Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Metodoloxía da Investigación Científica Código 730547007d
Titulación
Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Enxeñaría Industrial
Coordinación
Sanchez Maroño, Noelia
Correo electrónico
noelia.sanchez@udc.es
Profesorado
Calvo Rolle, Jose Luis
Sanchez Maroño, Noelia
Correo electrónico
jose.rolle@udc.es
noelia.sanchez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral O obxectivo deste curso é o de proporcionar ao alumnado unha visión de conxunto do mundo da investigación. Os coñecementos impartidos permitiranlles coñecer o contexto de traballo relacionado coa investigación teórica e aplicada, así como adquirir algunhas habilidades básicas para localizar información de calidade, redactar e presentar resultados de investigación.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ter unha visión xeral da investigación no ámbito universitario, afondando nas principais liñas do ámbito da enxeñaría BM1
CM1
CM4
CM8
Coñecer a labor de xestión necesaria na investigación, sobre todo no relativo as solicitudes de proxectos de investigación en distintos ámbitos BM7
CM4
CM7
CM9
Realizar buscas de referencias científico-técnicas de calidade en diversas fontes BM7
Coñecer os principais foros de debate científico e o seu funcionamento habitual en relación co envío de traballos, revisión, etc. BM1
Coñecer o que se espera dunha tese de doutoramento, como se redacta e como se presenta BM1
BM10
CM4
CM8
CM9
Redactar artigos de carácter científico-técnico e presentalos de forma adecuada BM10
CM1
CM9

Contidos
Temas Subtemas
1. A investigación científica e tecnolóxica
1.1. O concepto de investigación.
1.2. Taxonomía da investigación.
1.3. Características da investigación científica.
1.4. Aspectos éticos da investigación.
2. Metodoloxía da investigación. 2.1. Pasos do proceso de investigación.
2.2. Principais métodos de investigación.
3. A difusión da investigación. 3.1. Tipos de publicacións.
3.2. Patentes.
4. Xestión e procura de referencias científico-técnicas. 4.1. Fontes de información.
4.2. Como realizar procuras bibliográficas.
4.3. Ferramentas para a procura de referencias.
4.4. Ferramentas para a xestión de referencias.
4.5. Introdución aos índices de citas.
5. Redacción e presentación de traballos científicos no ámbito da Enxeñaría 5.1. Recursos básicos para realizar un traballo científico.
5.2. A estrutura dun documento científico.
5.3. Técnicas para a redacción de documentos científicos.
5.4. Elaboración de relatorios de traballos científicos.
6. Proxectos de investigación e innovación. 6.1. Concepción e formulación dun proxecto de investigación.
6.2. Elementos esenciais dun proxecto de investigación.
6.3. Tipos de convocatorias de proxectos de investigación e innovación.
7. Desenvolvemento dunha tese doutoral. 7.1. Que é unha tese doutoral?.
7.2. Selección dunha nova liña ou problema de investigación.
8. Transferencia de coñecemento á industria e explotación de resultados. 8.1. Licenza de patentes.
8.2. Creación de empresas de base tecnolóxica: spin-off.
8.3. Investigación por contrato e cooperativa.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados B1 B7 B10 C1 C7 C9 0 49 49
Proba mixta C1 C4 1.5 1.5 3
Análise de fontes documentais B1 0 4 4
Debate virtual C1 C8 3 3 6
Lecturas B1 C8 0 10 10
Proba obxectiva B7 C4 1.5 1.5 3
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Desenvolvemento de traballos relativos á escritura de artigos científicos, relatorios de traballos científico-técnicos e elaboración de memorias de proxectos de investigación.
Proba mixta Realización de cuestionarios curtos para ver se adquiriu coñecemento dun tema específico
Análise de fontes documentais Pescudar e analizar distintas fontes documentais (artigos, teses de doutoramento, etc.)
Debate virtual Conversación estructurada co profesorado e alumnado para enfrentar dous o más opiniones acerca dun determinado tema polémico o discutible dende diversos puntos de vista
Lecturas Lectura de documentos seleccionados para adquirir coñecemento específico dun determinado tema ou materia
Proba obxectiva Consistirá en cuestións teórico-prácticas sobre calquera dos conceptos incluídos no temario do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Realizarase asesoramento e asistencia do alumno naquelas tarefas que requiran de atención persoal e resolución de dúbidas no seu desenvolvemento.
Fora das horas de clase a atención manténse nos horarios oficiales de titorías a través dos seguintes canles:
- Correo-e: De uso para facer consultas de resposta curta.
- Teams: encontros virtuais preferentemente previa solicitude a través do correo-e.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B7 C4 Exame tipo proba obxectiva. E necesario superar o 50% da puntuación na proba obxetiva para superar a materia 50
Proba mixta C1 C4 Realización dos cuestionarios, en tempo e forma, establecidas na materia no marco desta metodoloxía. 10
Traballos tutelados B1 B7 B10 C1 C7 C9 Realización das tarefas, en tempo e forma, establecidas na materia no marco desta metodoloxía. Para aprobar a materia é indispensable ter realizados e aprobados estes traballos. No marco dos "Traballos tutelados" incluiránse aspectos como asistencia a clase, traballo persoal, actitude, etc., para axudar á obtención do aprobado. 40
 
Observacións avaliación

De cara a segunda oportunidade, poderán reentregrase aqueles traballos tutelados non presentados durante o curso, en nengún caso é posible reentregar os traballos para acadar mellor nota. Se o traballo require presentación oral, fárase o mesmo día do exame.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través do Campus Virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.


Fontes de información
Bibliografía básica José Cegarra Sánchez (2013). Metodología de la investigación científica y tecnológica. Ediciones Díaz de Santos
Michael Jay Katz (2009). From Research to Manuscript: A Guide to Scientific Writing (2ª edición). Springer
Roberto Hernandez-Sampieri (2014). Metodología de la investigación (6ª Edición). McGraw-Hill

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías