballos tutelados A17 B2 3 12 15
Presentación oral B2 0.5 2 2.5
Solución de problemas A17 B2 4 0 4
Estudo de casos A17 B2 3.5 0 3.5
Proba obxectiva A17 B2 3.5 0 3.5
 
Atención personalizada 9 0 9
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación de conceptos teóricos e prácticos para que o alumno adquira as habilidades para o desenvolvemento da profesión
Traballos tutelados Os alumnos realizasen traballos tutelados para obter:
- Coñecemento da materia
- Habilidades para o traballo en grupo
- Habilidades para a profesión
Presentación oral Exposición na aula dos traballos realizados
Solución de problemas Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución
Estudo de casos Metodoloxía onde o alumno enfróntase ante a descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Proba obxectiva Realización dunha proba na que o alumno reflicte os coñecementos adquiridos

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Informar o alumno sobre a forma e fondo para a realización dos traballos propostos en clase, indicando as directrices básicas e aclarando as posibles dúbidas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A17 B2 Realización e entrega dos traballos prácticos propostos en clase.
Terase en conta:
- Estrutura do traballo.
- Calidade da documentación.
- Orixinalidade.
- Presentación.
- Exposición.
- Referencias
15
Presentación oral B2 Atenderase á capacidade do alumno para presentar en público, a súa capacidade de síntese, e o seu dominio da materia presentada 5
Proba obxectiva A17 B2 Realización dunha proba escrita na que o alumno reflicta os coñecementos adquiridos durante o curso 80
 
Observacións avaliación

Na 1ª oportunidade: A avaliación realizarase en función das Metodoloxías
expostas. A cualificación das metodoloxías realizarase con notas sobre 10 e
será condición necesaria para superar a avaliación da 1ª oportunidade: non ter
ningunha nota inferior a 4 en ningunha das metodoloxías, ademais de ter unha
asistencia ás actividades presenciais superior ao 80%.

Na 2ª oportunidade ou Alumnos con Dispensa
Académica
: Realizarase
mediante unha proba selectiva presencial que engloba os contidos teóricos e
prácticos desenvolvidos na materia. 

Nota:

O alumnado con recoñecemento de dedicación
a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia comunicará ó
inicio do curso a súa situación o profesor da materia, segundo establece a
"Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao
na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e
8b). 

O alumnado nesta situación será avaliado
mediante unha proba obxectiva na mesma data que o resto de alumnos ou ben en
data aprobada na Xunta de Escola. En calquera caso é condición necesaria para
todos os alumnos a asistencia e superación das prácticas e traballos
obrigatorios da materia. A non superación dos mesmos impide presentarse ao
exame final da materia durante o presente curso académico, tanto en primeira
como en segunda oportunidade. 


Fontes de información
Bibliografía básica Rowland Freeman (1995). CALS (Adquisición y apoyo continuado durante el ciclo de vida). Isdefe
Alberto Sols (2000). Fiabilidad, Mantenibilidad, Efectividad: un enfoque sistémico. Univ. Pontificia de Comillas
Benjamín Blanchard (1995). Ingeniería de Sistemas. Isdefe
Benjamín Blanchard (1995). Ingeniería Logística. Isdefe
González Fernández, Francisco Javier (2011). Teoría y práctica del mantenimiento industrial avanzado. Fundación Confemetal

 

Bibliografía complementaria

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo fin de mestrado(en extinción)/730496023

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": A entrega dos traballos que se realicen nesta materia será exclusivamente a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 


Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías