Alumnos/as de novo ingreso:
Para que un/a alumno/a poda ser avaliado/a, débese ter en conta que a asistencia á clase é obrigatoria. Os casos excepcionais poden ser contemplados a ser documentados.
As prácticas de laboratorio son obrigatorias, de xeito que un/a alumno/a que non as realizou, non ten opción a superar a materia.
Os/as alumnos/as con calificacións de "non presentado" son aqueles/as que non se presentaron á proba obxectiva.
A segunda oportunidade rexerase polos mesmos criterios que a primeira oportunidade.
Alumnos/as co dedicación a tempo parcial:
Os criterios e actividades de avaliación para a primeira oportunidade dependerá da cantidade de dedicación a este a tempo parcial. Os/as estudantes, que por razóns xustificadas (emprego, enfermidade, ...) non efectúen a avaliación continua, a proba obxectiva escrita supón o 90% da puntuación. O 10% restante corresponden á puntuación dos laboratorios, que son obrigatorios. Un/a alumno/a que non as realizou, non ten opción a superar a materia.
Alumnos/as repetidores:
Os/as alumnos/as repetidores, non acollidos ao plan do 2019 e que faceron as prácticas nun curso académico anterior, poden optar por repetir as prácticas de laboratorio e ser avaliado/a de novo, ou non facelas e manter a puntuación que tiña do ano en que has realizou.
Podrán facer a avaliación continua cos/as alumnos/as de novo ingreso ou optar a que a proba obxectiva escrita supoña o 90% da puntuación. O 10% restante corresponden á puntuación dos laboratorios, que son obrigatorios. Un/a alumno/a que non as realizou, non ten opción a superar a materia.
Para todos/as alumnos/as, a segunda oportunidade rexerase polos mesmos criterios que a primeira oportunidade.
En xeral, a entrega de traballos documentais escritos se levará a cabo preferentemente en formato virtual e/ou soporte informático. De non ser posible, usarase preferentemente papel reciclado, impresóns a dobre cara e se evitarán impresións de borradores e o uso de plásticos.