Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Axentes físicos Código 760482012
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Alvarez Feal, Jose Carlos Juan
Correo electrónico
carlos.alvarez@udc.es
Profesorado
Alvarez Feal, Jose Carlos Juan
Garcia Nuñez, Moises Alberto
Saavedra Otero, Emilio
Villa Caro, Raul
Correo electrónico
carlos.alvarez@udc.es
moises.alberto.garcia@udc.es
emilio.saavedra@udc.es
raul.villa@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Mantéñense todas as metodoloxías docentes cambiando unicamente o seu carácter de presencial a non presencial.

*Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
De acordo co horario de Titorías publicado, vía Moodle, Teams e correo electrónico

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as metodoloxías de avaliación e a súa ponderación, exceptuando o seu carácter presencial

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificacións

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Planear a acción preventiva a desenvolver, nas situacións nas que o control ou redución dos riscos supón a realización de diferentes actividades. Categorizar os riscos relacionados cos axente físicos e coñecer as principales estratexias de prevención. Avaliar os riscos relacionados coa carga física e psíquica no traballo e propoñer as medidas adecuadas de prevención. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información incompleta ou limitada. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións a públicos especializados e non especializadosa: cuestionarios riscos, detección e medidas. AP1
AP3
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións a públicos especializados e non especializados dun modo claro. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo autónomo. Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC). Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida. BP1
BP2
BP4
BP5
CM1
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas e implantar solucións orientadas ao ben común. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. BP3
BP5
CM4
CM5

Contidos
Temas Subtemas
1. Ruidos
Os seguintes bloques ou temas desenvolven os contidos establecidos na tarxeta de Verificación. Clasificar os riscos relacionados cos principais contaminantes físicos no traballo e coñecer as principais estratexias de prevención.
Planificar a acción preventiva en situacións nas que o control ou redución de riscos implica a realización de diferentes actividades, que impliquen a intervención de diferentes especialistas.
2. Vibracións
3. Ambientes térmicos
4. Radiacións non ionizantes
5. Campos electromagnéticos
6. Radiacións ionizantes
7. Iluminación
8. Proteccións persoais para axentes físicos
9. Metrología para axentes físicos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 C3 C6 10 18 28
Traballos tutelados A3 B2 B3 C1 C3 C4 C5 11 27.5 38.5
Proba obxectiva B1 B4 B5 C1 C4 C7 C8 1 3.5 4.5
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral É un tipo especial de lección impartida por un profesor , cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso fundamental da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Tambien úsanse como apoio as ferramentas TIC
Traballos tutelados
Os alumnos poderán realizar un ou varios traballos, baseándose no traballo individual ou en grupo dos alumnos. O profesor fará un seguimento da aprendizaxe dos alumnos.
Pódense concertar tutorías específicas para avaliar a evolución do aprendizaje.

O traballo tamén pode consistir en realizar unha presentación en clase do traballo preparado previamente por un alumno.
Proba obxectiva
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc.

A proba obxectiva final, na data oficial aprobada pola Universidade, pódese complementar cunha ou varias probas ao longo do cuadrimestre para valorar a evolución da aprendizaxe, estas probas poderán realizarse: presencialmente en clase ou a través de internet, na plataforma Moodle. En todos os casos avisarase con antelación suficiente para a súa adecuada preparación. Nestas probas pódense combinar distintos tipos de preguntas: breve desenrolo dun tema, de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Si a puntuación obtida en cada tema e superior ao tres, a nota final se obtiene como media aritmética. Si e inferior ou non se pudo facer algunha por causa xustificada, deberá realizar a parte corrrespondente en la prueba obxetiva final.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para o correcto desenvolvemento dos posibles traballos propuestos, os alumnos poderán realizar tutorias co profesor nos horarios de tutorías previstos e en caso de imposibilidade, concertarán cita a través do correo electrónico.

Os/as estudantes matriculados/as na modalidade de Dispensa académica:

i) Quedarán exentos da asistencia á clases

ii) Deberan asistir ás probas obxectivas (exames/traballos) da materia. En caso de non poder facelo (documentalmente xustificado), debe acordar co profesor unha alternativa (envío de traballo a través da web, etc.)


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B4 B5 C1 C4 C7 C8

Indícase a porcentaxe media de valoración do apartado, que pode oscilar en función dos traballos e probas propostos cada ano.

A porcentaxe mínima é de 40 %
da porcentaxe máxima é de 60 %
50
Sesión maxistral A1 A3 C3 C6 Valorarase a asistencia a clase maxistral, á que corresponderá unha parte da nota final.

• As/os estudantes con Dispensa académica están exentos/as de asistiren á sesión maxistral
15
Traballos tutelados A3 B2 B3 C1 C3 C4 C5

Indícase a porcentaxe media de valoración do apartado, que pode oscilar en función dos traballos e probas propostos cada ano.

A porcentaxe mínima é de 15 %
da porcentaxe máxima é de 55 %
35
 
Observacións avaliación

En caso de facer probas parciais dos temas, farase media das notas obtidas en cada un, sempre que en todas elas a nota obtida sexa igual ou superior ao tres.

No caso de que nalgunha delas obtivese nota inferior ao tres, o alumno terá que realizar unha proba escrita desa parte, na data prevista no calendario oficial de exames.

Segundo os cursos, a avaliación realizarase mediante probas obxectivas ou combinado con traballos en clase ou fóra de clase. Ao comezo do cuadrimestre o profesor/és indicarán claramente o modo de avaliación: indicando qué se evalua e como. Preferiblemente, se deixará constancia en Moodle do indicado en clase subindo un arquivo con nome "Avaliación de los temas xx e xxx" ou "Avaliación do profesor xxx".

Para os/as estudantes matriculados/as na modalidade de Dispensa
académica, o 15% da cualificación asignada á asistencia a clase maxistral
dividirase entre traballos tutelados e proba obxectiva na mesma proporción,
sendo distribuído: ata o 41,18% en traballos tutelados e ata o 58,82% en as
probas obxectivas.

Os criterios de avaliación da 2º oportunidade son os mesmos cos da 1º
oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica

Desde a páxina de Inicio do Instituto Nacional de Seguridade e Saude no Traballo pódese acceder a:

- desde páxina principal, menú Documentación/Material Normativo/Guías Técnicas do INSST

- Alternativamente, desde o buscador (dereita arriba) accédense a ferramentas prácticas que facilitan a avaliación de condicións de traballo (guías técnicas, Casos prácticos, etc.)

Bibliografía complementaria

Comprobador de Normativa vixente ou derrogada.

Para comprobar se unha lei ou real Decreto está en vigor, foi derrogada ou modificada é conveniente realizar a procura a través da web http://noticias.juridicas.com/

Á parte de identificar a vixencia con iconas verdes, facilita a navegación polo texto mediante hipervínculos.

Tambien indica se hai texto modificado e cando se realizou.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":          

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:            

  • Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático            
  • Realizaranse a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de impresión            
  • No caso de ser necesario a súa realización en papel:               
    • Non se empregarán plásticos              
    • Realizaranse impresiones a dobre cara.                
    • Empregarase papel reciclado.
    • Evitarase a impresión de borradores.

Asemade, incorporase a perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías