Solución de problemas |
Resolución de problemas correspondentes aos diferentes temas do programa co obxectivo de entender os principios teóricos e coñecer a súa aplicación práctica, comparando diferentes métodos resaltando as vantaxes de cada un. |
Proba mixta |
É unha proba escrita que consta de 2 partes (teoría e problemas) de aproximadamente 1 e 2 horas, cunha duración total máxima de 3 horas. A proba de teoría terá de 5 a 10 cuestións de diversa amplitude e grao de concreción sobre os contidos do programa. A proba de tipo práctico consistirá na resolución de 1 a 10 problemas de diverso grao de complexidade sobre os contidos do programa. |