Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Terapéutica farmacolóxica Código 750G02024
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Nuñez Fernández, Lucia
Correo electrónico
lucia.nunez@udc.es
Profesorado
Nuñez Fernández, Lucia
Correo electrónico
lucia.nunez@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral A terapia farmacolóxica é o coidado clínico relacionado co uso de medicamentos, sós ou en combinación con outros tipos de terapia. Nesta materia centrarémonos no uso de fármacos no campo da podoloxía.
A Terapia Farmacolóxica é unha materia que se imparte no primeiro cuadrimestre do cuarto curso do Grao de Podoloxía e os princiapales contidos son:
Farmacoloxía especifica de uso podológico: indicacións, contraindicaciones, efectos indeseados, interaccións, precaucións, principios activos e especialidades de: Fármacos antinfecciosos: antibióticos, antivíricos, antifúngicos e antiprotozoarios; Opiáceos; Analxésicos e antiinflamatorios; Anestésicos locais; Corticoides; Antidiabéticos; Anticoagulantes e antiagregantes plaquetarios. Tratamentos tópicos.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar a Farmacoloxía específica de uso podológico. A19
A32
A50
B1
B3
B5
B7
B12
B14
B18
B19
C1
C3
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
FARMACOLOXÍA ESPECÍFICA DE USO PODOLÓGICO: INDICACIÓNS, CONTRAINDICACIONES, EFECTOS INDESEADOS, INTERACCIÓNS, PRECAUCIÓNS, PRINCIPIOS ACTIVOS E ESPECIALIDADES DE FÁRMACOS QUE ACTÚAN SOBRE O SISTEMA NERVIOSO CENTRAL E PERIFÉRICO: ANALXÉSICOS (OPIACEOS E AINEs), ANTIINFLAMATORIOS (CORTICOIDES E AINEs) E ANESTÉSICOS LOCAIS. 1. Introdución á farmacoloxía do sistema nervioso central e periférico.
2. Anestésicos locais.
3. Analxésicos opioides.
4. Mediadores celulares implicados na dor e a inflamación: Histamina (antihistamínicos) e eicosanoides.
5. Fármacos analxésicos e antiinflamatorios non esteroideos (AINEs).
6. Antirreumáticos.
7. Corticoides e antiinflamatorios esteroideos.
FARMACOLOXÍA ESPECÍFICA DE USO PODOLÓGICO: INDICACIÓNS, CONTRAINDICACIONES, EFECTOS INDESEADOS, INTERACCIÓNS, PRECAUCIÓNS, PRINCIPIOS ACTIVOS E ESPECIALIDADES DE FÁRMACOS ANTIINFECCIOSOS: ANTIBIÓTICOS, ANTIVÍRICOS, ANTIFÚNGICOS E ANTIPROTOZOARIOS. 8. Introdución á quimioterapia antimicrobiana.
9. Antibióticos Beta-lactámicos
10. Antibióticos Aminoglucósidos, tetraciclinas e cloranfenicol.
11. Antibióticos Quinolonas. Sulfamidas.
12. Antibióticos Macrólidos e outros antibióticos de administración tópica.
13. Antifúngicos I: Fármacos utilizados no tratamento das dermatomicosis
14. Antifúngicos II: Fármacos utilizados no tratamento das onicomicosis.
15. Antivíricos.
16. Antiprotozoarios.
17. Antisépticos e desinfectantes.
FARMACOLOXÍA ESPECÍFICA DE USO PODOLÓGICO: INDICACIÓNS, CONTRAINDICACIONES, EFECTOS INDESEADOS, INTERACCIÓNS, PRECAUCIÓNS, PRINCIPIOS ACTIVOS E ESPECIALIDADES DE FÁRMACOS QUE ACTÚAN SOBRE O METABOLISMO (ESPECIAL ATENCIÓN AOS ANTIDIABÉTICOS). 18. Fármacos hipouricemiantes e antigotosos.
19. Tratamento da diabetes: insulinas.
20. Tratamento da diabetes: hipoglucemiantes orais.
FARMACOLOXÍA ESPECÍFICA DE USO PODOLÓGICO: INDICACIÓNS, CONTRAINDICACIONES, EFECTOS INDESEADOS, INTERACCIÓNS, PRECAUCIÓNS, PRINCIPIOS ACTIVOS E ESPECIALIDADES DA FARMACOLOXÍA SANGUÍNEA (ANTICOAGULANTES E ANTIAGREGANTES PLAQUETARIOS). 21. Farmacoloxía da coagulación e a hemostasia.
22. Fármacos antiagregantes plaquetarios.
FARMACOLOXÍA ESPECÍFICA DE USO PODOLÓGICO: INDICACIÓNS, CONTRAINDICACIONES, EFECTOS INDESEADOS, INTERACCIÓNS, PRECAUCIÓNS, PRINCIPIOS ACTIVOS E ESPECIALIDADES DA FARMACOLOXÍA TÓPICA. 23. Farmacoloxía dermatológica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A19 A32 A50 B1 B3 B19 20 50 70
Obradoiro A19 A32 A50 B1 B3 B5 B7 B12 B14 B18 B19 C1 C3 C4 C7 15 28 43
Traballos tutelados A19 A32 A50 B1 B3 B7 B12 B14 B19 C1 C3 4 15 19
Presentación oral A19 A32 A50 B1 B3 B7 B12 B14 B18 B19 C1 C3 1 5 6
Proba de resposta múltiple A19 A32 A50 B1 B3 B19 2 8 10

Atención personalizada 2 0 2

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral e con medios audiovisuais dos temas que compoñen o programa da materia.
Obradoiro Sesións sobre os temas expostos na sesión maxistral co fin de aclarar puntos craves e/ou dúbidas dos alumnos. Combinaranse diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, casos clínicos, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Realizarase un traballo individual sobre dous casos clínicos no que o paciente teña prescrito polo menos dous fármacos e pola súa patoloxía podológica prescríbaselle polo menos un fármaco.
Presentación oral Exposición oral un dos dous casos clínicos expostos no traballo tutelado. O profesor decidirá cal dos dous casos debe presentar o alumno.
Proba de resposta múltiple 50 preguntas con 5 respostas das cales só unha é correcta. Non se aplica factor de corrección polas respostas non acertadas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Presentación oral
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
Durante as sesións maxistrais poderase interromper ao profesor para expor as dúbidas que xurdan. Posteriormente e vía correo electrónico tamén se poden expor dúbidas sobre os temas expostos en clase.
Durante os talleres realizarase atención personalizada para resolver as dúbidas e problemas que lle xurdan ao alumno.
O alumno conta co apoio do profesor para a elección do tema do traballo tutelado. Ademais o profesor axudará o alumno nas dúbidas que lle vaian xurdindo durante a realización do traballo tutelado e a preparación da presentación oral.
Por último, o profesor colaborará co alumno na realización da presentación oral do traballo tutelado realizado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A19 A32 A50 B1 B3 B7 B12 B14 B18 B19 C1 C3 A avaliación da presentación oral do traballo tutelado realizarase tendo en conta os seguintes puntos: presentación do caso (modo de expresión, uso das tecnoloxías da infomración e capacidade de comunicarse), información sobre a farmacoterapia do caso e respostas ás preguntas expostas. 10
Proba de resposta múltiple A19 A32 A50 B1 B3 B19 O alumno deberá realizar unha proba de 50 preguntas tipo test con resposta múltiple, unha correcta de entre 5 posibles. Non puntúa negativo. O aprobado (5) estará no 70% das respostas correctas, é dicir, o número de respostas correctas para aprobar é de 35. É necesario obter un aprobado no exame para poder aprobar a materia.As respostas serán evaluadas únicamente na plantilla de respostas do examen. 70
Obradoiro A19 A32 A50 B1 B3 B5 B7 B12 B14 B18 B19 C1 C3 C4 C7 Avaliarase en función da asistencia e a participación do alumno nas actividades a realizar nos seminarios. Entre outros aspectos avaliarase o traballo de forma colaborativo, a capacidade de xestionar a información e a capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. 10
Traballos tutelados A19 A32 A50 B1 B3 B7 B12 B14 B19 C1 C3 Na cualificación do traballo considerarase a elección do caso exposto, a anamnese farmacolóxica, o tratamento farmacolóxico seleccionado, o coñecemento dos grupos farmacolóxicos empregados (mecanismo de acción, interaccións e reaccións adversas), o rigor científico, a capacidade de síntese e de crítica e a adecuación da bibliografía consultada. 10

Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional

Sistema de cualificacións:

0-4.9=Suspenso

5-6.9=Aprobado

7-8.9=Notable

9-10=Sobresaliente

9-10 Matrícula de Honra (Graciable)

Outorgarase Matrícula de Honra Graciable, ao alumno coa maior puntuación global sempre que sexa maior de 9. No caso de que o número de matrículas que se poidan outorgar sexa menor que o número de alumnos coa maior puntuación global, outorgarase matricula de honra a aqueles alumnos coa maior nota no exame. Se continua sendo menor o número de matriculas de honra que se poden outorgar terase en conta a nota da presentación oral do traballo tutelado, o traballo tutelado escrito e por último a nota dos talleres.

Alumnos con matrícula a tempo parcial (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso): a avaliación dos talleres realizarase pola entrega dos exercicios expostos en cada taller na plataforma moodle.Nestes casos, a presentación oral dúas traballos tutelados será acordada co alumno/a sen ter que ser ou día que lle corresponde. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía.

Alumnos con segunda matrícula e posteriores (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso): a avaliación dos talleres, traballo tutelado e presentación oral manterase da matrícula anterior. Poderase subir a nota volvendo realizar os exercicios expostos nos talleres, traballo tutelado e presentación oral nesa matrícula. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía.

Considerarase non presentado: aquel alumno que entregue menos do 50% dos exercicios expostos no taller, non realice o traballo tutelado nin a presentación oral e non asista ao exame final.

Fontes de información
Bibliografía básica

1. Rang HP, Dale MM, Ritter JM, Flower RJ. Farmacología. 7ª ed. Madrid: Elsevier, 2012.
2. Flórez J. Farmacología Humana. 5ª ed. Barcelona: Masson, 2008.
3. Lorenzo-Velázquez B, Lorenzo Fernández P. Farmacología básica y clínica. 18ª ed. Madrid: Médica Panamericana, 2013.

Bibliografía complementaria

1.Gómez Ortiz, Santiago y Gómez Facundo, Santiago. Guía farmacológica deutilización en podología. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos.Barcelona: Nexus Médica Editores S.L. 2015.

2.Marta E. LosaIglesias, Ricardo Becerro de Bengoa Vallejo, Cándida María Losa Iglesias. Principios de farmacología clínica y terapéutica en podología ante la infección. Madrid: C.E.R.S.A., 2005.

3. J. Ignacio de Ahumada Vázquez, M.ª Luisa Santana Falcón, José S. Serrano Molina.Ignacio de. Farmacología práctica para las diplomaturas en ciencias de la salud: (enfermería, fisioterapia, podología) : con autoevaluación. Madrid : Díaz deSantos, 2002.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Farmacoloxía/750G02009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Farmacoloxía/750G02009

Observacións

É moi recomendable que o alumno superase a materia de Farmacoloxía de segundo curso do grao.

Na entrega de traballos recoméndase aos alumnos que presenten documentos en papel, preferentemente reciclados, impresos en ambos os lados e que non empreguen plásticos para a entrega de varias follas, mellor documentos grapados.
Os alumnos deben estar claros que a aplicación da normativa da UDC sobre as situacións de plaxio será revisada polo profesorado.

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías