Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Procesos de fabricación e montaxe Código 730G05030
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 7.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Bouza Fernandez, Javier
Correo electrónico
javier.bouza@udc.es
Profesorado
Bouza Fernandez, Javier
Correo electrónico
javier.bouza@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Procesos de Fabricación e Montaxe é de carácter teórico-práctico e a súa finalidade é que os alumnos adquiran unha ampla base de coñecementos científicos e tecnolóxicos relacionados coa capacidade para seleccionar, deseñar e implementar diferentes sistemas de procesos de fabricación e montaxe no ámbito da Construción Naval

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Seleccionar os procesos de fabricación, montaxe e soldeo máis adecuados a partir do coñecemento das capacidades e limitacións destes e segundo as existencias tecnolóxicas, técnicas e económicas tanto de produto como mercado. B4
B6
C1
C2
C4
C5
Deseñar e implementar os procesos de fabricación e sistemas de fabricación e montaxe no sector naval A38
A39
B2
B3
C2
C4
C5

Contidos
Temas Subtemas
Presentación da materia Presentación dos profesores e alumnos e de como se desenvolverá a materia este curso: actividades complementarias, calendario, prácticas, requisitos de avaliación, etc.
Unidade didáctica 1 Introdución á xestión por procesos
Unidade didáctica 2 Procesos e sistemas de fabricación e montaxe nun estaleiro
Unidade didáctica 3 Técnicas de control e de xestión de procesos e sistemas de fabricación e montaxe
Unidade didáctica 4 Automatización e metodoloxías de supervisión de procesos de fabricación e montaxe
Unidade didáctica 5 Procesos de montaxe de equipos y sistemas a bordo
Unidade didáctica 6 Protección e Tratamento de superficies
Nota: As cinco unidades didácticas e as prácticas obrigatorias desenvolven os contidos establecidos na Memoria de Verificación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A38 A39 30 30 60
Traballos tutelados A38 A39 B4 C1 C2 C4 3 18 21
Prácticas de laboratorio A38 A39 B2 B3 B6 C1 C2 30 15 45
Saídas de campo A38 A39 B2 B3 B6 C4 C5 6 3 9
Estudo de casos A38 A39 B2 B3 B4 B6 C5 16 8 24
Proba obxectiva A38 A39 B2 B3 B4 B6 C4 C5 2 0 2
Proba práctica A38 A39 B2 B3 B4 B6 C4 2.5 0 2.5
Obradoiro A38 A39 B2 B3 B4 B6 C4 C5 9 4 13
 
Atención personalizada 11 0 11
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada con uso de medios audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

O profesor indicará os puntos mais relevantes do tema a efectos de orientación no coñecemento
Traballos tutelados Os alumnos realizarán traballos prácticos tutelados durante o curso que terán que expoñer en clase para obter:
- Coñecemento da materia
- Habilidades para o traballo en grupo
- Habilidades para o desenvolvemento da profesión

Nos traballos terase en conta:
- Estrutura
- Calidade da documentación
- Orixinalidade
- Presentación
- Exposición

A realización das prácticas e traballos da materia é obrigatoria. A non superación dos mesmos impide presentarse ao exame final da materia durante o presente curso
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán unha simulación práctica do proceso de construción dun buque, centrándose nos principais procesos de fabricación e montaxe

A realización da simulación práctica da materia é obrigatoria. A non superación da mesma impide presentarse ao exame final da materia durante o presente curso
Saídas de campo Visita a Estaleiros e empresas vinculadas aos procesos de fabricación e montaxe do sector Naval
Estudo de casos Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Ademáis de outras actividades complementarias: visita a estaleiros, talleres e instalacións
Proba obxectiva Proba escrita sobre os contidos da materia
Proba práctica Proba que inclúe a resolución dun ou varios problemas que teña como resultado a aplicación práctica fundamentada nas clases prácticas e de laboratorio
Obradoiro Participación con aproveitamento en sesións ou eventos sobre os procesos de fabricación ou montaxe na construción naval

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Estudo de casos
Descrición
Informar o alumno sobre a forma e fondo para a realización dos traballos propostos en clase, indicando as directrices básicas e aclarando as posibles dúbidas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A38 A39 B4 C1 C2 C4 Realización e entrega dos traballos prácticos propostos na clase e exposición e defensa en público.

Terase en conta:
- Estrutura do traballo
- Calidade da documentación
- Orixinalidade
- Presentación
- Exposición
- Referencias
30
Saídas de campo A38 A39 B2 B3 B6 C4 C5 Visita con aproveitamento a estaleiros e empresas vinculadas aos procesos de fabricación ou montaxe do sector Naval 5
Proba obxectiva A38 A39 B2 B3 B4 B6 C4 C5 Proba escrita sobre os contidos da materia 30
Obradoiro A38 A39 B2 B3 B4 B6 C4 C5 Participación con aproveitamento en sesións ou eventos sobre os procesos de fabricación ou montaxe na construción naval 5
Proba práctica A38 A39 B2 B3 B4 B6 C4 Proba que inclúe a resolución dun ou varios problemas que teña como resultado a aplicación práctica fundamentada nas clases prácticas e de laboratorio 30
 
Observacións avaliación
Na 1ª e 2º oportunidade: A avaliación realizarase en función das Metodoloxías expostas. A cualificación das metodoloxías realizarase con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación da 1ª oportunidade: non ter ningunha nota inferior a 4 en ningunha das metodoloxías, ademais de ter unha asistencia ás actividades presenciais superior ao 80%. A nota final é: 

(0,30 Proba Práctica + 0,30 * Proba obxectiva + 0,30 * Traballos +0,10 * Participación ) / (Número de notas inferiores que 4 + N * 1) 

onde N=1 para asistencia maior ou igual que o 80% e N=2,2 para o caso contrario. 

Alumnos con Dispensa Académica ou nas Convocatorias extraordinarias: Realizarase mediante dúas probas selectivas presenciais que engloban os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia.
A nota final é: 

 ( 0,5 * Proba obxectiva + 0,5 * Proba práctica ) / (Número de notas inferiores que 4 + 1)

Nota:
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia comunicará ó inicio do curso a súa situación o profesor da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b). 

O alumnado nesta situación será avaliado mediante unha proba obxectiva na mesma data que o resto de alumnos ou ben en data aprobada na Xunta de Escola.

En calquera caso é condición necesaria para todos os alumnos a asistencia e superación das prácticas e traballos obrigatorios da materia. A non superación dos mesmos impide presentarse ao exame final da materia durante o presente curso académico, tanto en primeira como en segunda oportunidade. 

Fontes de información
Bibliografía básica Cuatrecasas Arbós, Lluís (2013). Diseño avanzado de procesos y plantas de producción flexible: técnicas de diseño y herramientas gráficas con soporte informático. Barcelona: Profit
Albert Suñé Torrents, Francisco Gil Vilda, Ignasi Arcusa Postils (2004). Manual práctico de sistemas productivos. Madrid: Diaz de Santos
Primitivo B. Gonzalez Lopez (2000). Tecnicas de construccion naval. Universidade da Coruña
Francisco Javier Gonzalez de Lema Martinez (2007). Tecnología de la Construcción del buque. Universidade da Coruña

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Construción naval e sistemas de propulsión/730G05009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Tecnoloxía da construción naval/730G05024

Materias que continúan o temario
Traballo fin de grao/730G05042

Observacións
“Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 
 A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 
 • Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático
 • Realizarase a través de Plataformas de almacenamiento (Google drive,...), en formato dixital sen necesidade de imprimilos 
 • En caso de ser necesario realizalos en papel:
 - Non se empregarán plásticos
 - Realizaranse impresións a dobre cara.
 - Empregarase papel reciclado. 
 - Evitarase a impresión de borradores.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías